www.leriasdebea.blogspot.com
Translate
domingo, 12 de outubro de 2014
DE SAN FROILÁN
A miña inmersión nas festas de San Froilán en Lugo deste 2014, deixóume unhas estampas que me gustaría comentar.
Como o día ameazaba chuvioso, o primeiro que saltóu á miña vista foi a venda de paraugas polos nosos asíduos africanos que viron a oportunidade de facer o outono nunhas festas pasadas por auga.
Había pouca xente para tanta banda que circulaba polas rúas do centro. Case tocabamos a persoa por banda!
Despois de tomar un chocolate ben quentiño para alegrarme a mañá, deixeime levar polos camiños dos postos que daban comezo nos soportais da praza maior para seguir ata a catedral onde os artesáns amosaban todos os seus produtos de coiro, queixos, marmelos, cerámica, pan, pasteis e xoias, por non seguir forzando a memoria. Eu detívenme nun posto de queixos quilométricos, chegados de Italia, Suiza, Francia.... Catei algúns deles, que me gustaron, por certo, ainda que o prezo non mo permitía o peto pequeno co que decidín emprender o día. Ainda así, acabei mercando un anaquiño de pan de millo con pasas, noces, chocolate.... que me custóu cinco euros. Estiven a deixalo pero, unha vez na casa, penso que fixen ben traelo. Tamén merquei un queixiño de cabra que fixo as delicias do meu postre xunto co pan de millo.
Logo das degustacións, atróuxome un posto de aves que alí había e achegueime para ver de qué se trataba xa que a concurrencia era espesa. Nada menos que águias de varias clases, encadeadas a un expositor. Parecían pacíficas e domesticadas e mesmo resiñadas co seu destino. Pero a min déronme mágoa. Sentín que aquelo ía contranatura. Non era xusto vender esas aves así. Privalas da súa liberdade e do seu hábitat. Non puiden menos de facer unha foto para ilustrar o meu comentario aquí.
Abandoéi a zona e dirixinme ata o parque de Rosalía de Castro onde había un manifesto pola súa conservación. Está visto que non é o que ten sido cando eu estudaba a poucos metros dél e ía pasear no meu tempo libre e inspirarme para logo escribir.
Avancei con orellas pechadas polos quioscos das tómbolas e demais parafernalia ata chegar ás casetas do polbo. Arrecendía a gloria. Ainda era cedo para xantar ainda que moita xente xa se adiantara a facelo para non verse facendo cola. Sorprendeume ver todos os letreiros de prezos, anuncios, propaganda en castelán. Xa só por eso, eu non iría comelo alí. Estamos na Galiza, non si? Vergoñento!!!!
Entón, sen saber ainda ben qué facer, se quedar a xantar ou non, fun indo de volta ao centro polo seminario, pasando o antigo cárcere, hoxe Centro Social e Cultural e cheguéi á praza do Campo onde un músico tocaba él só múltiples instrumentos. Estaba tocando a Rianxeira coa armónica, acordeón, bombo, platilos, timbais e non sei qué mais. A xente apilábase en torno a él. Eu ollaba aos chineses ou xapones que filmaban e rían e divertíanse a mais non poder, tentando xa de copiarlle a idea. Gustóume este espectáculo xa que é unha maneira económica de ter unha orquesta reunída nun só músico o cal para os tempos que corren.....
Na praza Maior xa dera comezo o concerto da banda municipal, de toda a vida, que eu me lembre. Escoitei un pouco ata que acabaron. Cada vez chegaba mais xente. Víase que era a hora propia para estar na rúa e o tempo acompañaba mesmo con algo de soliño.
Despois do concerto explorei un pouco a zona dos viños. Había moita xente. Non entrei. Non me gusta ir sola. Nos soportais da praza Maior quedábame por ver unha mostra de antigüedades nas que había deses obxectos que nós temos pola casa, medio tirados e que alí tiñan un prezo que me deron idea do pouco que temos en conta eses cachibaches que nos estorban pero que non tiramos. Unha ingle de ferro valía 350 euros. Un prato antigo 50 euros. Dixen para min, -non sei o qué teño na casa".
Decidín agardar a que comezase a orquesta Pontevedra a sua sesión bermout (?) e, se cadrava, votar un baile ainda carregada co paraugas, bolsa da compra e bolso. Non cheguéi a facelo pero sí observéi aos que bailaban e o ben que lles sentaba facelo. Eu seguía tan sóa como empezara o día o que tamén tiña a ventaxa de ir e vir por onde quería e facer o que se me antoxase.
Era hora de voltar ao coche, que deixara á veira do río Rato e retomar o camiño, aprendido, que me levaba directamente a él en línea recta, atravesando dende o centro, atallo que non todos saben pero que é silencioso e rápido para desfacerse nun santiamén de todo o barullo sanfroilaneiro.
O xantar que eu tiña na casa non me fixo votar en falta o polbo das casetas. Un caldiño de cogomelos con allo porro, un revolto de grelos con garbanzos e bola de neve e de sobremesa, o queixo de cabra co pan de millo, pasas e chocolate acompañado con un mencía de brick, así acabei a miña viaxe.
mércores, 8 de outubro de 2014
RIANXO
Rianxo, vila mariñeira e pescadora por excelencia, berce de escritores e artistas de renome, onde falar en galego é "falar en cristián", foi o meu hábitat durante moitos anos. Alí criéi o meu fillo, tiven o meu traballo e a miña casa. Ainda que non me sentín rianxeira porque para eso tería que ter nacido alí, sí me sentín filla adoptiva de Rianxo e moi querida e aprezada pola xente.Agora, as miñas visitas a esta querida vila, vanse redudcindo e espaciando, sendo cada vez mais fugaces pero non menos intensas xa que logro sorprenderme con cada cambio que atopo ao meu paso e disfroito cada instante como se quixera levalo comigo para terra adentro. Xa non sei se voltaría a vivir e sentir como anos atrás cando o meu traballo estaba alí e a vida tiña un sentido neste rincón lonxano pero aberto ao mar. Estaba de prestado. Non era para quedarme, por eso non me sentín dalí, non votei raíces ainda que algunhas pegadas na fala acompañanme hoxe e fanme estrana no sitio que habito.
Vela cando cheguei por primeira vez e vela hoxe fai que me sinta orgulosa dos que traballaron por engrandecela. Foi un traballo contínuo de melloras, de afán por superarse, de competir coas outras vilas da comarca do Barbanza, a pesares dos contratempos, das manías destructivas de quen non apreza o ben común e destrue o feito, pois non so por bandalismo en sí senón tamén por política se ven deteriorados moitos traballos interesantes que se fixeron para deleite de tódolos cidadáns e agora, en paga de seren conservados e mimados, para ben de todos, vense desfeitos e causan no visitante unha sensación de abandono, de descuido e de pouco aprezo pola propia cultura que os nosos antepasados se encargaron de coidar e mesmo de morrer por ela.
Cánto hai que admirar en Rianxo, non só na vila, senón nos seus arredores onde os montes están semiados de reliquias do pasado, as suas praias fermosas ofrecen unha calma e descanso para quenes temos a sorte de poder disfroitalas e aprecialas, o seu peixiño fresco da mañá ou da tarde ainda que xa non se venda na rúa como antes, as xoubiñas, que de tanto querelas xa son como da familia e mesmo as lorchíñas, pequeniñas e saborosas se deixan querer de bo grado. E todo eso con pan de millo artesán, o viño propio caseiro e tantas e tantas cousas que ali se fan sen darlles importancia pero que teñen o previlexio de seren únicas como únicos foron Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste, Chapí......
Voltar a Rianxo é voltar ao paraíso, sen dúbida. Aquel eslogan que circulóu nunha época "Rianxo, o paraíso existe" foi o mellor que se lle podía ocurrir a un publicista turístico.
Ainda espero pasar os derradeiros días da miña existencia nesta vila que tanto siñificóu para min, e ver medrar alí aos meus netos que serán rianxeiros de orixe e poderán sentirse nativos e orgulosos de teren empezado a vida alí.
Non quero acabar sen facer referencia á Rianxeira, á Virxe de Guadalupe, tan querida por todos, a esa moreniña que navega cada ano pola Ría con honores de raíña e coñecida en medio mundo. RIANXO, que ainda se poida cruzar a Ría para ver os amores en Vilagarcía.
venres, 19 de setembro de 2014
VIAXE CULTURAL

De vez en cando, os que vivimos no rural, votamos en falta o poder darnos un paseíño cultural polas cidades. Alí está todo. Si, está todo pero a un alto prezo, e nono digo polo custo da entrada, senón por ter que aturar a vida de cidade. É, non cabe dúbida, un cambio un tanto brusco pasar dun meio tranquilo, a outro axitado e cheo de ruído, xente, coches....Pero paga a pena cando se pode disfroitar de algo tan singular como a mostra de refugallos que ofrece SKELETON SEA nun dos museos de A Coruña. Trátase de esculturas de distintos animais do mar feitos a base de lixo que se atopa nas praias, procedente de cemiterios de lixo espallado e remuiñado nos océanos e que acada as ribeiras sen que ninguén o limpe e supoñendo un perigo para animais que se alimentan nas praias como o albatrós. Esta especie está en perigo de desaparecer xa que o alimento que vai parar ás súas crias son restos de basura marítima que é confundida con alimento.Outra interesante mostra no MAC de A Coruña é a do xaponés Takeshi Shikama, LOS MURMULLOS DEL BOSQUE, e que son fotos que él mesmo revela cunha técnica moi propia e singular, que crea o efecto de seren feitas a carboncillo e que son dunha cor tirando a sepia, como gastadas polo tempo e algo borrosas. Esta mostra é de fragas de distintos sitios do mundo, entre eles, a nosa terra, Galiza.
