www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 12 de agosto de 2024

NOA

 

Foto en madeira realizada polo amigo artista
Sanse Avelaíña




Esta era e segue sendo Noa. Recollina na Marronda, cando pasaba por alí no coche. Estaba con dous cans, unha era como ela. Pensei que estarían abandonados e parei. Noa, que aínda non se chamaba así, veu correndo ata o coche, abrinlle a porta, e meteuse dentro. Dende ese mesmo instante, decidín ter un can e púxenlle, alí mesmmo, o nome de Noa. 

Pasado un tempo, souben que non estaban abandonados. Que súa nai era a que se parecía a ela e que eran dunha aldea da montaña, moi preto de onde a recollín. Tamén coñecín ao seu antigo dono quen a chamóu por Linda e ela foi correndo xunto a él. Noa xa estaba preñada dun can que andaba pola aldea e non era de ninguén. Díxenlle que en canto tivera os cadeliños, que lla devolvía, se quería. O antigo amo contestóume que me quedara con ela, que estaba en boa compaña.

Levaba uns tres anos de vida cando a recollín no  2009 e pasamos xuntas outros catorce, alomenos. 

Onte, despois de despedirme dela dicíndolle que a quería, que a miña vida con ela fora algo que nunca me tiña pasado, que era a cadeliña máis boa e tenra do mundo, que o seu pelo era coma a seda cando a aloumiñaba, que a recordaría sempre...

Cheguéi ao meu cuarto e abrín o libro de Suso de Toro por unha páxina ao azar. Atopeime coa palabra Terra ocupando o centro da páxina. Logo empecei a ler:

"Terra para vivir e mais para que te enterren; si, señor. Terra para gardar a nosa caveira coma se fose un pano fino que cha envolve para que che veña un día un príncipe por aí e che fale e che dea un bico. Sen terra non somos nada, somos unha palla que leva o aire, mais se a palla miudiña está prendida na terra tense alí por moito que pete o vento. Positivamente, así che é a cousa. Máis ou menos. Claro que cando vén a vella da gadaña alá vai a herba, iso sí. Iso xa se sabe, á herbiña chégalle a súa seitura, e logo outro ano ha vir outra, e así sucesivamente. Sempre e mais despois."

Non podía coller o sono. Daba voltas e mais voltas no leito. Quería erguerme, ir xunto a ela... pero non quería vela morrer. Non quería!

Pola mañá, cando acordei, fixen o que sempre fago cando me levanto, ducheime, vestinme e, con toda a calma que puiden, achegueinme a onde a deixara pola noite. Estaba morta. Tiña os olliños abertos, o corpo frío, dunha peza. Apenas pesaba. Levaba moitos días sen comer e xa, ao final, sen beber. 

Cumpría uns dezaoito anos de vida, unha longa vida ao meu carón, xuntas sempre.

Non quero dicir máis. 




Gustábanlle os paseos. Andaba ao meu paso cando fago marcha nórdica. Tiña moitos pretendientes. 
Foi nai tres veces. Bailaba comigo. Encantáballe a música. Cando xa non podía facelo, quería que a abanease no chán ao son da música.





Sempre fixo moi boas migas cos gatos que tivemos. Queríanse como irmáns. Coidábanse mutuamente. Lambíanse, bicábanse, durmían xuntos....



Nesta foto xa se aproximaba o fin. Notábaselle que estaba tristeira, que xa non bulía como acostumaba.



As miñas netas toleaban con ela. Facíanlle bromas como esta cos seus peluches aos que lles chamaban Noa. Noa real e Noa de peluche. Ela aguantaba todo.




Miña nai dicía que tiña andar de "señorita" e as suas poses eran refinadas, como se ve, gustáballe cruzar as patiñas.



Noa acompañábame cando ía ver a miñas netiñas e elas prodigábanlle toda clase de coidados. Pelexaban por sacala de paseo. As dúas querían levar a correa.



Unha vez tivo so un cadeliño, Bobi. O pai era de raza moi parecida á dela. Xa ía moi vello o pai de Bobi. Sinto telo dado en adopción porque houbera sido a continuidade de Noa pero non por moito mais tempo.



