![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhVaHNzLnRxX5DXBMtHzRtVBtlnJ9yr0nVO8YiXhmVxjNayB1g9zlTt2PdgfYtQQ5hXiGCV281bjJ3XQiNeN2cB4lw_ItxLywp9Mt0Q_VUEgxxvHw42jULdph17c_3TQ5nyRrVNfs8n5Zo/s400/Monforte14.jpg)
Hoxe non sería igual! O día de onte brindounos a oportunidade de disfrutar da beleza, da historia interesante, da cultura e da paisaxe desta terra, onde a Ribeira Sacra ten a sua capitalidade: Monforte de Lemos, co río Cave atravesando a cidade e os seus monumentos patrimoniais que nos falan dun pasado onde o relixioso se une ao cortesán e ao poderío dun condado cun dos pazos mais emblemáticos de Galiza, o Pazo de Tor.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhr1idLv6phUAH7_HRKZqtIPiIW9P3dUrGUrd9cOtE2HnCljiwP7voJjAGvBl8ZCluCGZVGBSVaFnj5ZdeO7RzQNy0dfBQ_qoDmtmP8OmeEGzddvqkc7o1scTlsOb9_a_xpglIeGEAwe-4/s200/Monforte12.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgQsQplDD1erqyLbUNK6gsD8kw-HAWxZHGJDghF4G76VV9v0mX8gO3tNDRtpc1k_QZWG16wazcYjzC9VaLEaO2BoujpBWQ1rNiZ6WuH-lFye8E-BxMPvBcWeOMTfp9Vn4bZha6F62MnuHc/s200/Monforte11.jpg)
Ahí comezamos o noso itinerario, percorrendo as frías estancias deste impresionante edificio do século XIX, con terras que alcanzan a dimensión de oitocentos campos de futbole e que abranguen boa parte do territorio, de maneira que se podería cruzar a península ibérica polas suas propiedades.
Edificio de duas plantas ocupadas segundo o estatus, a parte superior para os señores e as da parte inferior para criados e traballadores dos moitos oficios que o pazo ofrecía, e comunicadas por pasadizos e escaleiras case secretas por onde a servidume transitaba sen causar molestias ou romper intimidades.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjjgJT8FeFNDNzEpjog5bmEMblWFAsn4SAYe_Ll4XTvBeyx1mxVJwt4g1dNv7GXucAMbuM7M-5OnAbkxHrr5YBCpXxfv8q8zgSUxUgOKMwXCVQXzlxt2yammKoCc_qt1yIy9Y3nd1pqT0U/s200/Monforte10.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgT7ubYAtcE4MnqDHGQ0LvReF7mmTKOjdKlLNzKS13qurHqFCFPx5nQNoc1TU6WRvnELxua7FgoyRY0tpcGbPWUVX67X7rgFtOXiwp2oAhgmgX8RKyHNSUTLjvdAbvAR1o3nZqXl1vsIHY/s200/Monforte13.jpg)
Entorno aos catro salóns, algúns de mais de noventa metros cadrados, onde se exhiben toda clase de armas, mobiliario, e obxectos de incalculable valor, traidos do estranxeiro e diversos lugares da península, así como retratos de familia do mundo eclesiástico e militar, distribuense os cuartos destinados segundo os seus ocupantes, tales como o cuarto do bispo, reservado para visitas eclesiásticas de alto rango, o cuarto onde se quedaron Manuel María e Uxío Novo Neira, poetas e escritores que acudían a tertulias literarias que alí tiñan lugar, ou o cuarto principal con wc de
porcelana inglesa decorada e sofá confidencial ao que lle sigue o cuarto das crianzas, con xoguetes da época e un curioso Miky Mouse do século XIX nunha das vitrinas que gardan obxectos curiosos de valor.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiRyqMCjLmuG1sdV8_jqWyXjou3LuP3o5ndd_dpoyvBPLvPxhgeNXdgLa7ghOak3qcTXgj9b4LqnyS6vwdXtgCKntm0qp_OZFXw3nz7RSCIVNz2321wL4uflEIQVDk-XguURzQzQBxNWNo/s320/Monforte8.jpg)
Ahí as nodrizas, con sillón especial para amamantar, pasaban o tempo coidando, xogando e entretendo aos mais pequenos mentras os proxenitores se adicaban a vida social e de ralación que ocupaba boa parte do seu día a día, e con entretementos como o xedrez, o billar, a música, para a que facían traer pianos que hoxe so poderiamos encontrar en catro lugares do mundo, como un que fai de piano e órgano a sua vez.
Tamén, nunha das salas se atopa o primeiro mapa de Galiza realizado por Domingo Fontán, do S.XIX quen cun cabalo, un caderno e a axuda dunhos cantos instrumentos cartográficos tardou dezasete anos en percorrer toda Galiza medíndoa metro a metro.