Hai fragas de Castroverde, de Baleira, de Pol, da Fonsagrada ....
Tiven a oportunidade de coñecelo personalmente na miña casa e sentíame devota a ir ver a súa mostra e rendirlle unha merecida homaxe por ter vido dende o Xapón, a estas aldeas galegas a coñecer a nosa realidade paisaxística e que nós tan pouco aprezamos, mesmo desprezamos, ao querer semiar os nosos montes con árbores como o eucalipto.
Para aprobeitar ben o tempo tamén vin unha obra de teatro de temática actual, e de toda a vida, coido eu, das relacións de parellas casadas, dos conflictos da vida en común e que nalgúns casos levan á violencia doméstica, por desgraza, tan frecuente nos tempos que nos toca vivir.
Deixo algunhas fotos de todo esto e fago balance da miña inmersión urbana con saldo positivo, pois non gastei os cartos todos que levaba xa que unha xaqueca acaboume coas ganas de ir de tapeo.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/05/08/japones-shikama-lleva-mac-murmullos-bosque/0003_2
domingo, 7 de setembro de 2014
PLUM CAKE
![]() |
| Añadir leyenda |
Pensei en inglés e veume a idea do PLUM CAKE, tan común en Inglaterra. Pastel de cirolas. Pois alá me fun a internet á percura dunha receita.
Por se interesa:
EASY PLUM CAKE
150 gramos de azucre
115 de manteiga ou margarina a temperatura ambiente
140 de fariña
1 culleradiña de royal
2 ovos
1 pelizco de sal
Unhas cantas cirolas
1 culleradiña de canela
1 ou 2 culleradas de azucre para esparcir por enriba.
Preparación
Prequentar forno 180 ou gas 4
Bater azucre e manteiga ata que fique mol (coa axuda da batidora)
Mesturar fariña con royal e engadir.
Bater os ovos e un pelizco de sal. Engadir ao anterior.
Engrasar molde de 26 cm ou poñerlle papel forno.
Encher coa mestura e engadir por enriba as cirolas sen pibida e cortadas á metade, coa pel para abaixo. Ir colocando por enriba ata cubrir todo.
Espolvorear co azucre mesturado coa canela por enriba das cirolas e meter ao forno de 40-50 min. ata que salia limpa unha agulla ou coitelo.
Servir temperado.
Probeina para saber se estaba boa e gustóume moito. Nono pensei duas veces, partina en cuartos e leveille a cada veciño que o día de antes me dera algo da súa horta, un cuarto da tartiña. Coido que foi un bo detalle e que estas cousas deberiamos polas en práctica mais a miudo.
Unha maneira de dinamizar a aldea sería, no caso da miña, organizar partida de cartas unha ou duas veces por semana, levar un pastel caseiro ou algo qué degustar, poñer música de baile e mover o esquelete un pouco. Estou segura de que eso serviría para manternos mais unidos e felices.
Outra experencia que me gustóu moito foi o de axudarlle a unha xoven de 91 anos a facer cabelo de anxo na súa casa. Compartir os coñecementos é unha maneira de sentirnos úteis. A solidariedade da que falaba Malinowsky, tan habitual nas culturas primitivas, debería voltar a formar parte da nosa cotidianeidade.
venres, 5 de setembro de 2014
UN PASEO
Levanteime cansada, como cada mañá. A chegada tardia do verán fai que as noites sexan bochornosas e o durmir un tanto desacougado entre a calor, as cabilacións e sobre todo, as tarefas que se me votan enriba sen eu poder con elas. Así que decidín empezar co ginseng ao almorzo para ver se me viña a enerxía que preciso.
Despois dun almorzo enerxético e saudábel emprendín a miña aventura coa desbrozadora nova que acabo de mercar nunha tenda de bricolaxe. Xa me daba algo de perguiza abrir o paquete pero por algún lado hai que empezar. Vin que viña moi desarmada. Primeiro lería ás instruccións, libro gordo, pois viñan ata en dinamarqués. Alí atoparía todo o que precisaba para armala correctamente. Pouco a pouco funlle dando xeito ás partes mais doadas como o manillar, a aleta protectora da base.... pero cando intentei axustar a peza onde vai o fio, alí si que demorei e demorei. Non había maneira de configurar esa parte. Por mais que lle daba voltas e mais voltas a tornillos, arandelas e chaves, ningunha traza de que encaixaran. Pasei tempo, era xa media mañán e eu alí, sen darlle no quiz. Voltei a gardar todo nas bolsiñas e mentras o facía, empezaron a caerme bágoas imparables que rodaban meixela abaixo e deixei que se desencadese unha boa tormenta emocional para descargar toda a tensión que me producía a impotencia de non saber facer algo nin con manual de instruccións. Sentíame incapaz! Perder unha mañá enteira sen logro algún, con todo o que tiña por facer noutras partes da casa-horta....! Por non falar das lecturas, da calceta, do xantar, das leccións esquecidas xa do xaponés....do paseo matutino coa cadeliña.... En fin, choraba como facía tempo que non o facía. Decidín que o mellor de todo sería dar o paseo con Noa. Ainda coa cara de ter chorado dabondo, atopei a primeira persona ao pe da casa á que saudéi moi de pasada, pois non quería que se notase que estivera chorando. Un pouco mais adiante, paráronme os veciños para comunicarme que onte tivera visita e que non estaba. Mágoa. E eu estivera intentando conectar con esa persona os días anteriores á visita. A telepatía!. Despois andivemos e andivemos e o sol empezóu a quentar. Abríu o día!. Unha mazá ben feitiña e madura saíu ao paso e agradecín comela. Mais adiante estaban as moras para Noa, que ía morta de sede e eu esquecera a auga, coas presas de sair.. Non faltaron outras mazáns recén caídas con aspecto de podelas comer. Así, fomos chegando ata o outro lado da aldea onde paramos a sentarnos cunhos veciños para falar un pouco. Ofrecéronme leitugas e saín dalí carregada cunha bolsa chea. Seguimos a nosa marcha, entrando xa no corazón do lugar, tamén parei a falar con outro veciño sobre o tema das uvas. Acabóu por ensinarme a súa horta, que eu non vira dende séculos. Todo un verxel escondido e cálido con toda clase de froitas, entre elas, as claudias que caían e cubrían o chán e das que me deu unha boa proba para levar.
E xa, un pouco mais abaixo, entrei saudar a outra veciña e admirarlle as flores. Convidóume a entrar e ofrecíame amorodos da súa horta que estaban na sazón.
Cando cheguéi de volta á casa, non me lembraba para nada da desbrozadora, nen da mañá perdida, nen había rastro de bágoas na miña cara.... Era feliz!

luns, 18 de agosto de 2014
FEIRA DE ARTESANÍA EN CASTRO VERDE
"VIVA CASTRO VERDE" foron as tres derradeiras palabras coas que puxo fin Ricardo G. Polín a un elaborado pregón de gran percorrido histórico e que nos deixóu, polo menos a min, o sentir de que somos pobo e facemos historia alí onde habitamos.
Dende nena, eu sempre acompañaba a miña nai á feira de Castroverde. Gustábanme aquelas pendellas de pedra e tellado de pizarra, tan acolledoras, que se estendían formando rúas ao longo da carballeira e onde se podían mercar dende telas, lá, cestos, zocas, plantas, pan, queixos e outros productos traíados das casas. O noso meio de transporte era un autobús que tiña primeira, segunda e terceira clase. Pagabas asegún o que escolleras.
Onte, foi un día de lembranza de todo o que o mercado siñificóu dende tempos pasados. Alí había agora unha imitación do que foi. Os postos estaban ateigados dos mais variopintos productos e mostras de artesanía popular, mesmo había de canteiría, de elaboración de tellas, de cesteiría, de traballos en madeira, elaboración de doces, xabóns.... e tamén moda. Cando vin a alfombra vermella pensei se virían os de Hollywood a recoller algún óscar, pero non, tratábase dun pase de traxes e xoias ben levados por unhas modelos que nada tiñan que envexarlles ás profesionais famosas. E seguindo coa moda, chamóume a atención un tipo de mini saia imitando o traxe típico galego e asturiano, coas cores e os adornos apropiados e que xa lle vira a Balbina no concerto do Cádavo. Dinlle os meus parabéns á moza que os confecciona porque me parece unha boa idea. Por qué non seguir vestíndose co traxe tradicional pero adaptado aos tempos?
