www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 9 de xuño de 2021

O TRÓQUEL BRANCO


Perdido en Troquelandia, onde abondaban os Digitalis purpurea, era como un milagre atopar iste exemplar, que eu denominei, albino, nas primeiras de cambio.

Estaba escondído entre a frondosidade da beira do camiño, case oculto á vista de transeuntes, pero non á de aqueles, que coma mín, escaneamos o mais recóndito da floresta, sempre na percura de algo raro, que chame a atención e me faga sentir descubridora de segredos que a natureza garda para sí.

Outra persona, alén de mín, puxo os ollos nél. Acordamos que o deixaríamos estar no seu sitio para que se reproducise na seguinte primavera. Cousa que ocurreo.

Pero, logo, veu a devastación masiva de toda aquela ramallada que medra ao borde dos camiños por onde transita maquinaria agrícola e que hai que manter libre para que pase sen dificultade.  Mesmo veu o lume que arrasóu todo o hábital daquel inquilino raro.

De saber que iso ía acontecer, tería levado a planta para a miña horta para protexela. Pero, se morría? Por culpa miña? Non quería xogar con iso. Qué pasase o que tivera que pasar. Alí quedaría.

Xa pasaron varias primaveras sen velo. Hoxe escudriñei metro a metro toda a contorna para ver se os meus ollos daban con aquela brancura que me fascinara. Pero non atopei indicios de que a súa estirpe se salvara. E se era o único no mundo? Non tería eu que ter chamado a expertos na protección de prantas silvestres, igual que fago cando un xabarín se arrastra, ferido, por un prado? Sento moito pesar de non ter feito algo. E se o levóu a outra persoa que sabía da sua existencia? Case me alegraría, no caso de que lograra que sobrevivira. Prefiroo en cautiverio que desaparecido!

Agora, que se achega o San Xoán, que os seus irmáns de cor fucsia, van ser protagonistas, xunto coas flores de sabugueiro, no enramallado de portas en fiestras para protexer as nosas casas dos maleficios...él non poderá formar parte disa costume que temos pola Galiza interior. Porque pola costeira, alí sí que teñen outras maneiras de combater os meigallos, e que consiste en recoller as Herbas de San Xoán, que veñen sendo malva, romeu, fiuncho, mil en rama e muitas outras, dependendo da localidade e do tipo de herbas que medran nela. Déixanas a remollo na noite de San Xoán para lavarse con ela ao día seguinte pola mañá. 

E falando da celebración, aquí xa se perdeu o costume de facer as fogueiras na noite máxica. Pero na franxa atlantica, zonas costeiras, aínda se seguen facendo acompañadas de comida e bebida, música e logo saltan as fogueiras e a noite segue a facer das súas e hai trasnadas que se materializan en mover cousas de sitio, ou sexa, gastan bromas de mal gusto para quen sofre as consecuencias.

Todo acaba así, con esta dedaleira branca desaparecida. Non podo facer nada mais que adicarlle iste post, e admirala na foto que gardo da súa louzanía








 Música:   Luar na Lubre  " Pola Ponte de San Xoan ".

Refráns:

Polo San Xoan, tanto queixo como pan.

Polo San Pedro, tanto queixo como un dedo.

23 comentarios:

  1. Enquanto está a comentar o post anterior, percebi que tinhas postado este. Sem dúvida que há muitas plantas em extinção. O que deve ser o caso destas que falas aqui. São belas sem dúvida.
    Lindo vídeo!

    Gostei muito.

    Beijinhos, e feliz quarta feira!

    ResponderEliminar
  2. Ola Bea, que mágoa o do tróquel branco, ou bilincroca como lle chamo eu. Encántanme as fogueiras de San Xoán e ese halo máxico de lendas que as rodea, as sardinas, etc. Recordo que cando era pícara ía a aldea de meus avós, que está moi preto de onde son, e facíanse en todas as casas e a veces habíaas comunitarias, saltábanse, @s nen@s xogabamos xunt@s. É unha tradición moi bonita. Falando das falcatruadas, lembro tamén que en Mondoñedo, de onde é miña nai e a familia materna, esa noite "roubaban" os carros das casas e pola mañá aparecían na praza da catedral. Un bico. Iria.

    ResponderEliminar
  3. Bela canção.


    As flores são, sim, para estar em seu habitat e não dentro de jarras.

    Beso

    ResponderEliminar
  4. Tu romance con las letras cuentes lo que cuentes me enganchas mas allá de lo que dices porque lo que dices siempre es nuevo para mi.Tus historias son con luz de tu magia

    ResponderEliminar
  5. Un ejemplar seguramente único. Qué privilegio poder haberlo visto. Vendrán nuevos tiempos, y nuevos descubrimientos por Juan, con las llamas.