Seguiríamos falando deste pazo en páxinas e páxinas de ter que ser unha descripción pormenorizada, pero a grandes rasgos, sacamos a conclusión de que a nobleza tiña o poder de rodearse daquelo que aos demais lles estaba vedado e podían facer alarde do mesmo nas suas exhibicións públicas e privadas para o que dispoñían de carruaxes tirados por cabalos para desplazarse os lugares
concurridos e oferecer recreamento e cultura dentro dos seus aposentos. Proba delo, un xardín de estilo versallesco, feito con chantos e nos que medraban setos e outras plantas e no que a sua simetría labiríntica podía facerllo pasar mal a quen buscase a saída.
Deixamos este pazo do que sería imposible acabar de comentar a sua totalidade para dirixirnos ao Colexio da Virxe da Antiga, coñecido como os Escolapios de Monforte. Ainda hoxe ten a mesma función de centro de ensino concertado e que foi exclusivo para rapaces. Alí admiramos un dos seus claustros e as escaleiras tan peculiares que parece que se sosteñen no ar a pesares do inmenso peso dos escalóns que a compoñen.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj2WtLSvULaPl3SqVA45mTgIyHdFkLG9Ud8wx6e9ilfI9kztv63gSYFi-qLz7vLgGmoO1ZPraYQ6QCeiyx2k8zO0mO_ycXSRpd_bEbaLAYDpG7MJJgF6rDcWEbdMu27ZwJhxGkcIJqf5lI/s200/monforte3.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhyeDBmoanglOx9DPMxL69W7SRDwsjLjWm0Mrhg5eyyGs66nS_5uYtrcChMzIfB_q-FFGvzfqMayEaB7rJoaXY43B2qWHNoUKkxr_fqjwtrhMa7j2popKJO7wjTbSx9ohX_Vy6yAcfZCG0/s200/Monforte7.jpg)
Este lugar foi afectado por un terremoto e polo vandalismo napoleónico, polo que sufríu desperfectos como fisuras na sua estructura e que para poder reparalos tiveron que vender un cadro moi valioso, A adoración dos reis magos de Van der Goes, e do que se ten unha copia na actualidade. Diñeiro que nunca se utilizóu para a dita reparación do edificio senón que foi parar a mans sen escrúpulos, proba do que a corrupcción non é cousa so dos nosos días.
De admirar o retabolo da igrexa realizado en madeira de nogal por Francisco de Moure, S XVII Nese relevo hai esceas que misturan o relixioso co pagano, éste último algo oculto e expresado coa sutileza quevediana, mediante a sátira, a mofa, rediculizando certas costumes ou rituais como a circuncisión xudéa, por exemplo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiAWrCGjjWbewqT0hH6PrCjUUdql-lz-nApCclkIfic1-7-dhFeovSBjvuceFEuJmL_ofVtROyl95yReria_auQrzE-zh1BpLg3Tz8Yo0UhQbRecGVQZmp0xQKF5e0echK6JaOyVPqm7GA/s200/Monforte4.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh1nQ4_p12_SqW9cWty5QfZpxaF0S9n4TxWo5wrW2uusd5E_zIwDQVC4uPuQsHfgiT1ESIcGlBxcNgIuLGW8IEh9e9btvaCxboTWcPm3EDCczTDSA26O8JLxgopJkhGRUjMPqa02_RgnRA/s200/Monforte6.jpg)
Tamén a desnudez feminina, mulleres cun peito descuberto.... que eran como moi avanzados para a época e causan estrañeza de teren pasado a censura, ou non houbo un estudo detallado das esceas, ou se fixo a vista gorda, porque xa sabemos que a algúns frades non lles desagradaban aquelas vistas.
Como non visitar o Museo do Viño estando a pé da Ribeira Sacra. Alen dunha degustación, tivemos oportunidade de adentrarnos no coñecemento do viño, da sua elaboración, do seu costoso trasego dende a vendima nos viñedos rochosos e o seu transporte dende os mesmos. Tamén da interpretación das etiquetas e das distintas variedades de uva. Moi entretido e ben esposto pola guía. As visitas que fixemos foron sempre guiadas, e a derradeira, ao Museo Lodeiro, da man do escultor que usa raíces e pedras, e madeira para realizar as innumerables caras e formas de animais alén de persoeiros como os Condes de Lemos ou de D. Quijote e Sancho, a tamaño real, e que nos foi explicando paso a paso dando detalles da procedencia dos seus materiais así como da sua elaboración,
Así acabou o día, cun xantar nun restaurante da vila e para min, co broche final dun chiculate preto ao final da tarde.
![]() |
Condes de Lemos |