A feira estaba animada polos grupos Zuncurrundullo e Cantigas e Frores e mais tarde por outro de estilo jazss do que tomei unha foto.
Impresionóume o discurso do pregoeiro e aprendín un montón de cousas que sabía a medias, que me soaban pero que non tiña ordeadas nen vencelladas á historia deste concello veciño que tanta importancia histórica ten, pois tamén hai un castelo, e unhas covas....e moitas casas grandes.
O xantar, nada mellor nun día caluroso de agosto (tal vez o único que veu así) baixo a sombra dos carballos, arrimada a un deles, no chán, cos pes na terra e apoiada na árbore, era como mellor me sentía, a carón doutra xente que comían nas mesas de pedra.
Non faltaron doces de distintas clases e licor de herbas, café, e, cómo non, cantigas e mesmo nos puxemos a discurrir algúnhas novas para este Castro Verde de duas palabras.
Rematei o día bailando na praza do Cádavo, onde se celebraba unha xantar amenizado con música.
Foi un día completo que ben poidera ser de outra maneira se non decidira ir alí. Por eso é tan importante tomar a decisión mais axeitada cada día.
Dende nena, eu sempre acompañaba a miña nai á feira de Castroverde. Gustábanme aquelas pendellas de pedra e tellado de pizarra, tan acolledoras, que se estendían formando rúas ao longo da carballeira e onde se podían mercar dende telas, lá, cestos, zocas, plantas, pan, queixos e outros productos traíados das casas. O noso meio de transporte era un autobús que tiña primeira, segunda e terceira clase. Pagabas asegún o que escolleras.Onte, foi un día de lembranza de todo o que o mercado siñificóu dende tempos pasados. Alí había agora unha imitación do que foi. Os postos estaban ateigados dos mais variopintos productos e mostras de artesanía popular, mesmo había de canteiría, de elaboración de tellas, de cesteiría, de traballos en madeira, elaboración de doces, xabóns.... e tamén moda. Cando vin a alfombra vermella pensei se virían os de Hollywood a recoller algún óscar, pero non, tratábase dun pase de traxes e xoias ben levados por unhas modelos que nada tiñan que envexarlles ás profesionais famosas. E seguindo coa moda, chamóume a atención un tipo de mini saia imitando o traxe típico galego e asturiano, coas cores e os adornos apropiados e que xa lle vira a Balbina no concerto do Cádavo. Dinlle os meus parabéns á moza que os confecciona porque me parece unha boa idea. Por qué non seguir vestíndose co traxe tradicional pero adaptado aos tempos?
A feira estaba animada polos grupos Zuncurrundullo e Cantigas e Frores e mais tarde por outro de estilo jazss do que tomei unha foto.
Impresionóume o discurso do pregoeiro e aprendín un montón de cousas que sabía a medias, que me soaban pero que non tiña ordeadas nen vencelladas á historia deste concello veciño que tanta importancia histórica ten, pois tamén hai un castelo, e unhas covas....e moitas casas grandes.
O xantar, nada mellor nun día caluroso de agosto (tal vez o único que veu así) baixo a sombra dos carballos, arrimada a un deles, no chán, cos pes na terra e apoiada na árbore, era como mellor me sentía, a carón doutra xente que comían nas mesas de pedra.
Non faltaron doces de distintas clases e licor de herbas, café, e, cómo non, cantigas e mesmo nos puxemos a discurrir algúnhas novas para este Castro Verde de duas palabras.
Rematei o día bailando na praza do Cádavo, onde se celebraba unha xantar amenizado con música.
Foi un día completo que ben poidera ser de outra maneira se non decidira ir alí. Por eso é tan importante tomar a decisión mais axeitada cada día.
luns, 11 de agosto de 2014
CAMINO PRIMITIVO
El Camino Primitivo pasa tan sólo a seis quilómetros de donde vivo desde hace un tiempo, aunque nací en este pueblo y en esta casa. Yo no sabía, años atrás, que un Camino pasaba tan cerca. Despues lo recorrí un poco haciendo tramos sueltos con un grupo de senderismo. Me sentía tan orgullosa de este nuevo Camino que casi me pertenecía..... pero lo que realmente quiero es hacerlo completo hasta Santiago.
Restauré mi casa y decidí quedarme a vivir aquí donde nací. Luego, la casa me quedó tan bonita que pensé, por qué no compartirla con otra gente? Y cómo? Casualmente vi un anuncio en una revista, en la sala de espera de algún centro de salud, me llamó la atención y dije: aquí está! Simplemente con registrarme pondría mi casa a disposición de otras personas viajeras que quisieran parar aquí. Como mi casa, que mis padres me han dejado, había estado dedicada a una actividad un poco turística de aquella época, (comía y dormía gente, era taberna, tienda......pues me rondaba a mi la idea aquella de volver a los viejos tiempos, ahora que mi jubilación estaba recién estrenada. Tendría algo qué hacer, podría practicar idiomas, relacionarme con personas de distintos países....y sobre todo, mantener la casa "aireada".
Hice lo que indicaba el anuncio y los resultados no tardaron en manifestarse en forma de peticiones para alojarse,
cuando estaba todavía en obras. No podía creerlo! Lo había hecho un poco por ver lo que pasaba y.....me emocioné! Cogí vuelo!
Algunas personas que hacen el Camino Primitivo han pasado ya por mi casa, a través de www.airbnb.es y eran de lugares increíbles de lejanos, como Nueva Zelanda, Australia, EEUU, Rusia......
Pero un día, cuando acudí a un Concierto en el Camino, en el Cádavo, escuché a unos peregrinos quejarse de la falta de plazas para alojarse en ese lugar, que tenían que ir al polideportivo, que está muy desprovisto de todo, y que algunos incluso continuaban hasta Castroverde, ocho extra quilómetros, para ver si encontraban un sitio dónde pasar la noche. Me dieron la idea de dejar unos anuncios de mi casa en algunos bares que hay antes del Cádavo. Debo confesar que los dejé sin la mas mínima esperanza de que fuesen tenidos en cuenta. Cuántas veces mostramos poca fé en lo que hacemos! Pues ayer, domingo, que llovía torrencialmente toda la tarde, recibí las primeras llamadas preguntándome por alojamiento. Eran dos mujeres parisinas y dos burgalesas.
Pasé a recogerlas al albergue, que estaba lleno, y las traje a mi casita. Me agradó tener tan inesperada compañía en una tarde de lluvia que me había hecho desistir de una tarde de playa.
Nos organizamos muy bien, como si nos conociésemos desde siempre y a las pocas horas compartíamos cena improvisada, con larga sobremesa de temas interesantes y de idiomas diversos, en esta cocina típica gallega donde la vida tiene lugar las veinticuatro horas del día! Poco menos, porque seria un buen sitio para dormir también.
A mis inquilinas les gustó mi casa y les pareció casi un palacio despues de los masificados albergues de habitaciones compartidas y mucho ruído. Aquí reinaba el silencio y se podía observar la lluvia de estrellas de San Lorenzo en una noche clara sin nubes.
Me levanté temprano para tenerles el desayuno preparado y no hacerlas demorar su inicio de etapa que les deparaba una larga caminata de casi treinta quilómetros hasta Lugo capital.
Nos despedimos con dedicatorias, piropos, agradecimientos, promesas y pienso que por una vez, vemos el lado "no económico" de nuestras acciones y decisiones cuando pesa mas la experiencia vivida que el coste de la misma.
Les deseo un BUEN CAMINO PRIMITIVO hasta dónde les lleve y me quedo con la sensación de que QUERER ES PODER!
Restauré mi casa y decidí quedarme a vivir aquí donde nací. Luego, la casa me quedó tan bonita que pensé, por qué no compartirla con otra gente? Y cómo? Casualmente vi un anuncio en una revista, en la sala de espera de algún centro de salud, me llamó la atención y dije: aquí está! Simplemente con registrarme pondría mi casa a disposición de otras personas viajeras que quisieran parar aquí. Como mi casa, que mis padres me han dejado, había estado dedicada a una actividad un poco turística de aquella época, (comía y dormía gente, era taberna, tienda......pues me rondaba a mi la idea aquella de volver a los viejos tiempos, ahora que mi jubilación estaba recién estrenada. Tendría algo qué hacer, podría practicar idiomas, relacionarme con personas de distintos países....y sobre todo, mantener la casa "aireada".Hice lo que indicaba el anuncio y los resultados no tardaron en manifestarse en forma de peticiones para alojarse,
Algunas personas que hacen el Camino Primitivo han pasado ya por mi casa, a través de www.airbnb.es y eran de lugares increíbles de lejanos, como Nueva Zelanda, Australia, EEUU, Rusia......
