Que o sitio sexa o mesmo de sempre non quer dicir que non cambie cada día. Se onte fixera o tempo que fai hoxe, Iria non podería ter feito as fotos do que nos foi saíndo ao paso. A luz non é a mesma, a chuvia murchóu as flores que ela tanto se emerou en fotografar, os ceos cambiaron a gris, apenas hai claros e o frío non deixa desfrutar do ambiente primaveral.
Antes de almorzar, emprendemos ruta polos sitios que Noa e mais eu transitamos a diario. Fomos pasando por lugares algo habitados, falando con algunha persoa que atopamos. Os nomes eu xa os tiña esquecidos pero lembraba os dos cans, dos cabalos...
Fomos parando para que ela puidera saborearse nas paisaxes que ofrece o rural do interior, sendo da costa, hai moitas cousas que nos diferencian e lle chaman a atención: os prados cheos de flores, (dente de león) que os cubren de amarelo e branco, con esas boliñas algodonosas e fráxiles que hoxe están desfeitas pola chuvia, as árbores en flor, os castañeiros centenarios, o río ao seu paso pola acea de Cuenzas, un roteiro obstruido polo desleixo, cando podía ser un lugar de paseo como foi noutros tempos, as leiras de navos en flor como os campos de tulipáns holandeses, os cabalos e os cans, as casas e os seus corredores antigos...
Pola tarde, continuamos a andaina por sitios aos que eu xa non me atrevo a ir soa. Había boas costas que subir, e os piñeiros impedían a vista aérea do val que se estende por terras do Eo, dende ónde se perciben desdebuxadas as alturas do Caurel ao fondo.
Rematamos na fonte do Eo para "admirar" os leóns que adornan o lugar, porque non se lles ocurreu poñer vacas, que son as que debían ter posto xa que elas eran as que baixaban noutros tempos a beber ao río. Incongruencias habelas hainas!
E aquí deixo algunhas imaxes que Iria me autorizóu poñer neste post e que me gustaron tanto que decidín darlles o protagonismo que se merecen. Ela é boa fotógrafa e pon alma no que capta!
Deixo aquí a reportaxe fotográfica da miña amiga Iria. Un desfrute para os sentidos!
Muy bonito y ensoñador el reportaje gráfico que con dejas Beatriz, de esos ámbitos galaicos que de lo rural dejas, con esos dientes de león y la hierba verde que alimenta a la ganadería y que embellecen de naturaleza el paseo.
ResponderEliminarUna abrazo
passando para desejar uma feliz e linda semana bjs saude
ResponderEliminarOla Bea!
ResponderEliminarFoi un día moi bonito. De camiñar sen présas, de coñecer en primeira persoa os lugares e escenarios que descubrín mediante as túas agarimosas palabras e lembranzas neste blog, de degustar esa empanada de bacallau e figos pasos que nos tes mostrado (que rico estaba, xunto con ese caldo de castañas quentiño), de compartir experiencias e confidencias...
En canto aos dentes de león por aquí tamén son moi comúns, pero é que onte en Fonteo todos os prados estaban ateigados deles e lucían esplendorosos, creando uns mantos branquiamarelos fermosos. Con respecto ás fragas e o monte autóctono, a min créame a mesma admiración que aos do interior ver o mar, e eso que xa teño percorrido ben camiños polo interior de Lugo e de Ourense, que penso que é onde mellor seguen resistindo o envite do eucalipto. Por aquí algunha fraga queda, pero moi pouquiñas, os últimos reductos, como aquela da que che falei que está plagada de arandeiras e imos recolectar en xullo, para despois facer licor ou comelas directamente xa do arbusto (é irremediable). Para min eses árbores centenarios son especiais, como os avós do bosque. E sempre me resultan máxicos, e sempre lles atopo algunha forma especial, ou incluso vexo caras neles formas doutros obxectos ou seres coñecidos. Encántanme, e é xenial e triste á vez ver como foron as fragas por aquí pero xa non son, que por aquí perdimos a gran maioría da nosa paisaxe orixinal, e con ela un pouco a nosa identidade...
E si, os lugares cambian dun momento ao outro, dun día ao outro. E sempre ves cousas novas, e cousas que antes non estaban, ou outras que estaban e xa non. Pero é tamén o bonito. Nunca hai un atardecer igual, e o ceo cambia nun instante, como se a veces nos quixera mostrar distintos estados de ánimo. Onte tíñao bo, estaba cheo de luz e ledicia, e hoxe un pouco máis triste e choroso. Vai ser que ó final tamén lle vou acabar atopando similitudes ao ceo cos humanos ���� É o que ten ter imaxinación.
Gracias por todo. Por máis días compartidos. E tamén con Noa! Un bico,
Iria
Amaizing photos!
ResponderEliminarBjxxx
Ontem é só Memória | Facebook | Instagram | Youtube
Muito interessante o texto e lindas fotos.
ResponderEliminarArthur Claro
http://www.arthur-claro.blogspot.com
Que andaina fermosa, Bea.
ResponderEliminarQue día marabilloso tivestes.
Certo que Iria é boa fotógrafa e o sito préstase, moi lindas imaxes, moi boa redactora e moi lindo o camiño escollido por Noa, as tres facedes un equipazo. Apertas desas que curan as costas🤗
Companheiros fiéis e para toda a vida.
ResponderEliminarBjs
Pues es un paseo excelente. Un abrazo
ResponderEliminarAcertada reflexiòn, cada día e un pouco duferente, ás veces pola chuvia ou polo vento, outras pola temperatura e ata por nós mesmos. Iria retratou con amor a beleza , que case sempre temos ó lado se pausamos a mirada. Tes razòn no dos leòns, estarían de oferta!!, Co ben que quedarían as vacas. Tiveche un fermoso día en boa compaña!, Grazas por compartilo. Grazas ás dúas
ResponderEliminarMuito interessante esta tua crónica. E como os animais são muito importantes, como companhia nestes passeios pela natureza, como aqui nos descreves.
ResponderEliminarGostei muito.
Continuação de boa semana.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
que maravilla de fotos me han inundado el alma
ResponderEliminarBea,
ResponderEliminarQue maravilhoso caminhar!
Imagens encantadoras e inspiradoras.
Consegui caminhar um
pouco com Vcs.
Obrigada por compartilhar.
Bjins💖😘
CatiahoAlc.
Vale a pena caminhar pelos campos e montes. Um mergulho na Natureza é um ato purificador.
ResponderEliminarBelas palavras e imagens, gostei muito.
Continuação de boa semana, amiga Beatriz.
Beijo.
Olá Beatriz,
ResponderEliminarPassando por aqui, para desejar um feliz fim de semana, com muita saúde!
Beijinhos.
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
passando para desejar um lindo e feliz fim de semana cheio de saude bjs
ResponderEliminarEres admirable. Y como prima tuya, te quiero mucho.
ResponderEliminarAbrazos con cariño.
Beautiful shots
ResponderEliminarThanks