www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 27 de outubro de 2021

COUSAS DO FAIADO

 


supercalifragilisticoespialidoso  esternocleidomastoideo.... son palabras que se perderon no tempo dos meus anos de academia de mecanografía e taquigrafía en Lugo.

A miña primeira Olivetti, e a única máquina de escribir que tiven, escribiu os meus primeiros poemas alá polos finais dos anos sesenta, principios dos setenta.

Hoxe, repousa felizmente no faiado, agardando que pase o tempo e alguen  pouse os ollos nela e tamen as mans para ver como funcionaba o aparello que nos redimiu de escribir á man e nos uniformou coa letra impresa.

Pero eu non quería falar da máquina de escribir, senon das primeiras revistas que tiven na miña xuventude e dos contos que viñan nas tabletas do chocolate.

Un primo meu, agasalloume, por reis, cunha subscrición á revista Readers Digest, por un ano ou  mais.

Funas coleccionando e encuadernando nunhas tapas que mandaban ca revista.  A foto xa di bastante!


Cando meu pai viaxaba a Lugo facer compra para vendermos na nosa tenda, sempre me traía pasteis "recen feitos", que así os pedía el para a sua nena,  que lle gustaban moito. Pero xa, mais adiante, eu quería que me trouxera unha revista. Non sabía de ningunha en especial, así que, el, mercaba "La Actualidad" e, a min, que era de boa conformidade, gustábame esa revista.



 Logo, cando xa marchei estudar á cidade, entrei en contacto con outro tipo de revistas, un tanto  "underground", como Ajo Blanco, editada en Catalunya e que ía moi ben coa miña forma de pensar e vivir, pois era unha revista que rompía co establecido, era diferente...




E, como unhas cousas pedían outras, susbcribinme á revista Integral que tamén se editaba en Catalunya. Os temas que trataba eran interesantes. Alimentación natural, comunas, contracultura, vida sa...

Cheguei aos días de hoxe con ela. Aínda a merco de vez en cando ou leo na biblioteca pero xa non é o que foi nos primeiros tempos.  Gardo, eso si, unha boa morea delas no faiado.


Pero, falando de faiado, onde eu lía aqueles contos clásicos que viñan nas tabletas de chocolate Carmiña, un chocolate elaborado en Lugo, penso, como o café Candelas, eu non gardei ningún daqueles mini libros pero sí que vin un nunha tenda de antigüidades  e que tiña o prezo de 100 pesetas de daquela.


Todo o que puiden encontrar en Internet foi esta foto que da idea de como eran aqueles contos. Hoxe, gustaríame poder telos e lérllelos ás miñas netas, pero recoñezo que son contos que tiveron a súa razón de ser, noutra época e que, quizais non vaian ben nos nosos tempos, xa que son contos un tanto machistas.

E despois diste repaso polas miñas primeiras lecturas, case me atrevo a dicir:

SOMOS O QUE LEMOS, O QUE COMEMOS, O COMO NOS CRIAMOS...

28 comentarios:

  1. Confissão: Aprendi a escrever à máquina numa igualzinha - cor e tudo - à aqui mostrada. Coincidência bonita.
    Gostei de ler a restante publicação.
    .
    Cordiais saudações
    .
    Pensamentos e Devaneios Poéticos
    .

    ResponderEliminar
  2. Hola Beatriz, muy interesante este repaso del desván de los recuerdos acontecidos en ese pasado que siempre deja un buen sedimento si se ha aprovechado con enriquecedoras lecturas, dando alas a la inquietud siempre motivadora.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. El pasado siempre se nos cuela en el presente, inevitablemente.
    Si sirve para vivir mejor es maravilloso, forma parte del sostén y mirar creando la confianza y la esperanza en nuestro saber...construye, creo yo, la confianza y el poder personal.

