www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 5 de outubro de 2015

FROITA MADURA....TODO DOZURA!

Prestoume cambiar de planes culinarios. O menú do día foi improvisado, como a veces acontece. Saín con vento do sul nunha esteñada por ver se atopaba cogumelos. Metémonos polo prado cando xa empezaba a chover forte. Ali, agochadiños, cal paraugas das fadas, había xa bolas de neve, champiñón xigante e fermoso. Algúns abertos de todo e outros mais pechadiños. Apañei estes últimos e funme contenta, seguida sempre de perto pola Noa, que ía empapada de chuvia o mesmo que eu. Xa tiñamos o xantar resolto. Habería que darlle xeito... pensar qué preparar con eles. Xa sei, tomates recheos de champiñóns!!!Así aprobeitarei as cebolas, pementos, tomates..... Non, non, non vou mesturar todo iso. Prefiro a simpleza. Os champiñóns van ben co alliño e tal vez unhos pequenos taquiños de xamón, cayena.... E así, os tomates, unha vez valeirados da súa pulpa, cociñaríaos simplemente nun pouco aceite, engadindo sal e albahaca e logo mesturarlle os champiñóns xa cociñados. Así rechearía as carcasas dos tomates e con un topping de queixo e por riba a súa tapa e ao forno. Foi todo un acerto!
Da gusto ver cánto nos ofrece o outono. As froitas de todas clases con abundante dozura acabarán en marmeladas, compotas, marmelo e pasteis elaborados con elas. Tempo de alquimia e maxia na cociña! Despois, terémolas presentes na mesa o resto do ano e poderemos agasallar cos escedentes a amizades, familia....ou comedores sociais para xente que non ten fogar.
Mágoa ver canta froita se perde nos camiños. Agora veñen as castañas, as noces, as mazáns... todo á xunta. Non dou feito! Os tomates, as cabazas, pementos......É difícil acomodar todo iso de xeito que se conserven e poidamos disfroitalos pouco a pouco o resto do ano.  As frambuesas e moras tiven que ilas conxelando segundo as ía recollendo para logo facer a marmelada toda xunta. Deu bo resultado e así non se me xunta o traballo e podo ir espaciando as conservas que xa ocupan un bo anaco de despensa.... e cando me paro a velas..... penso cómo poderei ir utilizándoas sen darme un atracón!
Molleime con gusto. Non levaba paraugas. Todo é chegar e cambiarse rapidamente. A Noa tiven que secala co secador de pelo e xa lle sirve de ducha. Agora está relaxada no seu refuxio, durmitando esta tarde outonal que nos fai estar agusto dentro da casa ou do neal.
Deixo fotos que fun tomando estes últimos dias e que conforman o engado da miña horta ou da miña aldea.
Mentras non veña mais frío, o outono é mais que levable, case diría que é un pracer voltar a ver a chuvia.
E sobre todo, saborear as primeiras castañas asadas! Mágoa non poder compartir tanto manxar.
Figos cortados para marmelada
Bombón de figo paso
Que o outono das cousas e da nosa vida sexa unha experencia gratificante!!!!!


Bola de neve apañada hoxe
Marmelos do meu marmeleiro
Muller de campo e de romaría

Marmelo elaborado
Mazáns da miña horta
Noa, compañeira de aventuras


Un dos tomates mais grandes

domingo, 13 de setembro de 2015

I LOVE FISTERRA!



 Sempre se volta a Fisterra. Malia a atopala tan cambiada, aínda é recoñecible. O primeiro que salta á vista antes de entrar na Anchóa é a súa forma de muller deitada no mar, cos seus peitos ao aire que amamantan e amainan temporais. Pódese dicir que medróu descomunalmente e saíuse do corsé que a cinguía nos anos setenta. Agora xa se poden ver hoteis que te reciben nada mais poñer pé na recta que dende a serra te conduce ata o lugar mais estreito do Cabo. Sería Marbella ou Torremolinos se non fora polo nordés que sopla frío e pega na pel a fina area dunar. Un longo paseo pola praia da Anchóa, por onde tantos pelegríns transitan a diario, recreándose na fermosura da súa bahía en forma de media lúa e sempre coa insuperable vista das formas montañosas que a fan inconfundible.