O verán pasado tiven huéspedes andaluces e unha nena tocaba a guitarra eléctrica no porche. Noa non salía de xunto a ela. Cómo lle encantaba a música! Ata cando eu tocaba o acordeón, notaba cando desafinaba. Tiña un bo oído, ata que o perdéu!




Baixo o castiñeiro, unha prima facíanos sesións de fotos cada verán. Aquí estabamos as dúas mais novas!


E polo Nadal, non faltaban as felicitacións con eles como protagonistas. 



Moitos dos meus huéspedes volveron a aloxarse na nosa casa, so por estar con Noa. Esta asturiana namorouse dela. Noa sempre quería estar no regazo de alguén que se ofrecera a collela. Tamén era moi boa anfitriona e mesmo me axudaba a recibir aos que viñan quedarse.



Chovese ou nevase, Noa sempre estaba disposta a dar o seu paseo comigo. Parece que lle gustaba andar na neve e sentir caer as folerpas no seu lombo.





Guapa e con señorío, sabía como camelar. Gustábanlle os cans grandes. Tiña un ciu que duraba case todo o ano. Cantos problemas cos cans que viñan cortexala! Desfacían os peches da finca para entrar. 
Agora, todo iso acabóu. Xa non teño que coidar. Botareina moito de menos. Nada será como cando ela estaba xunto a min. Vivirei co seu recordo e ela, quen sabe, pode que a súa alma se reencarne noutro ser que me acompañe.

Chéganme fotos de unha amiga que coñeceu a Noa e non podo menos que deixalas aquí. Grazas Iria!






21 comentarios:

  1. Minha amiga Beatriz,
    Como diz um dos meus aforismos:

    “A morte é uma flecha com alvo certo desde o momento em que nascemos!”

    A perda de um animal de estimação pode ser a primeira experiência de uma criança com a morte e é dessa forma dura que a vida nos ensina sobre a finitude.
    O impacto causado pela morte de um animal é comparável ao luto por um ser humano, pois quem ama cães e gatos, por exemplo, é sempre uma pessoa sensível.
    Fico sinceramente triste com sua perda... Fruto da amizade e generosidade do antigo dono que deixou esse belo cachorrinho ficar com você, viver com você e se despedir ao seu lado.
    Sinta-se acolhida pelo carinho desse seu amigo brasileiro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas amigo Doug pela túa pronta reacción ao meu post. Escribir sobre algo que nos toca a alma, é uma maneira de alijeirar o peso dunha dor, como niste caso, a morte dunha companheira de vida.
      Beijinho

      Eliminar
  2. Parece mentira como se lle quere aos animáis e canto se sinten cando non están

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Os animais, foron uns grandes esquecidos por moita xente do pasado. Hoxe, coidámolos con máis humanidade, tanta que se lles chega a ter como un/unha máis da familia. Grazas, Silvia. Unha apertiña.

      Eliminar
  3. Ola Bea:

    É incrible a conexión que xurde entre os animais e nós sen precisar falar, só co mirar, cos xestos e ladridos.

    Moitas veces resúltanme máis comunicativos, fáciles de descifrar e entender os cans que as persoas. Cada un coa súa propia personalidade, sensibilidade, gustos e fobias, son excelentes compañeiros de vida. Non chego a comprender á xente que os ve como algo simple. Penso que os de poucas miras son esas persoas.

    Tivestes moita sorte en atoparvos Noa máis ti. Pódese apreciar na feliz e longa vida que tivo. Facísdesvos ben e tíñades cousas en común que vos unían. O gusto polo baile, música e as caminatas.

    Acórdome unha vez no xardín da rúa casa como te miraba e escoitaba tocar o acordeón, en primeira fila.

    Tiven eu tamén a a sorte de coñecela, e Noa era fácil de querer.



