O punto de encontro foi no castro de Viladonga, entre Pol e Castro de Rei. Antes de empezar, demos un paseo polo castro galaico-romano, ocupado no S.III dC , no que se aprecia a influéncia da romanización na construcción das casas en forma cuadrangular e non redonda como era común na cultura castrexa anterior á romana.
Entramos no Centro de Interpretación, e sempre hai algo que non viches ben a última vez, ou algunha innovación como a que nos chamóu a atención: unha representación en movimento das tarefas que se realizaban no interior das casas, como as relativas á lá, ao cocemento de alimentos, á alfareiría, construcción de ferramentas e mesmo como se durmía ao estilo romano. O castrexo tiña un pouco de frío ao deitarse naquelas casiñas frías e sen nada co que cubrirse.
Este sería o castro, representado nunha maqueta e na seguinte foto, a imaxen actual do estado do castro, cos e cas compañeiras dando unha volta polos arredores. Sopraba un vento medio furacanado que case nos tiraba das alturas por iso foi mellor baixarse a explorar o que foi aquela aldea primitiva das que encontramos boa mostra por toda Galiza
Dende alí, dirixímonos a Castro de Rei, donde comezamos o roteiro a carón do río Azúmara que é un afluente do Miño e leva moita auga, quizais mais que leva o Miño por esas alturas.
A ruta era de algo máis de sete kms, sen grandes desniveis. Pasamos por algunhas pontes de madeira moi pintorescas nas que paramos a facer algunha foto. Logo fomos ver unha antiga mina de arsénico que deixóu o seu selo contaminante no rego que parte da mesma boca da mina.
Augas cubertas cun lodo amarelo e que aínda desprende un cheiro ao mineral que se extraía nesa mina.
Curioso ver unha placa cun poema de amor, xusto ao lado deste regato tan pouco romántico
.Biografía de Francisco de Fientosa - Búsqueda (bing.com)
Tamén se atopa unha laxe co nome dun traballador morto nesa mina.
As minas cóbranse vidas e vida natural ao quedar os resíduos que non foron tratados nin retirados despois da explotación e debastando a contorna medioambiental dos lugares onde existiron. Triste realidade!
Dende o alto, a paisaxe que se estende á redonda é impresionante. Forma un círculo de alturas como unha circunferencia que demarca unha depresión en forma de vales. É como se quixeramos meter todo iso nunha imaxen pero imposible de abarcala. Non me sorprende que os nosos ancestros buscasen lugares así para poder vivir coa tranquilidade de non ser invadidos por alleos sen que se decatasen.
Perto do punto de encontro inicial, castro de Viladonga, alguén se deu conta de que deixara no outro! coche as chaves do seu. Eu xa berrei TAXiiii! Acababamos de ter outro final semellante ao da anterior andaina. Menos mal, que o causante deste imprevisto dixo que "a grandes problemas, grandes solucións" e así foi. Houbo que usar outro dos coches para poder ir buscar as chaves.
E sigo dicindo que TODO É BEN SE BEN ACABA!

















