Un xantar nun dos seus moitos restaurantes que hai polo porto, acompañada de amizades fisterráns que sobreviviron mais de trinta anos e coas que empecei compartindo unha fanequiña para agora degustar por vez primeira unhos percebes que me souberon a mar fresco.
Un brindis por Fisterra e pola amizade, polos bos momentos, polas lembranzas doutros tempos, por compartir e disfroitar as pequenas cousas....
Logo non podía faltar un paseo pola praia do Rostro. Ainda me enterei agora que se lle chama así pola semellanza que un cantíl ten cun rostro humán. Eu non so vin un rostro alí, senón un corpo enteiro deitado ao longo e coa cabeza ao mar. O vento nordés non deixaba disfroitar de tan esquisito paraxe así que percorremos en coche ata a outra punta onde facía algo mais abrigado.
Pola tardiña, fomos ata a praia de Lires dende onde se ven unhas fermosas postas de sol. Sentadas nun bar que é unha balconada sobre a praia, agardamos ata que se puxese mentras conversabamos con outras amigas que por alí viñeron tamén a disfroitar do momento.
Atrás quedóu esta visita, con moitos mais detalles que aquí non conto pero que fixeron da miña estancia, unha inolvidable incursión no que un día foi algo mais que un destino turístico senón os dous primeiros anos da miña vida profesional.


Presa estou do teu engado,

atrevido e fero mar, Costa da Morte,

que entregas vida a raudales,

que traballas sen descanso

as areas da túa fermosa praia,

duna viva, remanso de paz

que distrae a mente e afasta

os pensamentos inmundos.

Tí, que purificas canto tocas,

que bañas de escuma a ollada

posta en tí, querido mar

daquelas tardes miñas

percurando atardeceres de intensa cor,

encendidas cal lume dos teus templos,

santuarios de adoración ao sol.

Fisterra, destiño meu primeiro,

de xuventude entusiasta e emprendedora,

hoxe volto a ti, tras longo percorrido,

mar, océano do meu sosego,

añorando, deposito en tí a miña confianza

e soños de futuro sagrado.


xoves, 13 de agosto de 2015

POR FIN CHOVÉU!

Mediados de agosto. Comeza o inverno. A chuvia, por fin, lavou todo ao seu paso e deulle de beber ao deserto. As moras saltan á vista e, libres de todo mal, ofrécense relucientes e dulzonas. As cigoñas, que xa se lles chamaba, as nosas, desapareceron dos prados. Emigrarían?
O ambiente cobrou silenzo. Nin coches, nin xente. Todo o mundo agochado dentro. Noa e mais eu collemos os impermeables e saímos nunha escampada. A falla de enerxía relentizaba o noso devagar que non era tan fluído e animado como en días pasados, cando o soliño nos quentaba na morneza das tardes ou das mañanciñas. O percorrido acortouse por mor da lama que se formóu nos camiños.
Silenzo, silenzo e sono. Deixeime caer no sillón co libro de Bertha Von Sutter "Abajo las armas". Libros esquecidos que resucitan para traernos historias pasadas pero que ainda teñen ese poder das questións importantes non resoltas na actualidade, como son os belicismos onde queira que se dean e pola causa que os motive. Un libro en contra das guerras que todos deberiamos coñecer, e digo, TODOS, incluíndo sobre todo a quenes teñen os nosos destiños e as nosas vidas na súa man.
A punto xa de acabalo, éntrame un sono que semella unha sesta aplazada para as sete da tarde. Cando esperto, vexo que a tele está apagada, como sempre o estivo  a estas horas pero, un pouco confundida, penso que estiven vendo a película da noite, coa que sempre acabo con somnolencia.
O día de hoxe é como un marcapáxinas no medio do verán no que se pode ler POR FIN CHOVÉU!

A continuación deixo unha reseña do libro que estou a ler.



Bertha Von Suttner: “¡Abajo a las armas!". Edit. Cátedra, col. Letras Universales. Madrid, 2014


A través de la biografía imaginaria de una mujer de la aristocracia austriaca, afectada en su vida familiar por los conflictos bélicos europeos acaecidos desde 1859 hasta 1871, la autora trasmite un alegato antibelicista, cargado de tintes utópicos y, que en determinados ambientes pudiera ser tachado de antipatriotismo:“La victoria… ¿de qué sirve la victoria a los pobres muertos, a los mutilados, a las viudas, a las madres desoladas?”.  Una postura difícil de mantener para una condesa que vive en un ambiente social machista en la que el honor, el nacionalismo o el militarismo predominan sobre otros valores, sin embargo, se resiste a compartir “la doctrina oficial” de que la guerra es un mal, pero un mal necesario.



