www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

venres, 22 de marzo de 2024

"SON O PASO DUN TEMPO" ( Urbano Arza)


                                                                     O corazón 

                                                                que late o tempo.

                                                                     Escoitalo!

Medio escondido, nas montañas de Lugo, en Folgoso do Courel, late o corazón de Urbano Arza que aos seus 91 anos aínda lle quedan cousas por facer. Quere contarnos as súas memorias, despois de ter escrito dous libros de poemas, construído un museo no que agocha as súas obras feitas en madeira, os obxectos que foi coleccionando ao longo da súa vida de pastor de cabras, carpinteiro, empresario de Folgoso, home emprendedor, coñecedor dos lugares que visten os nomes máis fermosos e que él convirtéu en poesía igual que os madeiros e garabullos que foi recolectando cando ía soutar aos que lles deu vida converténdoos en persoeiros, obxectos significativos, coa súa creatividade que non ten límites, cos ferregachos que xa non tiñan uso e que fixo deles esculturas que hoxe se erguen no xardín do museo e que acompañóu de curtas frases poético filosóficas que son a súa razón de ser e de entender a vida.

Foi para mín un encontro único con poetas chegadas de todas partes, coa Furgoteca que organizóu o evento no que tamén se plantaron árbores no lugar de Froxán e no que participaron  nenos e nenas do CPI de Folgoso, pais, nais, profesorado e vecindade que quixo achegarse ata o salón de actos do Concello, tendo despois a agardada visita á Madeiroteca ou Museo de Urbano onde grandes e pequenos desfrutamos con todo o que alí se mostraba como se fose un centro relixioso, unha igrexa do saber, do bo facer, da fantasía e da imaxinación diste grande artista, un pouco descoñecido aínda, ao meu ver, pero que, de seguro, non será esquecido e ogallá que saiban darlle o valor que ten gañado a pulso, nunca mellor dito, porque das súas mans saíron as súas obras.


                                                                 Ao fondo, o museo.



                                                                       Son a roda

                                                                     que da voltas

                                                                  eternamente cega

                                                                       nesa noria

                                                                    vacía da nada.



                                                                Son o dragón

                                                            que vou tragando

                                                        o que non evoluciona.



Este banco que se encontra na primeira sáa do museo, pode ser unha lembranza á súa dona que xa non se senta con él.


Unha das moitas mostras que se gardan na primeira sáa do museo e na que hai obxectos antigos moi diversos e  agrupados segundo a súa utilidade.


Dende o teito ata o chán, todo sabiamente coidado para dar esa impresión de maxestuosidade que caracteriza a todo o que el fai.


Foinos explicando os siñificados dalgúnhas das súas esculturas. Chamóume moito a atención ista.

A primeira man: Escoller o camiño, a ruta, o rumo na vida.

A segunda man: Facer o traballo ben feito.

A terceira man:  Obter o éxito.

Todo unha filosofía que él aplicóu no seu vivir cotidián. Saíu da nada, dunha familia numerosa. Apenas foi á escola. Foi pastor de cabras por montañas empinadas de vértigo. Fíxose carpinteiro. Puxo negocios na vila e deu vida á súa familia, sendo hoxe, bisavó de dous bisnetos que, ogallá, sigan os seus pasos e saiban aprezar o legado que lles deixa.




Durmía nun cuarto sen xanela. Esta é a que contruíu para poder ollar o mundo e contemplar as paisaxes do seu Courel. Unha reliquia, un símbolo, un adianto do que lle agardaba, sendo como era, un home de altas miras.


Fora, agardábanos unha degustación de doces feitos con castaña e que se elaboran en Folgoso. "Delicias do Souto".

Despois dun xantar de confraternidade, pasamos á segunda parte da visita que tiña como obxectivo a prantación de árbores, niste caso, no lugar de Froxán, onde podes atoparte con lobos en pleno día, como nos contóu un paisano que lle pasara. Quedaron frente a frente fitándose ata que o home lles dixo: "Quén de nós se vai primeiro?" Os lobos saíron correndo cara ao monte.




Agradecer a Paula Buján, bibliotecaria da Furgoteca, pola organización tan ben levada diste evento no que todo o mundo que participamos quedamos contentos de pasar un día completo no Courel facendo cousas en común. Grazas, Paula!


                Con Paula e Urbano durante a lectura de poemas no Concello de Folgoso.




24 comentarios:

  1. Publicação maravilhosa, didáctica, que muito gostei de ver e ler. Cumprimentos poéticos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome que che gustara, Ryk@rdo. Ti sabes aprezar a poesía e a beleza das obras bem feitas, como as diste courelám!

