www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 10 de setembro de 2022

AS "efes" de FROXÁN

 


É o marmurio da auga,

é o ornear de Panchiño,

o ladrar de Fávio

que garda a Filomena,

a Folerpa, ovellas de Froxán.

O carneiro Félix, namorado

de Frozen.

O bule bule de Fuco,

a presenza de Fento,

mastín cachorro xoguetón.

O corvo Facundo

esperta a todo o mundo,

neste Froxán profundo

onde todo empeza por "F"

ata as minas de San Fins

teñen "efe" no wolframio.



4 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Beatriz e as súas lerias.
    A poeta da vida e das letras.

    ResponderEliminar
  3. Formidable Bea!

    ResponderEliminar
  4. Emociona a túa creatividade. Con que naturalidade fas do sinxelo e cotiá un poema. Como sintes e vives intensamente. Como te fixas en cada detalle (a cualidade de saber mirar, e non só ver).

    Biquiñow querida Bea

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.