www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 23 de setembro de 2022

collage

 Contestando á pregunta do Facebook:

What`s on your mind?


On my mind:

recendo a pan na cociña,

as fotos dun pasado

gardadas no faiado, 

as mascotas que 

me acompañaron,

as pelis de Charlie,

os outonos de froitos,

os somieres cansados...

Fago con todo un collage,

alí onde paso as horas 

coa fauna mais querida,

vello taller de meu pai,

o meu camping no verán,

un museo inexistente

que se pasea nos soños, 

un `jumble sale` que tamén

nos soños anda prendido.

Mil ideas que se apuran

para reter o vivido.



5 comentarios:

  1. Isto xa o puxeras, non?
    De tódalas formas, grazas por refrescar☺️🌈🐬

    ResponderEliminar
  2. Xuntando recordos encima dun vello somier lograches amorear vivencias que deron xeito a ese "collage" da vida.
    Fermosa xuntanza!

    ResponderEliminar
  3. Hola Bea. Muy bonito tu collage. Siempre tan creativa.
    Me gusta mucho tu libro de Río Adentro.
    Besitos

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. Ola Bea. O outro día paseando por unha cidade vin dende a cristaleira dun escaparate uns cadros con corazóns debuxados en branco e negro (coas súas arterias, non a típica representación que facemos nós simplificada do corazón) que me pareceu que tiña por dentro debuxados árbores e paisaxes (pero non, só me pareceu), eran corazóns vacíos 😅 A que ven todo isto? A que eu pensei: "que bonitos, eu tamén teño árbores no corazón". E que teño máis? Empecei a enumerar mentalmente todo iso que quería ou quixen dalgún xeito, así que eu tamén fixen mentalmente un collage moi parecido ao que ti tes na parede, onde por suposto estaban os meus compañeiros perrunos. E pensei que sería bonito ter un debuxo do que temos cada persoa no corazón, ou na cabeza (on my mind, on your mind, que é onde din que realmente residen as emocións). Biquiños.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.