www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 24 de abril de 2022

XARDÍN POLINIZADOR







Os ceos aclarándose ao meu paso por terras de Fonsagrada (Lugo). Se fixera o día de onte, non emprendería hoxe esta viaxe. Pero todo estaba a favor!



Chegar a Negueira de Muñiz, na mañá de domingo non me resultóu inquedante. Escoitando Radio 3 e os avatares das guerras e dos éxodos que orixinan, na voz dunha xornalista gráfica, fixeron o camiño curto e entretido.


A aldea estaba deserta. Só este can axexaba con curiosidade meticulosa e atención máxima o que escondía a árbore. Non cheguéi a sabelo.



Mais, o sitio ao que me dirixía eu, non era en Negueira de Muñiz vila, senón nun lugar deste concello, chamado Penadanogueira, ao outro lado do río Návia. Con toda a sorte do mundo, saíu dun aloxamento un coñecido amigo que tamén ía ao mesmo sitio. Grazas a él, que me levóu, puiden chegar sen dificultade. 


Unha aldea abandonada e medio derruída na que algúen puxo os ollos, a ilusión e un proxecto. 


Con axudas oficiais, restauróu unha destas casas, con moito terreo arredor, enfocada a levar a cabo un estudo medioambiental para a preservación dos insectos polinizadores.

 
Case un cento de personas chegadas de León, Galiza, Asturias, Madrid...e otros lugares, asistimos á presentación da GUÍA DO XARDÍN DE POLINIZADORES, con ilustracións do famoso pintor internacional Fernando Fueyo.



O Xardín, está divido reutilizando as antigas madeiras da casa, facendo bancais con aromáticas, con comestibles, árbores froiteiras e forestais.


Ubicado na ladeira dunha das montañas por onde, ao fondo, se pode ver o río Návia, moi baixo nesta época por falta de chuvia.



Lugares aveirados e acolledores rodean a casa, onde non faltan pequenas lagoas artificiais e árbores de sombra.


Como en toda inauguración, non podía faltar o icono que presida este xardín, en homenaxe a Fernándo Fueyo, que pintóu bolboretas e outros insectos.



Como en todo evento, non podía faltar a música. Aquí temos a Míni Rivas, un ex de Fuxan os Ventos e da Quenlla, lembrándonos cantigas populares galegas.



E pola parte asturiana,  Paula e Xuacu Amieva, que nos ofreceron variadas interpretacións con distintos instrumentos, como gaita, pandeiretas, flauta e birimbao, sen esquecer a música irlandesa dos Chieftains.


Rematando cun delicioso xantar in situ, ao aire libre, onde non faltaron empanadas, tortillas, queixos e outros compangos, doces de sobremesa, todo de elaboración caseira, como o  viño autóctono de uva "branca lexístima"  que tivemos a oportunidade de degustar, que non de mercar, porque estaba esgotado debido a recente festa do viño que tivo lugar fai pouco.
A guía aínda nona encetei, pero promete amor, poesía, empeño, soño cumprido e moitas imaxes a toda cor, do artista Fueyo.




O RURAL ATRAE!
Návia é unha deusa
Návia é unha vila
Návia é un río
Návia é a miña neta
Návia é unha cantiga
 

Návia, canción sobre un poema de Toño Núñez interpretada por Asubío













 

31 comentarios:

  1. Que marabilla, Bea.
    Bendito rural e xente que o valora e ama.
    Que envexa sá me deche, adoro todo iso, Mini Rivas é grande, como músico, pensador, político etc.
    Grazas, Bea. Por este fermoso paseo que me enriqueceu este intre.
    Apertas.
    Fermoso lugar, fermosas fotos.

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea! Que interesante se me presenta todo. Moi boa iniciativa, fermosísima a aldea que a acubilla (moi ben restaurada) e o evento de presentación, con boa música e de seguro moi boa compañía. Apetece meterse nas fotos e acompañarvos na xornada, a dicir verdade. Un bico,
    Iria
    Iria

    ResponderEliminar
  3. Una excursión encantadora.

    Un abrazo, y gracias por compartir

    ResponderEliminar
  4. Galiza profunda está no rural,esa terra que é xenerosa y tanto nós ofrece.

    Que envexa sana, Bea
    Grazas por facernos chegar esa marabillosa iniciativa.

    Bea, non levaches unha empanada das túas?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Como non podo devolverche a visita, quero agradecer o teu comentario.
      Hoxe fun a plato posto!

      Eliminar
  5. Olá Beatriz!
    Excelente crónica aqui nos presenteias. Deve ter sido um excelente passeio nestas fascinantes paisagens pela natureza, e igualmente um ótimo convívio.

    Uma excelente partilha!

    Votos de uma excelente semana.

