www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 20 de febreiro de 2022

ENDIBIAS CON HISTORIA

 




A primeira vez que probei endibias foi nunha party en Londres. Eramos auxiliares de conversa,  (assistant teachers) do idioma do noso país en distintas escolas do distrito de West Ham, zona situada no East End de Londres, nunha das comunidades mais grandes de indús e pakistanies. Procedíamos de distintos países como Francia, España, Alemania...
As parties son algo que forman parte da vida inglesa, ata Boris Johnson as celebra. Consisten en xuntarse na casa de alguén para compartir comida e bebida. Acostuman ser amizades da persoa anfitriona e non sempre se coñezen entre sí. É de boa educación levar algo, ben sexa bebida ou comida para compartir.
Pois nesta foto, estamos na casa dunha francesa que, coma min e outra xente somos tamén lectores e lectoras nesa bisbarra londinense e ten por obxecto coñecernos e falar das nosas experiencias.
Preparóu endibias gratinadas, ao estilo do seu país de orixe, e anque os ingredintes coincíden cos da miña receita, agás a manteiga, que eu substituín por aceite de oliva na besamel, e a forma tamén varía un pouco. Ela envolvía as endibias enteiras co xamón e queixo e logo a besamel para gratinar. Co tempo, eu fun creando o meu propio estilo de cociñalas  e pareceume mellor cortalas e mesturar todo antes de fornear.



Eu son a do sombreiro negro, a terceira pola dereita (1980).


Despois da introducción, vou dicir como fago as miñas endibias:

 Primeiro cocíñoas ao vapor na ola rápida. Deixo que escurran ben toda auga, mesmo as prenso un pouco. 
Logo preparo a besamel con duas culleradas de aceite de oliva. Deixo que quenza ben o aceite e engado media cullerada de fariña de espelta integral, media de espelta blanca e uns poucos flocos de aveia porque me gusta introducir a avea na dieta. Teño o leite prequentado e vou engadindo e remexento sen parar ata que se mesture ben todo e parezan papas. Ahí engado o queixo relado, (catro queixos), noz moscada, sal, pementa moída,  a peituga de pavo natural cortada  e as endibias cortadas. Mesturo todo ben e poño na fonte do forno acabando cunha capa do mesmo queixo e ao forno ata que dore por enriba.

As endibias son unha verdura moi depurativa e fan sentirse moi ben despois de telas comido. Non son nada pesadas. A min gústame o sabor amargo tanto das endibias como dos espárragos, alcachofas, grelos...
E velaí o resultado! Listo para comer!



Adicado a Manuel Vázquez, grande fan dos Iron Maiden, unha banda do East End de Londres que tocaba nos pubs que eu frecuentaba naquela época e que se os vin, pasáronme desapercibidos!



22 comentarios:

  1. Xenial, que boa pinta, terei que probar a facelas, nunca comin endibia, vai sendo hora, verdade?
    Grazas, Bea, por partillar con nós.
    Que sepas que, sen ler antes eu xa sabía que eras a do sombreiro preto, pola túa sonrisa 🙂👏🌹 Aperta!

    ResponderEliminar
  2. Olá Beatriz,
    Desconhecia este vegetal. Nunca tinha ouvido falar.
    Mas pela tua descrição, fiquei a conhecer um pouco mais.

    Excelente partilha, minha amiga!

    Votos de uma excelente semana.

    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  3. Quién podría pensar que de las sencillas endibias saliera un plato tan elaborado y rico.

    Un abrazo, y gracias por compartir

    ResponderEliminar
  4. aqui esta ela hehe pois tambem faço assim é super bom esse legume podesse fazer de muitas maneiras em breve vou pore outra receita mas no meu blog tem ja la algumas pois aqui em casa adoramos esse legume este ficou 5* bravo bjs feliz semana saude

    ResponderEliminar
  5. No lo sabía, pero creo que contribuye a un plato delicioso. Un placer por la publicación.
    .
    saludos poéticos
    .
    Pensamientos poéticos y ensoñaciones
    .

