www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 25 de xaneiro de 2022

BAILAR PEGADOS

 





Bailar pegados ou non é unha opción ou non. A veces, acontece que non tes a quén pegarte!
Pero bailar contigo, sen outros, está sempre "a  man".
O meu día componse de moitos momentos que eu vou deseñando seguindo, case sempre, o que o corpo me pida ou as obrigas me impoñen, dalgunha maneira. Son os "deberes" de mantemento, que van dende xestións de todo tipo, tarefas de confort, como ter o leñeiro cheo de leña para o inverno, a poda das árbores e plantas no seu tempo, a plantación da horta, cortar a herba... e preparar comidas, roupas, limpeza... pero tamén temos que atender a aquelas obrigas que son chamadas de "lecer", de coidado do noso estado físico e psicolóxico e que moitas veces, por perguiza, desantendemos ou adiamos, acabando por non cumplilas, a maioría delas. 
Pois ben, eu recomendo ter un tempo para cada cousa, incluso un horario, e comprometerse con él.
Nestas xélidas mañás, nas que os motores están fríos e case o corpo parece que se conxelóu, despois dun almorzo saudable, poño en marcha a  miña rutina de exercicios que aprendín cun excelente monitor de xinasia, cando era posible ir facer esa actividade no entorno da piscina de inverno, con sauna e demais... Non esquecín ningún dos exercicios de quentamento, empezando polos pés, acabando pola cabeza, percorrendo todos os músculos do corpo ata que notas que o sangue flue e quenta e entras nun estado de benestar que xa che permite facer outro tipo de cousas, como sentarse a escribir aquí, mentres os garbanzos cocen na ola exprés e podes despreocuparte dun xantar complicado.
Outra das cousas que fago é bailar, sobre todo despois de cear, sobre as oito do serán. Poño a radio na emisora de As Nogais e ahí  teño música de todo tipo: bachatas, cumbias, merengue, rumbas, reguetón...
Deixo que o corpo flua, se exprese, e ao tempo que sigo o ritmo, movo todo o corpo, brazos, mans, cadeira, pernas... Ven sendo outra xinasia, que ademais, lémbrame a do monitor que citei xa que sempre a faciamos con música e, as veces, iniciábanos a bailes latinos.
Tamén fago uns exercicios con pesas (botellas de area, no meu caso) duas veces por semana e noto que os músculos van tonificándose e sentíndo mais forza en pernas e brazos.
Por suposto que non descuido a alimentación! É fundamental combinala co exercicio físico e tamén co mental. Despois do meu cafeciño con bombón ao final do almorzo, sempre me relaxo lendo un bo libro. Neste  intre estou lendo Sexus, de Henry Miller. Mágoa que o libro non está en inglés porque aprendería un montón de nomes para certos órganos, :-))
E deixo aquí a Sergio Dalma con "Bailar pegados", que é a miña asinatura pendente porque non hay mellor terapia que bailar pegado á persoa axeitada, á persoa pola que tes sentimentos doces.
Asegúrovos que despois de bailar, síntome nova, con moito ánimo, contenta, FELIZ.

Esquecín dicir que practico marcha nórdica duas veces ao día!






20 comentarios:

  1. Bos días Bea ☀️ Dáme certa envexa sana as persoas coma ti, xa que eu non son nada metódica no meu día a día, agás para o traballo, polo que normalmente non teño moitas rutinas prestablecidas.

    Ti non paras! Non me estraña a vitalidade que tes e a forma na que estás.

    Por certo, Sergio Dalma era o meu amor platónico da infancia, e esa canción seima de pe a pa, mais o de bailar pegados tampouco o practico. Os bailes de salón gústanme pero cústame deixarme levar e seguir pasos. Nembargantes o de bailar sola fágoo de vez en cando, espontáneamente, pero non o teño como rutina. O meu e o estilo libre 😂 e si que senta ben. Un saúdo,

    Iria

    ResponderEliminar
  2. Olá, Beatriz.
    A dança, nos seus vários estilos, na sua esmagadora maioria, é dançada a dois. E há naturalmente muitos, que são para dança coladinhos,na sua própria sensualidade...

    Gostei muito desta tua postagem.

    Votos de uma excelente semana, com muita saúde.

    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  3. Música deliciosa para escuchar. Me gusta bailar cerca. También salgo a caminar y tengo cuidado con lo que como. Se requiere una vida saludable...
    .
    Buena semana… Saludos cordiales.
    .
    Pensamientos poéticos y ensoñaciones

    ResponderEliminar
  4. Si algo me gusta moito é bailar, tanto tén o que sexa.
    Falar de Sergio Dalma, para min é falar dunha época, coñecino a raíz precisamente de canto tanto soaba porque nos ía representar na Eurovisión. E pescudando descubrimos que xa tiña Galiléa e outras...
    Eu era unha mociña, bailei moito coas cancións de Sergio, con moita xente incluído o meu ex marido, que lle gusta moito, e tamén lle gusta cantar no karaoke e, cando íamos sempre me cantaba: (Ave Lucía) tamén de Sergio, fermosísima canción.
    Sempre dixen que para min, as mellores terapia son: camiñar, rir, bailar, ler e escribir.
    Grazas, Bea, por compartir as túas vivencias con nós☺️🌹

    ResponderEliminar
  5. Segue así de metódica e chegarás ós cen anos e en forma. Herencia non che falta. Parabéns! N.

