Querido Paco,
Hoxe, como ti non estabas, decidimos visitar os teus lugares mais queridos. Empezamos na túa casa de Peredo, na que colgaches algunhas esculturas. Unha casa que debería ser a Casa Museo de Paco Pestana.
En honra a tí, inauguramos un roteiro que leva o teu nome e que parte de Peredo para acabar en Castro Verde. O camiño fíxosenos moi levadeiro e atopamos fragas, regatos, muíños... alén de castañas e cogumelos.
Eramos un grupiño de unhas trinta personas. As nosas conversas xiraban en torno a tí. Todos e todas nos sentiamos ledos e ledas de terte coñecido.
Os cans, teus compañeiros, quixeron formar parte do cortexo e viñeron canda nós un bo treito do camiño; como se entenderan que era o seu deber participar.
Fomos pasando polas aldeas que che eran ben coñecidas e por onde, seguramente, transitaches tantas veces, mesmo cando me escribías aquelas cartas dende Peredo e que hoxe agardaba ofrecerchas feitas libro para que puideran coñecerte naqueles anos nos que comenzabas a despuntar como home libre e a contracorrente.
Qué fermoso é o outono nestes paraxes castroverdenses onde naciches no 1949. Vinte anos despois, atopámonos e nunca deixamos de ser amig@s dende daquela. Pero quixo o destino que te foses algo cedo demais, deixando unha obra intensa que gobernar e coidar. Destacaches tanto na escultura como na escrita. O teu arte non ten límites porque todo en tí era iso. Mesmo os teus discursos improvisados eran arte impactante para os ouvidos e para a vista, porque tí vestíaste para actuar a vida.
Gustóume o roteiro que, dende hoxe, estará adicado a tí. Sentímoste con nós. Pode que o teu espíritu nos ouserve e nos acompañe e saibas que te queremos.
Despois de subir ao monte da Lomba dende o que se ofrece unha fermosa panorámica das terras de Castro Verde, eran xa horas do almorzo de confraternidade que nos agardaba nun restaurante da vila.
Pola tarde, aínda que ti non eras moito de igrexas, iamos ter un concerto e unhas lecturas na igrexa parroquial de Castro Verde. Zanfoña, violín, acordeón e piano, xunto coas voces case celestiais que acompañaban facían do lugar algo sublime que de haber ceo, chegarían ás mesmísimas portas dél.
A igrexa estaba chea. Moita xente que non acompañóu no roteiro, viñeron pola tarde para poñer fin a unha xornada que agardamos se continúe cada ano para que o teu recordo, o teu nome, e todo o que ti fuches e fixeches non caiga no esquecemento.
Unha aperta, Paco



















.jpg)
.jpg)
.jpg)






























