www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 10 de setembro de 2022

AO CAER A TARDE


 


Un campanario sen cegoñas,

un cemiterio sen estética,

un vía crucis declamado

por quen tiña fé a cegas.

Unha néboa que acubilla

as aldeas da montaña.

Un val en forma de uve,

un río no fondo, fondo.

Unha tarde que se apaga

o sol que aquece o lombo...

A maxia ao caer a tarde

envolve todo nun soño.

Delúese paseniño

o presente co pasado.

4 comentarios:

  1. Os elementos conxugaronse en armonía.
    Fermoso!

    ResponderEliminar
  2. Ese remate é sublime.
    (Dilúese paseniño o presente co pasado)
    Fermoso! Apertas, Bea!!!

    ResponderEliminar
  3. Sentir, ese é o segredo! E ti, amiga Bea, sentes até o alentar das pedras.

    ResponderEliminar
  4. Totalmente dacordo co comentario de Maricarme. Un cariño dende Burela

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.