www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 12 de outubro de 2014

DE SAN FROILÁN








A miña inmersión nas festas de San Froilán en Lugo deste 2014, deixóume unhas estampas que me gustaría comentar.
Como o día ameazaba chuvioso, o primeiro que saltóu á miña vista foi a venda de paraugas polos nosos asíduos africanos que viron a oportunidade de facer o outono nunhas festas pasadas por auga.
Había pouca xente para tanta banda que circulaba polas rúas do centro. Case tocabamos a persoa por banda!
Despois de tomar un chocolate ben quentiño para alegrarme a mañá, deixeime levar polos camiños dos postos que daban comezo nos soportais da praza maior para seguir ata a catedral onde os artesáns amosaban todos os seus produtos de coiro, queixos, marmelos, cerámica, pan, pasteis e xoias, por non seguir forzando a memoria. Eu detívenme nun posto de queixos quilométricos, chegados de Italia, Suiza, Francia.... Catei algúns deles, que me gustaron, por certo, ainda que o prezo non mo permitía o peto pequeno co que decidín emprender o día. Ainda así, acabei mercando un anaquiño de pan de millo con pasas, noces, chocolate.... que me custóu cinco euros. Estiven a deixalo pero, unha vez na casa, penso que fixen ben traelo. Tamén merquei un queixiño de cabra que fixo as delicias do meu postre xunto co pan de millo.
Logo das degustacións, atróuxome un posto de aves que alí había e achegueime para ver de qué se trataba xa que a concurrencia era espesa. Nada menos que águias de varias clases, encadeadas a un expositor. Parecían pacíficas e domesticadas e mesmo resiñadas co seu destino. Pero a min déronme mágoa. Sentín que aquelo ía contranatura. Non era xusto vender esas aves así. Privalas da súa liberdade e do seu hábitat. Non puiden menos de facer unha foto para ilustrar o meu comentario aquí.
Abandoéi  a zona e dirixinme ata o parque de Rosalía de Castro onde había un manifesto pola súa conservación. Está visto que non é o que ten sido cando eu estudaba a poucos metros dél e ía pasear no meu tempo libre e inspirarme para logo escribir.
Avancei con orellas pechadas polos quioscos das tómbolas e demais parafernalia ata chegar ás casetas do polbo. Arrecendía a gloria. Ainda era cedo para xantar ainda que moita xente xa se adiantara a facelo para non verse facendo cola. Sorprendeume ver todos os letreiros de prezos, anuncios, propaganda en castelán. Xa só por eso, eu non iría comelo alí. Estamos na Galiza, non si? Vergoñento!!!!
Entón, sen saber ainda ben qué facer, se quedar a xantar ou non, fun indo de volta ao centro polo seminario, pasando o antigo cárcere, hoxe Centro Social e Cultural e cheguéi á praza do Campo onde un músico tocaba él só múltiples instrumentos. Estaba tocando a Rianxeira coa armónica, acordeón, bombo, platilos, timbais e non sei qué mais. A xente apilábase en torno a él. Eu ollaba aos chineses ou xapones que filmaban e rían e divertíanse  a mais non poder, tentando xa de copiarlle a idea. Gustóume este espectáculo xa que é unha maneira económica de ter unha orquesta reunída nun só músico o cal para os tempos que corren.....
Na praza Maior xa dera comezo o concerto da banda municipal, de toda a vida, que eu me lembre. Escoitei un pouco ata que acabaron. Cada vez chegaba mais xente. Víase que era a hora propia para estar na rúa e o tempo acompañaba mesmo con algo de soliño.
Despois do concerto explorei un pouco a zona dos viños. Había moita xente. Non entrei. Non me gusta ir sola. Nos soportais da praza Maior quedábame por ver unha mostra de antigüedades nas que había deses obxectos que nós temos pola casa, medio tirados e que alí tiñan un prezo que me deron idea do pouco que temos en conta eses cachibaches que nos estorban pero que non tiramos. Unha ingle de ferro valía 350 euros. Un prato antigo 50 euros. Dixen para min, -non sei o qué teño na casa".
Decidín agardar a que comezase a orquesta Pontevedra a sua sesión bermout (?) e, se cadrava, votar un baile ainda carregada co paraugas, bolsa da compra e bolso. Non cheguéi a facelo pero sí observéi aos que bailaban e o  ben que lles sentaba facelo. Eu seguía tan sóa como empezara o día o que tamén tiña a ventaxa de ir e vir por onde quería e facer o que se me antoxase.
Era hora de voltar ao coche, que deixara á veira do río Rato e retomar o camiño, aprendido, que me levaba directamente a él en línea recta, atravesando dende o centro, atallo que non todos saben pero que é silencioso e rápido para desfacerse nun santiamén de todo o barullo sanfroilaneiro.
O xantar que eu tiña na casa non me fixo votar en falta o polbo das casetas. Un caldiño de cogomelos con allo porro, un revolto de grelos con garbanzos e bola de neve e de sobremesa, o queixo de cabra co pan de millo, pasas e chocolate acompañado con un mencía de brick, así acabei a miña viaxe.

2 comentarios:

  1. Hola Bea...
    La descripción tan buena que demuestras en estas lineas son de lujo, profe. El San Froilán de Lugo, son unas fiestas que me apasionan y gusta verlas en presente. Lastima, me encantaría vivir ahí, Por todo las buenas cosas que nos aporta. No importa que llueva, para eso se inventaron los paraguas, para no mojarnos y disfrutar del mal tiempo, en momentos de celebraciones tradicionales como lo es San Froilán. Aquí en Barcelona se acabaron el pasado domingo día 5 de octubre de 2014. También ha llovido y la gente se mantuvo en la fiesta con los paraguas hasta el final.
    Un abrazo....

    ResponderEliminar
  2. ¡Ola, Bea!!!

    Que repaso, ou paseo máis bonito fas con esta entrada: Sinto envexa do teu xantar, bo proveito hoxe e sempre. Nos tamén xantamos moi ben. En Melide.
    Pois si que me dan pena eses animais deben andar en liberdade, non debera estar permitido, gústome moito pasear hoxe por Lugo. Non e que ouve-ra moita xente, pero chegáballe ben, depende dos sitios por onde andaras, e mais a min gusta así que non haxa demasiada, pois así andase mellor dun lado para o outro vendo todos os postos


    Mira que cerquiña estivemos unha da outra, pateando os mesmos lugares de música folclórica, o mesmo tempo bailábana, aínda dúas amigas miñas balaron alí na rúa con os gaiteiros E mozas tocando a pandeireta e cantando.
    Tamén estivemos nos soportais recorréndoo de arriba a baixo. Estivemos nos queixo dos que ti falas, grandes coma mundos.

    Ben pois xa falamos, non estivo o destino de vernos, pero iso non quere dicir que non o poidamos facer noutro día calquera.

    Ben pois xa te deixo, hoxe estou un pouco cansa da viaxe.
    Déixoche unha aperta agarimosa , a miña gratitude e amiña gran estima.
    Biquiños azuis que chegan voando.
    Se moi feliz.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.