www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 27 de marzo de 2021

POEMANDO O EO

 



Levaches os meus soños

xentilmente pousados

nunha folla de carvé

río abaixo serpenteando,

salvando desniveis,

demorándose fugazmente

nos obstáculos

para enfilarse novamente

na corrente

Escoitaches os meus desexos

da percura de outras terras,

iñorarnte ainda do teu bico

co mar.

Hoxe atopei o destiño percurado,

dende un sétimo andar

con vistas á túa desembocadura.

Un novo soño navegóu

río arriba ata o teu berce,

Eo,


 río do meu transcorrer.








luns, 22 de marzo de 2021

UN DÍA COMPLETO

 Teño algunhas imaxes do día. Un día primaveral que me convidóu a mexer na terra, pero, antes, amaséi e cocín o pan no forno. Eso xa levóu boa parte da mañá.


Ainda tiven tempo de ir  buscar ovos á casa dunha veciña. Gústanme os das galiñas en liberdade e con alimentación natural, caseira. Logo non podía faltar unha camiñada, sen Noa, esta vez, porque está en celo. Tobi, un mastín enorme, saíume ao paso e acompañoume. Él a quén buscaba era a Nóa, Mesmo  lle din unha aperta cando me agachei a fotografar as margaridas, pois votouse  case enriba de min, e  pintoume ben, xa que precisaba algo de sombra para a foto.  Estas son as margaridas que me chamaron a atención, unha aberta e outra ainda durmindo ou camiño de facerse moza. 



Un arroz mariñeiro  e unha ensalada, foron o meu xantar. Logo, saín ler fora. Agardábanme os meus animais e non quixen privalos de teren a miña compaña. Facía un soliño moi apetecible para quedarse alí de sobremesa e seguir lendo un libro que me fai rir todo o tempo. Xa sabemos que é o libro do meu post anterior! 

Cando me levanto, cada mañá, e abro a fiestra que dá ao xardín, sempre me encontro con esta imaxen. Hoxe quixen traela aquí. 

Non sei o seu nome, pero é unha das primeiras en dar flor.



 Xa, cansada  de descansar, enfilei para a terra. As malas herbas, que nunca son tan malas, pero que non deixan medrar as que eu considero boas, estaban agardándome.

Por fin, os rosais víronse libres delas, ainda que non vai ser por moito tempo, porque son tan teimosas coma mín.

De paso, maravilleime dos narcisos que me saíron ao paso. Quixen traélos aquí para que sexan admirados. É unha das miñas flores favoritas! Son tan fráxiles que o vento failles doblar pola metade e bicar a terra.



Xa posta á faena, seguín xardineando toda a tarde, tomando pequenos respiros para entrar a beber auga.

Cando acabei, non sabía se as miñas mans eran as miñas! Pero  os gladiolos agradeceron mudar de sitio, e ata a cama lle preparei a herba que vai nacer en canto chova, librandoa de pedras e torróns. Vou agardar a que naza por sí mesma xa que non me fío do que ven nos paquetes das sementes, ultimamente.

E acabo o día, cun lume que me quenta e un post co que non contaba, pero as sorpresas sempre me sorprenden!


luns, 15 de marzo de 2021

O ANO DO XARDINEIRO

 


Ca chegada do bo tempo, da primavera, quen ten horta, balcón ou terraza onde cultivar algo, está de festa.

O sol xa amansa a terra e faina cocer. Así morna, parece unha man tendída ás sementes.

A min xa me tarda empezar a plantar pero, este ano, ainda teño que decidir qué vai ir en cada sitio, pois preparáronme un terreo novo que non fora plantado antes e ver tanto espazo disponible tenme un pouco perplexa porque, despois de todo, non teño tanto que plantar. Tres regos curtos de patacas, algunhas cebolas das brancas e das violetas, cenouras, fabas, chícharos, allo porro, leitugas, allos, algunhas variedades de cabazas, cabaciño, amorodos, frambuesas.....Tamén hei por xirasois e millo como elementos decorativos e de agarre para outras plantas.

O que sí teño claro é que os meus cultivos van ser totalmente ecolóxicos. Ese é o motivo polo que planto para non ter que depender de productos que non sei como foron tratados. 

Para eso fago o meu compostaxe todo o ano e utilizo o xurro de estrugas para o mildiu e outros remedios que vou anotando cando Avelina fala polas noites na Radio Galega. Unha muller moi entendida en horticultura.

Mais tarde, plantarei tamén os meus tomates corazón de boi, que son unha delicia! 

Están xa as alcachofas que se reproducen elas soas e non fai falla plantalas. Van tomando cada ano mais espazo e son moi vistosas na horta.

O ano do xardineiro é un libro escrito por un checo, Karel Capek, que se ocupa de temas de horta cun humor exquisito. Alén da súa utilidade, é un libro para rir e pasalo moi ben mentras se le. Xa só as posturas que adopta o xardineiro na horta, son do  mais pavero  e ainda fican horas no recordo despois de lelas.

"Porén, este libro é moito máis ca un detallado manual de xardinaría: co seu proverbial sentido do humor Capek achéganos de xeito tenro e entrañable ó amor pola natureza, dentro dese decidido pacifismo que plasmou en tantas obras"



Tamén é tempo de facer vida no exterior, no porche, rodeada de flores e das miñas mascotas. Sentir o cheiro da herba recén cortada, observar os paxaros na procura de comida , ver o ceo e adiviñar o tempo que se aveciña.