    Un abrazo, y feliz tarde

    ResponderEliminar
  6. Muller increíble! Encántame a túa maneira de ver a naturaleza, de amala e mimala, tiña que haber moitas Beas e o mundo sería mellor.
    Fantástico, respecto o tróquel, seguro que andará por ahí e sen buscar aparecerá, xa verás. Boa tarde queridiña.

    ResponderEliminar
  7. Esa interacción coas flores é beneficiosa non só para elas, das que te preocupas, senón tamén para ti, contribúen ao benestar e ao equilibrio. Equilibrio difícil de lograr na interacción entre o ser humano e a natureza, somos depredadores en demasía, sen reparar nas consecuencias, cortopracistas e explotadores. A simbiose sería ideal, ti xa andas nela!.

    ResponderEliminar
  8. Os tesouros, case siempre fican agochados ao Ollo humano. Tan só UNS poucos escolleitos teñen a sorte de poder gozalos.

    ResponderEliminar
  9. Os tesouros, case siempre fican agochados ao Ollo humano. Tan só UNS poucos escolleitos teñen a sorte de poder gozalos.

    ResponderEliminar
  10. As flores são lindas, perfumam a natureza. Mais linda que uma flor, só outra flor: A mulher
    .
    Abraço de amizade.
    .
    Pensamentos e Devaneios Poéticos
    .

    ResponderEliminar
  11. Sou um daqueles homens que gostam de flores.
    E que tem a casa cheia de flores e ervas aromáticas.

    ResponderEliminar
  12. ¡Qué pena me ha dado esa exótica flor blanca! Beatriz. Si la hubieras llevado con raíz y todo a tu huerto, estoy segura de que se hubiera salvado. Pero tú tienes tanto amor por las plantas que te admiro. Gracias por compartir tu texto. Un abrazo y feliz fin de semana.

    ResponderEliminar
  13. Qué lástima no haber podido encontrar de nuevo esta hermosa planta. Pero creo que, a pesar de no volver a verla hiciste bien en dejarla en su lugar. Quizás aún, no ha decidido volver a desarrollarse, y en cualquier momento vuelves a encontrarla.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  14. Que gran ternura se desprende de tus palabras por esa belleza que encontraste, lo más probable es que existan cerca en otro lugar. No debes sentir remordimiento por no actuar de otra forma.
    En mi tierra, las llamadas y famosas Hogueras de San Juan, son el reducto de cuanto has comentado. En la antigüedad se quemaban muebles y enseres ahora se queman monumentos para esa fiesta.
    Un fuerte abrazo y buen resto de semana.

    ResponderEliminar
  15. La música, como postre de tus palabras, al tiempo que se van viendo imágenes de repostería que me excitan las papilas -menos mal que no tengo una pastelería cerca de casa- ha concluido el fondo musical y estoy todavía disfrutando de tu relato. Ha sido interesante la reflexión a la que llegas. La verdad, las plantas silvestres se acomodan mal a nuestros jardines pero, un jardín o un huerto, yo nunca lo consideraría una prisión. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  16. Se han producido errores, espero que lo entiendas, perdona.

    ResponderEliminar
  17. Las flores, son espectaculares.
    Se nota que eres una mujer que brillas con luz propia.
    Un abrazo de buenas noches.

    ResponderEliminar
  18. Há flores silvestres lindíssimas.
    O São João este ano está comprometido por causa da pandemia. Mas já quase ninguém salta a fogueira...
    Magnífico post, gostei imenso.
    Bom fim de semana, amiga Beatriz.
    Beijo.

    ResponderEliminar
  19. Olá, Beatriz!
    Passei por aqui, lendo este excelente texto. E desejar um Feliz fim de semana, com muita saúde.

    Beijinhos!

    ResponderEliminar
  20. Oh, amiga!

    É por todo lado o mesmo. Vão-se perdendo as tradições.
    Aqui havia a tradição da Quinta Feira da Ascensão ~~ as pessoas iam para o campo, levavam comida e bebida, cantavam...
    Já lá foi...

    Saudações!

    ResponderEliminar
  21. Acho encantador haveres encontrado esta maravilha branca, ainda que a entendas perdida. Por cá, já há muitos anos que apenas se vislumbram de cor fushia.
    O Post é um grito, um alerta, uma súplica...
    Quem nos escuta?
    Parabéns, Beatriz.


    Beijo
    SOL da Esteva

    ResponderEliminar
  22. Que hermosa es la naturaleza y hay
    que saber apreciarla y cuidarla, bravo
    me encantan tus presentaciones, lindo Domingo
    para ti.

    Besitos dulces

    Siby

    ResponderEliminar
  23. Olá, Beatriz!
    Passando por aqui, para desejar uma ótima semana com tudo de bom.
    Beijinhos!

    ResponderEliminar