Unha nai, tivemos todos, pero unha que nos durase ao longo da nosa vida, que estivera nos bos e nos malos momentos, que nos quixera, que nos trasmitira uns principios e uns coñecementos básicos para un bo vivir, non todos tiveron, ou non teñen a sorte de poder contar con ela.
iña nai, que te fuches
anque te soñaba eterna.
deixáchesme un legado
ademais dun gran valeiro.
O que ti me ensinaches
cal tesouro, gardeino
e aflora nos momentos
nos que a vida me proba.A tua creatividade,
a confianza e a maña,
O teu sentir positivo,
o nunca estar cansada,
sempre disposta a todo,
nada que non poideras,
a fe que te guiaba,
todo eso e moito mais
agora me acompaña.
Herdei a tua casa,
a túa Sigma ben coidada,
a cociña e o cociñar,
e a horta sementada.
E mesmo a tua alcoba,
no mellor sitio da casa.
Son a tua continuidade
o teu remanecer na terra,
a tua memoria que pervive,
no lugar da tua historia,
onde a esencia permanece
sempre por min velada.
Miña nai, que en vida,
non souben dicirche tanto
porque so cando te fuches
sei atopar as palabras,
ainda que nono din todo
resumo nun epitafio:
"Traballadora no campo,
fermosa na romería!
¡¡¡Aí Bea!!! Que fermoso poema compuxeches para a túa naiciña, cantas frases bonitas nesas lembranzas vividas. Ter unha boa nai, e ter unha xoia, amiga, e verdade que cando nos falta valoramos moito a súa valía. E sobre todo, dámonos mais conta , cando nos somos nais.
ResponderEliminarSon un versos mais que bonitos, son exquisitos, gustáronme moito, dáseche moi ben tes que facer máis.
Foi un pracer pasar por a túa casiña o caso-na porque e grande, casiña e así de cariño. Gracias por compartir a túa lembranza con esa linda poesía.
Déixoche unha aperta agarimosa e moitos biquiños. Cóidate moito.
E se moi moi feliz.
Querida amiga
ResponderEliminarMãe é o amor
feito vida.
Tradução perfeita
do amor que desejamos,
que mesmo na ausência
permanece infinito
nas lembranças...
___________________________________
Gostaria de convidá-la a visitar o meu outro blog
www.semvoceeunaoseria.blogspot.com.br
Nele estou publicando textos inspirados em músicas.
Projeto de um livro para acordar sentimentos.
Se puder, escute a música, leia o poema
e deixe sua valiosa opinião.
Amigos sabem ler nossas entrelinhas,
e muitas vezes nos veem melhor do que
realmente somos.
Aluísio Cavalcante Jr.
Coma ya te comente, esta foto sois dos doncellas que nunca se olivan.
ResponderEliminarBesos.