O silenzo é un gran aliado neste lugar. Permite pensar, ler, escoitar e relaxarse. En tempo de pandemia, é un verdadeiro refuxo dos males do mundo. Poder pasar o día sen ter que usar protección, respirar aire puro sen contaminar e percorrer camiños en solitario.... é case un luxo!




mércores, 10 de marzo de 2021

O VALS DOS VELLOS


 Finaba o 2018 cando unha amiga me chamóu para convidarme a asistir a unhas aulas de acordeón.
Nin tal cousa se me pasara pola cabeza na miña vida. Tiven algúns flirt con instrumentos como a frauta, a guitarra, que fun deixando de lado por non ter tempo, por non ter quén me ensinase, sobre todo a guitarra, que me axudóu a mercar Mini, o de Fuxan os Ventos, e que ainda conservo. Pero acordeón? nin pensar nél sequera se me ocurreu!
Prometín asistir a un ensaio e ver qué se cocía por alí. Non pensaba nen coller ún para probar, pero acabéi colléndoo! Dende aquel día comecei unha carreira para conseguir ún, de segunda mán, e ver se me gustaba, se era algo que eu puidera aprender a tocar.
Mirei moitos por internet pero non me acababa de fiar. E un día, comentando con outra xente, entereime de que un amigo deles tiña un acordeón que xa non usaba e preguntáronlle se mo podía deixar un tempo para probar.
Ao cabo dun mes, merqueillo. Non soaba nada mal, segundo opinaron quenes me ían ensinar a tocalo.
Así foi cómo entrei no mundo destes aparellos!
Hoxe, tres anos mais tarde, xa teño un bo repertorio para tocar. E fágoo puntualmente cada día, sexa moito ou pouco tempo, pero son persoa constante. Os progresos van con lentitude, e a veces, ata retrocedo e xa non me lembro, pero a miña tenacidade é a mellor das ferramentas que me veu no equipe.
Nos meses do inverno, non asisto aos ensaios, porque veñen sendo de noite e co mal tempo, non me animo a coller o carro para ir a seis quilómetros, onde teñen lugar. Pero sigo tocando e tocando para non esquecer e porque me gusta, porque paso o tempo, porque é bonito saber tocar un instrumento, mesmo cando estas tristeira, algo aburrida, desocupada....e cando tes audiencia, como nos veráns cando teño visitantes.
As miñas mascotas son as primeiras admiradoras que teño. Gústalles moito todo o que toco. Noa, dame os parabéms cando o fago ben e cando tropezo en algo, mírame un tanto sorprendida, como que non é así.
Non só un amigo meu dí que ás vacas gústalles a música da radio, tamén aos gatos, aos cans... Polo menos aos meus. A miña cadeliña sae a bailar comigo algunhas veces e todo! E xa ten case trece anos! 
Recomecei os ensaios este mes de marzo e Tania, deume a partitura O vals dos vellos. Non coido que fose porque me encontrase mais vella pero en catro meses envellécese! O tema encantoume, sexa como sexa. É para bailar agarradiños sen pasar frío! Non ten letra e eu decidín poñerlla, ao son da música, seguindo o ritmo.
O video é de Carlos Alonso, que está no You Tube e él sí que o fai ben! Pero cando eu a toque mellor, poñerei o meu propio video.




Ven xunto a min
o baile vai comezar
qué soará
imos ver se o sabemos bailar
Abrazame
como aquela primeira vez
quero sentir
os latexos do teu corazón.
(música)
Este é un vals
pra bailar moi de vagar
e sen falar
hei deixar o meu corpo levar
Ven xunto a min
o baile vai comezar
qué soará
imos ver se o sabemos bailar
(música)
Abrazame
como aquela primeira vez
quero sentir
os latexos do teu corazón
.......

xoves, 4 de marzo de 2021

AMANTE PERFECTO

Praia de Tanxil, Rianxo
Praia de Tanxil, Rianxo


 Tres meses nos separaron.
Demasiado tempo sen vernos.
Lixeira de equipaxe
voei ao teu encontro.
Estabas, alí, onde a última vez.
O sol da mañá, bañaba tua pel.
Contempleite na distancia
para abarcarte todo.
Ofrecíchesme a calma,
o sosego,
apagaches as miñas ansias
so con verte.
Pouco a pouco
achegueime á tua veira
sentín teu marmullo
na miña orella e os teus bicos
rozándome a pel.
Sobraban as palabras.
Vestías as mellores galas
que o sol facía brillar
no azul do teu manto
que tantas veces me envolveu.
Quedeime alí, o tempo necesario
para levarte comigo
e soñarte na ausencia,
meu querido amante,
 MAR.



Rianxo, unha vila mariñeira na provincia de A Coruña, en Galiza, onde paséi vinte e tantos anos da miña vida, terra de escritor@s e poetas, deixóu en min lembranzas e saudades. Sempre teño que voltar alí para curalas. A canción do vídeo, A Rianxeira, é representativa de Rianxo, o seu emblema musical. As imaxes son de toda Galiza, non só de Rianxo. Pero é que Galiza é un Rianxo grande, moi grande.