Nun día de incesante chuvia, xuntámonos os Amigos do Patrimonio de Castroverde, para lembrar ao noso veciño, poeta, escultor e artista polifacético, que nos deixóu no mellor da súa vida, fai agora tres anos.
Cambiando un pouco os planes do día, por mor da chuvia, decidimos visitar a Casa da Cultura de Castroverde, adicada ao noso querido amigo PACO PESTANA, e alí, conversamos un pouco de todo e moito de nada, tendo sempre presente o obxectivo que nos xuntaba neste día e lendo alguns pasaxes da vida de Paco na lexión en África.
Dende alí, dirixímonos en coche ata Peredo, (Castroverde), a súa aldea natal, na que vive o seu irmán Xavier. Estaba agardándonos sentado na palleira, xunto ao can, e alí lemos algo que viña nun tríptico que alguén conservóu con admiración dende facía anos e que se refería a unha mostra das súas obras en Santiago de Compostela na Casa da Parra, co título A SOMBRA DO POETA.
Chegamos a Castroverde onde nos agardaba un saboroso e abondoso xantar de grupo nun coñecido restaurante da vila e alí demos por concluído un día adicado a Paco que nos levóu polos lugares máis queridos por él.
A sombra espida do poeta.