Bailar tamén bailo na cociña cada día! |
Cincenta quería e non quería asistir ao xantar baile que se celebraba, no Pazo da Fonte. Coma sempre, tería que darlle voltas e decidir sobre da marcha. A súa fada madriña xubilárase facía pouco e non tiña poderes para transformar cabazas en carrozas nin zapatillas por zapatiños de cristal, así que ela aprovisionárase no mercadillo local e cnseguira un atuendo que non lle sentaba nada mal. Ademais, xa non había príncipes que conquistar porque o único que había convertírano en rei ainda non había un mes. Así que no caso de ir, levaría a nova indumentaria das rebaixas da xitana.
Ademais, nin carroza tirada por cabalos lle facía falla. Iría a pé os cen metros que a separaban do lugar, eso sí, co paraugas por se chovía, porque o inverno prolongárase mais alá de xuño e xa mesmo semellaba que non ía vir o verán.
Chegóu á hora en punto. O lugar, que nunca fora un pazo, era agora, ou pretendía ser, un centro de interpretación daquela bisbarra pero, debido aos recortes, quedara convertido nun simple bar, eso sí, con ascensor que fala solo todo o treito que vai dende o primeiro ao segundo andar. A casa fora reformada e tiña aires de grandeza. Noutros tempos fora lugar de circos e cines ambulantes e mesmo salón de baile. Agora, parecía un auténtico restaurante. Fora preparado para oitenta comensales e con camareiros novos e cociña improvisada in situ.
Panorámica distorsionada. |
Cincenta non agardaba atoparse con semellante multitude que aparte dos seus conveciños había xente chegada doutros lugares ben como convidados ou como visitantes estivais.
Ela deixóu o seu gabán e paraugas na mesa principal ou presidencial porque lle gustaba ter unha panorámica que observar durante o xantar. Pero, xa se vía que ninguén é profeta na súa terra. Deseguida lle dixeron que aquel non era o seu sitio. Pois ben, tivo que moverse ao posto que lle tiñan destinado e menos mal que foi dar frente a un cuadro cunha impresionante vista dunha tupida fraga de árbores autóctonas, que non de eucaliptus, como querían agora replantar os montes en man común. Alí recreóu a súa vista imaxinando os animaliños todos que se ocultaban baixo aquelas frondosas ramaxes de impenetrable acceso aos humáns, que xa tramaban e soñaban con abrir carreiros e pistas para ir a cazalos con facilidade.
O xantar transcurréu con lentitude e parsimonia. Unhos por non ter dentes e outros por ter colesterol, demorouse o tempo naqueles entrantes que parecían eternizarse na mesa. Agardabamos o seguinte prato que era o que nos gustaba a todos: polbo á feira. Alí houbo para dar e tomar e o que non se fartóu foi porque deixaba sitio para o tan loubado cabrito que viría despois.
Ahí estamos os da ala norte! |
Chegóu a hora do baile e aquelo convirtíuse nun salón e non só polos bailes de salón que algúns practicaban senón porque despois de tantas horas sen movernos, era imperativo darlle renda solta a todo o noso dixestivo para que todo acabase como tiña que acabar: dixirido!
Cincenta bailóu canto lle daban os pes, embuídos nunhas zapatillas deportivas que non lle molestaban os pes como aqueles ridículos zapatiños de cristal doutros tempos que encima se perdían ao menor intento de correr e suscitaban pasións principescas de busca e captura ata non parar. Menos mal que aqueles tempos xa quedaran atrás! Agora sentíase ceibe e podía exhibir as súas dotes de bailarina de xotas e muiñeiras lembrando algúns dos puntos que no seu día lle ensinara súa nai, a mellor bailadora da zona e agardar ata o final do bile sen ter que estar pendente das doce campanadas aquelas que lle farían quedar en farrapentas vestimentas de cincenta, se ben este oficio, leváraa agora á elaboración de xabóns potásicos para empregar como praguicida na horta de cultivo ecolóxico, que os tempos avanzan e non se quedan atrás e todo cambia e se transforma ainda que todo segue a moverse en círculos e volta a empezar, pois o que agora se queiran retomar os bailes que noutros tempos se chamaban rúas e que queiramos adivirtirnos ao xeito en que os nosos antepasados o facían non está nada mal e ben a confirmar que a música, a danza, os xantares compartidos.....une as xentes!!!!
