www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

mércores, 27 de marzo de 2024

RUTA DO RATO

 


Qué se pode facer nunha mañán chuviosa, fría, con unha borrasca chamada Nélson entrando polo Atlántico e que vai continuar durante días, amolando á xente que saíu de viaxe na ponte de Semana Santa, con procesións canceladas, temperaturas de menos catro graos nalgunhas zonas...? Pois a mín ocórreseme: entrar en calor, facerlle fronte á fronte e coller o Rato polo rabo de punta a cabo.

O río Rato, que bordea unha parte de Lugo cidade, é un bo sitio para camiñar ou andar na bici. Aló me fun esta mañán, decidida a espelir o frío que me encollía o corpo para logo ir nadar na piscina e tomar unha sauna. 



Mentras camiñaba, a bo paso, ocurréuseme  visitar as hortas urbanas e facer unha pequena reportaxe do que alí había de ouserbar e deixarme sorprender.

Así foi. Pouca xente camiñaba por ali a aquelas primeiras horas da mañá. No río, unha parella de patos, cada ún da súa cor, tamén decidiran dar unha voltiña pola auga.

Funme fixando nos letreiros que informan do tipo de flora e fauna que se atopa na zona. Había dende lobos, vívoras...ata fermosas especies vexetais que están empezando a coller follaxe.



Sempre sentín degaros de adentrarme nas hortas urbanas e ver que plantan ali as persoas que as coidan.



Uns paneis na entrada informan do proxecto que leva a cabo a Deputación de Lugo, concedéndolles a xente que o solicita, o uso destas terras, a carón do río Rato. A distribución das parcelas que teñen todas asinado un número, recentemente tamén dispoñen de cubos de compostaxe.



Nesta parcela, hai colocados uns trobos para abellas silvestres e uns cestiños de bimbio que sosteñen prantas de amorodos. 



Aquí, a separación dos bancais foi feita artesanalmente en forma de seve para separar as distintas clases de plantas. Por ser un lugar moi húmido, danse ben os bimbios.



A pesar do mal tempo, xa se poden ver cebolas e allos medrando. Estes repolos quedaron do inverno e aínda non se recolleron.



As vistas dende as hortas son fermosas por ser unha zona moi verde, con abundancia de árbores senlleiras e máis outras que se plantaron cando se fixo esta área recreativa.

Despídome cos paneis nos que se pode ler todo o relacionado con estas hortas e, como eu son muller de horta, sempre collo ideas para logo mellorar a miña.

Quen sementa, recolle!






29 comentarios:

  1. Bonita publicação que gostei de ver e ler
    .
    Votos de uma Páscoa muito feliz.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Obrigada, Rykardo pola pronta visita.
      Que passes uma boa Santa Semana.

      Eliminar
  2. Olá, amiga Beatriz,
    Muito interessante passeio aqui nos descreves. É sempre fantástico descobrirmos a natureza, mesmo nos dias mais frios e chuvosos..
    Gostei bastante desta partilha.
    Deixo os meus votos de um Feliz Páscoa, com muita saúde e paz!
    Beijinhos, com carinho e amizade.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com
    https://soltaastuaspalavras.blogspot.com

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Cando hai paz, saude e harmonía, todos os días son unha oportunidade de sentirnos ben, pese á chuvia, frío...
      Grazas por vir.
      Aperta grande e boa finde.

      Eliminar
  3. Unidos el trabajo del hombre y la naturaleza nos dejan regalos como esta entrada que hoy nos dejas
    Precioso spot querida amiga
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias, Stella. Compartir lo bueno siempre lo hace dos veces bueno.
      Que tengas un buen fin de semana y Pascua, si la celebras.
      Besos

      Eliminar
  4. Hola, Beatriz, has sabido salirte de lo trillado y aprender las buenas cosas que a veces tenemos ante la vista y ni reparamos en ellas.
    Ahí tenías, a mano, las inquietudes de otros seres que como tú no se resignan a la inactividad y logran sacarle jugo a la vida.
    Al contarnos el final del paseo, piscina y sauna incluidas, nos has mostrado un puntito malvado provocando la envidia.
    ¡Tú si que sabes, amiga!
    Un besazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Ana! Ya echaba en falta tu presencia en mi blog y yo tampoco me he dejado ver por el tuyo pero lo haré pronto.
      Gracias por dar tu el paso!
      Un abrazo