Pero un día, cuando acudí a un Concierto en el Camino, en el Cádavo, escuché a unos peregrinos quejarse de la falta de plazas para alojarse en ese lugar, que tenían que ir al polideportivo, que está muy desprovisto de todo, y que algunos incluso continuaban hasta Castroverde, ocho extra quilómetros, para ver si encontraban un sitio dónde pasar la noche. Me dieron la idea de dejar unos anuncios de mi casa en algunos bares que hay antes del Cádavo. Debo confesar que los dejé sin la mas mínima esperanza de que fuesen tenidos en cuenta. Cuántas veces mostramos poca fé en lo que hacemos! Pues ayer, domingo, que llovía torrencialmente toda la tarde, recibí las primeras llamadas preguntándome por alojamiento. Eran dos mujeres parisinas y dos burgalesas.
Pasé a recogerlas al albergue, que estaba lleno, y las traje a mi casita. Me agradó tener tan inesperada compañía en una tarde de lluvia que me había hecho desistir de una tarde de playa.
Nos organizamos muy bien, como si nos conociésemos desde siempre y a las pocas horas compartíamos cena improvisada, con larga sobremesa de temas interesantes y de idiomas diversos, en esta cocina típica gallega donde la vida tiene lugar las veinticuatro horas del día! Poco menos, porque seria un buen sitio para dormir también.
A mis inquilinas les gustó mi casa y les pareció casi un palacio despues de los masificados albergues de habitaciones compartidas y mucho ruído. Aquí reinaba el silencio y se podía observar la lluvia de estrellas de San Lorenzo en una noche clara sin nubes.
Me levanté temprano para tenerles el desayuno preparado y no hacerlas demorar su inicio de etapa que les deparaba una larga caminata de casi treinta quilómetros hasta Lugo capital.
Nos despedimos con dedicatorias, piropos, agradecimientos, promesas y pienso que por una vez, vemos el lado "no económico" de nuestras acciones y decisiones cuando pesa mas la experiencia vivida que el coste de la misma.
Les deseo un BUEN CAMINO PRIMITIVO hasta dónde les lleve y me quedo con la sensación de que QUERER ES PODER!
luns, 28 de xullo de 2014
A CASA DE BRAÑAS
A casa de Brañas desapareceu do mapa pero non do meu recordo. Alí teño pasado moitas horas da miña infancia, saboreando o caldo que me gustaba mais co da miña nae, comendo aqueles cuarteróns de queixo que repousaba xunto a lareira agardando a que callase para convertirse en queixo. Con azucre por enriba e así morniño estaba para non deixar rastro. Tamén me gustaba o café con leite que eles preparaban con aquelas sopiñas de pan. Acostumabamos a cocer o pan alí e agardar polas empanadas, sentados no escano da cociña de lareira, mentras contabamos contos e ríamos coas ocurrencias que entre todos artellabamos, pois aquel matrimonio, Xosé e Pilar, eran alegres e moi agarimosos. Faciamos moitas tarefas en común, a matanza, a malla, a sega.....Eu acostumaba a ir no carro tirado das vacas e pasar a tarde con eles nos prados, angazando herba ou saltando polas paredes. Cando chegaba o Nadal, faciamos a cea de Noite Boa na miña casa e eles traían os doces que lles mandaban os fillos dende Madrid. Sabían a mazapán auténtico e a améndoa. Ainda lembro aquel sabor. Cando xa ían maiores, os fillos leváronos para xunto deles. Era a primeira casa da aldea que se fechaba e meus pais e mais eu ficamos moi tristeiros, mesmo choramos pola súa marcha. Non nos acostumabamos á sua ausencia. De ahí, que eu escribira este poema, cando tiña dazaseis ou dazasete anos, tal vez mais....
Hai unha casa en Fonteo
toda vella e afumada
cunha escaleira por fora
e coa porta ben pechada.
Ten ao pe unha figueira
que da figos cada ano
e tamén ten unha horta
que ainda chora polo amo.
Esquecida alá nun curro
a cociña da lareira
durme entre das cinzas mortas
Xa non ruxe a garmalleira.
Estarán alí ainda
o vello escano e a artesa
a lacena do touciño
o pataqueiro e a mesa
xoves, 24 de xullo de 2014
DE AVÓS E CHOCOLATE
Nacín nesta casa. Agradezo aos meus pais por deixarme nacer como hoxe recoñezo que eu quería. Tiven unha irmá que naceu antes. Non sempre se lograba sobrevivir. Unhos conseguímolo e outros, por falta de atención médica, (daquela os partos atendíanos o médico particular rural e a comadrona que acostumaba ser a súa dona) non só nono lograban senón que mesmo perigaba a vida das nais.
Co paso do tempo, dáselle importancia a cousas que nos pasaron inadvertidas toda a nosa vida como o feito de ter nacido na casa na que ainda moro. É un vínculo que enfatiza o noso sentido de pertenza e arraigamento nun lugar. É o que fai que algún día se retorne a onde se saíu, cumplindo así un ciclo que existe en todo na natureza.
Como choraba moito, despois de ter nacido, dábanme a chupar unha onza de chocolate. Qué dirían @s pediatras de hoxe en día! O caso é que me fixeron adicta ao chocolate dende moi nena e eso explica o por qué a miña vida transcurréu a carón do chocolate: primeiro cos contos que substraía das tabletas que se vendían na nosa taberna. Logo o traballo na fábrica de chocolate Lindt en Suiza. Os pelos atopados nos bombóns e que me trouxeron recompensas e, remontándome a mais atrás, o exemplo da miña avoa materna que gardaba nun saquiño, debaixo da almofada, onzas de chocolate que tomaba cando se lle antoxaba, seguido dun groliño de augardente que tiña nunha pequena botella na mesiña de noite. E cómo non!, cando tomo un café, sempre ten que ir acompañado dun trinquiño de chocolate para maridar o sabor. Pero non son unha "chocoadicta". Todo ten o seu punto medio e a min déuseme ben manterme nél en case todas as facetas da vida: na política, na relixión, no amor, na comida.....
Como esto vincúlame co pasado, non podo deixar de mencionar aos meus antepasados. A miña avóa era unha muller que lía o xornal todos os días. Tiña os fillos todos na guerra e ela quería saber deles. Meu avó emigrara a Cuba xa de casado e con fillos. Dalí trouxo o que sería o seu apodo no retorno: Manín. Era zoqueiro, carpinteiro, albanel e tiña libros que lía no tempo de lecer cos seus anteollos tipo John Lennon. Na hucha do seu cuarto gardábanse libros que trouxera de Cuba. Había un sobre a fracmasonería que eu conseguín facerme con él, despois de que él morrera. Faltábanlle follas pero eu lin canto quedaba e na miña mente de nena producíase un certo arrepío a aquel secretismo e clandestinidade na que obxectos simbólicos e probas de xerarquía conformaban un mundo descoñecido e paralelo do que eu nunca tivera coñecemento.
Tiven unha época na que me gustaba ler libros de alquimia, de bruxería, de ocultismo... que logo derivarían a un interés pola psicoloxía, psiquiatría...e voltando ao tema inicial, tamén o pasei ben lendo "Charlie e a Fábrica de Chocolate".
Pero indo ao caso, saín de avós lectores e a eles tamén debo agradecer tan bó exemplo. Non era moi común ver a un avó daquela época, encerrado no seu cuarto, xunto á ventana, enfrascado na lectura, nunha tarde calquera, cando a xente da casa andaba a traballar nas faenas do campo. E él sabía de todo e competía cos curas nas conversas que tiñan durante os xantares de festa cando algún ía comer a súa casa.
Voltóu de Cuba coas mans baldeiras pero coa mente chea. Agora que estou a ler "Días de Cuba" de Xosé Neira Vilas, podo darme conta de que os que alá ían como emigrantes, voltaban como cubanos.
Gardo unha lembranza tenra e agradecida dos meus avós. Sinto non ter coñecido tanto aos paternos por viviren mais alonxados.
O avó, cando viña de "cobrar" do Cádavo, paraba sempre a tomar unha taza de sopas con viño e azucre. Eran as famosas "sopas de cabalo cansado". Para él non había mellor recompensa a unha camiñada de doce quilómetros.
Debémonos a quenes nos trouxeron!

sábado, 19 de xullo de 2014
A MIÑA BICI
Andaba eu estes días xestionando a miña bici, que ten uns corenta anos, e pensaba pendurala do teito para quitala do medio e mais por mantela saudable, pois visto o visto, non a estou utilizando moito nos últimos tempos, ou sexa, xubilala!!!! Merquei onte mesmo un deses ganchos para colgala por unha roda. Cando pola noitiña abrín o Facebook, cal non seria a miña sorpresa: recibín unha mensaxe dunha persoa que lembraba a miña bici dende que era un neno e a opinión que tiña dela era de que a bici non se asemellaba ás que había na súa aldea. Era unha bici diferente, con un certo "aquel" que lle daba un aire distinguido. Ata se lembraba da cor. Preguntábame se aínda a tiña e que se asi era, que fixera por ela.Todo xira, todo flue e as cousas acontecen así, sen buscalas para amosarnos o camiño.
Coido que esta bici merece que lle rinda este pequeno homaxe de adicarlle un post no blog e agradezo a esa persoa o tela fichada e arquivada tanto tempo na súa memoria e que, xusto agora, mo comunicara. Pois nona vou xubilar, de momento, e verei se ainda podo facer pequenos percorridos por estes camiños sen tráfego que nos foron quedando despois de reformar a estrada que agora ten moito tránsito.