domingo, 26 de xullo de 2015

MY NOTTING HILL / O MEU NOTTING HILL

Un encontro casual con este filme espertou en min lembranzas dunha época londinense que deixóu profundas pegadas na miña vida e deu como resultado un fillo do que me sinto orgullosa de ter e unha netiña que agromóu fai apenas oito meses. Foi unha historia de amor, na que, á  semellanza coa película, ten a Beatriz e a Barry como protagonistas e por escenario, ese rincón efervescente e bullicioso como é Portobello Market, en Notting Hill, no que tamén vivimos momentos de enamoramento que, pese as circunstancias actuais, coido que perduróu ata o día de hoxe.
Deixo unha reportaxe fotográfica comentada, a continuación.
Who is leaving Londo without a hat?
Quén se vai de Londres sen un sombreiro?
Portobello Market

I´m hiding behind the van/ Estou detras da furgoneta.
Portobello

This is me, Julia Roberts!!!!
Esta son eu, Julia Roberts!!!!
Crescent Rd. garden

I´m wearing black coat, a present from my love Barry.
Son a do abrigo negro, regalo do meu amor Barry.
Portobello Market

At a party in someone´s home/
Nunha "party" na casa de alguén.
East End of London

With Barry in the back garden of a pub in Portobello. Gerard is taking the photo.
Con Barry, no patio exterior dun pub en Portobello. Gerard fixo a foto.

Me, Julia Roberts!!! being observed by Dave, (Barry´s friend)
Eu, Julia Roberts, observada por Dave, amigo de Barry.
Crescent Rd. (East End of London) 1980

Near the Parlament Houses, like at home!
Perto das Casas do Parlamento. Como na casa!!!

One of the schools I was as assistant teacher. East End of London.
Unha das escolas onde traballei como profesora auxiliar de español.

The other school where I had the same activity.
Outra escola onde facía o mesmo.

What a nice couple we made! Together with Morris.
Vaia parella faciamos. Xunto co Morris.
Crescent Rd. East End of London

The small beer for me. Barry at his best!!!
O corto para min. O mellor de Barry!!!


domingo, 21 de xuño de 2015

CONTOS E LENDAS DA LANZADA

Coñecín a Alba Paz en Menorca esta primavera. Daquela non sabía que éra, entre outras cousas, escritora. Cando voltei, busqueina no Facebook e xa vin o seu historial. Tivo a xentileza de agasallarme con un dos seus libros, CONTOS E LENDAS DA LANZADA, e, a punto de acabalo, sinto que me gustaría voltar a lelo e difundilo para que outra xente poida coñecelo. 
Esta portada é feita por Alba
É un libro de relato curto, que se lee dun tirón, porque has historias non cansan e motivan a seguir avanzando polo libro. Non sei se son inventadas ou se foron recollidas no seu día e ela lles deu o seu toque personal, o que sí, que resultan orixinais, divertidas e moi de actualidade.
Para min, so un que outro defectiño, como o de repetir un conto e empregar unha expresión dun xeito algo repetitivo ao longo das historias. Polo demais, so darlle os meus PARABÉNS, por ter recollido estas lendas, inventado outras e plasmalas nun libro para poder disfroitar un pouco mais da Lanzada, cando nona temos ao noso alcance. 


