www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 13 de setembro de 2015

I LOVE FISTERRA!



 Sempre se volta a Fisterra. Malia a atopala tan cambiada, aínda é recoñecible. O primeiro que salta á vista antes de entrar na Anchóa é a súa forma de muller deitada no mar, cos seus peitos ao aire que amamantan e amainan temporais. Pódese dicir que medróu descomunalmente e saíuse do corsé que a cinguía nos anos setenta. Agora xa se poden ver hoteis que te reciben nada mais poñer pé na recta que dende a serra te conduce ata o lugar mais estreito do Cabo. Sería Marbella ou Torremolinos se non fora polo nordés que sopla frío e pega na pel a fina area dunar. Un longo paseo pola praia da Anchóa, por onde tantos pelegríns transitan a diario, recreándose na fermosura da súa bahía en forma de media lúa e sempre coa insuperable vista das formas montañosas que a fan inconfundible.





Un xantar nun dos seus moitos restaurantes que hai polo porto, acompañada de amizades fisterráns que sobreviviron mais de trinta anos e coas que empecei compartindo unha fanequiña para agora degustar por vez primeira unhos percebes que me souberon a mar fresco.
Un brindis por Fisterra e pola amizade, polos bos momentos, polas lembranzas doutros tempos, por compartir e disfroitar as pequenas cousas....
Logo non podía faltar un paseo pola praia do Rostro. Ainda me enterei agora que se lle chama así pola semellanza que un cantíl ten cun rostro humán. Eu non so vin un rostro alí, senón un corpo enteiro deitado ao longo e coa cabeza ao mar. O vento nordés non deixaba disfroitar de tan esquisito paraxe así que percorremos en coche ata a outra punta onde facía algo mais abrigado.
Pola tardiña, fomos ata a praia de Lires dende onde se ven unhas fermosas postas de sol. Sentadas nun bar que é unha balconada sobre a praia, agardamos ata que se puxese mentras conversabamos con outras amigas que por alí viñeron tamén a disfroitar do momento.
Atrás quedóu esta visita, con moitos mais detalles que aquí non conto pero que fixeron da miña estancia, unha inolvidable incursión no que un día foi algo mais que un destino turístico senón os dous primeiros anos da miña vida profesional.


Presa estou do teu engado,

atrevido e fero mar, Costa da Morte,

que entregas vida a raudales,

que traballas sen descanso

as areas da túa fermosa praia,

duna viva, remanso de paz

que distrae a mente e afasta

os pensamentos inmundos.

Tí, que purificas canto tocas,

que bañas de escuma a ollada

posta en tí, querido mar

daquelas tardes miñas

percurando atardeceres de intensa cor,

encendidas cal lume dos teus templos,

santuarios de adoración ao sol.

Fisterra, destiño meu primeiro,

de xuventude entusiasta e emprendedora,

hoxe volto a ti, tras longo percorrido,

mar, océano do meu sosego,

añorando, deposito en tí a miña confianza

e soños de futuro sagrado.


9 comentarios:

  1. ¡Aí querida Bea!!!

    Que deleite ler este posta que nos deixas, vaia excursión bonita, felicidades.
    Está visto que tal como describes ese lugar, ten que ser unha preciosidade, alégrame que fixeras ese percorrido, para contarnos a experiencia vivida por eses lares que eu, e tantos outros non coñecemos, polo tanto xa me dou unha idea da súa beleza incomparable. Estás moi guapa nas fotos, pero máis estás en persoa.

    A poesía que nos deixa e moi bonita adicada a ese mar respectuoso, mais querido o mesmo tempo.

    Nin Marbella nin nada aí que semelle a nosa terra, pero cada unha ten o seu mérito... máis Galicia e única.
    Estiven aí moitos anos na Coruña no Faro, pero xa pasou moito tempo e agora supoño estará todo cambiado.

    Ben amiga, so me queda felicitarte por tan lindo reportaxe- por as túas letras que teñen moito encanto.

    Un abrazo, a miña gratitude, miña estima sempre.
    Se moi feliz.

    ResponderEliminar
  2. Olá Bea!
    Estou aqui através do convite de sua amiga Marina.
    Muito lindo seu blog e poesia.
    Bjs com carinho.
    Carmen Lúcia-(Brasil).

