www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

xoves, 8 de febreiro de 2024

PAN DE TRIGO SARRACENO



 Unha experencia unida ao pan de trigo sarraceno comezóu coa chegada dunha parella da Bretaña francesa no 2012, que facían couchsurfing, é dicir, aloxarse de balde e compartir unha receta típica do seu lugar de orixen coa persoa anfitriona.

Para tal fin, pedíronme que trouxera do supermercado trigo sarraceno. Daquela non se atopaba nada con ese nome na cidade máis próxima. O que sí encontraba era espelta pero iso non lles valía. Polo tanto quedeime sen poder degustar uns creps ao estilo bretón, pero sí que me servíu de orientación para poder facelos eu mesma cando dispuxera desa fariña.

Así foi como descubrín que o chamado trigo sarraceno, non era tal trigo, senón unha semente, sen gluten, que se utilizaba para moitas receitas, incluso para facer pan sen gluten.

Unha vez que aprendín a utilizalo, empecéi a facer as nosas fillóas, usando tres fariñas, a normal de trigo, xunto con espelta e trigo sarraceno. Resultaban moito máis dixestivas e como eu xa convivira en Londres cunha rapaza bretona que traía creps cando ía á casa, tamén sabía que os recheaban con salchichas, ovo...e deixei voar a miña creatividade, facendo dos meus creps o prato estrela da miña cociña. 


Pero chegar a mercar ou facer pan de trigo sarraceno foi o seguinte paso, unha vez que me indicaron reducir o gluten e a lactosa na miña dieta por problemas dixestivos. 

Xa utilizaba o sarraceno en gran, que é semellante ao arroz pero máis esquinado, para guarnición dalgún prato, e a fariña para bizcoitos, empanadas...

No 2023, cal non sería a miña sorpresa ao descubrir unha panaderia da miña zona que elabora pan de trigo sarraceno. Comecéi a mercarllo e teño que dicir que é un pan moi caro comparado co pan normal pero para mín é como menciña. Séntame a mar de ben e gústame o seu peculiar sabor que non gosta a todo o mundo. Acostumo coller dous á semana e conxelar en rebanadas para ir sacando ao día.

O que ocorre é que a panadeira, unhas veces porque non ten fariña, outras por outro motivo, non sempre o trae e eu tiven a idea de facelo eu mesma. Todo o que necesitaba era trigo sarraceno en gran ou en fariña, psyllium, que é o que lle fai levedar un pouco, xa que por sí mesmo non leveda, e puxen mans á masa. Resultóume moi laborioso porque utilicei o gran, como me indicaba a receita, pero logo descubrín outras que utilizan a fariña e resulta máis doado de facer.



Para ser a primeira vez, non me queixo do resultado aínda que sí é verdade que ollóu menos que o que lle merco á panadeira. Tampouco é igual un forno de pan que un forno doméstico, e menos o meu, que está xa para o desguace! Con todo, é comible e senta moi ben. 

Deixo aquí a receita pola que me guiéi para facelo pero non descarto, no futuro, utilizar a fariña en paga do gran porque da menos traballo.

Non moita xente está enterada da existencia do trigo sarraceno e por iso eu quero con este post, dalo a coñecer para que outras persoas que non poidan tomar gluten, saiban facer un pan nutritivo, saudable e que se dixiere moi ben deixándonos content@s por fora e por dentro.


https://www.bonviveurutm.es/recetas/pan-de-trigo-sarraceno?



34 comentarios:

  1. Tanto o teu pan coma ti tedes un espazo reservado no meu corazón mazariqueño.
    Apertas, amiga Beatriz 🥰

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Todo un pracer contar con ese espazo no teu corazón, querida Mary. Aperta grade.

      Eliminar
  2. woaunh ficou um pao super e bonito adorei o post bjs feliz fim de semana saude

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Isa. Ter boa valoración dunha experta na cociña da moitos azos. Beijinho.

      Eliminar
  3. Grazas po la tua xenerosidade, Beiña. Tal como ti explicas a tua experiencia invita a poñerse e intentar facer ese pan milagreiro. Boa noite e feliz descanso

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Desta vez non caio! Deberías darme unha pista! Pero moi agradecida polo comentario que me deixas. Aperta.

