Domingo, 2 de outubro, un mes que leva cinco luns e cinco sábados, cousa que so sucede de cada oitocentos e pico de anos! Por tanto, un mes máxico, que empeza quentiño e anima a facer rutas por paraxes case inéditos.
Atopeime coas compañeiras de andaina na Pontenova, lugar emblemático no transporte de ferro ata a saída ao mar en Ribadeo e que conserva a antiga via do tren e os fornos que se aprecian na foto.
O río Eo ao seu paso pola Pontenova faime sentir fachendosa porque é o río que me víu nacer onde él nace, a 36 kms deste lugar.
O carreiro, vai a carón dun regato cantareiro que nos aleda co seu son e no que aparecen fervenzas de todo tipo. Temos que ir unha detras de outra. É unha ruta de muíños, e un deles ten unha lenda curiosa que se pode atopar no internet co título "O muiñeiro namorado".
Trátase dun roteiro catalogado fai pouco e que é un dos últimos que ofrece o concello de A Pontenova, e que destaca `polo seu interese en facer do seu concello unha zona turística e moi visitada. De feito, está ben sinalizado e coas infraestructuras necesarias e en harmonía co entorno natural.
Esta curiosa fervenza preto dun muiño en ruínas, chamóu a nosa atención pola súa estética.
Tamén dispuxeron algunhas zonas con mesas e bancos para comer, descansar, quedarse de sobremesa, catro mulleres, tres xóves e unha que podía ser nai delas, na que nos contamos historias das nosas vidas de mulleres e que tan ben nos sentan esas tertulias, aínda que sen café que acompañe.
Como podemos apreciar, son os muiños do Cairo os que fomos atopando por todo o camiño.
Despois da sobremesa, dirixímonos á mina do Cairo que nos estaba lonxe pero que tiña unhas empinadas costas que subir e logo baixar. Mereceu a pena explorar un pouco o túnel da mina e facer unhas fotos na súa entrada.
Esa son eu, aínda que nona pareza pois as fotos en boca de mina non sempre saen coa nitidez desexada.
Feita dende o interior do túnel con ese contraste de luz-escuridade serve para poñer punto e final o que foi o percorrido de ida. Logo tivemos que desandar o camiño que se me fixo moito mais corto
Rematamos facéndonos unha selfie das catro componentes da expedición pero nona colgo aquí porque non pedín permiso para facelo.
O que sí, acabamos nunha terraza do que foi a antiga estación de tren na Pontenova tomando unhos xeados de chocolate que nos reconfortaron do esforzo realizado e que nos levóu dende as once da mañá ata as cinco do serán.
Coñocer xente e compartir un roteiro penso que é un exercicio de socialización que senta ben de vez en cando.
Grazas, compañeiras!
Quando voltar a ser assim cá estaremos para o anunciar, lol
ResponderEliminarFotos muito bonitas. O Rio encontra-se um pouco com falta de água.
.
Abraço cordial
.
Pensamentos e Devaneios Poéticos
.
Fantástica andaina, sitio, experiencia e relato.
ResponderEliminarCousas que enriquecen, grazas por compartir sempre, Bea! Apertiñas.
Espero que este mês marque finalmente a minha saída de Macau.
ResponderEliminarBoa semana
Ola Bea! A mestra, a enfermeira, a fisio e a guía fixemos bo equipo! Grazas por esta xornada e ata a vindeira 😘
ResponderEliminarMoitas gracias a vos,desexando compartir outra!!
EliminarUn roteiro é unha oprtunidade para conxugar actividade física, cultural e social. O texto e as fotos convidan a que nos acheguemos para percorrelo. Curioso dato o que nos facilitas ao comezo, un mes curioso, especial, non nos tocarà outro igual; agás reencarnación: eu quixera ser árbore, un carballo alá nun outeiro recóndito: lonxe da humanidade.
