Tiñamos menos de vinte anos, (ti, tres mais) cando nos coñecemos, aquí, na mesma cociña dende onde escribo. Era finais dos anos sesenta. Viñas xantar cos teus compañeiros de Extensión Agraria. Eu era unha rapaza con duas trenzas, un pouco tímida, que comía as patas dos coellos que miña nai cociñaba para a xente e vos gastabades bromas con aquelo de que o coello non tiña patas.
Andado algún tempo, atopámonos nunha festa en Rioxoán. Quén o diría, pero ías ás festas e bailabas moi ben. Case non te coñecía ata que me refrescaches a memoria. Estiveramos todo o tempo xuntos naquela festa. Eu medio empezaba a quedar con un mozo para a festa do Cádavo pero logo apareciches tí, e deixeino plantado. Nunca lle gustóu! Ainda se lembra!
A partir de ahí, viñas algunha vez por Fonteo, aos domingos, como se estilaba. Non sei que medio de transporte usabas porque non había. Se viñas andando dende Peredo... (10 kms ou mais) e logo volver.
Daquela, escribiamos cartas. Non había outra maneira de estar en contacto coa xente que vivía lonxe.
Conservo todas ou case todas as longas cartas dende diversos lugares nos que estiveches. Tamén algunhas fotos, a maior parte, da tua etapa de lexionario en Villa Cisneros. Dende Holanda, Barcelona, Paraxes (Meira), dende aquela casa comuna na que se quedaron os meus libros de Sabato que che emprestara...
Fai pouco que organicei todo nun álbum e mandeiche foto pero ti querías velo personalmente e ler aquela fluída correspondencia porque tiñas curiosidade en saber cómo escribías naquela época.
O día que fun polo teu estudio, por vez primeira e última non cho levei. Foi este mesmo ano.
Apareciches desfilando polo estreito corredor, entre as tuas obras, con gorra e fusil de lexionario. O teu sentido do humor non che fallaba nin nos peores momentos.
Pódese dicir que mantivemos un certo namoramento de xuventude que logo se converteu nunha amizade permanente e duradeira. En Lugo saliamos como calquer parella facía naqueles tempos. Eu era estudante alí e tí, cando viñas das tuas viaxes sempre me convidabas a pasteis e un Tio Pepe, na rúa das Docerías. Ensinábasme a xogar ao billar, camiñabamos polas costas do parque...e, cousa insólita, iamos de discoteca, onde o teu bailar chamaba a atención da xente, era insinuante, atrevido, libertario...
Eu tamén collín voo e lanceime ao mundo, como ti facías. Aí foise enfriando a nosa relación amorosa e pasamos a ser simplemente amigos. Fomos xuntos en auto-stop a vendimar a Francia, á rexión de Pomerol. Compartimos colchón no chán, por falla de medios de aloxamento, pero como se foramos irmáns. Nin un pequeno roce. Pode soar raro pero tí e eu nunca tivemos intimidade. Aínda cho dicía o outro día en Lugo, naquel café da Praza do Campo Castelo e tí, ríndote, contestabas que estabamos a tempo de tela! Ben sabiamos que non. Que nos mantivemos "puros e castos" dende que nos coñecemos. Non eramos seres normales, Paco!
Logo, o destino en paralelo foinos poñendo perto, de novo, e nas andainas co grupo de Castroverde, fixemos algúns viaxes e falabamos. Sempre estiveches disposto a falar, a dar a túa opinión...
Nestes dous últimos anos, con eso de que acediches, por fin, a certos aparellos tecnolóxicos, comunicámonos moito polo whatsapp. Intercambio de imaxes que faciamos nos nosos paseos, eu por Fonteo, ti por Peredo. Sobre todo sombras de nos mesmos cos cans. Non sei quen empezóu primeiro. Secadra eran un agoiro da sombra que se tendía como a "Negra Sombra" de Rosalía: unha señardade! Un preludio da túa partida a algures.
Sempre estarás no meu corazón, e cando eu vaia para esa viaxe, seguro que te atoparei para falar do que foi a nosa vida toda dende que nos coñecemos, benquerido amigo!
Olá, Beatriz!
ResponderEliminarUma história muito bonita aqui nos trazes, desta infinita e doce amizade.
São estas verdadeiras e lindas amizades, que perduram no tempo e no espaço, que nos fazem ser muito felizes.