Pois ben, ela é de cor vermella tirando a granate. É unha BH que non ten marchas, só a que eu lle dou; é de muller (moi sexista a idea pero moi práctica) e mantense en perfecta forma como a súa ama.
Nela facía traxectos curtos de ata vinte quilómetros e, nos veráns, usabaa todos os días, unhas veces para os recados na vila, outra para ir recoller moras, outras para facer exercicio e sentir os arrecendos das flores na primavera, e sempre, sempre para sentirme aireada de pes a cabeza.
A min viñérame a aficción pola bici dun xeito semellante ao que lle pasara a ese rapaz que me vía pasar nela. As coincidencias son, a veces, sorprendentes: un home da súa aldea, andaba sempre na bicicleta ainda cando xa ía entrado en anos. A min gustábame velo pasar por diante da miña casa e sentía unha sana envexa de poder eu algún día ter un vehículo así. Por outra banda, sempre fora un soño non realizado da miña nae e tamén influíu que os mozos que viñan dende lonxe, ver ás súas mozas, deixaban as bicis na miña casa ou reparábanas pola noite cando voltaban.
Eu aprendín sen caer nunca dela. Eso foi un mérito. Víase que estaba feita para as dúas rodas. Sentido do equilibrio! E poido dicir que nunca tiven unha caída na que sufrira dano algún. Gustábame baixar as costas sen tocar o freo pero sabendo que éste respondería, claro. Tampouco fun temeraria no meu guiar. A prudencia acompañóume sempre.
Cando xa tiven coche, a xente da aldea non entendía porque ía na bici a facer os recados. Tampouco entenden hoxe porque ando con dous bastóns. Pois ben, aclaro esto por se alguén ten dúbidas: os bastóns que utilizo para camiñar son especiais para facer Nordic Walking, unha marcha nórdica que practico dende fai tempo, dende que decidín camiñar a pé, non só polo dos coches na estrada, senón tamén porque me acompaña Noa, a cadeliña, e mellor que as dúas utilicimos o mesmo medio de transporte. Cando intentei ir na bici e ela a pé, non facía mais que correr e correr sen sentido de arriba abaixo, seguindo os meus percorridos.
Hoxe fíxenlle unha foto, que aquí deixo. Algún día pasará aos meus netiños, se é que para daquela se atrevan a ir nunha bici sen marchas pero deixareilles constancia de que a mellor marcha é a propia de cadaquén.
"O TORBÓN DE SANTA MARIÑA......
Quedoume tanto que hoxe vivín a plena intemperie o dito torbón. E iso que levaba paraugas e impermeable! Menos mal que me colleu xusto debaixo dunhos castiñeiros e carballos que cubrían todo o camiño. De frente, unhas vacas, tamén buscaron refuxo debaixo das árbores de toda a vida, das árbores galegas por excelencia, plantadas polos nosos antepasados e que hoxe tenden a ser taladas sen miramentos, sen respecto pola natureza, polos animais, polas persoas.... e son sustituídas por escuálidos eucaliptos ou piñeiros que apenas dan cobixo a unha píntega. Tan egoistas e faltos de xuizo nos voltou a vida moderna que por termos paraugas, sombrillas, porches e coches xa pensamos que estamos a salvo das inesperadas trombas de auga ou do sol abrasador. O instinto que leva aos animais a cobixarse debaixo das árbores é tamén o noso propio instinto e é sabio e acertado e ten razón de ser. Eles, coma nós, saben que alí debaixo non acabarán como sopas. Neso, somos intelixentes por igual.
Eu apenas me mollei. Só ficar queda no mesmo sitio, pegadiña ao tronco da árbore, debaixo do paraugas aguantei o torbón con certo entusiasmo de ver como a auga se desbordaba camiño abaixo, encontrando o seu cauce e facendo riadas que elas soas se encamiñaban polo sitio mais apropiado. Ata a auga sabe a onde vai e por onde ten que descurrir. So me faltóu o barquiño de papel ou a folla de carbé para ver navegar as improvisadas enbarcacións da miña infancia.
Despois de media hora ben longa pensei en como sería aquel diluvio universal con Noé ao frente da Arca durante corenta noites e corenta días.....O símbolo da pomba mensaxeira, indicando co seu ramo de oliva que xa escampara ven a asemellarse co clarexar que sigue á tormenta, o descanso dese esforzo tremendo que debe supoñer tanta auga xunta a caer das nubes e a limpeza ambiental e o aire fresco e os arrecendos aflorando con toda a súa intensidade.
Vivir unha tormenta á intemperie é unha experencia que nos remonta ao pasado, cando non había paraugas e se aguchaba ún nos mandíles aqueles de liño que se poñían a xeito de capa dende a cabeza ou hombreiros, e na súa falla, sacos dobrados en forma de carapucha... ou as frondosas árbores e mesmo o interior baldeiro dunha delas.
Aguantar o chaparrón é unha expresión que sirve en diversas situacións da vida. O que sabe aguantalo ata o final, pode sair ben parado de calquer situación difícil. Tesón e pacencia como a natureza mesma.
Cheguéi á casa escasamente humidecida e coa sensación de ter vivido algo diferente nun día sen plans que me ocuparan, e sentíndome lixeiramente aburrida polo tempo pero agradecendo a chuvia como algo necesario do que se pode aprender e sacar conclusións interesantes: SALVÉMOS AS NOSAS ÁRBORES!!!!
domingo, 6 de xullo de 2014
A MÚSICA, A DANZA.....UNE AOS POBOS
![]() |
| Bailar tamén bailo na cociña cada día! |
Cincenta quería e non quería asistir ao xantar baile que se celebraba, no Pazo da Fonte. Coma sempre, tería que darlle voltas e decidir sobre da marcha. A súa fada madriña xubilárase facía pouco e non tiña poderes para transformar cabazas en carrozas nin zapatillas por zapatiños de cristal, así que ela aprovisionárase no mercadillo local e cnseguira un atuendo que non lle sentaba nada mal. Ademais, xa non había príncipes que conquistar porque o único que había convertírano en rei ainda non había un mes. Así que no caso de ir, levaría a nova indumentaria das rebaixas da xitana.
Ademais, nin carroza tirada por cabalos lle facía falla. Iría a pé os cen metros que a separaban do lugar, eso sí, co paraugas por se chovía, porque o inverno prolongárase mais alá de xuño e xa mesmo semellaba que non ía vir o verán.
Chegóu á hora en punto. O lugar, que nunca fora un pazo, era agora, ou pretendía ser, un centro de interpretación daquela bisbarra pero, debido aos recortes, quedara convertido nun simple bar, eso sí, con ascensor que fala solo todo o treito que vai dende o primeiro ao segundo andar. A casa fora reformada e tiña aires de grandeza. Noutros tempos fora lugar de circos e cines ambulantes e mesmo salón de baile. Agora, parecía un auténtico restaurante. Fora preparado para oitenta comensales e con camareiros novos e cociña improvisada in situ.
![]() |
| Panorámica distorsionada. |
Cincenta non agardaba atoparse con semellante multitude que aparte dos seus conveciños había xente chegada doutros lugares ben como convidados ou como visitantes estivais.
Ela deixóu o seu gabán e paraugas na mesa principal ou presidencial porque lle gustaba ter unha panorámica que observar durante o xantar. Pero, xa se vía que ninguén é profeta na súa terra. Deseguida lle dixeron que aquel non era o seu sitio. Pois ben, tivo que moverse ao posto que lle tiñan destinado e menos mal que foi dar frente a un cuadro cunha impresionante vista dunha tupida fraga de árbores autóctonas, que non de eucaliptus, como querían agora replantar os montes en man común. Alí recreóu a súa vista imaxinando os animaliños todos que se ocultaban baixo aquelas frondosas ramaxes de impenetrable acceso aos humáns, que xa tramaban e soñaban con abrir carreiros e pistas para ir a cazalos con facilidade.
O xantar transcurréu con lentitude e parsimonia. Unhos por non ter dentes e outros por ter colesterol, demorouse o tempo naqueles entrantes que parecían eternizarse na mesa. Agardabamos o seguinte prato que era o que nos gustaba a todos: polbo á feira. Alí houbo para dar e tomar e o que non se fartóu foi porque deixaba sitio para o tan loubado cabrito que viría despois.
![]() |
| Ahí estamos os da ala norte! |
Chegóu a hora do baile e aquelo convirtíuse nun salón e non só polos bailes de salón que algúns practicaban senón porque despois de tantas horas sen movernos, era imperativo darlle renda solta a todo o noso dixestivo para que todo acabase como tiña que acabar: dixirido!
