O punto de encontro foi no castro de Viladonga, entre Pol e Castro de Rei. Antes de empezar, demos un paseo polo castro galaico-romano, ocupado no S.III dC , no que se aprecia a influéncia da romanización na construcción das casas en forma cuadrangular e non redonda como era común na cultura castrexa anterior á romana.
Entramos no Centro de Interpretación, e sempre hai algo que non viches ben a última vez, ou algunha innovación como a que nos chamóu a atención: unha representación en movimento das tarefas que se realizaban no interior das casas, como as relativas á lá, ao cocemento de alimentos, á alfareiría, construcción de ferramentas e mesmo como se durmía ao estilo romano. O castrexo tiña un pouco de frío ao deitarse naquelas casiñas frías e sen nada co que cubrirse.
Este sería o castro, representado nunha maqueta e na seguinte foto, a imaxen actual do estado do castro, cos e cas compañeiras dando unha volta polos arredores. Sopraba un vento medio furacanado que case nos tiraba das alturas por iso foi mellor baixarse a explorar o que foi aquela aldea primitiva das que encontramos boa mostra por toda Galiza
Dende alí, dirixímonos a Castro de Rei, donde comezamos o roteiro a carón do río Azúmara que é un afluente do Miño e leva moita auga, quizais mais que leva o Miño por esas alturas.
A ruta era de algo máis de sete kms, sen grandes desniveis. Pasamos por algunhas pontes de madeira moi pintorescas nas que paramos a facer algunha foto. Logo fomos ver unha antiga mina de arsénico que deixóu o seu selo contaminante no rego que parte da mesma boca da mina.
Augas cubertas cun lodo amarelo e que aínda desprende un cheiro ao mineral que se extraía nesa mina.
Curioso ver unha placa cun poema de amor, xusto ao lado deste regato tan pouco romántico
.Biografía de Francisco de Fientosa - Búsqueda (bing.com)
Tamén se atopa unha laxe co nome dun traballador morto nesa mina.
As minas cóbranse vidas e vida natural ao quedar os resíduos que non foron tratados nin retirados despois da explotación e debastando a contorna medioambiental dos lugares onde existiron. Triste realidade!
Dende o alto, a paisaxe que se estende á redonda é impresionante. Forma un círculo de alturas como unha circunferencia que demarca unha depresión en forma de vales. É como se quixeramos meter todo iso nunha imaxen pero imposible de abarcala. Non me sorprende que os nosos ancestros buscasen lugares así para poder vivir coa tranquilidade de non ser invadidos por alleos sen que se decatasen.
Perto do punto de encontro inicial, castro de Viladonga, alguén se deu conta de que deixara no outro! coche as chaves do seu. Eu xa berrei TAXiiii! Acababamos de ter outro final semellante ao da anterior andaina. Menos mal, que o causante deste imprevisto dixo que "a grandes problemas, grandes solucións" e así foi. Houbo que usar outro dos coches para poder ir buscar as chaves.
E sigo dicindo que TODO É BEN SE BEN ACABA!
A pegada da que as diferentes culturas deixaron ao longo da historia, tamén a da cintaminación mineira. Andaina con amizades e final con algo de suspense polo da chave, pero final feliz! . O texto anima a percorrer eses camiños
ResponderEliminarOtra marabillosa andaina enriquecedora.
ResponderEliminarÉ moi posíbel que ese poema de amor non estexa aí polo entorno senón por algún outro motivo, a saber...
A próxima vez levai un pequeno caderno anotando cada paso que tedes que seguir para bota a andar. Por exemplo, coller chave, hahaha, que vós pase dúas veces seguidas é moito, hahaha.
Isto último é broma ehh.
Parabéns, Bea! Grazas por compartir.
Aquí botei de menos a merenda😬😄
Parabéns! dá gusto leerte.!! Boas Festas !!
