É bastante inusual, verme percorrer a muralla o bo paso, nunha tarde entre as seis e as sete na cidade de Lugo.
Non quería retrasarme para a presentación do libro de Sonia Melón Parente, "DENDE A MIÑA FIESTRA", que tería lugar na libraría Trama ás sete do serán.
Así que, como digo, a bo paso e deixando que o vento abatanase o meu penteado de peluquerría e desfixera os tirabuzóns que tan caros me saíran, fun facendo fotos dos lugares que me gustaron e que xa case os tiña esquecidos.
Aquí pódese apreciar unha rúa estreita que parte da Praza do Castelo, cun edificio ao fondo que debeu ser Radio Lugo nalgún tempo ido e na que eu tiven participación directa nun programa.
As torres da Catedral e o colexio dos Maristas co seu patio onde aínda xoga algunha rapazada.
Achegándome ao que foi nalgún tempo o "barrio baixo", as Tinerías, e no que se fixeron restauracións de edificios que eran pazos, hoxe convertidos en aloxamentos ou mesóns.
Na galería da entrada xa hai un grupiño de xente coñecida e outra que me presentaron e quedei case como estaba. Agardabamos a Sonia Melón, como quen agarda a unha estrela porque hoxe era o seu día de escintilar para nós e achegarnos ao seu libro recén saído do prelo.
Deixei que saudara a destra e sinistra antes de solicitar o seu tan ansiado abrazo que nos tiñamos prometido namais vernos. Estaba radiante, fermosa como ela é, e coido que moi emocionada de verse entre a xente que a apreciamos e queremos.
A presentación foi como estar nunha tertulia literaria, moi sinxela, moi íntima e familiar onde poidemos falar e intervir cos nosos comentarios.
Mentres agardaba a que comezase, dinme unha voltiña polo seu libro porque non podía coa curiosidade de ler algúns poemas que non coñecía. O que vin, gustóume. O libro todo en sí, está moi ben e merece a pena telo nas mans.
Debido á miña aversión a nocturnidade, tiven que sair antes de que acabara o acto para poder chegar de día á casa. E aquí estou aínda, prolongando o sabor que me deixóu unha tarde en Lugo, no fin dun verán bastante literario.
Fermosas fotos de Lugo e a Miña noraboa para Sonia👍👌📚
ResponderEliminarFotos todas familiares e bonitas. Unha tarde de sol que facía que luciran no seu esplendor. Coma vós as dúas. Parabéns para Sonia e para tí grazas por compartir. Biquiños 💜 Nucha
ResponderEliminarQué bonito recorrido. Gracias,
ResponderEliminarUn abrazo
Maravilloso percorrido de principio a fin, ben aproveitada a tardíña.
ResponderEliminarEncantada de coñecerte en persoa.
Carmen Nogueira.
Uma zona interessante para visistar!
ResponderEliminarIsabel Sá
Brilhos da Moda
Beautiful blog
ResponderEliminarPlease read my post
ResponderEliminarDisfrutar del camino tomando fotos
ResponderEliminarhacer de tu dia algo feliz
vayas donde vayas
camines donde camines
Un abrazo grande para vos
Hola Beatriz!
ResponderEliminarque linda tarde pasaste entre el verano y los libros, que mas se puede pedir. Son una pareja inseparable. Ademas, me encanto Lugo, es preciosa.
Te mando un abrazo grande
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarA miña Bea!
ResponderEliminarNon podo estar máis feliz nin agradecida, son unha ditosa.
Ás verbas quedan cortas para expresar o agradecida que estou.
Grazas! Bea, por vir, por agasallarme, por participar como participache.
Alédome de que pasaras unha tarde tan proveitosa, Lugo, namora e a súa xente tamén, para min, Lugo xa é a miña casa de portas e xanelas abertas.
Grazas por estar, Bea, hónrame 🌹😘
Un fermoso día en Lugo, Bea. Paseo polo adarve da Muralla e presentación do primeiro poemario de Sonia. Dende a súa xanela o mundo vese tamén Río adentro. A foto ideal.
ResponderEliminarHola Bea, he recorrido de tu mano un pequeño trozo de Lugo, ciudad que no conozco pero de la que mi abuela solía hablar, aunque ella era de la Coruña, siempre me recordaba las cuatro provincias gallegas a las que añoraba y a las que nunca pudo regresar. Bellas tus fotos y esos momentos de presentación de libros son enriquecedores por su acercamiento con los autores y sus seguidosre.
ResponderEliminarSaludos.
¡Olaa, querida Bea!
ResponderEliminarBoa tarde de domingo, síntome alegre de ler esta entrada, por ti e por min, pois coñezo ese Lugo monumental e a súa historia, pasei por a muralla algunhas veces e téñoo pasado moi ben, teño bonitos recordos, algunha vez na túa compañía.
celebro que pasaras un día encantador en esa presentación do libro da túa amiga, Soíña, felicidades para ela, que teña moitos éxitos e igualmente para ti, amiga Bea. Gracias por compartir esas vivezas marabillosas.
Feliz tarde de domingo, eu acabo de chegar dos Milagres de Amil, tamén o pasamos moi ben.
Unha aperta larga e chea de saúde paz e amor.
Por um momento casei-me à sua sombra, Beatriz, para conhecer as ruas de Lugo até chegar Livraria Trama. Encantou-me passeio, fiquei com uma vontade de conhecer ao vivo e a cores Lugo. É preciso registrar que as fotografias contribuem para este interesse.
ResponderEliminarAbraços,
Bea,
ResponderEliminarAcho maravlihosas
essas sua narrativas de
suas caminhadas e de
seus trabalho.
Bjins
CatiahoAlc.
Adorei as fotos e as tuas lembranças, Bea. E aposto que tiveste uma tarde maravilhosa! Meu abraço, amiga; boa semana.
ResponderEliminarNão me importava de dar umas voltinhas por aí!
ResponderEliminarIsabel Sá
Bri
Gracias por mostrar Lugo! me han dado ganas de ir, precioso sitio y por lo que entiendo, pasaste una gran tarde.
ResponderEliminarUn besito!