Meu avó e tío maternos, facían as zocas para toda a familia e mais algúns encargos para a vecindade. Non vivían desa profesión pero sí que tiñan moita habilidade para esa laboura e viña a ser como un pasatempo, xa que se adicaban a outras moitas cousas, como a labranza, a construcción...
Os zoqueiros profesionais, igual que carpinteiros e costureiras, acostumaban ir traballar polas casas e pasaban varios días ou semanas traballando nelas, dábanlles as comidas e mais cobraban algo polo seu traballo.
As miñas primeiras zocas, pequeniñas e feitiñas, rebuxadas con un bonito deseño foron o primeiro que calzaron os meus pes de nena que empezaba a camiñar. Fixéramas o señor Francisco do Real e gardeinas moitos anos, ata que, ca reforma da casa, desapareceron. Eran como de xoguete.
Seguín usando zocas toda a miña infancia. Había zocas de home e de muller, sendo estas últimas mais escotadas, abertas e as dos homes mais cerradas.
As chamadas madreñas ou zocas de zapatilla, porque permitían usar unha zapatilla por dentro delas e manter así os pes mais quentes, tamén porque para estar na casa, subir aos cuartos, deixábanse as de madeira na entrada e subíase en zapatillas. Unha boa costume!
Tiñan como tres pes, da mesma madeira, eran todas de unha peza, de madeira de vidueiro, e poñíaselles unhas tapas, aseguradas con cravos finos, para que non se desgastaran. Era algo difícil camiñar con elas mentres non te acostumabas, pero, logo, nonas cambiabas por nada.
Na miña casa aínda se poden ver algunhas zocas e mais un zoco de empeña que eu levei de rapaza para ir á escola e que tiña como unha polaina de coiro que protexía mellor do frío e da auga.
Hoxe tamén hai zoqueiras. Daquela eran todos homes os que exercían esta profesión. Agora, volveu a moda dos zocos e hai deseñadores e deseñadoras que se adican a eso e venden os seus productos para bailadores e bailadoras que as usan nas suas danzas tradicionais e tamén para lucir en algún espectáculo, ou mesmo para usar na rúa!
Gostei de ver e ler.
ResponderEliminar.
Votos de um Feliz domingo
.
Pensamentos e Devaneios Poéticos
.
Também tive uns tamancos, mas também acabei por os perder
ResponderEliminarGostei da canção
Agradeço o interessante relato sobre o tema e desejo bom domingo.
Ola Bea! Mágoa que non conserves as túas primeiras zocas, debían estar feitas con todo esmero e ser moi especiais, pero o bo e bonito é que no teu recordo si as gardas con exactitude.
ResponderEliminarNon coñecía a diferencia entre zocas propiamente ditas e madreñas. Sempre aprendo algo novo no teu blog! Teño visto calzar zocas de nena, como ti ben dis, con zapatillas por dentro, así que en realidade fixéchedes ver que serían madreñas.
Sempre é bonito recordar os oficios tradicionais agora desaparecidos (ou case) , e que non caigan no esquecemento. Un dos meus bisavós tamén exerceu algunha das profesións agora extintas, foi carboeiro, según me contaron, porque non cheguei a coñécelo, outro muiñeiro, e unha das miñas avoas exerceu de lavandeira e leiteira, levando á cabeza os cestos e recipientes de igual xeito que hoxe se ven nas fotografías antigas, que tan bonitas son. Non sei como podían darse tanta maña. Mulleres loitadoras e valentes elas.
En Burela fan todos os anos unhas alfombras florais de máis de 3 km con motivo das festas patronais, moi bonitas por certo (se tes ocasión recoméndoche unha visita). Cada ano os motivos xiran arredor dunha temática central distinta. Un ano adicáranse aos oficios tradicionais. Unha bonita homenaxe a todalas persoas que lles deron a súa adicación, como o teu bisavó, tío, miña avoa e meus bisavós!
É certo que os zocos duns anos para aquí se volveron a poñer de moda. Recoñezo os da primeira foto con motivos de Mondrian. Son de Alberto Geada, un zoqueiro do Valadouro que creo que agora traballa en Mondoñedo, e os vermellos son moi bonitos e cómodos para o día a día. Haberá que recuperar os zocos, agora actualizados ás novas modas!
Ese tipo de Zocas eu non as coñecín. Na miña infancia había zocos para todos, co chan de madeira e a cuberta de coito, que se engrasaba con grasa do porco.N
ResponderEliminarMeu pai fazia os tamancos para todos lá em casa. Também fazia muitas outras coisas para nós ou para os vizinhos que até lhe chamavam o Faz-Tudo. Meu irmão herdou-lhe o jeito.
ResponderEliminarAbraço, saúde e boa semana
A miña avoa materna só usaba tamancas, como as que mostas na foto de cor vermellas, sempre recordo a avoa Carmen de tamancas e o son que facía cando chagaba.
ResponderEliminarbonita historia, Bea e, menuda mágoa que se perderan as túas zoquiñas, serían unha ricura. Aperta cariñosa para ti.
Experimentei UMA vez.
ResponderEliminarSão MUITO desconfortáveis.
Boa semana
He ven certo cuanto dis o dices, neste comentario sobre us zoucos o galochas que las chamabamos por eiquí...e todo eso dou paso a un uso de calzados acaso menos protectores dos pes, eú tamen as usen de pequeno. Un abrazo Beatriz
ResponderEliminarPor aqui, no Minho, também se usavam socos e socas. E chancas, que eram uma espécie de botas com sola de madeira.
ResponderEliminarEste calçado era muito bom para o inverno, porque era quente.
O problema era quando punham tacholas (tachas de cabeça larga) para que a sola não se desgastasse rapidamente, já que faziam muito barulho a andar...
Gostei do teu post, fez-me regressar à infância.
Boa semana, amiga Beatriz.
Beijo.
Olá Beatriz,
ResponderEliminarMuito interessante esta crônica que aqui nos trazes. Era assim antigamente, os artesãos,e em especial os sapateiros, trabalhavam em casa. E, como nos mostras aqui estas tamancas,faziam verdadeiras obras de arte.
Votos de uma excelente semana!
Beijinhos.
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Agrada-me muito, Bea, comparar as diferenças entre nossas culturas, através dos teus posts. Não conheço o termo "zocas", mas, pelas imagens, parecem-me ser o que aqui chamávamos "tamancos"; já quase não os vemos mais! Adorei o post, amiga; boa semana, meu abraço.
ResponderEliminarQue linda entrada,te siento feliz me alegra.Yo ando lenta en todo cansada de los blogs mi querida dejandome ir lentamente de este mundo de blog que hoy no entiendo
ResponderEliminarCreo que alguna vez usé zuecos, pero eso fue cuando era niña...después no recuerdo, ya que aquí en mi país no suelen usarse. Los que yo tuve me acuerdo que hacían bastante ruido al caminar. Gracias por tocar este tema nuevo, Beatriz. Un abrazo grande.
ResponderEliminarOlá Beatriz,
ResponderEliminarPassando por aqui, relendo esta excelente crónica que muito apreciei, e desejar a continuação de ótima semana.
Beijinhos!
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Á lembranza do señor Francisco do Real, e co devezo de alentar novos deseños inspirados na zoca tradicional
ResponderEliminar