www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 5 de maio de 2024

PAISAXES E PAISANAXES

 Podería empezar con estas aseveracións que se escoitaban cando algo malo nos aqueixaba.

"Non hai mal que cen anos dure"

"Nunca choveu que non escampara"

"Despois da tormenta, ven a calma"

Todas elas serían aplicables á situación que tivemos por alomenos dúas semanas nas que a chuvia non deu folgo, o frío coma de inverno e a floresta non parou de medrar ata deixar as aldeas case invisibles.

Así as recollín nestas fotosl. Un puñadiño de casas aquí e outro acolá nas que se albisca un fume saíndo das chemineas como sinal de estar habitadas.

A nosa maneira tan peculiar de ocupar o espacio formando pequenos núcleos de poboación é o que nos fai diferentes. Cada aldea é distinta das outras. Ten a súa maneira de funcionar e de relacionarse entre a vecindade que a habita. Os nomes, forman parte da súa idiosincrasia. Algúnhas levan nomes xentilicios, outras pola súa situación xeográfica, pola proximidade de ríos, fontes, montes...

Hai nomes de lugares como Aldegunde, A Esperela, Ríodecastro, A Espiña, Mendreiras, O Sullío...

Sei que morrerei sen ter visitado cada unha das aldeas do meu concello. A non ser que, calquera día, mochila ao lombo, me propoña percorrelas a pé ou en coche. Como fixo Camilo José Cela no seu libro Viaje a la Alcarria. Tal vez o fixera dende o sillón! Todo é ter un bó mapa á man!

                                               
O Pibidal



A Carraceira e o Chao



A Ferraría




Ríodecastro