Cincenta bailóu canto lle daban os pes, embuídos nunhas zapatillas deportivas que non lle molestaban os pes como aqueles ridículos zapatiños de cristal doutros tempos que encima se perdían ao menor intento de correr e suscitaban pasións principescas de busca e captura ata non parar. Menos mal que aqueles tempos xa quedaran atrás! Agora sentíase ceibe e podía exhibir as súas dotes de bailarina de xotas e muiñeiras lembrando algúns dos puntos que no seu día lle ensinara súa nai, a mellor bailadora da zona e agardar ata o final do bile sen ter que estar pendente das doce campanadas aquelas que lle farían quedar en farrapentas vestimentas de cincenta, se ben este oficio, leváraa agora á elaboración de xabóns potásicos para empregar como praguicida na horta de cultivo ecolóxico, que os tempos avanzan e non se quedan atrás e todo cambia e se transforma ainda que todo segue a moverse en círculos e volta a empezar, pois o que agora se queiran retomar os bailes que noutros tempos se chamaban rúas e que queiramos adivirtirnos ao xeito en que os nosos antepasados o facían non está nada mal e ben a confirmar que a música, a danza, os xantares compartidos.....une as xentes!!!!
![]() |
| A carón do lume Cincenta ve fadas. |
sábado, 17 de maio de 2014
PAISAXES DE PRIMAVERA
![]() |
| Coa Noa no nacemento do Eo |
A visita dunha amiga animóunos ás dúas percorrer un sendeiro que eu xa non frecuento porque está un pouco illado. Mágoa que cos anos nos fagamos un pouco mais vulnerables aos perigos imaxinarios. Non fai moito que eu o percorría a diario, unhas veces andando e outras na bicicleta. A ela sorprendéulle a paisaxe que se estendía ao longo do río con árbores autóctonos en abundancia e os contrastes de luz e sombra que se orixinaban ao ir caendo a tarde soleada. Abaixo, o río, poñía son a tanta fermosura deixándose levar mansamente con pequenas fervenzas que chamaban a atención pola blancura súbita en calquer desnivel. Ela fixo estas fotos co seu celular e logo envióumas ao meu, e do meu ao Facebook, onde vai case todo hoxe en día, e de alí ao blog. Exuberancia primaveral neste mes de maio que nos deixa días moi soleados e quentiños, que falta vai facendo e xa era hora e síntese que o bo tempo dura pouco e logo pasa e voltamos a estar no longo inverno outra vez. Por eso, é preciso vivir a tope esta efervescencia que nos brinda a natureza e fai que os días duren mais, que as horas rindan, que o día case non teña fin e que debemos acumular o máximo de canto se nos ofrece gratuitamente. Cargar as pilas, diríamos! O noso estado de ánimo nútrese da luz!
Por esa ruta vaise percorrendo A Marronda, zona moi visitada polos sendeiristas e que ten fragas ben abundantes de árbores do país moi variadas e unhas vistas espectaculares sobre aldeas medio abandonadas. Co río Eo por testigo, percorrendo as baixuras e discurrindo entre prados e carballeiras e fervenzas e muiños....
A ela chamóulle a atención e non a min, que xa estou afeita a ver esto cada día. Por eso coido que é interesante amosalo e valoralo para que quen queira poda disfroitar do encanto destas paraxes a veira do Eo no seu curso alto, a poucos metros do seu nacemento.martes, 6 de maio de 2014
REENCONTRO COA ILLA HIPPY
| Paseo marítimo en Sta. Eularia de Riu |
| Cala de Sta. Eularia, perto hotel. |
Cando buscaba aos hippies de Ibiza, acabábamos de traballar nun hotel da costa catalana e collemos un ferry dende Barcelona. As mantas de listas do hotel, fixeron a función de saco de durmir, baixo os algarrobos ibicencos. A comida era silvestre, o que atopábamos, como os nísperos que trouxen agora e que collín eu mesma dunha árbore. Era fácil deambular por alí unhos días sen preocuparse de nada. Lembro o bocata de sepia que nos tomamos no porto de Ibiza cando xa voltabamos da aventura sen atopar aquelo polo que sentiamos curiosidade. Non atopamos manadas de hippies na illa. Estarían escondidos. Daquela non eran ben vistos. Agora é diferente: hai mercadillos hippies onde fan o agosto xentes de todas as filosofías. Acaso serían os antigos hippies aqueles mais ou menos da miña idade que tocaban tambores africanos alí no mercadillo? Ben poidera ser. Eu non osei preguntarlles.
Ben que a sociedade de consumo saca partido destes fenómenos: corenta e catro euros por levarte a ver o mercado dende o hotel que dista catro quilómetros. Eu fun a pé e non paguei nada. Faltaría mais! E logo hai que ver cómo venden todo caro, as bebidas, as roupas e obxectos de artesanía.
| Parte alta de Ibizza |
| Pasarruas de cabalos, cans, coches antigos.... |
Pero agradezo a oportunidade de poder facer unha viaxe como tantas e tantas veces desexéi cando era traballadora en hoteis de zonas turísticas da costa mediterranea: poder ir de catro estrelas, con buffet para tódalas comidas do día, piscina e praia e viaxes e música e baile e sentirme merecedora destas vacacións despois de traballar tantos anos.
Ahi queda Eivissa para desmitificala.
| Vistas do porto de Ibiza dende arriba |
| Cos traxes típicos antes do baile. |
venres, 11 de abril de 2014
EN CAMIÑO
Xa existes! Eres esa sementiña
semiada na primavera
que agromará no inverno.
Eres esa cariña de anxo
que eu imaxino soñando,
revivindo soños pasados.
Eres esperanza e continuidade,
todos os nomes conxugados,
e sobre todo, todo, amor
inocencia e fluir de vida
que dende agora ocupas
un lugar no espacio e
nos nosos pensamentos.
Xa se che ten en conta,
Todo arredor de tí xira,
cambia, ordéase e fórmase
mentras agardamos.
Eres presenza dende agora
e tan so como un punto
moves os mundos dunha
familia enteira.
Que o teu viaxe á vida
sexa un agasallo para
cantos te queremos
pero principalmente
para ti pola oportunidade
de SER.
domingo, 23 de marzo de 2014
CORRER E BRINCAR, TODO É EMPEZAR
Visto o tempo que fixo onte, frío e con neve na serra, non
era apetecible sair hoxe de mañá, cedo para a camiñada que había organizada con
fins benéficos.
A ruta era un tramo do Camiño Primitivo dende o Cádavo ata
Castroverde.
Había anotadas unhas cincocentas persoas pero quedóuse en
moito menos.
Cando abrín as contraventás e vin o día, parecéume axeitado
e enfilei para o obxectivo andaina.
Despois dun bó almorzó xa me sentía con ánimos para facer
unhos cantos quilómetros.
Todo era un pouco espectacular. Déronnos unhas camisetas, da
talla que nos correspondía pois ao apuntarnos xa nola preguntaran. Así todos e
todas uniformados, unhos á carreira, outros mais amodo, disponémonos a empezar
o día desta forma saudáble. Había familias enteiras: pais e fillos pequenos,
algúns de colo ainda. Tamén moita xuventude de tódalas idades. A subida de
unhos dous quilómetros quitóunos o frío. Cando chegamos á Baqueriza, había ainda
neve da caída a noite anterior. Despois desa altura xa todo era costa abaixo.
Eu practiquei o meu nordic walking cos dous bastonciños e arremetínlle ao
Camiño con degaro e case sen folgos cheguéi o cume onde tiven que repoñer
enerxía tomándo un pouco chocolate de xenxibre, un dátil e un figo paso.
Despois dese refrigerio xa era outra!
En Vilabade, alvisquéi unha casa de madeira estilo pagoga chinesa. Chamóu
a miña atención. Averigüei deseguída a quén pertencía.
Logo, como me sobraba tempo, cando entrei en Castroverde,
visitei unhas compañeiras que me convidaron a un café na súa cociña quentiña.
Nada mellor que aquela acollida para quén viña acalorada do camiño. Alí
confirmei algúnhas das miñas ideas
decorativas que tiña en dúbida para a miña cociña.
E de camiño ao restaurante onde comemos entrei en contacto
con outra elaboradora de productos cosméticos caseiros coa que empaticei dende
o primeiro momento e ampliei coñecimentos do tema. Quedamos en seguir en
contacto.
A comida estivo moi ben ainda que para min sempre é
demasiado copiosa. E non podía faltar o remate cantareiro que lle da engado ás
comidas de grupo e que ven de tempos inmemoriais e ainda está de moda.
Aporto algúnhas fotos que fixeron os compañeiros de andaina
e que amosan partes do Camiño e da xente que o percorríamos.
Cansada pero agradecida por ter participado.
luns, 24 de febreiro de 2014
DIVERTIMENTOS DE ANTANO
![]() |
| Mozos da aldea adivirtíndose |
Na miña casa, na palleira, teñense proxectado filmes daqueles de Antonio Molina e cousas semellantes. O señor que traía o cine, tamén poñía os bancos para sentarse. Lémbro a gran pantalla pendurada dunha das paredes mentras que o proxector estaba alá arriba nun altiño que había para gardar trastos e onde eu lía os meus mini contos das tabletas de chocolate Carmiña.