ResponderEliminarHola Beatriz, siempre es una sorpresa el encontrarse con esos legados históricos, que nos muestras y muestran lo duro que era vivir en aquellos tiempos, más merced a la evolución con el esfuerzo ímprobo de nuestros antepasados...estamos en esta realidad mejorada que ha de seguir mejorando desde la propia realidad y extensiva a los entornos. Gracias por compartir. ! FELIZ NAVIDAD ¡
ResponderEliminarUn fuerte abrazo
Interesante roteiro, ben aproveitado o día, fermosas fotos.
ResponderEliminarAquí en Teixeiro houbo unha fábrica que usaba ese mineral (arsénico) morreron tódolos traballadores a idades temprás, pola falta de hixiene o manipular o mineral, seí que algún asaba torresmos na boca do forno onde se cocía.
Ni que dudarlo de que eres una excelente guía cultural; y si yo viviera cerca, y con lo que me gusta Galicia, te garantizo que no me perdería ni una de tus interesantes rutas; y por cierto ya que has citado el río Miño, hace poco más de un mes estuve disfrutando de las termas de dicho río en Ourense, que lo recomiendo a todo el que no lo conozca.
ResponderEliminarGracias por tu respuesta del acróstico, y ahora mismo lo voy a volver a mirar.
Un abrazo, Beatriz, y por si no llego a tiempo, feliz Navidad y próspero año nuevo, para ti y tus seres queridos.
Excelente roteiro aqui nos descreves, amiga Beatriz.
ResponderEliminarBelas imagens de lugares fascinantes.
Ótima partilha.
Deixo os meus votos de uma excelente semana, e Feliz Natal com tudo de bom!
Beijinhos.
Mário Margaride
http://poesiaaquiesta.blogspot.com
Olá, querida Beatriz, eu adoraria fazer esses roteiros, acho interessantíssimos! As paisagens são maravilhosas.
ResponderEliminarQuero desejar a você e seus familiares um Feliz Natal e um Ano Novo com muita paz, saúde e esperança!
BOAS FESTAS, amiga!
Paso a desearte unas entrañables fiestas navideñas en compañía de tus seres más queridos, que la paz, la alegría, el amor, la salud… reinen en todos vosotros.
ResponderEliminarUn abrazo.
¡FELIZ NAVIDAD!
Preciosa entrada que he disfrutado muchisimo, gracias por compartir
ResponderEliminarTe deseo que pases una muy FELIZ NAVIDAD
Un abrazo
!Boa tarde, querida Bea¡
ResponderEliminar!Vaia regalo que nos fas compartindo esta belísima reportaxe¡ A nosa Galicia ten recunchos que namoran a os galegos e tamén os visitantes. Creo que estiven en ese castro, xa fai moitos anos, estabamos por aquel entón no balneario das augas Romanas e leváronnos de excursión por eses lares. E un pracer pasar por este teu recuncho onde se respira aire puro e a paisaxe alimenta unha mirada detida. As fotos falan por si soas.
Gracias por darnos tanto e tan bonito. Unha aperta grande e recorda que te quero, amiga.
Se moi, moi feliz.
Ola Bea!
ResponderEliminarSempre é un pracer compartir e apender con vós. Descubrir o noso, o que temos preto, intercambiar coñecementos e anécdotas curiosas. E sorprendernos... e seguir sorprendéndonos día tras días (morreremos aprendendo e sorprendéndonos, ou iso espero).
O museo do castro de Viladonga, e o propio castro, interesantísimo, e unha sorte que siga aberto e en activo. E ademais, xa sabemos onde se inspirou Pandora para as contas das súas pulseiras. Igualitiñas que as da época romana 😄
Unhas foto preciosa a que sacaches ao grupo (encántame).
Un bico,
Iria
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarBea. Eso siempre. Viajar con amigos es importante y conocer curiosidades donde no nos damos cuenta cuando pasamos de paso, más desapercibidos.
ResponderEliminarHiciste un maravilloso viaje.
Buenas noches. Hasta mañana.
Mónica