      Eliminar
  4. Inda não, Pedro. Estan os transportes quase imposíbeis!
    Bfds

    ResponderEliminar
  5. Sempre descubrindo cousas novas! Parabéns

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Case todo está descuberto pero non sabemos todo!
      Grazas! Aperta.

      Eliminar
  6. Creo que a partir de ahora empezaré a hacer los creps con trigo sarraceno, no sabía que eran más digestivos, gracias por compartir la información

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Paloma, gracias por tu comentario. Pero, ojo, creo que solo con trigo sarraceno no liga bien la masa. Los bretones me dijeran que una vez preparada se deja unas horas en la nevera. Yo mezclo harinas. Podrías añadir harinas con gluten o sin él.
      Un saludo.

      Eliminar
  7. Hola Beatriz. Muy acertada tu predisposición para cocinar y obtener esos buenos resultados, con un pan de sarraceno que se come de memoria y satisfacción viendo de foto de ilustración. Muchas gracias
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  8. Hola Dionisio. Gracias por tu comentario. Me gusta la cocina y siempre procuro aprender algo nuevo que me aporte variedad y calidad. Lo casero tiene más mérito!
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  9. Olá Beatriz,
    É sempre bom fazer experiências deste género. E, pelo que relatas, até correu bem com a farinha sarracena.
    Parabéns!
    Deixo os meus votos de um bom fim de semana!
    Beijinhos, com carinho e amizade.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, amigo Mario. Seus comentarios sao sempre um estímulo para seguir co blog.
      Beijs

      Eliminar
  10. Oi, tudo bem? Obrigada pelo comentário, tá? Olha, se sobrar a senhora manda um pão desse aí para mim? Vou ficar muito contente, viu!!! kkkkkk
    Um beijo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muito bem, Ro! Melhor vir de coachsurfing a comelo aqui! :))

      Eliminar
  11. Amiga Beatriz,
    Este pão tem um aspecto apetitoso e tenho a certeza que foi devorado com prazer, restando apenas a fotografia para contar a história.
    Um beijo carinhoso!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Amigo Dou, obrigada pela tua visita. O pão está cortado e congelado para ir comendo aos poucos!
      Ja me passo pelo teu blog para desejarte um feliz carnaval.
      Um beijinho

      Eliminar
    2. Amiga Beatriz,
      Acredito que depois desse tempo já passado, esse belo pão já deva ter sido devidamente devorado.
      Um beijo e boa semana!!!

      Eliminar
  12. passando para desejar um lindo e feliz domingo com muita saude bjs

    ResponderEliminar
  13. Olá, Beatriz, sempre muito agradável vir aqui, ver
    por onde você anda , o que está nos mostrando de novidade,
    de bom, e dividir tudo com muito carinho. 😁🌹
    Um beijo, muita saúde e paz, querida Beatriz.

    ResponderEliminar
  14. É sempre uma gostosura vir aqui e aprender com suas publicações. Bju de terça de carnaval

    ResponderEliminar
  15. This bread looks great.
    Because we are curious about cooking and writing, we have something in common.
    (ꈍᴗꈍ) Poetic and cinematographic greetings.
    💋Kisses💋

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Writing and cooking make a good match.
      Thanks for your comment!
      Happy weekend.

      Eliminar
  16. No te escribo para que me escribas
    Te escribo porque me gusta leerte...
    No contestes
    si no tenes ganas
    de enlazarte con la gente

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias, amiga. Tu sabes comprender que a veces no es tan fácil navegar por estos mares.
      Un beso muy grande.

      Eliminar
  17. Ola Bea,

    A verdade que nunca probei pan sarraceno, nin estaba entrada do que era o trigo sarraceno (un trigo que non é tal, resultoume curioso), nin que servía para sustituír o ao pan tradicional con gluten.

    Teño curiosidade polo sabor, xa que ten que ser característico ao non gustarlle a todo o mundo.

    Unha aperta,

    Iria



    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, querida Iria. Sempre se alegra este blog do teu pasar por él.
      Deixarei un anaquiño para que o probes ou pásate por aquí e axúdasme a fornealo.
      Unha aperta

      Eliminar
  18. Hola de nuevo, Beatriz.
    Que placer de pan. Bien apetecible para hacer unos bocatas vegetales. Me gusta mucho más el fresco, que lo que van en conserva con conservantes.
    La suerte que tienes es hacer el auténtico pan casero.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.