www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

domingo, 14 de xaneiro de 2024

OS OVOS DA GALIÑA AZUL

 



A galiña azul non é tan só o nome que a Xunta de Galiza lle deu ás garderías infantís, pero sí que pode ser polo feito de que existe a galiña azul e ten unha longa historia malia a que eu a descubrira fai pouco, na miña propia aldea. Acostumo mercar os ovos das galiñas que viven libres e comen de todo o que encontran na horta, no curral, na aira, e que son consideradas "galiñas felices". Nunca lle lo preguntei pero semellan máis felices cas que viven encerradas en galiñeiros reducidos, por non mencionar as que viven hacinadas en granxas.

Investigando un anaquiño en Internet, entereime de que hainas de variadas razas: Andaluza, Extremeña, Chinesa... pero o que sí me chamóu a atención foi que as galiñas azuis europeas, proceden das autóctonas chilenas chamadas Araucana ou Mapuche, que logo de exportalas a EEUU, viñeron para Europa a primeiros do século XX.

Parece ser que o motivo da cor azulada ou verdosa da cáscara dos ovos, procede dunha mutación xenética producida por un virus que transforma a hemoglobina en biliverdina, un pigmento que se concentra na cáscara cando se está formando.




Caracterízase por ter a xema máis grande e a cáscara máis dura. Pola contra, non se descubríu que tivesen menos colesterol que outros ovos, pero sí máis proteínas. 

As galiñas azuis poñen menos ovos que as demáis galiñas e as que eu coñezo, gústalles poñelos na roupa vella que ten a dona por algún curruncho da casa. Son finas!

Tamén se caracterizan por unha cresta máis recortada e a súa plumaxe ten un toque azulado que destaca sobre o das compañeiras brancas.

Dende que as descubrín e probei os seus ovos... como que non quero outros! Pero non é para tanto. Simplemente que se puxeron "de moda" aquí na aldea e cando lle lo contei ás miñas netas, quixeron probalos e tamén queren que lles consiga unha ou dúas galiñas azuis.

A min gústame almorzar cun ovo de trres minutos, estilo inglés. Déixanme nutrida para toda a mañá!

Quen queira saber máis das galiñas azuis, poden visitar https://www.cope.es/n/616627





10 comentarios:

  1. Hola Beatriz, con esto de los huevos azules uno se sorprende, aunque el tono de la pigmentación sea lo de menos, lo importante en todo caso es que sea nutritivo y sin excesos calóricos o de incremento del colesterol...gracias por tu aporte.
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Os ovos são fonte de vida.
    Por isso são tão nutritivos.
    Boa semana

    ResponderEliminar
  3. Una variedad de gallinas. Gracias por traerla aquí.

    Un abrazo, y por los huevos, fuente de proteínas.

    ResponderEliminar
  4. Os ovos de galinha são indispensáveis na nossa alimentação. Têm várias utilidades. Desconhecia que havia galinhas azuis.
    Ótima partilha, amiga Beatriz.
    Votos de uma feliz semana.
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  5. Boas noites Bea:

    Miña avoa e meu avó non o sabían pero na súa casa tamén había galiñas felices. A única que podía coartarlles un pouco esa felicidade era eu, que de moi cativa (ou pícara como decimos na Mariña ) corría tras delas, e as moi rápidas e hábiles non se deixaban pillar 😄

    Paseaban libres pola horta de arriba, que era como lle chamábamos ao relativamente amplo prado con árbores frutais que había detrás da casa (e segue habendo pero xa non semella o mesmo), e para poñer ovos e resgardarse de noite volvían a unha pequena cabana de madeira, comunicada co prado a través dun oco pequeno á súa medida para que poideran entrar, contando cun artiluxio para pechalles ás noites (por iso de se viña o raposo, ou o golpe, como tamén lle chamamos ao raposo na Marina).

    Eso das xaulas e granxas paréceme un horror. Agora cando vou mercar sempre reparo no supermercado nos códigos que indican como son criadas (por se a alguén lle interesa, aquí está unha explicación: https://www.google.com/amp/s/www.lasprovincias.es/sociedad/que-significa-codigo-huevos-cifras-letras-explicacion-20210914140825-nt_amp.html ), aínda que seguro que o mellor é mercarllas a alguén da casa que as cousas con esmero, como ti fas, ou a algunha destas pequenas granxas respectuosas que se montaron por Galicia en diante.

    Sempre é bo voltar ás orixes! 😊

    Xa que se fala de razas de galiñas, un artigo interesante que atopei sobre este tema: https://pazodevilane.com/cronicas-gallinero/gallina-mas-ponedora/

    Un biquiño "mestra xaboneira".

    ResponderEliminar
  6. adoro ovos em muita coisa obrigada por a partilha gostei muito bjs feliz fim de semana saude

    ResponderEliminar
  7. amiga quando vier ao meu blog e nao queira ouvir a musica voce pode cortar o som la la radio pois tem la um quadrado é so la clicar e o som parà fico feliz que tenha gostado mas tambem pode ver a receita no canal youtube A Paixao Da Isa la tem os engredientes amiga desejo tudo de bom muita saude feliz semana bjs

    ResponderEliminar
  8. Estimada amiga, me acabas de dejar boquiabierto con esto de las gallinas azules y sus nutritivos huevos, ya que no tenía ni idea de ello, y si me lo llega a contar otra persona no le hubiera creído penando que sería una broma, como la de los ratones coloraos.
    Me ha encantado el término de gallinas felices, a las que por aquí las llamamos de campo o de corral.
    Un fuerte abrazo, Beatriz.

    ResponderEliminar
  9. Hola Beatriz.
    La verdad es que con la producción ecológica vemos huevos de todos los colores.
    Un abrazo

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.