![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgnv172I33yp7IY6hFywefqnmr-Ovpicir3wkp1k2Um_X_omxZaNyImeZDedFt_U48YG0JSoczFv-_6B5mPBmQ0XugENhd_D8uFV1n-Zf-SwcwatOId6oajrIhAlphyphenhyphenwgAQCb8eXyzyS4M/s400/Cami%25C3%25B1o.jpg)
Esta vez o percorrido foi por un tramo do Camiño Primitivo ao revés, dende Carballido, pasando por Bascuas, Gondar, Soutomerille e acabando no albergue recén estreado, A Pociña de Muñiz, en Vilar de Cas. Todos estes lugares pertencen aos concellos de Lugo e Castro Verde.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj9Lx7yJxdLW0ZrOZO8-Q1hGm7vrOg6eSREyL2AuRuKzKDa4ul2Ahox9mFysajUaD2VV7OReFzjP7okLxmR0GMVCD25v4iQu11wQJfaO_1xEucGswrBBWjCC1EiQ2Z2R0BdMlJPZR0ZW1I/s320/casa.jpg)
Acompañóunos Ricardo Polín, historiador, investigador e gran coñecedor do Camiño Primitivo e do Patrimonio de Castroverde, de ónde é nado. O motivo deste percorrido era ver, a través das explicacións que nos ía dando, a distorsión que sofreu este Camiño, modificado segundo os intereses particulares do momento e alterando o seu trazado, desviando, sen necesidade, aos peregríns por estradas e pistas asfaltadas, sendo que o trazado do antigo camiño era sempre en linea recta a Santiago e polo terreo mais chan e doado de ser camiñado.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjHvC1SLRXzLnJPyxudiEl__xnt9uIxtTBrSoLI2a6bHNp2Aofi_Kpu8c26Tm0aiWRVGUayq3gGa6vHBFf2bWuXsuyn2I39su3dcixkLandhxHuIeMydYC-YpL4YiohJW_-7gCCf8-Mb2o/s320/porta.jpg)
Entre parada e parada, fomos escoitando a historia do lugar, cos nomes antigos que apenas se conservan xa, so na mente das persoas mais vellas e que non foron tidos en conta á hora de diseñar a escasa información que ao longo do camiño pode ir véndose e que se limita a indicadores graníticos , fontes restauradas que en nada conservan a sua forma orixinal, o pavimento alterado e moitos muros e árbores desaparecidas que eran as lindes do antigo trazado e que tiñan a sua razón de ser, para dar sombra aos camiñantes e para marcar a súa estructura de camiños de carro por onde pasaban comerciantes cas suas mercadurías naqueles tempos nos que as estradas non existían.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiXsaSckW5BlqjDcm8kEJG6Q8Y33PdAo0xTiHPAxB3lIrooSQi2jwcIKEiio_jqlx8ngNWBpLcWiaU2UTh16kqxN7BT7W1_8laKBOldiQYTdnxnrzXvSoEkmV87N9FQilO0bOQDy-cGC3M/s320/cami%25C3%25B1o1.jpg)
A modernización caótica foi degolando todo o que tiña importancia e non se lle deu, votándo agora en falta tantas construccións de interese patrimonial que desapareceron para sempre. Tal é o caso do castelo de Castronela, agora convertido nun montón de pedras, no alto deste pequeno castro, e que foi lenda ou feito real recollido na primeira novela histórica de Galiza, El Caballero Verde.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj6WOw4BR-ZO-OFMUOlIFZ2O0Ul_nc2O_QrbUL9kNtrmn5wcT6AYJlN1TJijUCqxd7a6nw7D6DVR70lj8GGoyVlDvAZMEUbpQVyM3zORk5X48YMnziLsugyfDuLd4yDA4HkHpt5xWZaI9A/s320/libro.jpg)
Así chegamos a Castromerille, onde lemos poemas adicados a este lugar. Unha igrexa moi antiga, un cemiterio pequeniño que chama a atención de pequeno que é, a unha casa de fidalgos en ruínas, e árbores emblemáticas como o Castiñeiro de Soutomerille, un, entre moitos que foron plantados na mesma linde do camiño porque, daquela, tíñase o costume de usar as árbores como marcos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiyizSBnJaV4vzOtc5Nahp4R6Mrsm2khbhNjGDt3kfOhKOnzlIl1z_sJFo3e0wrqZh06clMMYmNlljXiQWsJ-_jQ7tgXRAE0Gye0ishP49NpOnvf846EsLnCRfE_xpZwS6JSjUS7Mfq5ec/s320/Soutomerille.jpg)
Chegamos para xantar o albergue de pelegrins e turístico, aberto fai pouco, e que está no mesmo Camiño Primitivo. Un sitio para descansar, para sentir a fermosura da pedra e da madeira, os animais de granxa, incluída unha oca que tivo unha pequena persecución polos paparazzis e logo foi xunto as galiñas e galo e non paraba de contárllelo, alborotando sobremaneira o galiñeiro e custodiados todos polo gran mastín. Aquelo parecía "A rebelión na granxa".
O xantar foi espléndido. Unha gran mesa no xardín e outra na cociña acolleunos a mais de trinta camiñantes e poidemos degustar empanadas de grelos, tortillas, lacón asado, ensaladas, pan feito no forno da casa e postres variados.
Quedamos con ganas de voltar!