    ResponderEliminar
  3. Olá Bea!
    Vim até você pela indicação de sua amiga Marina.
    Belo blog, repleto de encantos! Voltarei mais vezes.
    Beijos.

    ResponderEliminar
  4. Vim, atrás de um convite da amiga Marina. E não me arrependi, pois através do seu texto viajei por um local até hoje desconhecido parta mim.
    Vou levar o link para não a perder de vista.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  5. Hola, querida Bea!

    No estou aqui, por acaso, pke no conhecia, ainda, tu maravilhoso espaço, pero Marina, aquela amiga e mujer generosa, me indicou o link de tu blog.

    Li, com mucha atenção, todo .lo k escreveste e pienso que hablas de Finisterra, Referes outros nombres, pero no sei se são cidades ou no. Praias, hablas, con corazon de algunas, k no conheço, pero tu entusiasmo, me faz estar también sentindo tus emoções.

    Recordas tu juventude, tus passeios y tus amizades. É normal e natural, pero te digo k cada estação, cada etapa de nuestras vidas tem su encanto próprio. Tu, k tens un poquito mas k 20 anos, estás guapíssima, fresca e con una sorrisa maravilhosa.

    Li lo poema, muy hermoso, k dedicaste ao mar e a todos esses momentos inesquecíveis. Adorei y no pares de escrever y recordar.

    Soy Portuguesa, de Lisboa e tengo un blog de poesia sensual. Caso no entendas muy bién, lo k escrevo, existe un tradutor no blog, à direita.

    Uma noche muy feliz.

    Besos e abrazos, con mucha amizade.

    ResponderEliminar
  6. Mariana Filgueira, que sabe que disfruto con la poesía escrita en gallego por Rosalía de Castro, me ha indicado la existencia de este blog redactado en lengua gallega. La verdad, he disfrutado mucho con la lectura y a pesar de que mis nocimientos son mínimos, en esta ocasión he entendido el cien por cien del texto. Supongo que no siempre habrá de ser así.

    La verdad es que entiendo pero no escribo gallego. Si me aceptas como lectora, habrá de ser con esa condición pero también entenderé si quieres que este blog sea un espacio en el que solo se hable en gallego.

    Veo que has escrito el retorno a un lugar que para tí fue muy importante, tanto que todos los recuerdos se abrieron para llenarte el corazón de amor y de felicidad. Ya es raro que, a pesar del tiempo, el lugar añorado no haya sido destruido por los cambios que los hombres vamos introduciendo. La verdad es que las puestas de sol, el mar y los montes no podemos alterarlos tan fácilmente. Encantador relato.

    Saludos cordiales. Franziska

    ResponderEliminar
  7. Gracias por tu visita a mi blog "La tortuga de dos cabezas" y por tus amables comentarios. Con tu permiso, voy a copiar el link y de este modo, en cuanto publiques, podré acudir a leerte en gallego: será un placer.

    No tengo costumbre de responder en el blog a los comentarios que recibo pero aprovecho y lo hago en el tuyo. Perdona que mezcle los temas.

    Alguien tiene que ocuparse de las mujeres porque los hombres, de cualquier campo de la actividad humana, ya están sobradamente reconocidos ¿no es verdad? Las mujeres estamos saliendo del "armario de la ignorancia", éramos invisibles: salvo las estrellas de cine o de la televisión y poco más. Ahora se nos encuentra en todas partes: cirujanas, médicos, profesoras, doctoras en ciencia y tecnología, en el mundo del arte, en la literatura, en la política. Esto es imparable. Yo solo quiero poner mi granito de arena. Fue la valentía de mi madre lo que me hizo fuerte y por lo que aprendí a valorar lo mucho que valemos las mujeres.

    De todos modos, en ese espacio de la tortuga, mezclo mucho los temas.

    Un abrazo. Franziska

    ResponderEliminar
  8. Boa tarde, linda felicidade que revela por aqui.
    AG

    ResponderEliminar
  9. Hola, querida Bea!

    Como estás? Eu, bién, graças a Dios.

    Passando por tu blog para mirar si haveria nuevo escrito, pero eu aguardarei, calmamente.

    Tanbién, no consigo publicar todas las semanas, por falta de tiempo y porque tengo vários comentadores k só têm o fim de semana para comentar.

    Boa semana.

    Besos, com carino.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.