www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 19 de maio de 2022

A ESCADA

 


Atopeite entre a leña

esquecida e inútil.

Fíxote o carpinteiro

Ramiro, meu pai.

Destinada ao lume,

salveite a tempo.

Fáltanche tres paus

que verei de atopar.

Percureiche un lugar

onde estarás a salvo

e termarás das flores

que adornan o porche.

Ninguén subirá por tí.

Descansarás no teu limbo

nesta nova vida que che dou

e serás lembranza e soño

que acompañe os meus días.




domingo, 15 de maio de 2022

RUTA DA FONTANEIRA

 Da Fontaneira á Fontaneira

tiro porque me mola o río Neira


A duras penas

cheguei a Penas

pra non morrer coa pena

de non ter ido a Penas





















Atopámonos no Cádavo,  (Baleira) ás dez da mañá. Eramos catro, dispost@s a facer a Ruta da Fontaneira, que forma parte da Gran Ruta da Marronda. Para iso tiñamos que chegar ata a Fontaneira e alí, vendo o mapa, seguimos a ruta circular por entre bosques espesos, unhas veces subindo costas e outras baixándoas. O primeiro lugar de interés foi a Cova dos Mouros, cunha subida en picado que non está para calquera. Nesta cova atopáronse pinturas rupestres de orixe postpaleolítica. 


Seguindo o camiño, chegamos a un alto de uns 770 metros onde atopamos un fermoso banco para repoñer forzas e contemplar a paisaxe de montañas que se estenden á redonda, ao fondo das cales descorre o río Neira, que xunto co Eo, son os principais ríos de Baleira.


As penas de Villarín, dende pequena sempre vín.


Pasamos por aldeas de poucas casas e menos xente. Todas me soaban de cando meu pai me falaba delas e eu nunca me achegara a visitalas. En algúnhas ata atopei parentes, no Estornín. Gustóume a conversa que mantiven cunha parella xa maior e que coñecían ben a miña familia. Foi como sentirme na casa e noutros tempos idos. Veciños do outro lado dos montes que nos separan e dous vales polos que corren os nosos dous ríos.

Cruzamos o Neira por esta ponte noviña, recén construída, a xogo co banco. Polo menos o Concello quixo facer algo bó nesta ruta. Agardo que faga o mesmo na do río Eo.

Poñería fotos e fotos das paisaxes que amosan unha natureza exuberante, con arandeiras que xa están formando o froito, de flores exóticas que chaman a atención tanto polas cores, como polas formas e agrupación. Detivémonos moito nelas e mesmo as identificamos coa axuda de Google.





-
Carballos, castañeiros centenarios, bidueiros, acivros, teixos...matogueiras ... protexen do sol e dan frescor e humidade ao longo do percorrido de altibaixos en alternancia por carreiros de a pé e por camiños de carro en moi bó estado de conservación polos que se pode andar sen dificultade e sen malezas que os obstruan.


Para chegar a aldea de Penas, a que eu sempre quixen coñecer, tivemos que desviarnos dous quilómetros costa arriba. Recibíunos un enorme mastín que parecía ser o que gardaba o lugar. Fixemos boas migas con él. Eu sabía que alí atopariamos unha fonte, e así foi. Buscamos sitios para comer o noso picnic e atopamos unha gran mesa de formigón, con sendos bancos a cada lado. Lembroume a mesa do despacho de Putin. Podiamos gardar ben as distancias. O mastín empezóu a comer as sobras, non sen certo recéo, pero acabóu facendo de "gogó" enriba da mesa.


Aínda nos levaría un bó tempo acabar a andaina, moi cansad@s, pero felices, con boa conversa e boa sintonía, pese a que algúns de nós era a primeira vez que nos viamos.





Deixo un vídeo da Cova de Baleira que seguramente explicará mellor o que alí se encontróu.




sábado, 7 de maio de 2022

UN DÍA CHAIREGO

 


Comezamos a andaina en Cela, Outeiro de Rei, chaira luguesa e terra do poeta Manuel María. Nesas primeiras horas da mañá, co orballo da noite, fomos percorrendo prados á veira do río Miño para ver os seus portos, que non son como os portos de mar, senón que son, pasaxes a través do río dun ao outro lado por diversas razóns como pesca, coidado das terras de labor, xa que quedaron divididas polo río.







Para cruzar o río, utilizaban esta especie de embarcación coñecida como batuxo que era mobilizada con un pau longo.


Orquídeas silvestres medran preto distes humidais, chamadas tamén linguas de gato.



A Terra Chá, é terra de cruceiros. Iste leva no mástil detalles de ferramentas usadas na Paixón de Cristo.



Deixamos atrás a ribeira do Miño para visitar unha oleiría que se encontra nesta zona. na aldea de Bonxe,  na que case todas as casas eran ceramistas noutra época. Na actualidade só hai unha,



O ceramista Manuel



Pola tarde, visitamos a Casa Museo do poeta chairego por excelencia, Manuel María, quen deixou alomenos un cento de libros de todos os xéneros, poesía, teatro, prosa... Manuel María, alén de ser un escritor moi prolífico, foi un loitador polos dereitos das persoas, pola lingua galega, pola nosa terra, e un home namorado dunha muller chamada Saleta. Formaban a parella perfecta. Saleta aínda vive. Un home que amou os seus lugares da infancia, as árbores e todo o que tiña que ver co seu pobo e a súa xente. Moitos poemas dél foron musicados por Fuxan os Ventos. Hoxe fomos lendo os seus poemas nos sitios mais emblemáticos do seu transcurso, e visitamos a casa dos seus ancestros que foi convertida en museo e lugar de encontro coa cultura galega e foránea. Ten unha extensa biblioteca, coleccións variadas de cousas que lle chamaban a atención, e moitos poemas seus polas paredes dos distintos cuartos que fomos visitando e admirando, da man do seu sobriño que pon todo o seu interese en explicar todos os detalles da súa vida.



Manuel María, unha foto que o difine.


Un poema que me chamóu a atención, como tantos outros, pero aquí fala do poema e abaixo, a súa máquina de escribir, parecida a miña.



Rematamos con un pequeno paseo na área recreativa de Santa Sabel, nome que lle dá a igrexa e lugar de romaxes e festas ás que o poeta asistía e loubaba nos seus poemas. Aí rematamos a viaxe cultural que nos fixo pasar un bo día primaveral, polas contornas da Terra Chá de Lugo, sempre á veira do río Miño.



Fuxan os Ventos musicaron, entre outros, o poema O Carro, de Manuel María