    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  6. Que post interessante, lindas fotos.

    Arthur Claro
    http://www.arthur-claro.blogspot.com

    ResponderEliminar
  7. Lindo recorrido por parajes hermosos y campestres, estimada Beatriz. Gracias por compartir. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  8. O que contas é un proxecto ben bonito e interesante! Que cunda o exemplo e haxa moitos así!

    ResponderEliminar
  9. O rural atrai mesmo...
    Um projeto interessante, gostava de conhecer. Não fica longe...
    Boa semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  10. Fotos lindíssimas
    .
    25 de abril sempre. Sabe porque é que a revolução aconteceu em Abril e não noutro mês do ano? Escrevi sobre isso
    .
    Abraço.
    .
    Pensamentos e Devaneios Poéticos
    .

    ResponderEliminar
  11. Que belo passeio, Bea! Como é linda a tua Galícia! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  12. Lidas fotos las que ilustra a entrada de esa Galicia rural con encantos múltiples y esa variante musical de trovadores de lo tradicional y mensajeros de buen trato al medio agrandando ese bon XARDIN y sus POLINIZADORES. Graciñas
    Un bico

    ResponderEliminar
  13. Precioso reportaje.

    ResponderEliminar
  14. Bello recorrido por distintos lugares rodeados de naturaleza, las fotos preciosas y el relato que dejas a pie de cada una de ellas clarificador para aunque sea con la vista y el pensamiento recorrerlo tambien nosotros
    Gracias Beatriz, un abrazo

    ResponderEliminar
  15. Me encantaria hoy tenerte cerca de mi gracias

    ResponderEliminar
  16. Amiga Beatriz,
    Belas imagens de retomada do convívio social. Que bom que nossos passeios, viagens e os contatos com parentes e amigos, estão existindo novamente.
    É certo que ainda estamos em tempos pandêmicos, mas, vacinados, venceremos está batalha virótica mundial.
    Abraços e cuide-se!!!
    ...
    P.S.: Os seus dois comentários estão publicados e prazerosamente respondidos no ®DOUG BLOG. 😉

    ResponderEliminar
  17. que lindo post amiga na minha receita o açucar é 100 g e as sementes de papoila é de 15 g obrigada pela vesita bjs saude

    ResponderEliminar
  18. ¡Olaa, Bea!

    ¡Hai que bonita entrada, por todos os deuses que me namora!
    E que ledicia de fotos, grazas, que da túa man pasei por esas terras máxicas.
    Vaia excursión que fixeches e alégrome tanto como se fose eu, fáiseme auga na boca cando falas da empanada.
    Sigue vivindo así con alegría, pois a vida pasa voando, amiga do meu corazón.
    unha aperta moi grande e que a vida che sorria cada día que amañece. biquiños.

    ResponderEliminar
  19. Un máster de delicatesen, Beatriz.
    Todo en el reportaje nos provoca ganas de ir a Galicia, a su campo y montañas, a caminar sus veredas. Provoca su comida que nos llena de aromas, los cantos de sus artistas, la bonhomía.
    (Creo que me he dejado seducir por mis ancestros...)

    ResponderEliminar
  20. Estimable prima. Me alegra saber que sigues pasándotelo bien y disfrutando de la vida, lo mejor de lo mejor. El vídeo desprende nostalgia total y el evento muy cultural.
    Abrazos con cariño.

    ResponderEliminar
  21. Ah, me leva pra conhecer sua terra, leva?
    Um beijo cheio de saudades de você, Bia.

    ResponderEliminar
  22. Gente Bea!
    É tudo isos em um passeio só?
    Que delícia.
    Bjins de gratidão por essa
    partilha.
    Bjins
    CatiahoAlc.

    ResponderEliminar
  23. Magnifica entrada con fotografías y un video encantador, he vuelto a disfrutar de su encanto,

    ResponderEliminar
  24. Pese a lo separadas que pueden estar unas aldeas de otras en Galicia, he de reconocer que tienen un encanto especial, el verdor de su entorno y ese aire fresco que se respira bien a la orilla de un río o del mar, logran hacer de ellas un lugar idóneo para escribir, residir o soñar.
    Y otra opción es esa bonita excursión que has hecho a ese lugar.
    En Lugo he estado varias veces pero siempre por el centro de la ciudad.
    Me alegro de que hayas pasado un día inolvidable.
    Agradezco tus bonitas fotos y me quedo escuchando de nuevo esa canción.
    Cariños y un fuerte abrazo.
    Kasioles

    ResponderEliminar
  25. ola amiga o açucar baunilha é açucar que leva baunilha em pò que ja se compra assim mas se nao pode pore ouro gosto espero ter ajudado um feliz fim de semana bjs saude

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.