      Eliminar
  5. Gostei muito de ver seu passeio, suas fotos...mesmo não tendo aquele belo sol brilhando! A chuva tem seus encantos, também.
    Querida Beatriz, uma Feliz Páscoa junto aos seus, muita
    paz e alegria!
    Beijinho, querida amiga.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá Tais, sempre é bom partilhar experenças dende lugares tão diferentes.
      Também Feliz Pascoa!
      Beijinho

      Eliminar
  6. Fico contente por saber que aproveita a energia que tem de forma positiva saindo a desfrutar da natureza e do ambiente que a rodeia.
    Boa Páscoa, Beatriz.
    Abraço de amizade.
    Juvenal Nunes

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muito obrigada, Juvenal, pela visita!
      Gosto de vivir na Natureza e desfrutar das pequenas/ grandes coisas que nos oferece.
      A Pascoa ja foi e que a primavera nos traza um pouco de sol e calor.
      Abraço

      Eliminar
  7. Xenial, interesante, ogallá se fomenten máis hortas deste tipo é ben para tod@s👏🏻grazas pola túa andaina, Bea! Biquiños.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a ti, Sonia, por vir sempre a aportar o teu grau de area. Comer o que cadaquén cultiva, de xeito ecolóxico, e gañar saúde e máis sabedor!
      Aperta grande

      Eliminar
  8. Hola Bea. Me alegra ver ese precioso paseo del Rio Rato de Lugo, han hecho bien, la verdad.
    Cuando estoy ahí también voy a caminar y reirme un rato, que falta nos hace a todos... Mientras los días vengan lluviosos mejores cosechas abra después. Lo agradeceremos. Tiene que de llover más de lo que ha llovido. Me ha sorprendido las huertas ecológicas del paseo... Aquí hay días de verano y otros días parecen que estamos en pleno invierno. El tiempo esta fatal. La primavera es imposible verla.
    Gracias prima, por este pots.
    Un abrazo enorme.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Mónica. Tienes toda la razón! La primavera nos deja invierno y al revés!
      Ya disfrutaremos del verano y de nuestros paseos por Lugo.
      Un abrazo.

      Eliminar
  9. Respostas
    1. Que bom que goste das hortas comunais, Pedro. Ter uma é saudabel e entretida!
      Feliz semana!

      Eliminar
  10. Ola Bea:

    Por pouco non coincidimos no paseo do Rato, e é que estiven alí á noitiña anterior á túa caminata con Sanse e Vento! E tamén quedamos por Lugo por causa do temporal, porque de non ser así tíñamos pensado viaxar.

    Unha das cousas que sempre me gustou de Lugo é que é unha cidade pequena, rodeada por ríos e natureza. Ten as vantaxes de vivir nunha cidade, con programacións culturais e de ocio, actividades, concertos cada fin de semana,etc, pero simplemente caminando, sen necesidade de pillar o coche ou pillando o coche 5 minutos, sen atascos podes atoparte no medio dun magnífico bosque autóctono, con natureza exuberante ou nun pequeno núcleo rural.

    É marabilloso porque o contacto coa natureza para min é fundamental e xa se sabe, está demostrado que é beneficioso para a saúde e calma é un dos mellores ansiolíticos. Onte descubrín unha palabra hindú que se emprega no ioga, aínda que eu non práctico esta actividade, shanti, que significa paz na mente, no corpo e na alma, e eso é o que me proporciona a min a natureza, como creo que tamén a ti.

    Encántame Lugo, e aínda está bastante libre de eucalipto, e o seu monocultivo.

    Falando de cultivos, un asunto que teño pendente é cultivar. Sempre é bo cultivar e cultivarse 😂 pero ó que me refiro desta vez é ao sentido literal da palabra, cultivar unha horta, como a túa e a do Rato. Nunca o fixen, fixen un intento unha vez de cultivar tomates desde a semente, empregando semilleiros, pero foi un desastre porque non fun o suficientemente constante, e nin sequera cheguei a transpantalos.

    Facíame ilusión ver como da semente nacía a pranta, medraba, daba flor e despois o froito que recoller. Pero desa vez non o merecín. Este ano quero voltar a tentalo e a ver se é a vencida e supero o reto.

    Xa non aspiro a facer unha horta tan bonita como as das túas fotos, que ata lles puxeron cestos de vimbio, doblemente artesáns, da horta e dos cestos!