luns, 15 de xuño de 2015

POR NORUEGA/ IN NORWAY


Cando non se viaxa, podemos recrearnos en viaxes que fixemos. Vistos á distancia, parecen ainda mais emocionantes do que foron no seu momento, ocupados como estabamos en vivilos e disfroitalos así como das sensacións boas ou malas que nos proporcionaron.
Agora que a revivo a través das fotos e das lembranzas, sentada ao ordenador, escaneando fotos, hilbanando recordos.... penso que valeu a pena, que estivo ben, que tivo o seu momento e a súa motivación. Toda viaxe, precisa desa motivación que nos incita a facela, a vivila in situ.
Aquí deixo algúnhas fotos comentadas. Teño outras dunha segunda viaxe a Noruega na que participei activamente no eski de fondo alén de visitar museos como o de Munch en Oslo,a casa onde pasaba veráns, en Asgardstrand, perto a Oslo, e tamén un rápido asomo a Suécia, xusto ao outro lado da fronteira con Noruega.
Gústame que nos cimeterios noruegos so haxa flores naturais.
Todo esto xurdíu hoxe, cando facía o meu paseo diario en versión Nordic Walk ing, pois estiven lendo onte a noite unha información sobre este xeito de camiñar que está gañando adeptos no noso país e que eu veño practicando dende fai mais de dez anos. Ao primeiro sen enterarme, logo descubrindo nos bastóns as palabras Nordic Walking, co monigote amosando o uso dos mesmos. Logo enterándome de que había que andar de certa maneira e así ata facelo dun xeito natural, case non preciso asistir a curso para facelo medianamente ben. Este andar é resultado da práctica que os esquiadores de fondo realizaban todo o ano para estar en forma nas olimpiadas. Alí, ademais, poden ir andando sobre esquís case todo o ano, pero se non houbera neve, seguirían andando igual usando estes bastóns. Trátase dun excelente exercicio que move sesenta músculos, e non un simple apoio para andar, senón exercicio total.
Unha das igrexas mais antigas, de madeira.

No colo dun troll en Bergen

Na entrada tenda souvenirs


A lingua dun glaciar!

No mercado do peixe en Bergen

Na casa museo dun compositor coñecido


A
Dende o fiordo das fervenzas

FOTOS DA SEGUNDA VIAXE, A PRINCIPIOS DO INVERNO E XA CON MOITA NEVE
Polos arredores de Gjovik


Oslo. Pazo Real.

Olimpiadas de sky en Lillehammer

Casa de Aksel en Gjovik

)

luns, 1 de xuño de 2015

EVOCACIÓNS

Na morneza da tarde, cando o sol aloumiña e o vento perde forza, gústame sentarme a ler na horta, rodeada das plantas que medran e das primeiras flores da primavera. Ao meu carón sempre Nóa, agardando un lance para subirse, repentina, ao meu colo e deleitarse cos últimos raios de sol, acompañándome e ofrecéndome a súa melosidade.
Camiñamos de mañá e de tarde por entre balados de xestas florecidas e arrecendentes que penduran no camiño polo peso das súas flores. Gamas de verdes, mais claros, mais escuros, estendese ao longo da nosa camiñada, refrescando a mirada e relaxando a mente. Vivimos nun val dun quilómetro de anchura. As montañas déixanse ver en perspectiva, sen agobiar, sen invadirnos, a ámbolos  lados do val. Apenas queda con quen cruzar a palabra pero ainda é posible. Pregúntome por qué a xente non ven aquí a sentir, a relaxarse, a pasear, a vivir a natureza, a admirar o próximo. Por qué a xente busca lugares afastados, considerados exóticos ou agobiantes cidades, viaxes incómodas, prezos descarados e experencias inéditas.
Cando camiño, véñenme á memoria historias de antes, de outros tempos, cando era unha rapaza e vivía cos meus pais na taberna. Sobre todo no inverno, cando a vecindade acudía para xogar ás cartas e contar contos ao redor da lareira, transformada xa en cociña económica con mesa arredor. Acostumaban ser de lobos, de aparecidos de cousas inexplicables. Algunhas tiñan acontecido de verdade como a de ser acompañados por lobos dende unha aldea a outra cando pola noite viñan de ver algúnha moza, ou de festas que tiñan lugar noutras vilas. Meu pai contaba moito a do can grandísimo que se lles apareceu atrancando o camiño por onde él a mais outro tiñan que pasar. Contaba que era grande como un xato e con ollos tamén moi grandes, que non era un can pero parecíao. O seu compañeiro tentara tirarlle unhas pedras pero o meu pai non lle deixou porque aquelo non era cousa normal e quén sabe o qué podía pasarlles. Ao final conseguiron afastarse daquela criatura sen ser perxudicados.  Outra vez, viña meu pai dunha aldea, de volta á súa casa e foi acompañado por un gato blanco que aparecía no pico da parede sempre que houbese parede e onde nona había, non aparecía o gato... Cousas así.... e moitas outras que ainda daban mais medo e que logo non se trataba de ánimas que requerían algo dos vivos senón de simples cousas normais como unha lucérnaga movida polo vento que emitía luz unhas veces e outras non..... Todo aquelo fascinábame de tal xeito que non me atrevía a subir soa ao cuarto, porque, entre outras cousas ainda non había luz eléctrica e tiñamos que ir cun candíl, vela ou linterna. Despois fun perdendo o medo a pasar por xunto ao cemiterio, e agora vou alí adecote, pero lémbrome cómo, vivindo miña prima a medio camiño dél e eu tamén, quedaba o cimiterio no medio, ela acompañábame ata pasalo e logo eu a ela para ir de volta e así interminablemente ata que non sei cómo saliamos daquél atasco.
Todo eso me acomete mentras camiño coa Nóa por estes sendeiros da miña aldea e penso que vivimos nun paraíso e que se pode ser feliz aquí como en calqueira outro paraíso que vaiamos percurar mais lonxe. E valoro o que temos porque ademais é fonte de vivencias pasadas, de terme criado aquí onde nacín e onde me gustaría morrer e que me enterren no cemiterio no nicho dos meus pais e que me poñan o vestido que mais me gustóu en toda a miña existencia e que gardo ben gardado para esa ocasión. E que saiban escribir o  epitafio que me defina a carón da miña foto mais siñificativa. A morte pode sorprendernos en calqueira momento porque é o mais seguro que temos na vida. Mentras, nada impide vivir e disfroitar da vida que cada día se nos ofrece para vivila con interés, con agradecimento e con contento.
E para rematar, teño que falar dos amorodos que recollo cada día antes de que se me adianten os compañeiros de horta que antes só comían as mais maduriñas pero agora, como ven que as recollo verdes, tamén lles valen esas e ao final véxome apurada para poder catar un amorodo.
Así é a vida, así as cousas da horta, así decorre o tempo mentras vivimos.