    ResponderEliminar
  4. Gran parte de lo que somos y sentimos está creado por los aprendizajes de lo vivido y también leído. De ése cajón del recuerdo sacaste instantes que hoy suenan y se ven como reflejos en un cristal que camina por el tiempo.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  5. Eram outros tempos. Tive uma máquina assim em 1972. Mas a minha era branca. Também gostava de ler as Selecções do Reader's.
    Abraço e saúde

    ResponderEliminar
  6. Guardo religiosamente uma máquina de escrever, em ferro!!!, que parte um pé a um descuidado.
    E mais outras do género, entre as quais uma máquina de somar.

    ResponderEliminar
  7. Bea,
    Essa sua linda publicação me
    levou a belas recordações.
    Tenho 3 máquinas de escrever:
    Uma bem antiga, uma elétrica e uma relíquia presente do meu amigo jornalista, esse me deu a máquina que ele usava quando no exercício da profissão, uma honra.
    Também tenho coleção de Seleções
    e de outras boas revistas, estás ficam na minha casa no RJ.
    Brigadin por essa deliciosa viagem.
    Bjins
    CatiahoAlc.

    ResponderEliminar
  8. Olá Beatriz!
    Objetos muito interessantes e úteis, que nos passado eram fundamentais. Por exemplo:a máquina a máquina de escrever. Cheguei a escrever muito muma semelhante à essa.

    Boas recordações aqui nos trazes.

    Continuação de boa semana!
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  9. Ola Bea! Gústanme especialmente estes posts que falan de tempos pasados e nos que nos contas da túa vida, gustos e andanzas, que resultan ser sempre moi interesantes. Desde sempre me gustou escoitar, preguntar e saber por aspectos da vida da miña familia. A meus pais, avós... E recordar de vez en cando lembranzas felices da miña infancia e xuventude, sobre todo da infancia. Supoño que por sentila cada vez máis lonxe. Será que eu son tamén unha nostálxica (non o dubido). Non coñezo/coñecín ningunha das revistas que nos mostras. Fixeime especialmente nas fotografías e nas portadas, e chamoume especialmente a atención a de "Ajo blanco". Un debuxo moi bonito, e que me semellou moderno e actual.

    Das máquinas de escribir e cursos de mecanografía si me lembro, e transpórtanme á miña infancia. Que bonitos se vían os escritos con esas tipografías! Tamén consigue ese mismo efecto a palabra "Supercalifragilisticoespialidoso", que sei canturrear dun tirón, xa que Mary Poppins xunto con Dumbo foron as miñas películas favoritas da infancia, e tiña ámbalas dúas gravadas nunha cinta VHS.

    "Esternocleidomastoideo" tamén do tirón. Aprendíanolo no colexio. Ao igual que o trabalinguas "Tres tristes tigres, tragaban trigo en un trigal" (iso xa me costaba e me costa máis), pero xa que estamos con palabras dificultosas... 😅

    Encántame ler o teu blog. Un biquiño,
    Iria

    ResponderEliminar
  10. Belas recordações.
    Também tive a minha máquina de escrever, mas não me lembro da marca...
    Bom fim de semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  11. Moi interesante. Todo iso éme moi familiar.

    X. Trashorras

    ResponderEliminar
  12. Que marabilla, esa máquina é unha relíquia, a min sempre me gustaron moito.
    A revista de (ajosblancos) ten unha linda portada.
    Grazas, Bea, por amosarnos deste xeito o teu fabuloso mundo, encántame!.

    ResponderEliminar
  13. Yo también aprendí mecanografía y taquigrafía en mi juventud, Beatriz, y me enseñaron en el sistema Braille, el sistema de los ciegos, tanto así, que yo hasta el día de hoy escribo en mi teclado de la computadora sin mirar las teclas, sin mirar las letras, me sé de memoria donde está cada letra y cada número, y eso me facilita escribir sumamente rápido. Mis hijos se sorprenden porque ellos solamente pueden escribir en el teclado mirándolo...¡Imagínate! para algo bueno nos sirvió el haber escrito en este sistema, no sé si tú también escribes sin mirar el teclado, pero te juro que es una maravilla. Gracias por lo que nos aportas de tus experiencias. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  14. Creo que sí somos lo que leemos, y lo que la vida nos trajo.