    Só quero recoller a semente. Como dis ti, quen sementa, recolle (aínda que non sempre, tamén hai que saber sementar e despois regar e coidar).

    Desexo moito shanti para ti Bea! 😘😘

    ResponderEliminar
  11. Non sabía destes hortos urbanos. Moi ben!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estan un pouco discretas pero a quen fai o paseo non lle pasan inadvertidas.

      Eliminar
  12. Quédome co final, quen sementa recolle.

    Hai tempo que non ando o Rato, anos atrás teño camiñado moito pola súa beira...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Manuel, grazas pola visita e comentario. Pois hai que camiñar moito, por aquelo de que "faise camiño ao andar" e porque "camiño a pé, vexo o mundo tal cal é"
      E do "quen sementa, recolle", tamén es bo coñecedor.
      Aperta

      Eliminar
  13. Olá, Beatriz!
    Teus posts são sempre muito completos e apresentam passeios feitos a pé.
    Quanto mais hortas, melhor. Quem semeia, colhe, como tu dizes.
    Beijos e um grande abraço.

    ResponderEliminar
  14. Hola, Beatriz. Lo primero es reconocer lo valientes que eres, porque muy pocas personas saldrían a pasear en bici, sabiendo que está la borrasca encima, y además por un camino donde te avisan que que hay lobos y vívoras por la zona.
    Por aquí también hace años que se pusieron de modas los jardines comunitarios, y aunque en un principio fueron por zonas rurales, ya también los hay en las afueras de la capital. Y me parecen muy interesante porque además de que ayuda en las casas esa entrada de productos frescos, también está ayudando a muchas personas mayores a ocupar su tiempo, y lo más importante a sentirse útiles.
    Te agradezco esas fotografías que has compartido, porque siempre viene bien bien pasear y conocer un poquito más de tus lindas tierras.
    Un fuerte abrazo, amiga.

    ResponderEliminar
  15. O senhor Pedro e a sua empresa de crédito têm sido extremamente úteis para a nossa empresa, disponibilizando uma linha de crédito para o nosso crescimento contínuo do negócio agrícola. de crédito que concede me $ 8.000.000,00 para empréstimos comerciais.
    O senhor Pedro e a sua empresa também concedem qualquer montante de empréstimo a particulares ou empresas que procurem uma forma de expandir ou executar o seu projeto com juros baixos de 2% de retorno anual. Contacte-os para adquirir o seu empréstimo comercial, empréstimo pessoal, empréstimo comercial, empréstimo inicial, empréstimo automóvel, empréstimo à habitação. em
    Whatsapp +393510140339
    pedroloanss@gmail.com

    Boa sorte"

    ResponderEliminar
  16. Restauração Financeira Com a ajuda de Pedro, um agente de crédito que trabalha com uma conceituada empresa de crédito, o seu endereço de e-mail: pedroloanss@gmail.com também fala com ele através do whatsapp: +393510140339. Este é o e-mail dele. Sou Leonardo Hugo, um agrónomo que conseguiu fazer renascer a sua moribunda Fabrico de Ração para Gado com a ajuda de um credor enviado por Deus conhecido por Pedro Jerome, o Oficial de Empréstimos. Quero que saiba que o Serviço dele é o lugar certo para si para resolver todos os seus problemas financeiros porque sou um testemunho vivo e não posso simplesmente guardar isso para mim quando outros pedem uma forma de ser levantado financeiramente. Quero que todos vocês contactem este credor enviado por Deus usando os dados indicados para participar nesta grande oportunidade e também eles trabalham com um banco bom/respeitável que transfere dinheiro sem demora para a minha conta.

    ResponderEliminar
  17. Olá a todos, o meu nome Ximena Jimena, de Cuba, quero usar este meio para informar o mundo sobre como me curei do herpes no início, quando tive sintomas em 2014, fiz um teste e deu positivo, perdi a esperança de melhorar o relacionamento ou o casamento , tudo mudou quando conheci o Dr. Jekawo entrei em contacto expliquei-lhe tudo e ele disse que tem a cura então decidi pedir-lhe, então na verdade fiz passado 2 semanas fui fazer o teste e deu negativo. .
    HPV
    VIH/SIDA
    epilepsia
    anemia falciforme
    diabetes
    Herpes
    DPOC
    esterilidade
    cancro
    verruga
    psoríase
    pitiríase rósea etc.
    e-mail: drjekawo@gmail.com
    Whatsapp +2347059818667.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.