Tamén de vez en cando, viña un circo que se instalaba na casa da fonte e alí viamos os equilibristas, paiasos, malabaristas.....e os artistas, que se non eran xitanos alomenos levaban un tipo de vida itinerante e acampaban en calquer descampadiño que houbera na aldea. Algúns deles fixéranse moi aficionados a comer os fariñotes que preparaba miña nai para min e que arrecendían a manteiga da de verdade a un kilómetro á redonda. Ós nenos destes feirantes resultáballes un manxar comelos detrás da nosa cociña de leña.
Nese mesmo local onde había o circo tamén se facía baile algún domingo. Era case un multiusos. E se non era alí, habilitábase outro lugar noutra palleira para ver unha película. Mesmo as comidas das vodas de aldea tiñan lugar nesas palleiras onde cabían ata cento cincoenta persoas. Eu acostumaba a participar axudando a miña nai a preparar a comida e a servila. Ela cociñara para bastantes vodas naqueles tempos e pasaba alomenos tres días preparando todo para que non faltara detalle.
No inverno, había unhos bailes nas casas da aldea que se chamaban "rúas". Funcionaban un pouco en segredo xa que aparecía ou chamábase a algún daqueles músicos ambulantes como o Florencio, o Alledo, ou o Hedra que tocaban o violín, gaita e acordeón, respectivamente. Poñíanse de acordo unhos cantos para avisar á mocidade que lles interesaba que fosen e mantíñanse en segredo para outros que non interesaba que acudisen a esa "rúa". Ademais do baile, sempre había algúnha larpeirada como fillóas e viño para celebralo como era debido. Por iso non querían que o souberan os mozos doutras aldeas que se chegaban a ir, tiñan que compartir as poucas mozas que houbera. Penso que era por esa razón ou porque os espacios para o baile non eran demasiado grandes para acoller mais xente.
![]() |
| Festexeando cos músicos |
E moito antes, cando eu era nena, tamén había na aldea unha banda de música co seu director e todo. Algún ainda vive hoxe para contalo. Eran chamados para festas e festiñas e compaxinaban a música co traballo do campo. Levaban unhas gorras con bisera que eran ríxidas e brillantes.
E cando era tempo de entroido había comparsas. Grupos que se disfrazaban e ían polas portas para recaudar víveres ou diñeiro. Logo facían unha festa co que lles daban.
No tempo de Entroido tiña lugar a famosa Corrida do Galo. Os participantes adornaban os cabalos nos que ían montados e cunhos paus tiñan que darlle unha estocada ao galo que penduraba nunha corda no medio da estrada. A xente colocábase por ámbolos lados da estrada para ver o espectáculo.
![]() |
| A corrida do galo |
Outra cousa que se facía era ir pedir polas portas cun lobo colgado nun pau que levaban entre dous. Dábanlles algo porque se consideraba un beneficio para todos xa que o lobo perxudicaba os rebaños que daquela se lavaban ao monte a pastar.
Pero os que realmente me poñían medo eran os maragatos. Aqueles viñan en calquer momento inesperado. Non lembro ben a qué viñan. Penso que vendían e mercaban cousas.
E por acabar de completar: por aquí pasaban vendedores de xoias, agullas, reloxos que traguían un maletín con varios expositores que desplegaban ante os meus ollos de rapaza nova, ofrecendo anillos con pedriñas azuis, bermellas, esmeraldas....e mesmo tamén furaban as orellas para poñerlles os primeiros pendentes ás rapazas pequenas.
Na época das cereixas, viñan vendedores que traían as burras cargadiñas delas nas alforxas e con aquelas romanas con pratiño pesábanas ao momento.
![]() |
| Facendo a meda na leira. |
Pódese dicir que nonos faltaba de nada. Lembro aqueles, como tempos felices da miña infancia e primeira xuventude. A mocidade era a forza do pobo e o seu poder, a súa forza, a súa creatividade, facían destes lugares que hoxe apenas teñen xente, un lugar cheo de iniciativas dinamizadoras e de festexo contínuo que seguía polo verán coas festas e romerías e coas mallas que merecen capítulo aparte.
Voltarán aqueles tempos? Non. Cada tempo ten o seu espíritu propio e como tal non voltará por eso quero dar testemuña para os que veñan atrás e non viron cos seus propios ollos.
![]() |
| Entre potas cociñando para voda |
luns, 10 de febreiro de 2014
NEVE FEBREIRIÑA.....
| A gata e a cadela xogando na neve |
| Buscando unha toupe??? |
Na cociña, ao meu carón, na cestiña, durmen e solazan a gata e a cadela. A gata, que xa vai ter gatiños, aliméntase basicamente do leite da cadela que crióu fai pouco e xa non ten os cachorros. A Nóa gústalle o estilo que ten de mamar a gata, con tanta suavidade que non lle tira das tetiñas. Debe ser un mamar moi tenro e agarimoso.
O silencio é absoluto. Non se escoita nada aquí dentro. Nen a radio, que case sempre está posta con música latina que eu bailo a veces cando quero moverme un pouco e o tempo fora non da para paseos.
Agora o sol ilumina a brancura que cubre todo no exterior e pregúntome qué fixen en toda o que vai de mañá. Haberá que pisar a neve, sair da casa e tirarlles unhas cantas boliñas ás miñas compañeiras que irán ledas á súa percura.
Faremos unhas fotos para poñelas aquí e deixarei o post a medias. Foi unha pausa para o café das once con figo paso e trinco de chocolate negro.
Xa é a unha da mañá e despois do paseo o ceo oscurece de novo. A neve foise fundindo amodiño pero é a cama para outra que virá pola noite.
Dispóñome a preparar o xantar de hoxe.
Dende a miña cotidianeidade ábrome ao mundo exterior!
sábado, 25 de xaneiro de 2014
RELATO COTIDIÁN
Apunteime a un curso de relato cotidián a distancia. Sentínme atraída pola temática. A min, que vivo na cotidianidade, como todo o mundo pero que ademais disfroito con ela, non podía pasarme desapercibido este taller de escritura que ademais ten por responsable a un escritor e xornalista que eu non coñecía pero que ten moito que ensinar neste tema. Podía ir presencial ou por internet. Nunca escollera esta última opción e tiña un pouco de medo a que non me funcionase. Pero todo foi ben e gustóume poder asistir ao curso, dende a miña cociña, co lume na cociña económica, coa posibilidade de tomar unha infusión endulzada co mel de sempre e no meu hábitat. Ao principio sentínme un pouco escéptica pero logo fun collendo un certo interés. Non era doado permanecer sentada seis horas diante do computador. Ainda que houbo un descanso. Cando nos pidíu que escribiramos un relato baseado nun acontecimento cotidián, común para todos, e que logo él leería e nos daría a súa opinión, eu, decididamente negueime en rotundo. Non pensaba facelo. O que escribo cando escribo xa me parece un relato do cotidián sen ter que agora meterlle persoaxes, diálogo..... Eso sí que me da pereza a min!
Quedóume a idea dando voltas pola cabeza o resto da noite e aínda a seguinte mañá. Algo se estaba configurando que podía ser un exemplo do que él nos propuxera. Pero eso de ter que partir todos do mesmo escenario....
Busquei e non tardei en atopar e así foi como me saíu o que a continuación se pode ler:

Argumento:Trata da experencia que unha cibernauta ten a partir dun intercambio de e-mails con unha persoa descoñecida á que lle atribue ser o autor do libro que acaba de ler e co se identifica sobremaneira. Acude a presentación e pídelle que lle adique o libro.
Vitalia acostumaba a ler libros recen publicados, de autores e autoras que lle comunicasen algo co que ela se identificase. Ese momento dos cincuenta anos era moi especial xa que víase en perspectiva a trayectoria da súa vida, do que fixera, do que deixara de facer… Vivía soa. O seu fillo, co que compartira o ático frente ao mar naquela vila mariñeira e pescadora, abandoara o neal. Vitalia sentíase ben coa súa liberdade recuperada e adicaba o seu tempo libre a facer exercicio, relacionarse con xente por Internet, ler, cociñar….. e moitas outras cousas. Pero, todo hai que decilo, estaba un pouco enganchada aos chats en Internet.
Un día, recibíu un correo nun dos enderezos que tiña e no que puxera como usuaria o título da novela que acababa de ler. Sorprendeuse que a persoa que llo enviaba tamén tivese o mesmo nome de usuario.
Non podía sair do seu asombro ao percibir que a redacción do e-mail parecíase moitísimo á do libro en cuestión. Sentíu verdadeira curiosidade e deixóu voar a súa imaginación na que lle revoloteaban bolvoretas azuis e foise directa á súa cociña para preparar unha taza de café e poñer os pes no chán, reflexionar, pensar, darlle voltas a aquel acontecimento sorprendente e que espertaba nela todas as musas dormidas eternamente e que de repente se sentía parte dunha historia ou a punto de ser copartícepe nela.
Sería o autor do libro? Para empezar, non estaba escrito no galego normal que utilizara no seu libro. Estaba en ortografía portuguesa e con palabras que a despistaban por seren propias da fala astur-galega e para mais, quen escribía facíase pasar por muller.
