No castro de Albeiros Lugo |
Vitrina Museo de Viladonga |
Castro de Viladonga Lugo |
Son amuletos romanos, non xoguetes eróticos!!!! |
O último castro da mañá, o de Viladonga, é un dos mellores conservados da Gallaecia. Aquí xa hai tamén un museo no que se poden ver todos os restos atopados e moita información do que era a vida nestes lugares. Este castro ten moita influencia da romanización e pode observarse como na maioría das construccións predomina a forma cuadrada propia dos romanos.
Neve de mentira, caída dos chopos. |
Logo de xantar nas lagoas de Teixeiro, sitio con moito arboredo, e un lago cheo de rás que nos deron o concerto de sobremesa, e despois de ver un sucedáneo de neve que os chopos deixaban caer en forma de folerpas que revoloteaban polo ar caendo mainamente e cubrindo o chan de un manto
branco, despois dunha tertulia cultural entorno ao guía, fomos, en autobús, ata outros castros mais afastados como o de Coeses que é moi grande pero está sen escavar. Alí tamén se pode apreciar o antecastro, que era un terreo entre murallas pero chán e non en forma de foso. Utilízabano para os cultivos. Ver este castro e ir andando ata a súa croa baixo trinta e oito graos de temperatura foi case unha ofrenda aos deuses castrexos, como Navia, deusa das fragas e da fertilidade. Esta deusa desveloume un segredo e estoulle moi agradecida. Pero esa é outra historia que deixo para outro día!
Por último, visitamos o castro Castromaior, que está ao pé do Camiño Francés, ao seu paso por Portomarín e que está en fase de excavación, con moitas construcción ao descuberto xa.
A punto de comenzar xa o Arde Lucus, festa na que se celebra en Lugo esa recreación da vida romana e castrexa e na que a cidade se disfraza daquelas costumes para lembrarnos e amosarnos tanto a residentes como a visitantes, cal foi a nosa historia, non está por demais facer un percorrido como o de hoxe, pese a temperatura, que por certo, na época castrexa e romana o clima era moi parecido ao que temos agora en Galiza outra vez, así que non debemos sorprendernos, é unha preparación para entender mellor a celebración que se aveciña e a que acuden cada ano mais visitantes, atraídos polo espectáculo e tamén polo divertimento de pasar a noite disfroitando dos praceres do deus Baco.
Ainda queda outra excursión para quenes queiran adentrarse no mundo romano lucense, visitando museos, casas importantes romanas e saber un pouco mais, que mal non ven, destes vestixios que temos a sorte de conservar e ofrecer GRATIS, como xa non ocurre noutros lugares.
Castromaior |