    Buena refelxión. Un abrazo

    ResponderEliminar
  15. De acordo pleno com o "SOMOS O QUE LEMOS, O QUE COMEMOS, O COMO NOS CRIAMOS..."
    Vieram-me ás lembranças algumas das edições que nos mostras.
    Amei!

    Beijo
    SOL da Esteva

    ResponderEliminar
  16. Olá Beatriz!
    Passando por aqui, relendo este texto muito interessante, que nos relembra objetos que usamos no passado. E desejar continuação de bom domingo e feliz semana!
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  17. Olá, Beatriz

    Quantas recordações não nos trazem essas publicações antigas. Lembro-me bem das Selecções Reader's Digest, das revistas aos quadradinhos que contavam histórias de amor. Bem giras e acho que eram a predilecção das raparigas. Tenho aqui uma revista de decoração de 1978 e que nunca tive coragem de a deitar fora. De vez em quando folheio-a e penso que já uma vez fiz um post focando algum aspecto dela.
    Adorei o seu post, minha amiga.
    Beijinhos
    Olinda

    ResponderEliminar
  18. Também aprendi datilografia numa Olivetti, Bea; e também fui, por muito tempo, fã de Seleções; meu pai tinha assinatura e eu fazia questão de ler todos os exemplares. Bons tempos! E concordo com você: somos o que lemos, o que comemos, a forma como fomos criados. Meu abraço, amiga; boa semana!

    ResponderEliminar
  19. Olá Beatriz!
    Passando por aqui, apreciando estas relíquias do passado, e desejar a continuação de ótima semana!
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  20. Passei para ver as novidades.
    Aproveito para lhe desejar um bom fim de semana, amiga Beatriz.
    Beijos.

    ResponderEliminar
  21. Un faiado cheo de lembranzas, ou dito doutro xeito, a vida colle no faiado. E penso: quen tivera un faiado así!

    ResponderEliminar
  22. Olá Beatriz!
    Passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana com muita saúde.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  23. Encontro nostalgias nas imagens. Retorno a "meu" tempo de antigamente. Sonho com ele e me consolo.
    Liiinnndo.


    Beijo
    SOL da Esteva

    ResponderEliminar
  24. Vivo mi hoy el pasado está perdido No voy ni para tomar empuje
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  25. Olá Beatriz!
    Passando por aqui, para desejar uma ótima semana com muita saúde.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  26. Olá, Bea
    A Olivetti era talvez a marca de máquina mais conhecida, por isso a maior parte das pessoas aprendeu a escrever numa dessas.
    Também eu e meu marido tínhamos assinatura da revista Selecções Reader's Digest, que nos chegava a casa mensalmente. Ainda tenho alguns exemplares guardados.
    As leituras agora são bem diferentes, e a maioria é feita do computador. Fora dele só leio romances, e esses não dispenso. Agora estou a ler um muito bom "Isabel de Aragão". Adoro livros históricos.

    Desejo-te um bom mês de Novembro.

    Votos de uma semana feliz
    Beijinhos
    MARIAZITA / A CASA DA MARIQUINHAS

    ResponderEliminar
  27. Meu abraço, amiga; boa semana! Aguardo o próximo post.

    ResponderEliminar
  28. Qué sería de nosotras sin nuestros recuerdos.
    Yo también recuerdo la revista de Selecciones, las otras que mencionas no creo haberlas tenido en mis manos, pero la portada de ACTUALIDAD, sí que se me ha hecho conocida aunque no podría decirte si la he leído alguna vez.
    A mí no me gustaba escribir a máquina, aunque reconozco que, después de haber aprendido, hoy me ha venido fenomenal para poderme comunicar contigo sin mirar al teclado.
    Después de mis largas vacaciones de verano en el pueblo, de nuevo estoy con vosotros y, ahora que te he vuelto a encontrar, aprovecho para enviarte un fuerte abrazo.
    Kasioles

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.