www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 9 de xaneiro de 2022

DE EPÍSTOLAS E EPISTOLARIOS





 Meu avó materno era aficionado a ler e escribir cartas a toda a familia. Miña nai tamén era a que mantiña comunicación con seus irmáns e irmás que estaban lonxe da terra. Mesmo lle escribía as cartas a algunhas personas da parroquia que eran analfabetas. Coa chegada do teléfono, foise perdendo esa costume pero eu, xa dende ben nova, adquirín ese hábito e podo dicir que escribín perto dun milleiro de cartas.

Nos primeiros tempos, sacaba enderezos de famosos e famosas, das revistas que meu pai mercaba cando ía á cidade ou que facilitaban na radio. Sobre todo de cantantes daquela época aos que lles pedía fotos, autógrafos... Unha das que mais me gustóu fora a dos Mustang, que era un grupo de músicos xovens e o cantante, Santi, era o meu preferido. Tiña as paredes da taberna cheas de cartaces, fotos...e coa vitrola no mostrador (barra, hoxe) semellaba un pub dos de agora mais que unha cantina de aldea.

Xa na época de estudante, empecei a relacionarme con xente que tiñan os mesmos intereses ca min: falar e escribir en galego, a poesía... así foi como entablamos unha amizade por correspondencia que en algunhos casos tamén tivo matices mais íntimos. Como non había teléfonos nin internet, eran as cartas as que nos mantiñan en contacto. Gardo con verdadeiro esmero aquelas que mais me interesaron e que son de personas que chegaron a ser importantes no mundo das letras e das artes. 

Durante a miña vida profesional como mestra de inglés, intentei inculcar ao alumnado esa costume de escribirse con xente do seu igual doutros países. Así foi como durante catro e mais anos nos carteamos con alumnado de Finlandia, de Chequia, Italia e Rumanía, dando lugar a intercambios escolares que  foron pioneiros aquí no rural galego. 

Hoxe, volto ás cartas para poñelas a salvo do tempo e do abandono, pasándoas ao ordenador e quizá aveirando a idea de poder facer con elas un epistolario como estes que estou lendo de Emilia Pardo Bazán a Benito Pérez Galdós, dous escritores de "primeira" da nosa literatura do S XIX. ou o que se rercolle noutro libro que acabei de ler, Cartas de Amor Salvaje(s) que é unha escolma das epístolas que se intercambiaron, escritores e escritoras  tanto europeos como americanos dende o S XIX ata primeiros do S XX.

Deixo aquí a foto de portada destes dous libros que me "engatusaron" e que desbordan paixón e arte de amar e de escribir.

Seguirei indagando noutros epistolarios, xa que neles atópome ca autenticidade dos seres que os escribiron, a sua vida íntima, o seu sentir e forma de pensar, refléxanse muito mellor que nas obras que nos deixaron.





Música do grupo Los Mustangs que cito no meu texto.



20 comentarios:

  1. Estimada Beatriz Pin, chamaste como a meña tía que emigrou a Arsentina y desde alí mandaba cartas por avión, co típico sobre liseiro e cus bordes en remate de trazus rojos e azules, tal como ilustras ti a entrada...Graciñas por compartir tuas inquetudes e que pronto teñamos entre as maus tua publicación de intercambios amigables. Agardamoslo xa.
    Un bico

    ResponderEliminar
  2. Que interesante, moi boa idea a de pasalas ao ordenador, de paso refréscalas na memoria.
    Grazas pola recomendación dos libros, tomo nota.
    Apertiñas dominicas, Bea! Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Confieso que también he escrito muchas cartas de amor. ¿Eran ridículos? Sí, creo que sí. Pero tan sabroso de recibir. Hoy, desafortunadamente, las cartas de amor ya no se escriben. Son más SMS y redes sociales. Creo que estos libros son muy interesantes de leer.
    .
    Un feliz domingo... Abrazar
    .
    Crementos poéticos y ensoñaciones
    .

    ResponderEliminar
  4. Ola Bea! Como xa nacín na era dos teléfonos non escribín nin recibín demasiadas cartas ao longo da vida, mais si me parece un medio de comunicación útil e bonito, no que as palabras non son fuxidías e quedan gardadas para cando apeteza recordalas ou se precisen de novo. Recordo recibir por correo algunha postal de nadal, escribir de nena algunha carta a algunha amiga (pero entregarlla en man) e pouco máis. O que si me trouxo á mente esta entrada túa foi un intercambio de cartas con rapaces estranxeiros que fixeramos no colexio na aula de inglés. A min tocárame unha rapaza bielorrusa, pero nunca se chegou a materializar nun intercambio, como así foi no voso caso. Máis adiante, con meu irmán recordo ter na nosa casa a dous rapaces franceses. Parécenme experiencias moi enriquecedoras (noraboa pola túa iniciativa pioneira), máis eu daquela xa estaba fóra na universidade e non tiven a oportunidade de compartir con eles agás un día de visita. E tamén cando meu irmán xa estaba estudando en Lugo convidar a cear a un rapaz danés,
    na casa do cal posteriormente se quedou meu irmán. Recordo escoller eu o menú para a ocasión e preparalo. Fixera comida típica daquí para poder mostrarlla (tortilla de patacas, zorza, pimentos de padrón...) escribira para darlle un papeliño en inglés cunha pequena explicación de cada prato. Gustáralle moito todo excepto unha queimada que preparamos para a sobremesa, á cal non lle puxera unha cara moi agradable 🙆🏻‍♀️😂...