    ResponderEliminar
  6. Ola Bea! Eres como unha caixa de sorpresas que nunca remata. Adicáchaste e fixeches de todo. Non sabía que foras "assistant teacher". Tivo que ser unha experiencia do máis enriquecedora e habería uns gran intercambios culturais nesas parties internacionais. Gústanme especialmente os post nos que relatas experiencias da infancia e xuventude. Será que eu tamén son moi nostálxica.

    O prato de endivias ten moi boa pinta, e creo que ti o adaptaches a mellor,máis sá. Nunca probei as endivias pero déronme ganas de facelo. Algunha terá que ser a primeira vez.

    Por certo, non facía falla ningunha aclaración na foto pq se che recoñece perfectamente querida Bea.

    Un biquiño,

    Iria

    ResponderEliminar
  7. Não conheço essas verduras, Bea; ao menos por esse nome. Mas, pela aparência, o prato deve ser uma delícia; além disto, gosto da forma como nos apresentas as tuas receitas. Muito bom, amiga! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  8. Hoxe non podo ser obxectivo!...hahaha....este é o mellor post da longa serie deles que conforman as lerias!....hahaha.... Graciñas, Bea!... Por certo, que ben che quedaba o chapeu!....en fin: fabulosa mistura de lembranzas, fotos, viaxes e música....e SI!, Hai mellores músicas q as de Iron Maidem, pero coincidiron en tempo e barrio contigo!!!

    ResponderEliminar
  9. Esquecín comentar que a receita de endibias ten moi boa pinta,a foto chama!

    ResponderEliminar
  10. Olá, Beatriz, deve ter ficado uma delícia, o prato da foto abre o apetite!
    Aqui sempre levamos um vinho ao anfitrião.
    Uma ótima semana, minha querida, cuida-te bastante!
    Beijinho!

    ResponderEliminar
  11. Beatriz, el plato que hoy nos dejas de la endibias envueltas en besamel y queso..., deben estar sabrosísimas que pena no tenerlas un poco más cerquita...
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  12. Bea,
    Adoro suas narrativas
    e suas receitas.
    Bjins
    CatiahAlc.

    ResponderEliminar
  13. ¡Qué rica tu receta, Beatriz, que aunque no pude traducir tu página, la entendí toda! Veo que eres fanática de la buena comida. Y te felicito. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  14. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, para desejar a continuação de ótima semana.

    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  15. Olá, Beatriz!

    Recordar bons momentos sabe sempre bem. Cuando estiveste em Londres, foste a festas (parties), onde conviveste com amigos y amigas. Es normal en Ingletrra.

    Gostei da música, pois é bem animada, pero no conheço a banda.

    Tu receta deve ser muito boa. Endibias envueltas em besamel y queijo. Que delícia!

    Besos y buena semana.

    ResponderEliminar
  16. Muito interessante este post, gostei da música final.

    Arthur Claro
    http://www.arthur-claro.blogspot.com

    ResponderEliminar
  17. É sempre bom recordar :)
    tem um aspeto delicioso

    ♥ eudaniela28.blogspot.pt

    ResponderEliminar
  18. ola amiga o perù é aquele grande ave que se come pelo Natal esta a ver o que é? pois é esse nao é carne de porco espero que tenha ajudado bjs feliz semana saude

    ResponderEliminar
  19. Nunca provei endívias. Mas, tenho de experimentar. Outra verdura que nunca provei foi o aipo, mas já comprei. No entanto, tinha um cheiro tão forte e perfumado, que me pareceu pouco natural para a comida e acabei por não usar.

    ResponderEliminar
  20. Olá Beatriz, passando aqui pela primeira vez para conhecer seu blog, amei sua história e sua página é muito rica.
    Já estou seguido você. E será um prazer ter você em minha página.

    Te deixo um beijo 😘🌷

    ResponderEliminar
  21. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, relendo esta excelente crónica que muito apreciei, e desejar um Feliz fim de semana.

    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.