A carón do lume Cincenta ve fadas. |
Bea !!
ResponderEliminarFascinante. Aquí se demuestra que cenicienta existe y es tan real el cuento como la vida misma. Con música, baile y una buena comida entre vecinos, amigos... hay una buena Hada.
Un abrazo
Teño que agradecer todos os comentarios que me estas mandando. Ata nesta faceta nos parecemos pois tí tamén escribes e tes moito que contar e sabes transmitir moi ben. Por fin podemos enviarnos comentarios mutuamente!!!! Todas as barreiras poden superarse nesta vida. Apertas.
ResponderEliminarHola buenas noches ...¡cómo me gustaría saber quien es el a´nonimo que me escrbio en mi blog...bueno lo agradezco y encontre esta dirección.bonito blog y veo que soy seguidora ya me alegro
ResponderEliminarbesossssss
Marina
¡Ola Bea!!!
ResponderEliminarAí que ledicia e ler este post, reportaxe amiga: quedouche precioso. Esa Cincenta vale conto pesa e máis tamén, non bota en falta a fada madriña non. Non a necesita. Déixasme embobada con este texto digno de unha mirada detida
Detallas marabillosamente todo ese evento con auténtica mestría, non queda nada por dicir.
Alégrame un montón que o pasaras así de ben, aí que aproveitar das ocasións fermosas que se presentan na vida.
E unha forma de reencontrase con persoas que se cadra, non se ven moi a miúdo, e cando nos encontramos con e-las, un fúndese nun abrazo e compártese unha charla e mais un xantar en camaradería.
Sento envexa desa festa xuntanza; tes razon é! Que tamén dun cadro asín de fronte frondoso, un pode imaxinar moitas cousas!...
Estás preciosa mirándome con esa alegre so-risa e unha camiseta estampada ben bonita. Todos están ben guapos/as: debería ouve-ra aquí algo parecido. Ummmm!! Ese cabritoooo! Que bo estaba, ata me chega aquí o cheiro rico.
Ben, despois dunha apetitosa comida, postre café e as gotiñas… O baile e indispensábel.
Felicidades por todo, por pasalo ben e por plasmalo aquí de forma maxistral.
Foi un pracer pasar por a túa casa virtual le lerte.
Déixoche a miña gratitude e a miña estima sempre.
Un abrazo ben agarimoso.
A kiss.
bueno me quedo sin saber quien me dejo tan bonito comentario en mi blog ...es un placer recibirte...un abrazo
ResponderEliminarMarina
Hola Bea...ahora ya se quien es el comentario del anonimo pero esta bien que me dejes tambien el enlace de tu blog para entrar ya que con anonimo solo no entraria aqui a tu blog.
ResponderEliminarGracias por tu atención y a Marina Figueira
un abrazo
Marina
gracias por tu compañia ...es un placer recibirte y te agradezco los comentarios que me dejas en el blog...aqui veo estais de fiesta las fiestas Gallegas yo las conozco ,,,buenas comidas ,buenas bebidas y ricos postres...yo lo conozco por haber vivido en Galicia
ResponderEliminarbesosssssssssssss
Marina
Boa tarde,
ResponderEliminarA musica tradicional sempre serviu para unir povos ou amigos, a musica tem a vantagem de tornar as pessoas mas dialogantes e tolerantes.
Fique bem
AG
http://momentosagomes-ag.blogspot.pt/
O post está ótimo, e as fotos também. Gostei, especialmente, do fecho: a música, o jantares compartilhados... são coisas que unem a gente! Boa semana, amiga.
ResponderEliminarCiao cara amica,
ResponderEliminarnon puoi credere con quanta gioia ho apprezzato il tuo commento e la tua visita sul mio blog,grazie carissima Bea.
Ho letto e gustato con molto piacere questa pagina,colorita di immagini e di parole.
Grazie di vero cuore!
Ti invio un bacio
Ciao:)
Luci@