www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 15 de outubro de 2022

CARTA A PACO PESTANA


 Querido Paco,

Hoxe, como ti non estabas, decidimos visitar os teus lugares mais queridos. Empezamos na túa casa de Peredo, na que colgaches algunhas esculturas. Unha casa que debería ser a Casa Museo de Paco Pestana.

En honra a tí, inauguramos un roteiro que leva o teu nome e que parte de Peredo para acabar en Castro Verde. O camiño fíxosenos moi levadeiro e atopamos fragas, regatos, muíños... alén de castañas e cogumelos. 

Eramos un grupiño de unhas trinta personas. As nosas conversas xiraban en torno a tí. Todos e todas nos sentiamos ledos e ledas de terte coñecido. 


Os cans, teus compañeiros, quixeron formar parte do cortexo e viñeron canda nós un bo treito do camiño; como se entenderan que era o seu deber participar.

Fomos pasando polas aldeas que che eran ben coñecidas e por onde, seguramente, transitaches tantas veces, mesmo cando me escribías aquelas cartas dende Peredo e que hoxe agardaba ofrecerchas feitas libro para que puideran coñecerte naqueles anos nos que comenzabas a despuntar como home libre e a contracorrente.


Qué fermoso é o outono nestes paraxes castroverdenses onde naciches no 1949. Vinte anos despois, atopámonos e nunca deixamos de ser amig@s dende daquela. Pero quixo o destino que te foses algo cedo demais, deixando unha obra intensa que gobernar e coidar. Destacaches tanto na escultura como na escrita. O teu arte non ten límites porque todo en tí era iso. Mesmo os teus discursos improvisados eran arte impactante para os ouvidos e para a vista, porque tí vestíaste para actuar a vida.


Gustóume o roteiro que, dende hoxe, estará adicado a tí. Sentímoste con nós. Pode que o teu espíritu nos ouserve e nos acompañe e saibas que te queremos. 

Despois de subir ao monte da Lomba dende o que se ofrece unha fermosa panorámica das terras de Castro Verde, eran xa horas do almorzo de confraternidade que nos agardaba nun restaurante da vila.

Pola tarde, aínda que ti non eras moito de igrexas, iamos ter un concerto e unhas lecturas  na igrexa parroquial de Castro Verde. Zanfoña, violín, acordeón e piano, xunto coas voces case celestiais que acompañaban facían do lugar algo sublime que de haber ceo, chegarían ás mesmísimas portas dél.


A igrexa estaba chea. Moita xente que non acompañóu no roteiro, viñeron pola tarde para poñer fin a unha xornada que agardamos se continúe cada ano para que o teu recordo, o teu nome, e todo o que ti fuches e fixeches non caiga no esquecemento.

Unha aperta, Paco

22 comentarios:

  1. Que lindura de carta, Bea, adorei.
    Tamén adorei o resume do día que me levou a o mesmo roteiro pasear convosco🙂👏🏻

    ResponderEliminar
  2. Fermosa homenaxe a ese amigo que se foi.

    ResponderEliminar
  3. Un texto que perfuma ao lelo, que ule a outono e terra húmida, á beleza que nunca cansa das esculturas de Paco Pestana; xa cara ao final soa unha música cargada de lirismo, un xa pode adormecer e agardar por outro día o amencer traerá un novo milagre, e ti inda abrazas a Paco.


    Un texto cargado de amor, á vida e aos amigos. Precioso

    ResponderEliminar
  4. No conocí a este personaje, estimada Beatriz, pero me ha parecido bonita esa excursión que hicieron por los lugares que él frecuentaba. Te dejo mi abrazo.

    ResponderEliminar
  5. passando para desejar um lindo e felmiz domingo bjs saude

    ResponderEliminar
  6. Hermoso, muy sentido y lindo HOMENAJE a Paco Pestana, al amigo, al hombre, al artista, al compañero de lindas veladas bajo el tono dulce de la conversación dada. Y aunque el quinto (como decimos por aquí al coincidir en el año de nacimiento), ya no esté, queda o deja su legado y recuerdo de los buenos momentos que en este escrito Beatriz tú dejas patente.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  7. Bonito recordo. Coñecín a Paco indo co meu home pola rúa da Raíña. Falou un momento con él e proseguíu. Iba cheo de enerxía e cunha capa negra.Nucha

