www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 5 de setembro de 2022

RÍO ADENTRO EN MAR DE FORA

 



Parei na Picota a recoller a Maricarmen Rey Núñez, que me acompañaría a presentar o meu libro Río adentro, na Casa do Arco en Fisterra (Finisterre)-
O primeiro que fixemos foi camiñar ata a praia Mar de Fora. Era unha tarde espléndida de sol e luz. 
Contemplar aquela fermosura natural foi encher os ánimos para o momento que nos agardaba. 
O segundo, recoller unha empanada de mazán que encargara para a ocasión, nunha panadería á que lle teño devoción, e que ademáis é dunha antiga alumna do Centro Martín Freire, chamado, agora, Mar de Fóra, no que pasei os meus primeiros dous anos de mestra.
Logo, perdémonos polos camiños estreitos da Fisterra interior ata chegar ao Porto. Eu, por gastar bromas, preguntaba de vez en cando se íamos ben por alí... Non me perdo en Fisterra, por cambiada que esté agora.
Atopamos un sitio ao gusto para tomar algo e dirixímonos á Casa do Arco, Chalé de Vilas, que ven sendo unha especie de fortaleza medieval na que se ubica actualmente a biblioteca Fisterrán.


Era un sitio pequeno pero acolledor. Revestidas as súas paredes  cos andeis de libros, non podería ser mellor lugar para a presentación doutro libro que pasaría a ocupar un posto nun dos andeis.
Empezaron a chegar as miñas amizades e outras persoas que me resultaban coñecidas e que mais tarde souben quen eran. 
Déronnos a benvida a concelleira e a técnica de Cultura que prepararon todo con agarimo.
E como non podía faltar a música, alí estaban Moncho, (un antigo alumno que musicóu un dos meus poemas a Fisterra), e os seus sobriños, con duas gaitas e un saxo para tocar duas pezas de entrada e logo outra de despedida.


Maricarmen, fixo unha presentación moi amena, coa sua facilidade para contar cousas, acostumada a escribir novela e poesía tamén, pero sen inventarse nada, dou fé diso, acabóu por bordar a miña historia como muller e como aficionada a escribir, rematando cunha entrevista que, segundo ún dos asistentes, non tiña nada que envexar ás presentadoras da tv. E, alí, como a carón dunha lareira, entre amig@s, fun deixando as miñas espidas respostas sobre diferentes quefaceres do transcurso  da miña existencia de "muller contracorrente", como dí Manuel Vázquez.
Fomos agasalladas cuns lotes de libros, entre os que se atopa o dun rianxeiro, Anjo Muíños, a quen coñecín fai pouco e do que xa lera un poemario. 
Houbo libros tamén para os músicos e pareceume un bo detalle por parte das encargadas de Cultura do Concello de Fisterra. Vese que hai moito interese en espallar e dar a coñecer as obras de autores e autoras das nosas bisbarras.



Acabamos puntualmente ás 20:00, logo de repartir apertas e sinaturas e facernos fotos.
E xa, sen demorar mais, puxémonos camiño de volta ata a casa da miña presentadora, onde nos agardaba unha degustación de productos procedentes de diversos sitios: viño de Oporto, xamón de Badaxoz, queixo do Cebreiro elaborado en Castroverde, empañada de mazán de Fisterra, tarta de Santiago de panadería local e moitos outros manxares da horta de Maricarmen. Coñecín á súa familia, incluíndo a Rufo, o seu can ladrador pero pouco mordedor.

Á mañá seguinte saín para Lousame onde deixara a miña Noa, e xa, de novo, regresamos a Fonteo.
Foi unha viaxe de lecer, de familia, de darme un baño de amizade e lembranzas dun tempo ido.






16 comentarios:

  1. Non me extraña queiras quedar, despois dunha xornada ben completiña na que non faltou detalle, veuse o agarimo que teñen hacia a túa persoa.
    Parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Que bonito todo! Alegrome que teñas estas experiencias tan ledas!👏👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  3. Que día lindo, Bea. Alédome moitísimo porque o mereces de verdade.
    Ese remate con esas degustacións son un bo broche.
    Ese río faise soar🐬🤗😘😘

    ResponderEliminar
  4. Foi un pracer andar ao teu par.
    Apertas, mestra!

    ResponderEliminar
  5. Que legal, Beatriz esse teu livro RIO ADENTRO. Coincidentemente eu também acabo de lançar um livro sobre a comemoração da Independência do Brasil. É sempre um grande prazer quando se lança um livro, pois estamos contribuindo para a posteridade saber um pouco do hoje. A parabenizo pelo feito. Dizem que lançar um livro é como por um filho no mundo. Eu acho que nem tanto, mas é uma maneira de nos deixarmos na história. Receba os meus efusivos cumprimentos e votos de sucesso. Abraço fraterno. Laerte.

    ResponderEliminar
  6. Maravilha de crónica aqui nos trazes, amiga Beatriz.
    Fiquei encantado com o sucesso do teu livro.
    Parabéns!

    Votos de uma excelente semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  7. Os momentos que nos fazem verdadeiramente felizes.
    Boa semana

    ResponderEliminar
  8. Un deses días que deixan pegada, ben sinto non ter ido, mais non coincidiu ben. Destacable o interese e o esmero que amosaron os organizadores, o ben acompañada que estiveche, con música e todo. Houbera gustado de coñecer en persoa a Mari Carmen, de escoitala, seguro que haberà novas oportunidades. Agora pregúntome que virá despois de Río adentro, despois de algo tan íntimo como ese Río que viu nacer. Non has deixar de escribir, seguirá o blog, As Lerias, e nacerán novos poemas e algunhas sorpresas: seguro

    ResponderEliminar
  9. Ese anónimo, son eu: Manuel Vázquez

    ResponderEliminar
  10. Enhorabuena por esa presentación tan bien acompañada.

    Muchos éxitos. Un abrazo

    ResponderEliminar
  11. Moi ben, Bea. Debeu ser fantástico. Aperta de Suso de Lameliña.

    ResponderEliminar
  12. Momentos felizes marcam - nos para a vida!
    Beijinhos sorridentes!
    Megy Maia😘🕊️💙

    ResponderEliminar
  13. "Fisterra, destino meu primeiro,
    de xuventude entusiasta e emprendedora,
    hoxe volvo a ti tras longo percorrido (...)"

    Parece como se se repitesen de novo as mesmas emocións e os mesmos feitos, nos mesmos lugares que os inspiraron.

    O día comezando no mesmo lugar que inspirou o poema, Mar de Fóra, e despois dun longo percorrido, o Camiño de Santiago, e desta vez o camiño dunha vida intensamente vivida e reflectida nun poemario.

    Un día que semella inolvidable . Alédome moito por ti Bea,

    Iria

    ResponderEliminar
  14. me voy sin razpnes quizás vuelva no se
    Cuidate y saludoa

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.