venres, 15 de maio de 2015

A MALLA

Pensando, nas miñas camiñadas diarias, vénseme á memoria o tempo da malla. Un gran traballo, exemplo de organización e de distribución de tareas.
Era o mes de agosto e o ruxir da primeira malladora na aldea era motivo de ledicia, de festexo, de adivirtimento.
A xente preparaba as airas, os tegos, as huchas da grá, os angazos e tódolos trebellos que se ían utilizar, ademais de por as cacholas a remollo e buscar cociñeira.


Cada ún xa sabía cál era a súa función: unhos farían os palleiros, outros carretarían a palla ao palleiro, as espalladoras recollerían a palla que bomitaba a máquina a grandes bocanadas acompañado cun ruído forte de liberación e elas espallábana no aire para colocala na corda dos carretadores. Logo había os da meda, os que desataban mollos e os que os daban á máquina. O que os metía nela tamén tiña que saber porque a palla tiña que ir un pouco espelida e o mollo ben desfeito, correndo o risco de meter as mans mais adentro do debido. Outros angazaban e con rodos ían xuntando o grao e varrendo o tendal con basoiras de xesta. Paralelamente podía limparse o grao na mesma función da malla coa máquina limpadora e para eso había outra xente que daba ao veo, traballo moi cansado, outros armando a grá nos tegos debaixo da máquina, outros armando os sacos e logo os que libraban os cuaños que era a cáscara do trigo ou centeo cos peliños da espiga que se pegaban a todo, mesmo ao corpo da xente e picaban e molestaban a mais non poder. A min parecíame neve porque ía deixando todo o chan e o que había arredor, de cor blanca e mol como folerpas recen caídas.
Mentras, o palleiro gañaba altura e forma. Os de abaixo coidaban a forma, a estética, dándolle forma de casiña de palla e remataba en pico, coroado sempre co ramo de flores e millo para honra de quen o fixo e do dono que o disfroitará, dando por rematada a colleita do tan preciado froito.
Logo viña a  comida que obrigatoriamente se ofrecía en cada casa, nunhas mais completa e noutras menos dependendo da hora. O típico era a cachola ou lacón acompañado de garbanzos, repolo, cachelos e ben regado co viño da bota que ía pasando duns a outros sen pausa.
Tamén a comida foi cambiando ao longo do tempo e ademais do consabido porco tamén se comía bacallao, repolada, xudías en salsa de tomate, coello, polo....sen faltar o café de pota e a boa augardente.


