www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 15 de maio de 2022

RUTA DA FONTANEIRA

 Da Fontaneira á Fontaneira

tiro porque me mola o río Neira


A duras penas

cheguei a Penas

pra non morrer coa pena

de non ter ido a Penas





















Atopámonos no Cádavo,  (Baleira) ás dez da mañá. Eramos catro, dispost@s a facer a Ruta da Fontaneira, que forma parte da Gran Ruta da Marronda. Para iso tiñamos que chegar ata a Fontaneira e alí, vendo o mapa, seguimos a ruta circular por entre bosques espesos, unhas veces subindo costas e outras baixándoas. O primeiro lugar de interés foi a Cova dos Mouros, cunha subida en picado que non está para calquera. Nesta cova atopáronse pinturas rupestres de orixe postpaleolítica. 


Seguindo o camiño, chegamos a un alto de uns 770 metros onde atopamos un fermoso banco para repoñer forzas e contemplar a paisaxe de montañas que se estenden á redonda, ao fondo das cales descorre o río Neira, que xunto co Eo, son os principais ríos de Baleira.


As penas de Villarín, dende pequena sempre vín.


Pasamos por aldeas de poucas casas e menos xente. Todas me soaban de cando meu pai me falaba delas e eu nunca me achegara a visitalas. En algúnhas ata atopei parentes, no Estornín. Gustóume a conversa que mantiven cunha parella xa maior e que coñecían ben a miña familia. Foi como sentirme na casa e noutros tempos idos. Veciños do outro lado dos montes que nos separan e dous vales polos que corren os nosos dous ríos.

Cruzamos o Neira por esta ponte noviña, recén construída, a xogo co banco. Polo menos o Concello quixo facer algo bó nesta ruta. Agardo que faga o mesmo na do río Eo.

Poñería fotos e fotos das paisaxes que amosan unha natureza exuberante, con arandeiras que xa están formando o froito, de flores exóticas que chaman a atención tanto polas cores, como polas formas e agrupación. Detivémonos moito nelas e mesmo as identificamos coa axuda de Google.





-
Carballos, castañeiros centenarios, bidueiros, acivros, teixos...matogueiras ... protexen do sol e dan frescor e humidade ao longo do percorrido de altibaixos en alternancia por carreiros de a pé e por camiños de carro en moi bó estado de conservación polos que se pode andar sen dificultade e sen malezas que os obstruan.


Para chegar a aldea de Penas, a que eu sempre quixen coñecer, tivemos que desviarnos dous quilómetros costa arriba. Recibíunos un enorme mastín que parecía ser o que gardaba o lugar. Fixemos boas migas con él. Eu sabía que alí atopariamos unha fonte, e así foi. Buscamos sitios para comer o noso picnic e atopamos unha gran mesa de formigón, con sendos bancos a cada lado. Lembroume a mesa do despacho de Putin. Podiamos gardar ben as distancias. O mastín empezóu a comer as sobras, non sen certo recéo, pero acabóu facendo de "gogó" enriba da mesa.


Aínda nos levaría un bó tempo acabar a andaina, moi cansad@s, pero felices, con boa conversa e boa sintonía, pese a que algúns de nós era a primeira vez que nos viamos.





Deixo un vídeo da Cova de Baleira que seguramente explicará mellor o que alí se encontróu.




19 comentarios:

  1. Foi unha agradable sorpresa coñecerte Bea!

    ResponderEliminar
  2. Encantado de coñocerte Bea!!

    ResponderEliminar
  3. Encantada de compartir convosco caminatas, curiosidades, anécdotas e moitas risas. Coma sempre!

    Que ben contado che quedou o día Bea!
    Biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por abrirme camiños, Iria. Somos catro pés para un fermoso banco!

      Eliminar
  4. Una excusión muy bien explicada. Sana envidia algunos paisajes.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  5. Muy interesantes siempre son tus paseos, estimada Beatriz. Y esa cueva llena de misterios y tan antigua, yo tendría miedo de entrar allí. Gracias por compartir tu excursión amiga. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  6. Querida Bea
    Que lindo passeio esse que fizeste... Mas, não é para todos, é preciso fôlego para essas subidas e descidas. Para mim não seria fácil porque tenho grandes problemas respiratórios. Os meus passeios não podem incluir grandes subidas, infelizmente. E eu gosto tanto de caminhar... 😥
    Gostei muito do vídeo.

    Uma semana feliz.
    Beijinhos
    MARIAZITA / A CASA DA MARIQUINHAS

    ResponderEliminar
  7. Olá amiga,
    Para quem as motos é um fetiche, o bom tempo é excelente para bons passeios.

    Belos modelos aqui partilhas.

    Votos de uma excelente semana.

    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  8. Hola Bea. Has hecho un gran recorrido histórico. Por esos nombres tan conocidos y que nadie se atreve hacer el camino, como tú lo has hecho en grupo. Sigue así. Es una locura todo lo que queda por descubrir. A veces pienso que tiene que haber un montón de hallazgos bajo tierra de otros antepasados. De antes de nacer los padres. Buena seman.

    ResponderEliminar
  9. Como sempre, unha andaina enriquecedora e moi ben narrada.
    Foi agradable acompañarte através da lectura, moita grazas por partillar con nós sempre.
    A cova está interesante, estar dentro ten que molar.
    Apertas, Bea! Segue nesas andainas para leriarnos😄😘🤗

    ResponderEliminar
  10. beautiful images...
    thank you for sharing nice text to read

    ResponderEliminar
  11. Gostei muito das fotos e
    dos comentários.
    Um beijo e muito obrigado
    pelo carinho e pela amizade.
    Quando vieres ao Brasil,
    por favor, fale comigo.

    ResponderEliminar
  12. indas fotos ola amiga quanto as bolachas que fez com a receita que esta no meu blog é porque a massa nao estava bem fria pois combem que as massa esteja fria depois de cortar as formas para que eles fiquem depois quando é assim deixe uns 30 minutos ou mais mas tambem pôde ser do seu forno que aqueça demais para isso nao ponha tao alta a temperatura amiga espero que tenha ajudado e que na proxima ja saia melhor obrigada pelo seu carinho bjs saude

    ResponderEliminar
  13. Por aqui não temos, Bea, a oportunidade de fazer passeios assim! :( É o mal das capitais: demasiado urbanas; isto nos rouba a alegria de ver e sentir os belos locais da natureza! Meu abraço, amiga; boa semana.

    ResponderEliminar
  14. Salio ahora
    Te felicito por tu energía de caminar la vida tan largo mil abrazos bella

    ResponderEliminar
  15. Un lindo recorrido por esos parajes de naturaleza encantada por las flores silvestres y los sabrosos aunque incipientes arándanos, entorno a las riberas de los ríos Naira y Eo para alcanzar la cueva de los moros, que parece ser se intenta poner en valor por su constitución geológica…Gracias por este regalo Beatriz.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  16. A segunda foto de prantas, nós chamámoslle abrotas. Despois da flor dan una coquiños como froitos non comestibles. É unha palabra en extinción, ven da miña infancia.
    Bonito percorrido e vigorizante, con tanta vexetacion. Grazas por compartir.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.