    ResponderEliminar
  6. Tu manera de acometer el día me parece inteligente y saludable. Por esos ratitos de paz, que como un baile, nos acarician.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  7. Mens sana in coropore sano.
    Boa filosofia de vida.
    Bjs

    ResponderEliminar
  8. Mente sã precisa de corpo são...
    Bailar, fazer exercícios e ter uma alimentação adequada só a pode ajudar a manter-se saudável até à velhice, que espero que chegue só depois dos 100 anos...
    Não conhecia o Sérgio Dalma, é um excelente cantor, obrigado pela partilha.
    Continuação de boa semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  9. ¡Qué lindo amiga! ¡Todos los ejercicios que eres capaz de hacer! Yo en cambio soy muy floja, con las justas salgo a caminar un día si, y un día no. Antes caminaba una hora o dos horas, pero ya no aguanto...me da lumbalgia. Me conformo con caminar 40 minutos, pero nada de alzar pesas ni flexiones, ¡Dios eso no se hizo para mí! Igualmente te felicito. Un abrazo grande.

    ResponderEliminar
  10. Hola Beatriz, que von acontecer ese de bailar "pegados...", siempre el acercamiento al otro alienta dulcemente, aunque en estos tiempos de pandemia la tristeza nos impide hasta ese elemental goce de un baile con encanto...
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  11. Pasando, releyendo, alabando y dejando deseos de feliz fin de semana.
    .
    Pensamientos poéticos y ensoñaciones
    .

    ResponderEliminar
  12. Com certeza, Bea: poucos exercícios existem melhores que dançar... e poucas coisas mais doces do que dançar com a pessoa amada! Gosto de acompanhar a tua rotina, amiga; são diferentes estilos de vida! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  13. ¡Querida Bea, Namórame este post! Namoran todas as túas letras que son unha gran lección de vida. Un orde en todas as formas de vivir en equilibrio e harmonía. Es un exemplo para moita xente que lle toca vivir soa e non se adatan andan sempre buscando compañía e as veces encontran un pau po lombo.

    Gracias, amiga miña, pasei un rato divino lendo todo o texto despaciño, porque e un texto cheo de amor e de vida, unha lectura tan fermosa que enriquece a quen le, e debe ser lida despacio.

    Aquí deixo unha aperta moi grande con todo meu cariño, Bea, non esquezo aqueles días que pasei na túa casa. Quérote, amiga.

    Gracias por a túa pisada xenerosa agradábel.

    ResponderEliminar
  14. Mi bella amiga me parece increible que te cuides tanto. Yo no me cuido en las comidas pero hago comidas chicas y le doy con todo al chocolate oscuro. Bailar lo hice mucho de muy joven
    Arrimada al hombre de mi vida
    Actualmente no bailo tampoco voy al gym
    camino Todos los dias.
    Toda mi vida fui muy activa hoy ando mas lenta estyo sola y en balance, me quiero me gusta mi vida y te felicito porque la tuya es impecable miles de abrazos

    ResponderEliminar
  15. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, para dar um passo de dança bem juntinho...essa, e desejar ótima semana!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://está.blogspot.com

    ResponderEliminar
  16. Amiga mía, eres todo un admirable ejemplo a seguir.
    Si yo tuviera voluntad...
    Todo lo que tú haces, mi hijo el galeno me lo repite cada vez que me ve, pero Kasioles, que hace todo eso con la imaginación y siempre tiene muy buenos propósitos para el día siguiente, sigue sin moverse y se le pasan los días cocinando, leyendo, escribiendo y contestando a las llamadas de sus cinco hijos que no dejan de preguntarme, todos los días, qué tal estoy.
    Años atrás, he ido a un centro deportivo y aprendí a bailar bachata y cumbia, me gustan los bailes latinos y todo tipo de bailes, se me van los pies cuando escucho música movidita, no me importa bailar sola, aunque mejor lo haría pegada a él.
    La canción de Sergio Dalma me encanta.
    Y en cuanto a tu lectura... sé de que va el tema y muchos se escandalizarían.
    Eres una mujer que sigue estando al día en todo y eso es de admirar.
    Cariños y buen fin de semana.
    Kasioles

    ResponderEliminar
  17. Pues sí, aún ahora, después de tantos años,sigo llevando tacones, ya no son tan altos y finos, pero ya forman parte de mí.
    Que conste que él no era tan alto, pero tenía un gran sentido del humor, cosa que a mí me faltaba.
    Cuando yo le contestaba que la esencia se vendía en frasquitos pequeños, él seguía con sus bromas y añadía: Y el veneno también, pero eso no lo dije.
    Más cariños.
    Kasioles

    ResponderEliminar
  18. Olá, querida Beatriz, que cantor, amiga... que voz linda!!!
    Dançar, sim dançar é alegria, é exercício, alegra o coração, gostei muito de seu texto, maravilha!
    Um ótimo domingo e uma feliz semana,
    um beijinho!

    ResponderEliminar
  19. Estou poñendo as lerias ó día, e chego a este texto de palabras tan belas como "xélidas" mañás, e de ideas tan interesantes para organizar o día, equilibrando o que a un lle pide o corpo cos deberes inescusables.

    O blog prosegue con esta prosa deliciosa que nos envolve como unha música cativadora e estimulante. Parabéns por manter esta calidade no tempo, sen perder a cualidade.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.