Gardo un recordo ben preciado daquela relación traballo-devirtimento que desapareceu ao viren máquinas mais sofisticadas que o fan todo nun santiamén e sen necesidade de xente. Hoxe, sen ir mais lonxe, fiquei pasmada, ollando as máquinas de colleitar a herba verde para ensilar. Unha que tragaba a herba xa cortada e que a vomitaba por unha especie de tubería que ía caer no tractor equipado cun remolque tanque ata reverter. Todo eso feito por dúas persoas, mentras que antes, o proceso de recoller a herba seca, que non verde, era tamén outra estampa ben diferente e na que traballamos toda a xente da casa mais algún veciño que axudaba.
Hoxe, no Facebook, un rapaz de Triacastela, contaba que na súa aldea sachan as patacas de todos entre todos. Pensei que eso pasara a historia pero, non. Ainda é posible esa clase de colaboracionismo e interación entre a vecindade. Sería bo recuperar ese tipo de traballos alí onde ainda quede xente capaz de facelos. Porque a despoboación das aldeas e o envellecimento, acabóu con todo o bo que tiñamos.
Por non culpar de cheo a agricultura extensiva do capitalismo individualista que é o que transforma o rural en algo industrializado e con intereses económicos de producción maxiva atropellando todo, a terra mesma, por non dicir os vermes e todo o que se mova baixo dela.


domingo, 3 de maio de 2015

DIA DA NAI

Unha nai, tivemos todos, pero unha que nos durase ao longo da nosa vida, que estivera nos bos e nos malos momentos, que nos quixera, que nos trasmitira uns principios e uns coñecementos básicos para un bo vivir, non todos tiveron, ou non teñen a sorte de poder contar con ela.


iña nai, que te fuches
anque te soñaba eterna.
deixáchesme un legado
ademais dun gran valeiro.
O que ti me ensinaches
cal tesouro, gardeino
e aflora nos momentos
nos que a vida me proba.A tua creatividade,
a confianza e a maña,
O teu sentir positivo,
o nunca estar cansada,
sempre disposta a todo,
nada que non poideras,
a fe que te guiaba,
todo eso e moito mais
agora me acompaña.
Herdei a tua casa,
a túa Sigma ben coidada,
a cociña e o cociñar,
e a horta sementada.
E mesmo a tua alcoba,
no mellor sitio da casa.
Son a tua continuidade
o teu remanecer na terra,
a tua memoria que pervive,
no lugar da tua historia,
onde a esencia permanece
sempre por min velada.
Miña nai, que en vida,
non souben dicirche tanto
porque so cando te fuches
sei atopar as palabras,
ainda que nono din todo
resumo nun epitafio:
"Traballadora no campo,
 fermosa na romería!



domingo, 19 de abril de 2015

A TRIP TO MENORCA / VIAXE A MENORCA


Arenal d´el Castell 

Na cala de Arenal d`el Castell
A vista de páxaro, Menorca semella ter forma de faba de lourenzá ou de ril do Mediterráneo. Con algo mais de 700 kms. cadrados, distancia de Ciutadella a Mahón de uns 50 kms e un ancho de apenas 16 faise unha illa moi doada de percorrer. A súa altura máxima de 361 m. no Monte Toro dende onde se pode ver toda a illa, con barrancos que dan a impresión dun sistema montañoso invertido, e polo demais chá a mais non poder, con pequeniñas ondulacións, toda cuberta de verde de olivo silvestre e prado verde. Sen ríos pero con pozos e con orballo nocturno, vaise mantendo verde case como Galicia.
Moita lenda, moita xente que por alí pasóu en invasións desastrosas sobre todo a dos turcos que arrasaron canto de bó había na illa. Saqueada por piratas como Barba Roja, sometida a ingleses, franceses, alternativamente, á árabes, romanos, fenicios anteriormente, é o resultado de todo eso. O que mais me chama a atención a cantidade de construccións megalíticas chamadas "talaiots" ou "taulas", sendo esta illa un verdadeiro arsenal delas con duas por cada km. cadrado, de tal xeito que están propostas a candidatas Patrimonio da Humanidade para o proximo ano 2016.
Praia Arenal d´el Castell
Un talaiot ou taula


