www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 8 de outubro de 2014

RIANXO


Rianxo, vila mariñeira e pescadora por excelencia, berce de escritores e artistas de renome, onde falar en galego é "falar en cristián", foi o meu hábitat durante moitos anos. Alí criéi o meu fillo, tiven o meu traballo e a miña casa. Ainda que non me sentín rianxeira porque para eso tería que ter nacido alí, sí me sentín filla adoptiva de Rianxo e moi querida e aprezada pola xente.Agora, as miñas visitas a esta querida vila, vanse redudcindo e espaciando, sendo cada vez mais fugaces pero non menos intensas xa que logro sorprenderme con cada cambio que atopo ao meu paso  e disfroito cada instante como se quixera levalo comigo para terra adentro. Xa non sei se voltaría a vivir e sentir como anos atrás cando o meu traballo estaba alí e a vida tiña un sentido neste rincón lonxano pero aberto ao mar. Estaba de prestado. Non era para quedarme, por eso non me sentín dalí, non votei raíces ainda que algunhas pegadas na fala acompañanme hoxe e fanme estrana no sitio que habito.
Vela cando cheguei por primeira vez e vela hoxe fai que me sinta orgulosa dos que traballaron por engrandecela. Foi un traballo contínuo de melloras, de afán por superarse, de competir coas outras vilas da comarca do Barbanza, a pesares dos contratempos, das manías destructivas de quen non apreza o ben común e destrue o feito, pois non so por bandalismo en sí senón tamén por política se ven deteriorados moitos traballos interesantes que se fixeron para deleite de tódolos cidadáns e agora, en paga de seren conservados e mimados, para ben de todos, vense desfeitos e causan no visitante unha sensación de abandono, de descuido e de pouco aprezo pola propia cultura que os nosos antepasados se encargaron de coidar e mesmo de morrer por ela.
Cánto hai que admirar en Rianxo, non só na vila, senón nos seus arredores onde os montes están semiados de reliquias do pasado, as suas praias fermosas ofrecen unha calma e descanso para quenes temos a sorte de poder disfroitalas e aprecialas, o seu peixiño fresco da mañá ou da tarde ainda que xa non se venda na rúa como antes, as xoubiñas, que de tanto querelas xa son como da familia e mesmo as lorchíñas, pequeniñas e saborosas se deixan querer de bo grado. E todo eso con pan de millo artesán, o viño propio caseiro e tantas e tantas cousas que ali se fan sen darlles importancia pero que teñen o previlexio de seren únicas como únicos foron Castelao, Manuel Antonio, Rafael Dieste, Chapí......
Voltar a Rianxo é voltar ao paraíso, sen dúbida. Aquel eslogan que circulóu nunha época "Rianxo, o paraíso existe" foi o mellor que se lle podía ocurrir a un publicista turístico.
Ainda espero pasar os derradeiros días da miña existencia nesta vila que tanto siñificóu para min, e ver medrar alí aos meus netos que serán rianxeiros de orixe e poderán sentirse nativos e orgulosos de teren empezado a vida alí.
Non quero acabar sen facer referencia á Rianxeira, á Virxe de Guadalupe, tan querida por todos, a esa moreniña que navega cada ano pola Ría con honores de raíña e coñecida en medio mundo. RIANXO, que ainda se poida cruzar a Ría para ver os amores en Vilagarcía.

4 comentarios:

  1. ¡Ola, Bea!!!

    Encantoume namoroume esta reportaxe sobre esa vila, ou pobo... non sei como chamarlles. So sei que e fermosa e que goza da frescura da súa Ria.

    Pois si que lle fas unha homenaxe ben bonita a Rianxo; e que a ten ben merecida, e para ti que viviches alí, ten moito mais méritos, moita máis importancia sentes ese algo de morriña é, e natural que calquera ser humano sente cando bota anos vivindo nun lugar así de mariñeiros. Rianxo e un pobo que a min tamén me gusta visitar, xa pasei algunha vez. Si creo que foi en dúas ocasións, que eu recorde, unha de excursión e outra. co meu marido outro matrimonio máis. Que por certo comemos moi ben alí.
    Vense unhas imaxes fantásticas cos raios do sol refulxíndolles aquela vila.

    Pois moi ben miña querida amiga. Ata outra ocasión. ¿Vémonos o domingo en Lugo, en San Froilán? Envíoche un correo.

    Un abrazo moi agarimoso. Gracias por o teu bo facer.

    Se moi moi feliz.

    ResponderEliminar
  2. Perdoa o meu galego....

    Becos azuis e vo para ti.

    ResponderEliminar
  3. Quixen decir en vo, en castelán, en vuelo. Carai haber se nos entendemos.......

    ResponderEliminar
  4. Magnifica Literaria, Bea. Estas vistas de Rianxo enamoran a cualquier turista.
    Un abrazo

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.