www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 10 de febreiro de 2022

COMPOTA DE LARANXA

 


Gústanme os lugares onde se dan ben as laranxeiras e limoeiros. Eso siñifica que o clima é mais suave que no lugar xearento no que habito e onde nen os mazaeiros aseguran colleita cada ano.

Estando de visita nun destes sitios, unha amiga, agasalloume cunhas poucas laranxas do seu laranxeiro. De contado, pensei facer con elas a compota que tanto me gusta, sobre todo a de laranxas amargas.

Pois foi chegar de volta e acometer a laboriosa tarefa de convertilas en marmelada que me ocupóu case a mañá enteira porque aínda que é sinxela, leva tempo preparar as laranxas, para espilas das capas de pel que a protexen. Primeiro quitarlle a mais externa coidando que non leve parte branca. Logo pelar a parte branca pra deixar a laranxa que se vai compotar, cortar a pel exterior en xuliana moi miudiña para engadir ao resto...




Eu empreguei azucre integral de cana e por eso saíron cunha cor mais oscura que as que se ven no video. Pareceume unha receita axeitada e doada de facer, ben explicada paso a paso e así fun levando a cabo a elaboración sen poder facer outra cousa nesas tres ou mais horas que me levóu.

Tamén leva tempo preparar os tarros que deben ir esterilizados e coas tapas en bo estado. Pero o resultado é compensador e tratase dun producto natural, ecolóxico e con pouco doce. O sabor quedou moi gustoso. Fará as delicias das miñas torradas do almorzo ou para acompañar cun pouco chocolate negro á hora do café...ou  mesmo para engadir a algún prato salgado ou rechear un bolo.


E aquí termino, coa compota xa entarrada para gardar e ir comendo ao longo do ano 2022.

Deixo a foto dos tarros, boca abaixo. Deben permanecer así vintecatro horas para logo gardar na despensa. Facendo o vacío deste xeito mais económico porque, outra maneira sería cocelos a baño maría media hora. Pero en tempos de aforro enerxético hai que miralo todo. 




17 comentarios:

  1. Até a diabetes se ri, lol
    Aspeto delicioso
    .
    Saudações amigas
    .
    Pensamentos e Devaneios Poéticos
    .

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea! Na miña casa laranxeira non temos, pero si mandarineiro e limoeiro. A receita parece sinxela, pero a preparación dos ingredientes como dis é moi meticulosa, e debe dar o seu traballo. A combinación de laranxa con chocolate encántame. Ten que estar de vicio!

    Na elaboración de conservas non teño moita experiencia. Só fixen unha vez castañas en almíbar, que estaban riquísimas. E mermeladas e compostas teñoas feito pero para consumir a curto prazo.

    Pois agora co traballo xa rematado, só queda desexarvos bon appetit!

    ResponderEliminar
  3. Pois bo traballiño fixéches.Eu fixen un ano e anque non lle quitéis a parte branca,soupome moi ben. Ten que estar riquísima! Bo proveito!!!N

    ResponderEliminar
  4. Que rica ten que estar, eu teño un botiño caseiro que me regalaron a semana pasada.
    Grazas polo relato, sempre aportando ben facer. Agora, a disfrutar dela😋.

    ResponderEliminar
  5. fELICITACIONES QUE MARAVILLA
    mI PREUNTA ES ¿SE PUEDE SEGUIR LOS MISMOS PASOS Y HACERLA DE DURAZNOS?

    mIL ABRAZOS

    ResponderEliminar
  6. ¡Qué buena idea hacer estas mermeladas de naranja,! estimada Beatriz. A mi me encanta, igualmente que la de piña. Pero si te tomó toda la mañana, ufff...ya me parece mucho trabajo, aunque presiento que valió la pena, sobre todo porque te van a durar mucho tiempo. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  7. Gosto muito de compota, de qualquer sabor ou fruto.
    E esta de laranja, tem um aspeto delicioso!

    Excelente partilha aqui nos deixas.

    Votos de um excelente fim de semana, com muita saúde!
    Beijinhos, amiga Beatriz, com carinho e amizade.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  8. Querida amiga Beatriz,
    Esta publicação me fez recordar até dos olores das saborosas compotas que minha saudosa vó Lourdes fazia, mulher boníssima e doceira de mão cheia.
    Beijos e bom final de semana!!!

    ResponderEliminar
  9. Considero que muy sabrosa, Beatriz, ha de estar esta compota que nos realizas de naranja, con toda la habilidad y el proceso adecuado, del cual, tomo nota sobre todo de ese vacío logrado, al poner los botes boca abajo.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  10. cual es la diferencia entre compota y mermelada?

    ResponderEliminar
  11. Uma boa ideia, já muito antiga, de conservar os frutos mais tempo e que, para além disso, tem um paladar agradável.
    Nunca fiz, mas gosto.
    Boa semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  12. Aqui estou eu cheio de mal-intenção.
    Esconde o mel que eu estou chegando,
    ou... já sabe....
    Beijos e risos, muitos.
    Bia, adoro você.

    ResponderEliminar
  13. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, para comer um pouco de compota, rsss, e desejar uma ótima semana!

    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  14. La preparé me quedo deliciosa La como ahora todas las mañanas con mantequilla y tostadas

    ResponderEliminar
  15. Gústame a compota, mais nunca probei a de laranxa. Ti convidas a facelo

    ResponderEliminar
  16. Deve ter ficado uma delícia, a julgar pela foto final. Mas o que também acho delicioso, Bea, é a tua forma original de nos trazer as receitas! Muito boa! Meu abraço, amiga; boa semana.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.