Casa señorial en Ciutadella

O noso enclave foi na costa norde da illa, na cala chamada Arenal d´en Castell, unha cala en forma de ferradura, con urbanizacións turísticas e dous grandes hoteis, nun dos cales nos aloxamos, a pé de praia. Duas cidades importantes como Ciutadella, histórica, aristocrática e con moita monumentalidade, foi a que mais me gustóu das dúas. A outra, Mahón, co seu porto de 5 kms, que percorre un ferri turístico amosando os puntos mais estratéxicos e de carácter defensivo que os ingleses foron construíndo para defenderse dos invasores. Deles se hereda a cor verde das contraventás nas casiñas da vila, pois foran pintadas coa pintura que lles sobraba de logo pintar os barcos de verde para camuflaxe. Unha bebida típica desta cidade é a "pomada" ( mestura de xenebra autóctona con limonada) e que en Ciutadella recibe un nome distinto, tal é así que de pedir "pomada" neste último lugar, pode siñificar que te manden á farmacia!!! ( Anécdota do noso guía, por certo, flamenco de Flandes).
En Binibequer
Un lugar único por varias razóns é o poblado mariñeiro de Binibéquer, na costa sureste da illa. Alí, as casiñas son brancas por todos lados, incluído o tellado.
Parece unha vila de conto pero con casiñas de merengue en vez de chocolate. Están moi xuntas e o entramado de ruas son como pasadizos dun laberinto. Nese lugar fabrícanse xelados elaborados artesanalmente e son únicos. Eu degustei ún é foi un gosto superior nunca experimentado con xelado!
O prefixo "Bini" de tantas vilas desta costa ven do árabe e siñifica "fillo de", como lugar de pertenza a unha certa familia, engadindo logo o resto do nome de familia.
A illa está rodeada de innumerables calas de todas as formas posibles e as súas augas son de azul turquesa. Esto é pola vexetación marina que tan beneficiosa é para as praias, para a rexeneración das mesmas, de tal xeito que nona extraen, nona limpan porque ten a sua razón de ser alí.
A xente é amable, aberta e simpatiza co visitante. Falan menorquín, con variantes do catalán e estranxeirismos adquiridos dos pobos que por alí pasaron. Así teñen palabras tomadas do inglés, do francés, do árabe....
Cova disco
Moi ricos en lendas que veñen a explicar calquer acontecimento. Visitamos unhas covas no acantilado da costa sur, que son, actualmente, unha discoteca con balconciños sobre o acantilado. Alí se refuxiou un turco que secuestrou unha moza moi fermosa e coa que tivo descendencia. So se puido dar co seu paradeiro unha vez que nevou en Menorca e seguiron as suas pegadas ata a cova. Rescataron a moza e os fillos, e él tirouse ao mar dende o alto do acantilado.
En canto á gastronomía, en Menorca fabrícase un queixo moi rico, ainda que eu nono probei. Tamén é famosa a súa xenebra e a típica "caldereta de bogavante" que se degusta nos restaurantes de Fornells, tamén vila de pescadores na costa Norte e perto do hotel no que nos aloxamos.
Outro producto da illa é o calzado, as "abarcas" menorquinas. Hai unha fábrica  especializada en todo tipo de calzado e outros items de pel.
Polo demais, a estancia alí resultóume moi agradable, con boa dosis de divertimento, sobre todo no baile que se organiza cada noite, nas actividades de tempo libre como camiñatas, xinasia de mantemento, clases de baile, xogos....E ainda que para eles non se empezou a temporada alta, e non teñen as instalacións preparadas ao cen por cen, como piscinas e outras atraccións, o clima xa nono permitía porque non facía calor e o vento frío do norde, tramontana, non deixóu apenas de soplar todo o tempo.
Ahí queda esa lembranza dunha illa rica en pedras que se colocaron armoniosamente, seguindo un único patrón, facendo paredes que cerran as fincas, como se facía en Galicia, sen usar mortero, e que ao seren pedra caliza, e non volcánica, como parece a primeira vista, a erosión por ventos foinas deixando cunha superficie moi irregular e áspera, con moitos poros e buratos que fai que se manteñan unidas sen necesidade de usar cemento ou barro.
Silencio, natureza, pouca poboación. Camiños de cabaleiría que percorren os litorais da illa de vila a vila, fana andable a pe de costa pero os coches teñen que entrar e sair para acceder ás calas.
Unha illa para curarse do estrés e vivir ao son da natureza, sen presa pero sen pausa.









sábado, 4 de abril de 2015

TO MÍNIA

When you smile
I see a shiny star
brightening my dark
If angels do exist
you must be one
that has been sent
to give our life sound
I love to hold you
close on my lap
and sing you songs
from an old long time
You nice precious girl
always in our mind
longing to see you
and give you my time