A Casa Vita, xorde dunha experiencia antiga, finais anos cincoenta, comezos dos sesenta, cando Ramiro e Natalia, decidiron comezar cunha cantina, como medio de vida, nunha casa alugada que fora de labranza, e compartíndoa con outra familia. Ao cabo duns anos, a familia foise e eles mercaron a casa, coñecida por casa de Canónigo e máis tarde por a Cantina do Pibidal, ou casa de Ramiro e Natalia, ou a a Taberna.
Rexentárona perante trinta anos, sendo cantina, tenda de comestíbeis, aloxamento e casa de xantares, ao tempo que exercían as súas profesións de carpinteiro e costureira mentres me criaban, me mandaban á escola e logo a estudar a Lugo onde rematei maxisterio a mediados dos anos setenta.
O entorno da casa é un lugar onde o Eo amosa as súas primeiras augas, ao que se ía lavar a roupa, enfriar as bebidas no verán, beber o gando....Está situado nun longo val que se estende dende Baralla ata Meira, con montañas suaves que o definen, entre elas a Marronda, actualmente coñecida pola súa ruta de sendeirismo que pasa polos meandros de a Cortevella, e vai camiño de Ribadeo, sen deterse ata atopar o seu ansiado mar Cantábrico.
A casa ha de ter preto de douscentos anos. Foi restaurada no 2011, cando meus pais xa estaban a punto de irse despois dunha longa vida, case centenaria, e nós decidimos conservala e coidala, quedando con tan boa presenza que eu decidín continuar a miña vida nela a pesares de ter o meu fogar ubicado noutro lado, xunto ao mar, que tanto quero. Foi unha decisión que xurdíu como un fío que tiras dél e vaslle vendo o que dá de sí.
Eu, que nunca quixen quedar na casa, como se acostumaba nos vellos tempos, continuando co negocio dos meus país, pois preferín estudar e ter a miña profesión e vivir dela, cousa que conquerín, unha vez xubilada, pensei en retomar o uso que tivo a casa noutra época, pero adaptada aos tempos de hoxe.
Así foi como naceu CASA VITA. Por qué ese nome? Pois, o que son as cousas! De rapaza, chamábanme Vita e a min non me gustaba nada, porque nada tiña que ver con Beatriz, que é o meu nome de pila. Pero coñéceseme por Vita. Así que pensei chamarlle así á casa e tamén pensando que VITA en latín é VIDA e a miña casa ía ter unha nova vida, a que eu lle diseñéi. Tamén, porque a miña actividade está conectada coa vida, ca natureza, co vivir tranquilo nun entorno moi admirado e desexado por quenes o visitan, pois é un lugar silenzoso, con moito verde, con clima suave no verán, polo menos dentro da casa é un refuxio nas vagas de calor que nos aqueixan ultimamente, e veñen de sitios onde non poden resistir as altas temperaturas. Aquí dúrmese de noite e de día tamén, se se quere, e mesmo se precisa unha mantiña no resío das mañás.
Dende o 2011 pasaron por este aloxamento personas de moi lonxe como de Australia, Nova Zelanda, EEUU, Reino Unido, Francia, Holanda, Polonia, Rusia...e logo da pandemia viñeron máis nacionais que estranxeiros, sobre todo do sur , do Mediterráneo, cataláns, madrileños...
O
s últimos que acaban de marchar, eran unha familia de Alacante coa que fixen de guía, como con tantos outros, nun roteiro que cae moi á man, xa que parte do nacemento do Eo, ata Sampaio, para ver as fervenzas da acea de Serra e a da Ferraría. Seguindo logo ata Cabreira, se se quere, mesmo ata a Cortevella. Pero despois de darse un baño na fervenza da Ferraría, decidimos visitar a Pousada dos boieiros en Esgrade, que é un museo en cernes, xa que se trata dunha casa particular convertida en museo, en centro cultural na que teñen lugar actos moi interesantes como o último sobre a memoria de Arximiro Rico, un mestre asasinado polo fascismo perante a Guerra Civil, e outros actos como presentación de libros, un deles "A rota dos boieiros", que fala da historia da casa dende o ano mil seiscentos e na que se conserva a taberna e todos os apeiros dunha casa boa de labranza ao longo das xeracións que a habitaron.
Logo de aceptar o convite que nos ofrecéu Tino, o dono da casa, na súa taberna, na que aínda hai cousas feitas por meu pai, fomos xantar a un restaurante rural no que se comen produtos caseiros e que sempre recomendo aos meus huéspedes.
