www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 7 de maio de 2022

UN DÍA CHAIREGO

 


Comezamos a andaina en Cela, Outeiro de Rei, chaira luguesa e terra do poeta Manuel María. Nesas primeiras horas da mañá, co orballo da noite, fomos percorrendo prados á veira do río Miño para ver os seus portos, que non son como os portos de mar, senón que son, pasaxes a través do río dun ao outro lado por diversas razóns como pesca, coidado das terras de labor, xa que quedaron divididas polo río.







Para cruzar o río, utilizaban esta especie de embarcación coñecida como batuxo que era mobilizada con un pau longo.


Orquídeas silvestres medran preto distes humidais, chamadas tamén linguas de gato.



A Terra Chá, é terra de cruceiros. Iste leva no mástil detalles de ferramentas usadas na Paixón de Cristo.



Deixamos atrás a ribeira do Miño para visitar unha oleiría que se encontra nesta zona. na aldea de Bonxe,  na que case todas as casas eran ceramistas noutra época. Na actualidade só hai unha,



O ceramista Manuel



Pola tarde, visitamos a Casa Museo do poeta chairego por excelencia, Manuel María, quen deixou alomenos un cento de libros de todos os xéneros, poesía, teatro, prosa... Manuel María, alén de ser un escritor moi prolífico, foi un loitador polos dereitos das persoas, pola lingua galega, pola nosa terra, e un home namorado dunha muller chamada Saleta. Formaban a parella perfecta. Saleta aínda vive. Un home que amou os seus lugares da infancia, as árbores e todo o que tiña que ver co seu pobo e a súa xente. Moitos poemas dél foron musicados por Fuxan os Ventos. Hoxe fomos lendo os seus poemas nos sitios mais emblemáticos do seu transcurso, e visitamos a casa dos seus ancestros que foi convertida en museo e lugar de encontro coa cultura galega e foránea. Ten unha extensa biblioteca, coleccións variadas de cousas que lle chamaban a atención, e moitos poemas seus polas paredes dos distintos cuartos que fomos visitando e admirando, da man do seu sobriño que pon todo o seu interese en explicar todos os detalles da súa vida.



Manuel María, unha foto que o difine.


Un poema que me chamóu a atención, como tantos outros, pero aquí fala do poema e abaixo, a súa máquina de escribir, parecida a miña.



Rematamos con un pequeno paseo na área recreativa de Santa Sabel, nome que lle dá a igrexa e lugar de romaxes e festas ás que o poeta asistía e loubaba nos seus poemas. Aí rematamos a viaxe cultural que nos fixo pasar un bo día primaveral, polas contornas da Terra Chá de Lugo, sempre á veira do río Miño.



Fuxan os Ventos musicaron, entre outros, o poema O Carro, de Manuel María



17 comentarios:

  1. Ola Bea! Para que logo digan que non hai ningunha actividade nin nada interesante por descubrir cerca da casa. É un pensamento moi extendido (creo que afortunadamente cada vez menos) e que non ten nada de realista, e aquí a mostra. Teno visto esas barquiñas na beira do Miño, pero non sabía como se chamaban. Sempre queda algo por aprender, descubrir e compartir, cada día. Graciñas pola excursión virtual e por compartir as túas aprendizaxes do día. Un biquiño,
    Iria

    ResponderEliminar
  2. Olá, Beatriz, belíssimas fotos, inspiram muita paz, gostei muito do artesanato em cerâmica do poeta Manuel, do museu, da foto em conjunto, que dia gostoso!
    Um feliz domingo, beijinho amiga!

    ResponderEliminar
  3. Marabilla como sempre, Bea.
    As fotos son lindísimas, a andaina explícala tan ben que nos fas partícipes dela como si estivésemos.
    Que curiosa a Bastroxa, non coñecía e o cruceiro chama a atención polo mástil precisamente, xa eu ampliara a foto e cha ia comentar mais logo vin que ti a puxeras precisamente por iso, xenial! Boa escolla a do poema de Manuel María, encántame.
    Grazas por levarnos a túa ruta, apertiñas, feliz día!

    ResponderEliminar
  4. Esa caída que está a carón da maquina de escribir, tremola na casa. Son láminas de arte galega contemporánea de certo valor, pois hai moi poucas. Día ben aproveitado!!

    ResponderEliminar
  5. Olá Beatriz.
    Reparei no poema que aqui se encontra de Manuel Maria, é exactamente como penso em relação à esse assunto do poema. As palavras nunca morrem, as palavras são eternas.
    Soberbo poema!
    Devo também felicitar-te, pelas belas imagens que aqui partilhas.
    Gostei muito.

    Votos de uma excelente semana, com muita saúde.

    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  6. Qué envidia, amiga.
    Todo es bello y sugerente en la página, En especial la cerámica, un arte al que un día me acercaré.
    Estaré a tiempo?
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  7. Me gusta lo que haces
    lo que caminas
    Lo que cocinas
    y tus palabras como comentario en mi blog.
    Eres bella y frontal-Tu blog es el reflejo de lo que eres-.Naturaleza -Buenas comidas
    Un espíritu de aventura y constante juventud
    Brindo por Vos
    Paseos largos
    Muchos amigos y en el centro Vos
    mi querida amiga

    ResponderEliminar
  8. Lindo reportaje gráfico nos dejas Beatriz, por las orillas del rio Miño descubriendo lindo recodos y hasta el habita del poeta Manuel Maria que nos ilustra con ese poema, en el que nos da a entender que la buena poesía se hace en los lectores vida y “nunca more”. Gracias por compartirlo.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  9. Batuxos e orquídeas salvaxes, a inmensidade da Cha, acougo da señardade que poemou Manuel María e a beleza das fotos e das letras coas que nos agasallas un outro día máis. Biquiños, Bea!

    ResponderEliminar
  10. Olá, magníficos lugares, paisagens incríveis, deve ter sido um lindo passeio ;) https://botecodasletras2.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  11. TERRA CHA, NOSTALXIA E LEMBRANZAS.LUIS A

    ResponderEliminar
  12. Mas que belo passeio.
    O rio Minho é lindo, vale a pena percorrer as suas margens.
    Continuação de boa semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  13. Un recorrido fantástico con preciosas ilustraciónes sobre el que lo hacen muy atrayente, lugar para conocer...
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  14. Hola Bea.
    Hiciste un buen recorrido.
    Senderismo entre caminos, montañas y ríos de agua fresca. El museo del conocido poeta gallego Manuel de María. Muy conocido. Su cerámica me encanta. Buen fin de semana.
    Abrazos.

    ResponderEliminar
  15. Me has hecho pasar un rato muy agradable mientras te leía, de tu mano, y dejando volar la imaginación, me he visto recorriendo esos bonitos lugares a la orilla del miño, los paisajes no pueden ser más atrayentes sobre todo en primavera. Pese al tiempo que falto de esa maravillosa tierra gallega, cada vez me siento más orgullosa de haber nacido en ella.
    Me ha encantado el vídeo, ese grupo ha puesto música al poema El Carro, de Manuel María, y suena de maravilla, el conjunto es fenomenal, tienen unas voces dulces y preciosas.
    Me alegro de que hayas disfrutado de esa excursión.
    Cariños y buen fin de semana.
    Kasioles

    ResponderEliminar
  16. wonderful images...
    love ceramic craft and river

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.