Gostei muito de ler, amiga Beatriz.
Votos de uma excelente semana, com muita saúde.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Moi fermoso, Bea. Encantoume. Aperta.
ResponderEliminarXesús
Un texto de tal beleza que sobra dicir máis. A vida ten en si mesma unha forza e intensidade que dò uns poucos coñecen. Sò os valentes, os afoutados coma Paco Pestana saben o que a vida é. O resto vémola no cine ou nos libros. Parabéns a Pestana por saber vivir!.
ResponderEliminarE a ti, por o texto axeitado.
Aiiii, que linda Bea!
ResponderEliminarQue linda vivencia de amor puro e sincero, que ben.
Grazas por partillar con nós, encantóume.
E, por certo, Paco tiña un trazo na escrita moi fermoso e elegante así como se vía él.
Un bo viaxe para él e, nós seguimos camiñando nesta que temos.
Aperta moi forte e sentida Bea, espero darcha en persoa moi pronto. Biquiños.
Uma Estória/relato/conto, que me deliciou ler.
ResponderEliminar.
Cumprimentos poéticos.
.
Pensamentos e Devaneios Poéticos
.
Bea,
ResponderEliminarAcho lindas as memórias
da gente junto com os nossos.
Sejam amigos ou qualquer
outra coisa.
Amo Lembranças.
Adorei ler e imaginar
quão doces forma os momentos
de Vocês.
Brigadin por compartilhar.
CatiahoAlc./Reflexod'Alma
dos Blogs(atualizados):
https://reflexodalma.blogspot.com/
https://frasesemreflexos.blogspot.com/
Olá, Beatriz.
ResponderEliminarReli uma vez mais este belo texto, que muito me emocionou.
Pela sinceridade pelo carinho, com que relembras esta linda amizade que te une a este teu amigo.
Gostei muito mesmo!
Desejo uma noite tranquila, e feliz quarta feira.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Hay amistades que nunca pueden olvidarse, Beatriz, y con mayor razón, ya que ustedes se comportaban como hermanos. Muy lindos tus recuerdos y esas cartas que son un tesoro para ti seguramente. Un abrazo.
ResponderEliminarQué bonito. Ese guardar las cartas, esos recuerdos de una casi infancia.
ResponderEliminarGracias por compartir. Un abrazo
Tinha visto no Facebook
ResponderEliminarDelícia as cartas trocadas.
Ola Bea. Que fermoso o que dis e como o dis. Que fermosa historia de namoramento e logo amizade, desas que non se esquecen. Sinto moito o seu pasamento. Unha aperta.
ResponderEliminarHá amizades, puras e castas, que perduram uma vida inteira.
ResponderEliminarE é sempre bom lembrar uma amizade como a vossa.
Gostei muito de ler o teu texto.
Continuação de boa semana, querida amiga Beatriz.
Beijo.
Nunca he tenido amigos mi marido que se fue y mi amnte de vasrios años sola hoy jamas voy pa tras solo el futuro de la vida
ResponderEliminarBelíssimo relato de Vida.
ResponderEliminarNostalgia e vivência que só o Amor de (grande) Amor pode tornar maior.
Parabéns.
Beijo
SOL da Esteva
Tus relatos me gustan. Me gustan ante todo por la sinceridad y autenticidad.
ResponderEliminarLa muerte, como un día de esplendoroso sol, no pueden mirarse con los ojos totalmente abiertos, nos deslumbran y aturden y no no dejan ver o contemplar con total nitidez, hay que entornar el mirar...
D.E. P
UMA EQUIPE DINÂMICA NA TAREFA de que você precisa para concluir um projeto ou expandir seus negócios.
ResponderEliminarOferecemos empréstimos para procedimentos simples com um percentual de 2%.
Melhorar suas condições de vida no final do ano, para realizar projetos como:
* Você precisa de um empréstimo pessoal?
* Empréstimo de dinheiro comercial?
* Empréstimo precário Empréstimo rápido e simples?
* Processo de registro rápido?
* Pagamento da conta; e mais.
Contate o Sr. Anderson imediatamente.
Whatsapp: https://wa.link/2f7td1
martinsanderson@outlook.fr
Estaremos sempre presentes quando você precisar de ajuda.
Nosso SUCESSO NO TRABALHO É 100%