www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

martes, 2 de xaneiro de 2024

ESTABA O SEÑOR DON GATO...

 


Na casa onde nacín, sempre houbo gatos. De pequena e de máis grande, viñan durmir comigo. Subían pola xanela, facían as súas carantoñas ata que se lles daba entrada. Acostumaba ser pola mañá cedo. Entraban primeiro polo cuarto de miña nai e dalí viñan direitiño a miña cama mentres eu aínda non acordara e cando estaban amasando en min, tentando cas patas, como acostuman facer, era cando eu me decataba do seu ronroneo e trafego enriba das mantas ata que se acomodaban nun buratiño que o meu corpo lles propiciaba e alí se quedaban. A min gustábame a súa compaña e non lle facía noxos ás posibles pulgas que poideran ter. Daquela non se reparaba nesas cousas. Os animais e as persoas convivían baixo o mesmo teito, tanto os porcos, como vacas, ovellas, cabras e mesmo galiñas e coellos. Todos eramos da mesma estirpe e dabámonos calor uns aos outros/as.


Lámbrome do Pirracas, bautizárao así miña nai. Outros tiveran nomes menos extravagantes. A medida que pasaban os anos, eu fun perdendo o gusto de compartir cama con eles. Pero sí que me gustaban na cociña, subidos ao banco onde nos setabamos, durmindo nos nosos colos...

O que nunca tiveramos foran cans. A min nunca me chamaran a atención, se ven na casa dos ovós, había sempre algún can porque meu tío era cazador. Pero, en xeral, dábanme algo de medo os cans.

Ata que un día, roubei unha cadeliña na Marronda. Iso non foi tanto que pasóu. Sería no ano 2009, cando comecéi a escribir este blog. Fora dar unha volta no coche polo monte e vin tres cans case iguais todos. Estaban no mesmo medio da Marronda, nun sitio sen aldeas nin rastro humano. Pensei que estaban abandonados. Paréi e abrín a porta. Vin que un deles viña correndo hacia min. Meteuse no coche e eu decidín salvala dunha morte case segura, pois se pasaban a noite polo monte, o mais seguro era que os comese un lobo. Nese intre xa lle atopei o nome: Noa. Nese intre, decidín ter un can. Niste caso, unha cadela que tería tres anos daquela.



Foi ela mesma quen atopóu o que sería seu compañeiro de alí en diante. Estabamos indo por un camiño e ela sentíu que algo se movía pola cuneta entre as silvas. Alí estaba un gatiño novo, perdido e con ganas de atopar pousada. Como era desta cor decidín chamarlle Mel. Deixóuse coller sen opoñer obstáculos e levámolo para a casa. Fixeron moi boas migas e duróu un bo tempo. Ata que o picóu ou mordeu algo que lle saíu un bulto na pescozo e houbo que operalo. Non pagóu a pena porque logo morreu ou desapareceu.



Pero pasamos un tempo moi felices os tres tanto no verán como no inverno. Na cociña, xunto ao lume, Mel sempre se subía ao sillón para durmir ás súas anchas. Noa e os gatos que houbo dende daquela, sempre compartiron cama e mesmo cando Noa tivo cachorros, o gato turnábase na custodia mentres ela ía dar unha voltiña.

Agora xa non teño gatos. Dende que morreu o que era mouriño, decidín non ter máis. Vino sufrir moito e durante bastante tempo. Ata que se marchóu para nunca máis volver. Decidíu ir morrer a soas para non darme ese mal trago.

Agora conténtome con mirar para os gatos e gatas dos veciños, que teñen a manchea. Algúns, mesmo veñen durmir á miña palleira. Así tamén me controlan os ratos. Eu doulles agarimo e fálolles bonito. 

Onte, cando pola mañá, vin a un no pico do tellado da casa deles, pensei que daba para unha boa foto.

Por iso o puxen encabezando esta entrada e lembreime daquela cantiga que nos ensinaban na escola: 

Estaba el señor don gato

sentadito en su tejado, 

marriu, miau, miau...

sentadito en su tejado.







8 comentarios:

  1. Temos dois em casa - o Oscar e a Monica.
    E um passarinho, o Artur.

    ResponderEliminar
  2. Os relatos con alma non sempre se atopan. Grazas, Beatriz. En Mazaricos quéreseche 😍🥰

    ResponderEliminar
  3. Maravilha essa sua crônica, Beatriz, minha família sempre adorou esses animais de estimação, moramos, morei sempre em apartamento depois que casei, mesmo assim tivemos cães, 3 que amamos muito e sofremos com as perdas! Muito, mesmo. Os cães tem uma gratidão enorme, adotamos os 3, em épocas diferentes mas foram com o tempo se encontrando. Um dos maiores bens em nossas vidas. Também não quisemos mais, foi muito sofrimento pela perda.
    Adorei saber isso, um pouquinho de você!
    Beijinho e um lindo 2024!

    ResponderEliminar
  4. Eu chorei tanto por unha gatiña que me matou un can, que xa non quixen máis. Moi bonito Bea!

    ResponderEliminar
  5. Uma coisa linda essa sua publicação! Bju

    ResponderEliminar
  6. Muito interessante esta história sobre o gato. Gostei de ler, amiga Beatriz.
    Deixo os meus votos de um bom fim de semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  7. Ohh, non sabía o de Mel, tamén tiñas un negro se non me engano. O teu mel é igual ao noso (Patas) bueno, máis ben de Pablo, o meu fillo, ten dous gatiños, Patas e Paco Antonio.
    Paco...foi o que trouxo antes e eu sempre digo que veu para que eu cambiase o concepto de gato que tiña, crieime na aldea, con cans (que sempre adorei) e con gatos, que a verdade daquela non lle tiña moito apego porque eran moi independientes, non se deixaban acariñar, aparecían e desaparecián moitas veces e pasábao mal cos pelos. Con Paco e Patas mudei totalmente, son adorábeis, igual que a túa historia 👏🏻 parabéns!

    ResponderEliminar
  8. Hola Beatriz.
    Es una historia muy entrañable. Agradable, bonita... Buena entrada de semana.
    Abrazos.
    Moni

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.