    Por curiosidade busquei no Youtube aos Mustang e gustoume a súa música, e o libro de Paula Izquierdo ten moi boa pinta!

    Moi feliz domingo,

    Iria.

    ResponderEliminar
  5. Um belíssimo espólio aqui nos partilhas!
    São sem dúvida recordações únicas que devem ser perservadas. Excelente grupo, "Los Mustang".

    Bom domíngo!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  6. hoje ja nao se escreve cartas é pena bravo bjs saude

    ResponderEliminar
  7. Albisco un novo e interesante proxecto!. Son estas cousas que adoecen dun afán econòmico e están feitas dun desexo humanístico, as que definen ás persoas. Das lerias ás cartas, parabéns pola idea, my friend!

    ResponderEliminar
  8. Bea,
    Escrever e receber cartas
    é algo maravilhoso!
    Adorei a sua
    Publicação.
    Bjins
    CatiahoAlc.

    ResponderEliminar
  9. Tempos românticos quando recebíamos cartas, vinha junto uma bela surpresa, era bom demais!
    Um lindo Ano pra você, Beatriz, com muita saúde, alegria, esperança e paz!
    Um beijo, amiga!

    ResponderEliminar
  10. Lindo texto estimada Beatriz, a mí también siempre me gustó escribir largas cartas, cuando mi esposo trabajaba en Venezuela, y a veces no nos veíamos por largos meses, solíamos escribirnos cartas y postales hermosas, en aquel entonces no existía el celular, (no en mi país), era la época de los años 70 recuerdo...también con mi padre me he escrito muchas cartas cuando él estuvo un tiempo en Estados Unidos...e incluso hoy en día a través de los correos de internet suelo escribirme cartas con algunas amigas virtuales que tengo...y lo disfruto mucho. Gracias por compartir tu experiencia. Un abrazo grande.

    ResponderEliminar
  11. O grande Raul Solnado brincava dizendo que epístolas eram as mulheres dos apóstolos :)))
    Boa semana

    ResponderEliminar
  12. Las relaciones epistolares eran un clásico, que permanecía por décadas, si no toda la vida.

    Genial que adquirieras la costumbre y hayas sabido seguirla. Un éxito te deseo para ese libro. Un abrazo

    ResponderEliminar
  13. Me deste saudade, Bea, daquele tempo das cartas! E-mail, WhatsApp, redes sociais e afins são mais rápidos, mas não têm o mesmo encanto! :) Também gostei do grupo... muito bom! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  14. O dos intercambios estivo moi ben. Aperta. Nucha

    ResponderEliminar
  15. Amiga Beatriz,
    Mientras el amor esté entre nosotros, la vida siempre será buena para vivir. Lástima que con el advenimiento de la tecnología, las cartas de amor perfumadas solo quedaron en la memoria de quienes las escribieron y recibieron en tiempos pasados.
    Besos.

    ResponderEliminar
  16. ¡Lástima que ya se haya perdido la buena costumbre de escribir!
    Ya no sé si he llegado a hacerlo bien o mal, pero tengo que reconocer que me encantaba, yo era una de aquellas románticas a las que les fascinaba llevar un diario, recuerdo mandar a encuadernar 365 cuartillas de papel satinado para hacer mi diario personal y el que solo yo entendía pues, mucho de lo que en ello he dejado escrito, estaba en abreviatura made in kasioles.
    Las nuevas tecnologías nos han arrebatado el encanto y lo fascinante que era esperar al cartero que nos traía la misiva anhelada.
    Hasta hace unos años he seguido felicitando las Navidades con unas letras, si te das cuenta, hoy los casilleros están llenos de cartas del banco o de folletos de propaganda.
    Ah! Se me olvidaba decirte que me alegro muchísimo que el flan te haya gustado, yo se lo he regalado a mi cuñado que está un poco delicado y no he llegado a probarlo.
    Cariños.
    Kasioles

    ResponderEliminar
  17. Olá, Beatriz
    Passando por aqui, relendo esta excelente crónica que muito gostei, e desejar a continuação de ótima semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  18. As cartas tinham uma grande importância no passado, já que não havia outros meios de comunicação disponíveis para contactar pessoas à distância. O telefone levou muito tempo a implantar-se e a internet só apareceu nos finais do século XX.
    Quem guardou essas cartas pode ter um manancial de assuntos interessantes e até podem ser matéria para um livro.
    Gostei da sua crónica, fez-me recordar o tempo das cartas...
    Continuação de boa semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  19. Olá, Beatriz.
    Antigamente assim era. Escreviam-se belas cartas de amor.

    Excelente partilha!

    Votos de um excelente fim de semana!

    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  20. Olá, Bea
    Agora é tudo muito mais rápido, quer seja por email quer seja por telefone - para além dos outros meios de comunicação, como WhatsApp, Skype, Messenger... em que se pode visionar a pessoa com que se está a falar.
    Mas tudo isto fez perder o romantismo de outros tempos, em que, muitas vezes, a chegada do carteiro era esperada com o coração aos saltos...
    É a evolução natural, temos que aceitar.

    Um feliz 2022 com muita saúde e Amor.

    Bom Fim de Semana.
    Beijinhos
    MARIAZITA / A CASA DA MARIQUINHAS

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.