    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Iria. Concordo contigo. Eu nunca pensara en ter un can. Pero Noa veu feita para min. Coido que non me valería calquera. Tamén é verdade que a convivencia moldea e os cans adoptan un pouco a personalidade da persoa que os coidan e acaba por darse unha sinbiose entre ambos.
      Ensinan moito co seu exemplo.
      A min aportoume convivir con Noa.
      Grazas polas fotos, polo teu comentario. Síntome moi arroupada neste baldeiro que se crea cando se vai un ser que queres.
      Aperta grande

      Eliminar
    2. Penso que os cans, aínda que moitos son máis sumisos e podem adoptar as costumes das donas, son coma os fillos. Aínda que os eduques igual, cadaún ten a súa personalidade, o seu carácter e os seus gustos. Seino pola experiencia que teño na casa de meus pais. Hai dous e cadaún é diferente. Espero que estés ben. Noa é o que quererís. Un biquiño Bea 😘

      Eliminar
  4. Tuven a sorte de coñecela,tiña Unha mirada moi inocente,estou seguro que foi moi feliz o teu caron ,os animales aportanos moito e creamos un vínculo moi Bo.Escoitei unha vez que mentras nos acordemos dos seres queridos ,seguirán vivos entre nos.o recordó estará sempre presente,un bicho para as duas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Sanse. Ti formas parte do seu recordo. Inmortalizada na túa arte. Gardareino sempre.
      Aperta.

      Eliminar
  5. Muito bonita e fofa a Noa. Gostei de ler este teu testemunho de amor pela linda cadelinha, amiga Beatriz.
    Lindas fotos aqui partilhas.

    Deixo os meus votos de uma feliz semana, com tudo de bom.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com
    https://soltaastuaspalavras.blogspot.com

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Obrigada pelo teu sentimento de simpatía para com Noa, amigo Mario.
      Um abraço

      Eliminar
  6. Perder estes, que são os mais fiéis de todos os amigos, é muito doloroso.
    Sei isso por experiência própria.

    ResponderEliminar
  7. Toda su vida, dando vida a la tuya. Se echan de menos muchísimo. La mía se fue con 16 largos, y cuánto nos dio, así que te entiendo.

    Por Noa. Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias, Maripau.
      Es así y mejor que no les faltemos nosotros primero porque nos necesitan hasta el último instante.
      Un abrazo!

      Eliminar
  8. O sábado día 9 tamén tamén morreu o meu cadeliño . Tiven que facer esforzos para non chorar, o que se lles quere so o sabemos quen os temos. O sinto moito. LARM

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois serían de un tempo!
      O que máis doe é velos irse e non poder facer nada.
      Agora queda un baleiro moi grande, como nos deixan os seres queridos. É como quedar orfos

      Eliminar
  9. Olá, querida amiga Beatriz
    Passando por aqui, revendo este excelente post que muito gostei, e deixar os meus votos de feliz fim de semana, com tudo de bom.
    Beijinhos, com carinho e amizade.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com
    https://soltaastuaspalavras.blogspot.com

    ResponderEliminar
  10. Hola estimada y apreciable prima.
    Siento mucho lo de Noa. No tengo ni palabras para escribir. Se que era una perrita muy especial. Muy cariñosa, tierna, y sabía amar a los seres humanos mucho más Noa, que los humanos entre ellos mismos. También sabía salir a la puerta a recibir a la gente igual que una hermosa Dama de su hogar.
    Un abrazo enorme.
    Mónica

    ResponderEliminar
  11. Hola, Beatriz. Lo primero es decirte que siento mucho la perdida de tu compañera Noa, a la que seguro vas a extrañar mucho su ausencia, pero que siempre conservarás esos bonitos recuerdos que nos cuentas en este merecido y bonito homenaje que le haces.
    Y aunque no soy amigo de dar consejos, por nuestra experiencia, lo mejor es adoptar una nueva perrita de las muchas que hay abandonadas en las perreras, y verás como vuelve esa alegría a tu hogar que siempre nos regalan estos fieles y cariñosos compañeros.
    Un fuerte abrazo.

    ResponderEliminar
  12. Beatriz. No se podría tener más arte para explicarnos cómo era tu amiga, que esa síntesis que le dedicas a Noa: "Guapa e con señorío, sabía como camelar".
    Casi diría que a ese titular nos agarraríamos cualquier humano.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.