![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjaQ0ljwRniKblQnzQ3UU8b4Xa8HgeNvkLnamM2xsOlfIvyLz3-1qv1opCshUTKsETudiU9G6kxi4PnAyeQJHJAHaagMCpBySYcc0U4PGHfM5c-9ufUaJR9UWG1xtamTbj-0vAjCY3D7ec/s400/IMG_20180916_130947.jpg)
Como sempre, estas camiñadas caen en domingo. Un fermoso día para percorrer a marxe dereita do Miño dende a Ponte Romana ata Adai. Alí agardábanos un segredo: o santuario da auga!. Primeira parada nun prado de túmulos, que puido ser un lugar de enterramentos e dos que se conserva un dolmen pequeno. Segundo as explicacións do guía, alí podían enterrarse mais dunha persoa pero tiñan que pasar douscentos anos entre cada enterramento. A partir de ahí, todo un ritual en torno aos mortos e tamén aos vivos cando tiña lugar algún nomeamento de importancia. Parece ser que o ritual consistía en levar auga en caldeiros, dende o Miño, ata diferentes puntos dese santuario que eran pedras con petroglifos circulares, e buratos onde se poñía a auga para realizar purificacións. Esa auga ía percorrendo un circuito diseñado na rocha e que formaba compartimentos distribuídos uniformemente formando un conxunto que non se sabe ben se servían para predecir o futuro o para medir algo concreto.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjy4FWRkdyk7pOudQDnFB-A3Vn3OSZUDksSN4rM4OI7_LWGWAZUstOTvN0c4-1YVhniA3WLFtEtK9q4TmhQln9P5MI2qkLlNB1eStVuWd74uiMLBzxbSn1iIqhnI6BxbxnJcnJ7o7puMCE/s320/IMG_20180916_174030.jpg)
Estas rochas de xeixo, esparecidas por todo o que hoxe é unha fraga, eran lugares polos que se ía pasando para levar a cabo ese ritual e ir ascendendo ata chegar a Penafita, onde se supón que podía atoparse un templo feito a base de ocos circulares na rocha que sostiñan un entramado de postes e que posiblemente estivese cuberto. Dende logo, o lugar ten unha maxia e unha enerxía que fai que te sintas ben alí. Hai unha especie de semicastro, con unha oquedade grande no medio onde se supón que entraba a xente. No que parece unha muralla, había cantidade de pedras de xeixo. Parece ser que estas pedras tiñan propiedades curativas, daban boa sorte....
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEinI3iCgTedF-djLOMcakGnIwhX9xQyzS0_biQ9iBZbHV-VxlBnYdwOyVarP5C0FotDYAOb2Qgu11v2nxcDBT83IS2DkDkU8OB9LP0S4M9ceYfdH1U9gM-ocXDNacHNsMtTFY_XzLOlZZ0/s320/IMG_20180916_172412.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgliO3IzHES5X-sdSQ_BjqE5eaQEUevobRHorPUmahUxeZT78DbDEvbsiNTL670RnvH4XX57ASNnFrw0vHZ5u-PtWqL35Mn7E07SCAKRugwuRT2r9j_yYNIchijOV77PhKQqdrXiiqX1Ak/s320/IMG_20180916_174056.jpg)
Deixando atrás a prehistoria deste lugar, atopamos tamén rochas que foron abandoadas a medio perforar e que se usaban para a construcción, para os dinteis das portas e ventanas das casas. Non todas eran válidas, por eso, cecais, foron desvotadas a medio tallar.
Un día no que o sol non queimaba e as sombras eran abundantes. Foi case un ritual, nos mesmos, percorrendo o camiño que tantos outros e outras percorreron antes. Unha homaxe de recoñecimento e respecto a aqueles antepasados e antepasadas que tiñan fé na natureza e no divino.