Galo louco, canta morto,
Já nao no mundo recente;
Mas quando havia forca
Para salvar um inocente.
Galo preto e sedutor,
pintalgado e florido;
Dá sorte por tradiçao
A quem o tiver consigo
O galo de Barcelos,
De mil tamanhos e cores
É fonte de inspiraçao:
Para ceramistas e pintores.
Com muitos coraçoes,
Eleito por toda a gente.
Por ser base de milagre;
Na vida de quem é crente.
Poeta Celso Cunha
Conta a lenda, que un galego, en peregrinación a Santiago, ao seu paso por Barcelos, foi acusado dun crime que tivera lugar naquela vila e foi sentenciado a morrer na forca. Quixo ir ante o xuíz para pedir clemencia e éste atopábase celebrando un banquete cos seus achegados e había un galo asado sobre a mesa. O galego díxolles:
"É tão certo eu estar inocente, como certo é esse galo cantar quando me enforcarem."
E cando se dispuñan a levar a cabo o aforcamento, coa corda ao pescozo e o nó apretado, o galo cantóu, para sorpresa dos alí presentes. Tiveron tempo de chegar a tempo de baixalo da forca e así salvóu a súa vida. Dende daquela, o galo é venerado e incluso se lle fixo un monumento e de ahí que Barcelos estea cheo de galos.
Vista do centro de Barcelos |
Mercado |
Outra vista de Barcelos |
Tenda de cerámica onde merquei o galo |
Biblioteca e sa de tertulias |
Despois de min, entrou unha parella de xaponeses.
Un pouco mais adiante, déronme os ollos no nome da ferretería que tiña xusto en frente: "CASA MEIRA". Resultoume curioso porque eu estaba de excursión en Barcelos cun grupo de Mulleres Rurais de Meira (Lugo). Entrei preguntar por qué se chamaba así. Era unha ferretería moi antiga. Dixéronme que viña polo seu apelido.
Ferretería Casa Meira |
Logo dunha mañá moi antropolóxica agardábanos un xantar delicioso nun restaurante da vila. Era comida tradicional portuguesa a base de caldo verde e bacalau pero feito doutro xeito mais moderno, estilo cociña de diseño. O viño verde non deixóu nada atrás e facilitou a dixestión de tan exquisitos manxares.
A feira, que duraba todo o día, perdera a forza que tiña pola mañá, cando tendeiros e tendeiras berraban prezos e gangas ca forza dos galos do lugar. Pero, co día de sol e calor que facía, os ánimos foranse apagando contra a tarde e os prezos tamén tiraban para abaixo. Así foi cómo me fixen cas uvas do viño verde a un prezo reducido.
Todo é ben se ben acaba e esta foi unha viaxe que eu desexaba facer. O que non sabía era que ía resultar tan didáctica.
Detalle do comedor |