ResponderEliminarSon eu, hahaha, non me identificara. Cando entro dende o navegador xa é "automàtico", se o fago dende facebook non, e hoxe esquecino. Bicos
EliminarLugares para visitar y disfrutar la naturaleza en su esplendor, me ha gustado mucho
ResponderEliminarAbrazos
Vexo que estás completamente en forma. Bonito paseo- andaina. Bicos
ResponderEliminarLugares muito bonitos aqui nos presenteias.
ResponderEliminarSão sem dúvida um bom motivo para um belo passeio.
Votos de uma excelente semana, amiga Beatriz!
Beijinhos.
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Confesso que sou meio preguiçoso, Bea, e não muito afeito a trilhas; mas gostaria de ter ido nessa excursão, mesmo com a falta do café para acompanhar as conversas. :) Lindas fotos! Meu abraço, boa semana.
ResponderEliminarPrecioso Bea! Un abrazo 🤗
ResponderEliminarBea,
ResponderEliminarTenho muita alegria de
ver como Você vive
de forma agradável
e saudável!
Mas hoje venho aqui
especialmente para desejar-lhe
um ótimo mês de outubro.
Bjins
CatiahoAlc.
Pois, fui ao calendário. E outubro traz cinco domingos e cinco sábados. Depois segui percurso. Um belo passeio. As fotos são um recorte do que foi visto, visitado, admirado. Deve ter sido uma rica experiência ter penetrado na mina. Tenho certeza de que voltou cheia de energia!
ResponderEliminarUm abraço, Bia (aqui o tratamento afetivo, íntimo, para Beatriz é Bia.
Ola Beatriz, aínda que vivo nunha cidade na que todas as súas rúas dan ao mar, gústanos facer rutas polo interior, disfrutamos moito. Temos que pasar pola túa terra, queda moito por saber dela.
ResponderEliminarFeliz mércores.😘
Magnífico reportaje con las palabras justas y las imágenes que son una buena ayuda al menos para mí. Hacer ejercicio físico y en buena compañía tiene un doble valor porque fortaleze el cuerpo y alegra la mente.
ResponderEliminarAh, no quiero que se me olvide puntualizar que todas las fotos que publico son mías y así lo indico siempre a continuación de la fecha. Un abrazo y gracias por compartir tu actividad.
Vuelvo a disfrutar de tan bellos lugares amiga, buen fin de semana
ResponderEliminarUn abrazo
Me gusta leerte hace tiempo que no te escribo sin mayores novedades te deseo un dia divino
ResponderEliminarNo hay nada más bonito que compartir con buenos amigos este tipo de paseo o aventura, y más, si es por tierra gallega, a la que visito muchísimo, y que nunca deja de sorprenderme.
ResponderEliminarExcelente tu reportaje, y gracias, por compartirlo. He llegado a ti a través del blog de Carmen y no dejaré de visitarte porque amo a Galicia, y me encanta lo que publicas.
Un cordial saludo.
Gracias por traernos estos paisajes. Deseando estoy de visitar tu tierra y para ser exactos, hoy es la luna llena de este mes mágico!
ResponderEliminarUn besazo Beatriz!
Siempre con tu punto de meiga cabalística, una gozada de crónica.
ResponderEliminarEsa cascada enrejada y la boca de molino, picuda, atraen la mirada. Buen paseo, Beatriz.
Reli, Bea; e gostei de novo. Mas aguardo o próximo post! Meu abraço, boa semana.
ResponderEliminarHola Beatriz.
ResponderEliminarQue bien detallo nos esplicas tu ruta. Las fotografías están tope bien hechas y me encantaría visitar esos Molinos. Este verano Jesús nos indico por dónde podíamos ir a visitar uno de los molinos de Castroverde. El año pasado dimos tropecientas vueltas en coche y lo dejamos por imposible. Pero que hemos visto este año me gustó mucho y también el antiguo Castillo del mismo pueblo.
Totalmente de acuerdo con lo que dices. Aquí también estamos comunicados con la sociedad y a la vez nos enriquecemos con la escritura la lectura y el lector.
Un fuerte abrazo
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminar