Navia é o río que a percorre,
Navia é unha deusa celta,
Návia é a miña neta
Navia é a cunca
onde beben os Ancares.
Coa ledicia que da un día de sol outonal, dirixímonos a Navia de Suarna para un encontro multidisciplinar de artistas que dentro das súas particulares facetas ían facer resaltar a importancia desta vila da montaña de Lugo, para darlle visibilidade e poder mellorar as súas perspectivas culturais, turísticas e de recuperación do rural, do seu entorno tan ben dotado de beleza natural, cun río, o Navia que, como o Eo, van ao encontro do mar Cantábrico.
Mentres a mañá se organizaba en torno ao traballo de campo que levarían a cabo pintor@s e fotógraf@s, outra parte do grupo fixemos unha pequena ruta a carón do río ata a pintoresca aldea de Barcia pasando por prados cheos de cabazas, de viñas, figueiras, nogais, pomares e toda clase de froita riveirega.
Alí atópase o aloxamento turístico Casa Quiñoes, que chama a atención polo conxunto artístico que o seu anfitrión, un emprendedor xoven, conseguíu facer dunha casa dos seus antepasados, unha casa con hórreo e deseñada para o desfrute dunhas vacacións nun enclave paisaxístico inigualable. Toda ela é unha mostra ou museo etnográfico alén de ser un lugar tranquilo, soleado, acolledor en cada rincón dos moitos que puidemos ver.
Ao regreso, xa había moitos pintores que acabaran de facer os seus bocetos. Logo mellorarían todo no seu estudo ata quedar ao seu gusto e estilo propio. Puidemos ver algúns dos traballos dos que logo haberá unha mostra.
Todo esto foi organizado polo escritor e poeta naviego, Toño Núñez e a asociación á que pertence, A. V. Irmandade Naviega, que ten interese especial en que o seu castelo, medio en perigo de ser unha ruína, se poida rehabilitar para uso público. Ao mesmo tempo, facer unha chamda de atención para que o rural sexa un lugar ao que veña xente, que poidan usar as vivendas que hai baleiras, dar traballo e aloxamento a personas que buscan un medio de vida. Deste tema falóunos José Luís Martín Palacín, de Acción Cuarto Mundo, que xunto con duas estudantes de temas sociais que pasaron algún tempo investigando no contorno de Navia, sobre as vivendas que poderían estar dispoñibles para ser ofrecidas como fogar para traballadores na zona, charla que tivo lugar no Caserío de Meiroi, un restaurante con productos da súa propia granxa, onde poidemos degustar carne de tenreira Cachena. Todo moi ben cociñado e un trato familiar, incluído os mastíns que gardan a casa dende o alto do tellado foron moi xentís.
Rematamos cun recital poético por parte dos e das poetas convidados/as e coa música do músico Vadím Yuknevich que interpretóu varias pezas co acordeón poñendo punto final a este día inesquecible, a carón dos Ancares.
Por se todo isto fose pouco, agardábanos á saída, na terraza, un cesto con un tarro de mel, un libro sobre Navia e un folleto turístico para non perdernos.
Minha querida amiga Beatriz,
ResponderEliminarAqui acabo de completar mais uma boa jornada com você, com seus amigos e com seus pensamentos e palavras.
Beijos e boa semana!!!
Muito obrigado pela visista, coma sempre, amigo Doug. Prometo pasarme polo teu blog em canto tenha um minuto. Beijinho
EliminarShow esse encontro! Bju
ResponderEliminarTudo un "show", sim! Mesmo a vida é um "show". Beijinho.
EliminarExemplo perfeito de ambiente bucólico.
ResponderEliminarBoa semana
Olá Pedro, bucólico mais nao só! Abraço
ResponderEliminarHola Beatriz, todo un lujo para los sentidos el recorrer esos ámbitos de natural encanto y el aporte artístico de los amigables acompañantes. Haremos lo posible para visitarle...
ResponderEliminarUn abrazo
Hola Dionisio, estás en la frontera, puedes llegar antes que yo! Vale la pena conocer Navia de Suarna!
EliminarBela crónica de um passeio/convívio aqui nos presenteias.
ResponderEliminarÉ salutar estas lindas confraternizações.
Gostei muito, amiga Beatriz.
Deixo os meus votos de uma excelente semana, com muita saúde e paz.
Beijinhos com carinho e amizade.
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
https://soltaastuaspalavras.blogspot.com
Obrigada, amigo Mario. A vida hai que desfrutala mentres se pode.
EliminarUm abraço
Querida Beatriz, que lindo o que vi e o que li.
ResponderEliminarUm passeio de encher os olhos e ainda cultural, onde a amizade anda junto! Te aplaudo, amiga!
Que bom poder participar de eventos assim!
Uma feliz semana pra você, paz e alegria!
Beijinhos!
Olà querida Tais, que bem que vieste por aquí e eu vou ir ver túas crónicas.
EliminarSempre é um prazer partilhar experencias com outras pesoas.
Abraço
Muito obrigada, querida amiga,
Eliminarfiquei contente em recebê-la lá no
meu Porto das Crônicas!
Beijinhos! 🌹😊 Uma linda semana.
Voltei para ver as novidades. A senhora escreve tão bem...
ResponderEliminarUm dia serei como a senhora, prometo.
Beijos e beijos.
Que bem escoitar isso, Ro. Eu, um día, também fuí como voçê!
EliminarMe alegro mucho de que hayas disfrutado de este encuentro, que a mi me parece entrañable encomiable la labor de que haya personas que se preocupen de dar a conocer sus pueblos con miras al turismo y a que no se queden deshabitados.
ResponderEliminarCon las pocas imágenes que has puesto ya se ve lo bonito que tiene que ser, y se te agradece que tu también colabores en ese proyecto.
Un fuerte abrazo, Beatriz.
PD. Como ya te dije nos encantó su libro, y nos gustaría tener este también, lo que sucede es que no me gusta molestarte, pero si a ti no te importa y ves que podemos hacer lo anterior, por favor dímelo. Te estaríamos muy agradecido.
Otro abrazo va.
Gracias Manuel. Ya se lo comenté a la autora quien a su vez agradece que te intereses de nuevo por su segundo libro. Aún no consiguió que se lo editen pero cuando lo tenga, te lo envío seguro.
EliminarUn saludo
Muchísimas gracias por todo, amiga Beatriz, y seguimos en contacto. Este fin de semana paso a leer detenidamente tu última entrada, estoy estos días muy pillado de tiempo.
EliminarUn fuerte abrazo.
Buenas tardes, Bea.
ResponderEliminarMuy bonito todo.
En especial el río es lo que más me gusta. Aquí en Barcelona hoy hace mucha calor.
Y eso que estamos ya a 20 de octubre.
Ya sabes mi bloc lo tengo parado.
Un abrazo enorme