www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 19 de marzo de 2022

BACALAU CON FIGOS

 



Con figos de Turquía,

bacalau de Noruega

e fariña de Ucraína

fixen de miña cociña

un sitio internacional.

Todos temos algo bó

que partillar cos demais.

Aquí deixo a empanada,

cunha estrela decorada.

Un símbolo pola PAZ.


Dezanove de marzo, día de San Xosé. Antes, celebrabamos esta festividade, como Día do Pai tamén, andado o tempo. Eu so celebro estar viva, estar ben e gustaríame que todo o mundo estivera ben.

A empanada nona fixen por ser un día "especial". Nin seguera me decatara diso. Fíxena porque quería usar uns figos pasos que mercara polo nadal e, antes de que se puxeran duros, pensei en substituir as uvas pasas polos figos nunha empanada de bacalau. 

De todos os xeitos, eu son algo dada a experimentar e romper tendencias, ata na cociña. Venme de miña nai. Ela non facía os vestidos ollando os "figuríns", se non que creaba os seus propios modelos. O mesmo aplicaba á cociña. Decoraba as doces sempre de diferente maneira e gustáballe moito a presentación dos pratos. Por aquilo de que se come cos ollos.

Eu fun deixando caer, distraidamente esta aprendizaxe e velaquí cómo xorde andando os anos.

Empezarei por comer as patas da estrela, non vaia a ser que a combinación figos-bacalau non faga bo maridaxe. Acompañada dunha cervexa artesán, xa me estou vendo "celebrar". Mágoa que a convidada  me fallara! Outra vez será!


16 comentarios:

  1. Olá Beatriz,
    Uma ótima sugestão para o almoço. E eu que adoro bacalhau!

    Excelente partilha aqui nos deixas.

    Votos de um excelente fim de semana, com muita saúde!

    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Pois seguro que estará boísima, eu con uvas pasas teño probado, con figos nunca escoitara mais, a idea e bo facer teu paréceme moi ben, eu tamén son de probar diferentes cousas, discurrir por min mesma, que non todo sexa por costumes e tópicos.
    Referente aos distintos sitios dos condimentos: así deberíamos facer sempre en todo, como ben fixeche coa empanada, que as diferencias sexan para unir e facer máis fortes, cultos e coñecedores dos diversos distintos e, nunca para loitar e desunir, sempre paz e armonía.
    Grazas, Bea. Pola túa aportación, experiencias e sabedoría.
    Moi bo día de vida, en iso tamén nos parecemos, eu o que sempre celebro é estar viva!!!

    ResponderEliminar
  3. Que interesante en realidad el higo me gusta fresco
    no seco por la cantidad de semillas que tiene
    Me gustan tus recetas son unicas chica linda abrazo

    ResponderEliminar
  4. Hola Beatriz, que linda entrada esta que nos dejas con la onomástica de San José y la reseña internacional de esa empanada ecléctica, cuyo fin primordial es poner de manifiesto que los seres humanos, somos del mundo y no podemos poner barreras a los demás o romper su identidad, antes bien nos hemos de amoldar y solidariamente dar de nuestro acervo, lo mejor, para en base a ello integrar…y todo nos conduzca a la PAZ.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  5. As Lerias teñen sabor, saben a moitas cousas, a montaña e liberdade, a empanada tamén

    ResponderEliminar
  6. Si falló el invitado, pues a más que tocaríais. Tiene una pinta estupenda.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  7. He leído tus dos últimas entradas y te felicito.

    Hasta el punto de que si te falla el invitado no dejes de avisarme. Bacalao, higos, mmm... ¡Qué bien suenan esas palabras!

    ResponderEliminar
  8. Ola Bea!

    Que pintaza ten. A combinación doce/salgada de figos e bacalau parece que casa ben. Ti xa darías conta dela, así que xa contarás.

    A creatividade e a improvisación está moi ben para aplicar a tódolos ámbitos da vida. Eu tamén o facía na cociña (agora menos) e fáigoo na repostería.

    Un bico,
    Iria

    ResponderEliminar
  9. Me chama pra esse bacalhau, vai!
    Saudades da amiga. Beijos e beijos,
    muitos.

    ResponderEliminar
  10. Olá, Beatriz,
    Passando por aqui, petiscando este delicioso bacalhau, rsss, e desejar uma excelente semana!

    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  11. Gosto muito de figos e de bacalhau, Bea! Quem me dera estar perto o suficiente para ser convidado! Que ficou bonito, ficou! ;) Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  12. Hice la receta siguiendo los pasos Me salió rica...Mi pregunta: ¿que pasa para la próxima, si cambios los higos por duraznos?

    ResponderEliminar
  13. Me provoca ese pastel al horno, estimada Beatriz, debe de estar riquísimo. Muy bonito el poema también. Me gustó. Recibe mi abrazo afectuoso.

    ResponderEliminar
  14. Olá, Beatriz, eu adoro doce e salgado juntos, da próxima vez que fizer bacalhau, colocarei figos e lembrarei de você!
    Maravilhosa receita!
    Beijinho, uma boa semana.

    ResponderEliminar
  15. Nunca había comido una empanada tan poética e interesante, pero en las cocinas donde se respira arte, suelen darnos estas agradables y ricas sorpresas.
    Y digo ricas pues, si a mí me gusta el bacalao y también los higos ¿Por qué no gustarme los higos con bacalao arropados en una rica masa?
    Aunque es muy tarde y debería estar dormida, aprovecho para enviarte un fuerte abrazo.
    He visto la empanada de mi tierra y no he podido remediar la tentación de comentarte.
    Más cariños.
    Kasioles

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.