    ResponderEliminar
  8. Precioso homenaje, preciosa carta. Me imagino que es para recordar a alguien que ya no está y con este escrito, me parece que se quedará para siempre.
    Un besazo Beatriz

    ResponderEliminar
  9. No tenia la menor idea de quien era
    vivo en otro mundo
    Lindo texto saludos

    ResponderEliminar
  10. Bela homenagem sem dúvida alguma. A alguém que foi importante para ti, amiga Beatriz.
    Gostei de ler.
    Votos de uma excelente semana!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  11. Emocionante tu homenaje al amigo que partió.
    Es evidente la huella que dejó, debió ser un ser especial.

    Un abrazo, Beatriz.

    ResponderEliminar
  12. A par da merecida homenagem e das vívidas lembranças, Bea, que belas fotos! Como é linda a tua Galícia, minha amiga! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  13. Nunca había oído hablar de este artista ni de su obra (por lo que cuando termine aquí me documentaré), que debió de ser como persona alguien muy especial y buen amigo de sus amigos, ya que tus palabras en este seguro que merecido homenaje, rezuman, cariño y admiración por él.
    Y me parece una buena iniciativa y muy acertada la ruta a la que le habéis puesto su nombre, cerca de su casa natal.
    Un saludo, Beatriz.

    PD. He intentado hacerme seguidor tuyo, y me ha salido "error", así, que volveré a intentarlo en mi próxima visita. Y decirte también, Beatriz, que Carmen es la autora del blog Stella, con la que comparto muchos seguidores.

    ResponderEliminar
  14. Respostas
    1. Paco Pestana, escultor, pintor, poeta. Se puede ver en Internet

      Eliminar
  15. Outra aperta para Paco da miña parte, meu amigo tamén. E outra para ti, Bea. LARM

    ResponderEliminar
  16. Fermosas palabras adicadas a un ser único excepcional e irrepetible o que coñeciches na adolecencia e a vida encargouse de volver a xuntar a través de unhas letras, como ágora volvé a facer.
    Quito o sombreiro!
    Parabéns!

    ResponderEliminar
  17. Hola Beatriz.
    La carta a Paco Pestana es muy emotiva.
    Yo lo conocí en Lugo hace mucho tiempo. Por lo menos hace 20 años y estuve en varías deposiciones suyas. En algunas de ellas estaba él mismo presente para expresar y presentar el significado de sus obras.
    Un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
  18. Eu quero alguém aqui sofrendo de qualquer doença para se curar da minha história após a doença do HIV nos últimos 3 anos e ter dificuldade para comer e tosse são pesadelos, especialmente no primeiro ano. Nesta fase, o sistema imunológico está muito enfraquecido e o risco de contrair infecções oportunistas é muito maior. No entanto, nem todas as pessoas com HIV desenvolverão AIDS. Quanto mais cedo você receber tratamento, melhor será seu resultado. Comecei a tomar ARV para evitar a morte precoce, mas tinha fé em Deus que um dia seria curado. Como paciente com HIV, somos aconselhados a fazer tratamentos antirretrovirais para reduzir nossas chances de transmitir o vírus para outras pessoas, algumas semanas atrás, procurei na internet se poderia obter alguma informação sobre o tratamento do HIV com ervas medicinais, em minha pesquisa, vi o testemunho de alguém que foi curado do HIV, o nome dela era Achima Abelard e outro paciente do vírus do herpes, Tasha Moore, também dando testemunho sobre esse mesmo homem, chamado Dr. Itua Herbal treatment. Fiquei comovido com o testemunho e entrei em contato com ele por e-mail. Conversamos e ele me mandou um frasco de fitoterápico que bebi conforme ele me instruiu. Comprimidos. Sou eternamente grato a ele, Dr. Itua Herbal Treatment.. Ele me garantiu que pode curar a seguinte doença.. HIV, Câncer, Vírus Herpes, Hpv, Pilha, Ereção Fraca, Doença de Lyme, Epilepsia, Glaucoma., Tumor Cerebral ,psoríase, catarata,degeneração macular,doença cardiovascular,diarréia crônica,doença pulmonar.aumento da próstata,osteoporose.doença de alzheimer
    , Diabetes, Mioma.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.