A súa cociña-sala era un lugar moi acolledor e luminoso que encaraba o mar, a montaña ao lonxe…. Tiña amplitude de miras. Dous amplos ventanais que eran tamén portas corredeiras abríanse a unha terraza sobre o mar. Era fermoso sentarse á mesa, ou no sofá e poder ver revolotear as gaivotas e escoiltar o ruido da oleaxe e percibir aquel arrecendo a marea baixa.
Servíuse unha taza de café naquela taciña de porcelana inglesa de Royal Albert que conseguira nun mercadillo londinense a moi bo prezo. Quixo darse ese gusto. Poucas veces a usaba porque tiña medo de rompela. Lembraba a avóa do seu fillo, unha irlandesa, que sempre lle servía o té en taciñas de Royal Albert. Sabía todo mellor naquela fina porcelana inglesa.
Tan ensimismada estaba cos seus pensamentos, coa sorpresa inesperada daquel contacto que a deixara tocada en tódolos sentidos, mesmo nos nervios que estaban agora a flor de pel….. que ocurreu algo que xa temera de antemán: a fermosa taciña con delicadas flores de cores rosa, granate…. Aterrizóu no chán e esnaquizóuse toda, agás a asa, claro, coma sempre. Non sabía a qué atender! Se a limpar o chán, recoller os cachiños, compoñelos e pegalos, que ainda que non servise para beber, sí quedaría ben outra vez no seu sitio, como unha taciña intocable, de mírame non me toque….. se deberia omitir o incidente e continuar embelesada na resolución do puzzle que tiña na cabeza con aquela inesperada visita dun estrano ou estrana que entrara na sua vida, sen pretendelo, sen esperalo…..
O caso foi que deixóu a taza tal cal, non chán e foise directamente ao ordenador. Sentíase inspirada para escribirlle á súa (para Vitalia, o seu) escritora que definitivamente identificara como o mesmiño autor do libro que acababa de ler.
A ela non se lle daba mal escribir, non. Mesmo escribía poesía nos momentos mais propicios da súa longa existencia ainda que salvo, pequenas cousas soltas, non chegara nunca a publicar o poemario que ía chamar “Antigüallas”. E mira que empezara a pasar todos os poemas ao ordenador, por mandato do seu fillo, e que deixóu todo a medio facer, coma sempre que empezaba algo literario. Queria pero non podía…. Non sabía…. Eso sí que era un traballo difícil. Prefería andar a facer outras cousas, cociñar, limpar, traballar na leira na casa dos seus pais, na aldea, pero o de escribir, que tanto lle gustaba, ía quedando para o final. Primeiro para cando tivese tempo, despois para cando se xubilase…. E así foran pasando os anos…..sen que nada serio saíse da súa pluma.
A súa resposta debeu resultar interesante xa que prendeu mecha e foran indo e vindo moitos correos, cun contido moi extrano no que non se reveleba a identidade dos autores e non embargantes, había unha comunicación excelente, creativa e imaginativa que xiraba en torno a novela qué, por supostos, émbolos dous coñecían ben, sobre todo, moito mellor o autor ou autora daqueles mails.
Vitalia qixo imprimir as mensaxes para releelas a calquer hora do día e da noite sen ter que sentarse diante do computador, cousa que aborrecía, por outra banda. Así que coleccionounas todas e púxoas dentro do libro.
Un día soubo pola prensa que dito autor presentaba o libro nunca cidade próxima. Ela levouno consigo e como non quería pasar desapercibida, senón que quería que o autor a recoñecese por algún sinal sutil que ela ía a amosar, xa que non se atrevería a insinuar nada directamente, non fose que a tomase por louca, que él realmente non fora o autor das mensaxes. Entón pensóu que levaría dentro do libro un marcapáxinas decorado con unha daquelas mensaxes que él/ela lle enviara.
Despois da presentación, que fora nun sitio tranquilo ao que só asistiran as súas amizades e coñecidos, un pequeño grupo de xente sen mais, sentóuse a firmar libros.
Vitalia estendeulle o seu, que levaba ben visible o marcapasos no que se vían os dous enderezos electrónicos unidos pola pura casualidade e fixo todo o posible para que reparase nél.
Él, sen dúbida votoulle unha rápida ollada pero non fixo comentarios. Escribeu a dedicatoria e devolveulle o libro. Ela, sentíu que él se dera por enterado do asunto e que se atopaba diante da súa corresponsal en persoa.
Por parte dela, había unha nota triste de despedida. De algo que puido ter sido se ainda existe…..
e non fora. Unha esperanza dun idilio finalizado.
Hoxe, once anos mais tarde, Vitalia atópase co libro e ve como dentro dél están todos os correos recibidos e o marcapasos. Decide poñerse en contacto de novo con alquel enderzo para saber se ainda existe....
venres, 3 de xaneiro de 2014
CON MIÑA NAE
Semella que ainda foi onte cando celebrabamos a comunión do Joam. Aquel ano, quince de agosto, había seis rapaces/as na aldea para facer a comunión. Nunca mais voltou a darse esa coincidencia. Lembroo como algo moi fermoso. Aquel altar adornado con frores brancas, rodeado de xuventude, todos da mesma idade, cos seus traxes a cal mais bonito. As familias e amizades desbordabamos a igrexa e ata Don José, o párroco, deulles a cada un algún diñeiro porque para él tamén foi unha ocasión especial. A proccesión arredor da igrexa tiña un encanto e un siñificado diferente a outras veces. Facía un bonito día de verán e na aldea había festa.
Eu quixen que a comida se fixese na casa, no antigo local da taberna. Ainda tiña as estanterías arredor pero miña nai e mais eu, cubrímolas con cortinas brancas e parecía un salón de restaurante. Eramos unhos trinta convidados e toda a comida a fixeramos nós.
Fotos e mais fotos e vídeos farían daquela ocasión algo transcendente. O primo de Madrid, Sebastián, fixéralle a Joam unha reportaxe fotográfica, en calidade de agasallo, nos sitios mais emblemáticos da aldea, ou sexa, os prados!. Joam deitado na herva, Joam arrimado a un castañeiro, Joam no columbio do prado dos primos.... O seu traxe beige, da orde de Santiago, destacaba entre tanta verdura. Foi todo un traballo de pacencia pousar e fotografar ata conseguir as mellores imaxes.
Lembro a querella que tiveran entre os primos pequenos e mais él. Subido a un castañeiro, o Joám, que deseguida se desprendera do traxe de comunión para trocalo por un de camuflaxe do comando que capitaneaba, armara unha boa liorta que o faría chorar nun rincón do seu cuarto onde buscara refuxio. Eu nunca cheguéi a entender qué pasara realmente, por qué pelexaban.
Aquela querella, marcóu un antes e un despois nas relacións de familia. Sinto que se perdera a amizade entre unha curmán moi querida e mais eu. Ainda que non acredito que fose por aquel motivo senón por outros que derivaran daquel.
As fotos, como é normal, foron parar a un album especial de comunión. A veces gústame recrearme no pasado e abro un dos álbuns de fotos antigas. Foi así cómo me fixéi nunha das fotos da comunión na que estabamos unha parte da familia, entre a que nos atopamos miña nai e mais eu, unha ao carón da outra. Pensei que a cara de felicidade que ambalas dúas compartiamos era reflexo dunha sintonía que sempre nos uníu e que aprecio dende a distancia, agora que ela xa non está. Miña nai era unha muller moi positiva e alegre. Nunca lle faltaba un sorriso e mesmo unha gargallada para calquera. Era pronta a harmonía e tiña don de xentes. Por suposto que tería os seus detratores, como é lóxico, pero a maioría da xente lémbrase dela como unha muller amigable, complaciente e sacrificada polos demáis.
Indo mais lonxe na distancia e seguindo coas comunións, tamén ela me fixera a min o vestido que levei na miña. Adicaralle moitas horas de traballo a ratos perdidos. Para que non llo mancharan as moscas, tíñao sempre tapado cunha saba branca. Levaba un can-can por debaixo e unh armazón feito de cartón ríxido que lle daba unha forma acampanada. Todo estaba almidoado e adornado con encaixes e abalorios, mesmo a limosneira era de puntillas e perlas. Non faltaba detalle. Na miña comunión, eu recitara unha poesía que aprendera para ese día, subida nunha mesa cuberta con saba branca, alí, diante de todos, xunto a igrexa.
E para que as fotos semellaran fotos de estudio, ela preparara un fondo de cortina estampada en frores para que non saíse nada que poidera afear a imaxe e restarlle protagonismo á miña persoa e poder lucir o traxe, obra de arte que ela elaborara con tanto amor e sacrificio. Eso é unha verdadeira nae, que da todo por os seus fillos e séntese orgullosa de ser sua nae.
Quero adicarlle este post como un agradecemento póstumo e compartir con ela o sorriso que convida a vivir e disfroitar dos pequenos grandes momentos que a vida nos depara. A nae, penso, fica no recordo para sempre porque foi o mellor que nos pasou: deunos a vida!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)