Se me piden suxerencias de sitios para visitar, considerando as súas preferencias, non me faltan lugares aos que encamiñalos, pois moitas das rutas xa as teño experimentadas, así como sobre qué comer, beber...Tamén estiven sempre aberta a compartir con elas e eles calquera outra actividade, como degustación de pratos típicos dos nosos lugares, así, fixemos unha paella valenciana, unha queimada galega con esconxuro incluído e disfraz improvisado de meiga/o, caldo de castañas, doces típicos...
A experiencia CASA VITA é algo máis que un aloxamento vacacional, é tamén un compartir, aprender e comunicar. Tamén participar. Nesta ocasión, as personas axudáronme no xardín e eu correspondín con outras cousas como froitos da horta, lavado de roupa...
Deixo algunhas fotos desta última visita e tamén doutras anteriores ao longo destes trece anos que me adico á actividade turística, sen ánimo de lucro, senón por manterme activa, por estar ocupada, por seguir coidando a casa, por darlle o que non puiden darlle noutra época: o seu espíritu vital!
Bucólico, muito bonito.
ResponderEliminarBfds
Hola Beatriz, que lugar más acogedor y entrañable esa CASA VITA (la casa de tus ancestros retomada y adaptada dentro de su singularidad); si la ocasión me lo permite intentaré hacer una visita, e incluir en ella un recital poético musical...
ResponderEliminarUN ABRAZO
Genial, Dionisio. En mi aldea tenemos una casa junto al nacimiento del Eo en la que hacemos actos culturales. Hemos presentado allí libros. Así que, cuando quieras, organizamos un recital. Poetas tenemos!
EliminarUn abrazo
Por certo um lugar simbólico para ti. Que foi muito bem adaptado e restaurado. Excelente partilha, amiga Beatriz.
ResponderEliminarGostei muito desta viagem no tempo, que aqui nos proporcionas.
Deixo os meus votos de um feliz fim de semana com tudo de bom.
Beijinhos, com carinho e amizade.
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
https://soltastuaspalavras.blogspot.com
Olà, amigo poeta. Agradeço seu comentàrio e visita ao meu blog, depois dunha demorada pausa pela minha parte, que não é o seu caso, sempre ao día coa súa poesía, sen demoras nen descanso, como tem que ser.
EliminarBom finde e uma aperta.
Amiga Beatriz,
ResponderEliminarPontos de encontro relacionados à comida são excelentes lugares para construir amizades sólidas, pois desde os tempos bíblicos, Jesus e seus apóstolos se reuniam em volta de uma mesa compartilhando pão e vinho.
Um beijo e bom final de semana!!!
Olà Doug, gosto de partilhar experiencias, melhor boas, podendo ser. As comidas, a música, os paseios...
EliminarUma tradição anterga!
Feliz domingo
Ola Bea:
ResponderEliminarParéceme un nome moi axeitado e premonitorio o de Vita.
A Vita que demostrou logo unhas gañas unha e valentía de vivir e experimentar na vida, de vivila como ti quixeches, fuxindo das críticas e rachando cos estereotipos, estándares, moldes e limitacións da sociedade do momento, tendo múltiples vivencias enriquecedoras, moitas das cales tiveron lugar fóra desa casa pero tamén dentro.
Sempre sentín moita vida mesa casa, e nos mobles e obxectos tamén moitas outras vidas recollidas, dos antergos e dos presentes.
Un bico,
Iria
Como boa ouservadora da Vita, ( Vida), penso que non andas desatinada no fermoso comentario que me adicas.
EliminarTi formas tamén parte desas vivencias compartidas e comunicadas.
Grazas, miña amiga.
Un abrazo
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarOLA BEA. A NOSA CASA NON SO É UN SITIO PARA VIVIR, É ONDE VIVEN AS LEMBRANZAS, ONDE MORAN AS NOSAS RAICES. AGORA TAMÉN A COMPARTES CON OUTRAS PERSOAS. BONITA CASA POLO DEMAIS. LARM
ResponderEliminarGrazas pola visita LARM. Tes toda a razón e custa afacerse a idea de vendela ou deixar de habitala pero todo antes que vela cuberta de silvas!
EliminarAperta e bo verán.
Um lugar aconchegante, tem vida, tem memória,
ResponderEliminartem paz, tem sossego, é belíssimo, o que pedir
mais da vida?
Maravilhoso, encantador. Eu gostaria de uns tempos por aí...
Uma ótima semana, querida Beatriz.
Beijo.
Beautiful post and photos.
ResponderEliminarThank you. You are very kind!
Eliminar