      Eliminar
  2. Encántame a túa semblanza/reportaxe, Beatriz!!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Silvia. Faltábasnos tí e moitas e moitos máis poetas. Hai que facer outros encontros!

      Eliminar
  3. Post fantástico aqui partilhas, amiga Beatriz.
    É sem dúvida uma vida cheia que o Urbano descreve através da poesia. Gostei muito.
    Votos de um feliz fim de semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaide

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com
    https://soltaastuaspalavras.blogspot.com

    ResponderEliminar
  4. Queria muito ser amiga da senhora para visitar esses lugares tão bonitos, hahahaha
    Um bju!!!!

    ResponderEliminar
  5. Amiga Beatriz,
    Chegar a esta idade com a lucidez de poder contar suas histórias e apresentar seu trabalho às pessoas é uma verdadeira bênção divina. São mais de nove décadas de sabedoria, não se pode deixar de notar alguém com essa história de vida.
    Continuo aqui com uma mochila nas costas, acompanhando vocês em suas caminhadas.
    Um abraço e bom fim de semana!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Amigo Doug, eu gosto da companha das amizades blogueiras. Dar e recibir é un ato de solidariedade.
      Benvido aos meus paseios!

      Eliminar
  6. Bonita saída, contada co teu estilo persoal.
    Así que tamén hai por alá outro Froxán?

    ResponderEliminar
  7. Grazas. Pois si que hai outro Froxán.
    Mandareiche fotos.
    Aperta

    ResponderEliminar
  8. Menuda marabilla, que riqueza e boísima iniciativa, moi interesante, moitísimas grazas, Bea por compartir estas cousas tan enriquecedoras💚

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Sonia. A ver se para a próxima podemos compartila xuntas. Coido que a Furgoteca ten algo en Navia, non tardando.
      Avisareite!
      Aperta

      Eliminar
    2. Si podo, encantaríame☺️😘

      Eliminar
  9. Grazas, Urbano Arza... Iluminas o sol coas túas mans

    ResponderEliminar
  10. Ola Bea:

    Unha magnífica experiencia a vivida o pasado xoves. Léndote, descubro detalles, significados, que ti soubeches deducir, interpretar ou ler doutro xeito distinto ao meu, e que penso que poden ser acertados, como a túa interpretación do banco de madeira e a frase que mostra, ou outros detalles dos que non me decatara. Sempre ven dous ollos mellor ca un, o que demostra que é bo charlar, escoitar e intercambiar puntos de vista para aprender.

    Moito aprendimos de Urbano, e de todos os poetas e poetisas da montaña. Sorprendeume ver un museo tan valioso, tan pouco coñecido e recoñecido, como o seu creador. Debemos poñer en valor o legado cando aínda está vivo, e non decatarnos da súa importancia a posteriori, como ten ocorrido tantas veces.

    Todos os días se aprende algo, pero hai días máis enriquecedores que outros, e este foi un deles.

    Grazas á furgoteca por agasallarnos con el, a ti, porque como nos trasmitiu Paula, fuches o xerme que propiciou o encontro poético, querendo coñecer en persoa.a Urbano despois de verte sorprendida polo seu libro, adquirido na Furgoteca, e a todos/as os/as participantes, que nos agasallastes con momentos bonitos e historias emotivas.

    Por certo, quizás se puxeses o cartaz do acto se poidese coñecer mellor a programación do día, e os seus protagonistas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Iria, como sempre, pola túa aportación. Boa idea a do cartaz pero non sei por onde anda. A ver se o encontro. E grazas por levarme e poder comprobar tristemente a desfeita que fixo o lume nas serras do Courel, nas aldeas, como Vilar na que se destruíu outro interesante museo etnográfico.
      Aperta grande

      Eliminar
    2. Este comentario foi eliminado polo autor.

      Eliminar
  11. Só a senhora conta tão bem uma história. Aliás, a senhora, para mim, é uma das que melhor escrevem. Gosto muito da senhora, viu? Bjs.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A senhora também gosta das historias de RÓ!
      Beijinhos

      Eliminar
  12. Imagino cuanto lo habreis disfrutado, por las imagenes y lo que nos relatas despiertas el deseo de participar, me encanta querida Beatriz
    Un abrazo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Stella,
      Gracias por venir a leerme.
      La vida está hecha con momentos y ese ha sido uno muy memorable.
      Besos

      Eliminar
  13. Hola Beatriz.
    Una salida muy cultural. Bonita y buena para visitar los niños, padres, abuelos...
    El señor mayor le da un aire a tío Ramiro, tu papá. Por un momento creí que era él.
    Es un evento muy interesante. Además en las aldeas es importante crear lugares para conmover la cultural. Los pequeños que descubran oficios de antes. Un mundo rural más moderno como este que nos enseñas.
    Un abrazo enorme

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.