www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 7 de outubro de 2021

MAÑA CALMA


 Un corto paseo de longo alcance no contemplativo. A maña calma, con ceo azul, papaventos varados, o millo a punto de ser recollido, bolboretas alegres seguindo os meus pasos, aldeas durmidas nun silenzo que acouga os sentidos, as flores que volven como na primavera. Atopo as primeiras tullemerendas ao borde do camiño. Vou fotografando para deixar aquí testemuña da miña andaina. O sol aquencéndome e facéndome sentir ben. Non se move unha folla. Non hai trafego no ceo. Semella que estou soa no mundo. Non me da medo. Vou ben acompañada de Noa e Charlie e os insectos voadores. 

A pundo de terminar Os Maias de Eça de Queirós, unha novela apaixoante que me engaiolou todo o tempo, eu que apenas leo novelas, pero esta caloume fondo porque abarca moito, está maxistralmente escrita nun portugués que entendo e que xa ata penso...Era o segundo intento de lela. Fai anos que a collín e non fun capaz de poñerme porque me parecía moi afastada do tempo presente e pensaba que non ía aturar tanta fidalguía. Pero non foi así, porque souben ler entre lineas o que se quería transmitir e eso gustoume.


Na pota cocíñase, a esta hora, o caldo galego. O noso caldo. Leva toda a mañá facelo. Eu vou por partes. Uso a pota rápida e primeiro cozo as fabas co unto e a carne de porco. Mais tarde engado as patacas cortadiñas en anacos irregulares e pequenos. Por último, e xa ca ola destapada, póñolle as verduras, que neste caso é navicol. Así vai estar de moi bo comer!


E mentras eso se fai, eu, escribo. Non o que cavilei escribir cando ía camiñando, senón o que dificilmente lembro, xa deformado, carente da instantánea que motiva os meus escritos. É como se perdera cor, como un tecido destiñido e carente de vitalidade.

Deixo algunhas das imaxes que fun recollendo ao meu paso e que din mais que as miñas palabras.






16 comentarios:

  1. Belíssima narrativa da natureza envolvente. Onde os nossos olhos se deliciam com tão belas paisagens!
    Gostei muito, amiga Beatriz!
    Feliz quinta feira!
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. ( Aldeas durmidas nun silencio que acouga os sentidos...) SUBLIME!
    Encántame lerte, os teus paseos e as túas comidas! Parabéns queridiña!

    ResponderEliminar
  3. a natureza ela tem a sua beleza lindo post bravo bjs saude

    ResponderEliminar
  4. Bea
    E seus paseos
    Nós conta
    E nós abre
    A caixa dos desexos,
    Pola súa escrita
    Polas súas verbas
    Nós desperta
    Anhelos
    D'aldea
    Natureza
    Da beleza.

    ResponderEliminar
  5. Eça de Queirós continua a ser o meu escritor português de eleição.
    Bfds

    ResponderEliminar
  6. Hay libros que requeiren dos intentos. Esos paseos, son de envidia, sana ¿eh?

    Por el caldo, que saliera estupendo. Un abrazo

    ResponderEliminar
  7. Grande novela Os Maias. Lina hai moito tempo na mesma edición ca que tes ti. Recomėndoche " O crime do padre Amaro", impresionante. " A reliquia", outra xoia e outras moitas, " O primo Basilio" , " O Mandarim"...

    Xesús Trashorras

    ResponderEliminar
  8. Ya me hiciste dar hambre, estimada Beatriz, con esos ingredientes tan ricos de tu caldo...mmm. Anhelo el día en que pueda viajar otra vez a España para probar comida española hasta saciarme. Me encanta como describes el panorama de paz que te rodea y esas mariposas que revolotean junto a tus pasos. Gracias por compartir tanta cosa bonita. Un abrazo y buen fin de semana.

    ResponderEliminar
  9. Olá, Beatriz
    Passando por aqui, para te desejar um feliz fim de semana, com muita saúde.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  10. Despierto. Y en medio del mundanal abrazo de esta gran ciudad que nunca calla, y te leo... Y es entonces cuando
    Cerrando los ojos paseo por esos prados y hasta puedo oler el aroma de tus caldos.
    Un abrazo amiga.

    ResponderEliminar
  11. Belíssima e intensa descrição do "filme" que visionaste na tua observação atenta.
    A paz te cerca e as borboletas enfeitam o percurso.
    Parabéns.



    Beijo
    SOL da Esteva

    ResponderEliminar
  12. Asi somos nosotras de todo un poco y de poco mucho
    como eres tu
    Abrazos infinitos

    ResponderEliminar
  13. ... namestres se fai o caldo e o seu ulido envolve e convida, o mundo parece mellor. De neno e adolescente non me gustaba, e mira, inda que agora é pra min prato de luxo eu tiña mellor criterio daquela, en xeral.

    O outono dalle moito xogo a este blog, tampouco decae no resto do ano. Por certo, hai poucas castañas; este ano toca mercalas. Non telas fai que se valoren máis.

    ResponderEliminar
  14. Olá, Beatriz!
    Passando por aqui, para desejar uma ótima semana, com tudo de bom.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  15. Contigo, Bea, venho aprendendo sobre a Galícia. E confesso: quanto mais aprendo, mais bela me parece! Maravilha, essa vida entre a calma e a simplicidade! Meu abraço, amiga; boa semana.

    ResponderEliminar
  16. UMA EQUIPE DINÂMICA NA TAREFA de que você precisa para concluir um projeto ou expandir seus negócios.
    Oferecemos empréstimos para procedimentos simples com um percentual de 2%.
    Melhorar suas condições de vida no final do ano, para realizar projetos como:
    * Você precisa de um empréstimo pessoal?
    * Empréstimo de dinheiro comercial?
    * Empréstimo precário Empréstimo rápido e simples?
    * Processo de registro rápido?
    * Pagamento da conta; e mais.
    Contate o Sr. Anderson imediatamente.

    Whatsapp: https://wa.link/2f7td1

    martinsanderson@outlook.fr

    Estaremos sempre presentes quando você precisar de ajuda.
    Nosso SUCESSO NO TRABALHO É 100%

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.