www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

luns, 12 de decembro de 2022

AVENTURA NA MONTAÑA


 Tres persoas, dous coches e moita enerxía para acometer unha ruta de mais de 15 kms.

Tratábase do sendeiro  Quintá - Donsal. 

Deixamos un coche nas Cabanas e subimos ao Couso no outro coche para comezar o roteiro dende alí.


As vistas eran espectaculares. Podíanse ver Os Ancares con picos nevados e toda a paisaxe era de elevacións considerables, con pastizais e moito arboredo autóctono aínda que, desafortunadamente, invadida pola especie  trabucada: os eucaliptos.


O día non  era solleiro pero tampouco chovía. Había unha lixeira neblina que lle daba ese encanto soñodar e misterioso que caracteriza á nosa paisaxe na que destacaban comunidades de árbores ben diferentes.


Fixámonos nestas uriceiras de forma cuadrangular, sendo as máis habituais as de forma redonda.



Estabamos seguindo o curso do río Donsal, cos seus muíños semicaídos, algunha acea en bo estado de conservación, moitas fervenzas e pontes de reciente construcción que sustitúen ás de antes feitas de algunhas táboas e travesas e sen barandas.


Unha mini central eléctrica, con un pequeno encoro e presa para desviar a auga do río, pasala pola turbina e volvela ao río despois, era un sistema de producir electricidade para o alumeado nas casas antes de que viñeran a electrificación por estes lugares do rural. A veces só se beneficiaba unha casa e era da súa propiedade.



Os patriarcas da fraga, deixábanse ver no seu estado ruinoso pero vivo, os castiñeiros de mais de 1200 anos deixaban constancia da súa lonxevidade e resistencia ás inclemencias do tempo.





Un alto no camiño, aproveitando o patio dunha antiga escola, acondicionada para asuntos comunais agora, tiña unha mesa con fregadeiro e alí decidimos facer a degustación do meu licor de noces e uns confites de laranxa bañada en chocolate. 




Os carreiros eran estreitos, pedregosos e algo esbaradizos polo que nos viñan moi ben as barandas, colocadas dun xeito artístico e orixinal que nos chamóu a atención.



Compartindo conversas e silenzos, a ruta parecía  interminable. Eu perdín unha luba, recollida por quen nos seguía atrás e así seguimos ata a hora de xantar, noutra mesa con asentos de tronco, húmidos, pero que cubertos ca miña capa de plástico, utilizamos de bo grado.



Cánto non se tería moído nesta acea! Unha construcción das mellores conservadas que fomos atopando a carón do río Donsal que rega terras de Quintá.



Dende este mirador, pódense ver os Ancares, ao fondo e outras serras con moitas penas que gardan as aldeíñas case despoboadas desta Galiza interior, de montaña, onde todo é costo e difícil para a vida que queremos hoxe. Apenas vimos xente. Un señor maior que afalaba a unhas cinco ou seis vacas co seu cencerro e o can axudándolle, garuleiro.

Mais adiante, tamén fariamos trato cun mastín que nos acompañóu un bo treito e foise sen despedirse, de volta para a súa confortable casa, unha das mellores que vimos na contorna.



Algo fixemos mal que nos saímos do roteiro e atopámonos nunha estrada, sen saber que sentido tomar. 

Non ía ser este o único percance que nos acontecese, alén de perder xa a miña mesma luba de novo e sen retorno. Quedei sen ela e ben que lle quería! Mais iso pouco ía importar, logo de horas e horas subindo empinadas costas e baixando, eu, de cú para non molestar os xeónllos que xa non querían seguir.


Camiñamos un bo treito a carón do río Návia. Lembreime da miña netiña que así se chama e tamén como o lugar Navia de Suarna, que non ficaba lonxe dalí.

O río ía ben medrado e algo desbordado a carón dos prados e pasando xa unha ponte atopámonos no final da ruta: en Cabana. Ai! pero un dos coches estaba en As Cabanas! E non era o mesmo un nome que outro, como se puidera pensar antes de coñecer os lugares. Así que, ao non atopar o coche onde o deixaramos... Estabamos totalmente indefesos. Fixemos cálculos dos cartos que podiamos xuntar entre os tres e chamamos o taxi que estivera mais preto para que nos levase onde deixamos o coche, que estaba a uns 30 kms. 

A aventura foi completa. Arrimados a duas casas restauradas, a carón da estrada. Sen un alma a quén pedir axuda, case raiando na oscuridade da noite, entre montañas e montañas sen xente, aínda puxen o dedo para facer auto-stop a un coche de cazadores que por alí pasaba, pero nada.

Ao cabo de pouco, chegóu o taxi dende Becerreá e moi atentamente nos levóu ao sitio mais próximo onde tiñamos un dos coches e servíunos de guía para ir ata o outro.

No medio dunha néboa espesa que apenas deixaba ver a estrada, fomos chegando á de Baralla - Baleira, onde cada ún de nós tomóu rumbo á casa, sen mais demoras.

All  is well if ends well!



Degustando os níscalos e lingua de vaca recollidos onte no camiño.

17 comentarios:

  1. Olá Beatriz,
    Excelente narrativa desta tua aventura pela montanha. Onde nos deixas imagens singulares paisagens serranias.
    Gostei muito.
    Votos de uma excelente semana!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  2. Ti, o mesmo cós castiñeiros que amentas, tamén estás feita para enfrontar os embistes do tempo, dos contratempos tamén.

    ResponderEliminar
  3. Verdadeira aventura, Bea; e que rendeu excelentes fotos! Cada vez mais, me fazes amar essa tua linda Galícia! Meu abraço, boa semana.

    ResponderEliminar
  4. Bonita xornada e con aventura que á hora de lembrala enriquécea. Son Trashorras.

    ResponderEliminar
  5. Ola Bea! Foi unha ruta na que houbo de todo en canto a paisaxes, etnografía e gastronomía, como tamén en ritmo (demoramos e desfrutamos moito da primeira parte, parándonos en cada detalle e conversando, e despois houbo que apurar un pouco, que tampouco veu mal) e en aventuras e desventuras. Quen se ía imaxinar que houbese dúas Cabana(s) en singular ou plural, equidistantes ao punto de inicio da ruta. Eu, que son confiada por natureza non desconfiei, e como Cabana nono atopaba no Google Maps por ningún lado pensei: "ten que ser o mesmo", pero como ti ben dis "All is well ir ends well". Para a próxima vez indagarei máis, aínda que unha pouca de aventura nunca vén mal e así practicamos a resiliencia 😜 O de que si estou segura é de que son moi afortunada en haber atopado xente tan interesante, con tantas inquietudes, e boa coa que poder compartir. Facemos bo tándem, deso estou segura.

    Un bico,
    Iria

    ResponderEliminar
  6. Estas feita unha aventureira, bueno xa che ven de lonxe, unha ruta para que estabas preparada se xurdiran contratiempos como así aconteceu, pero... quen dixo medo levando ese licor de noces e galletas de chocolate con naranxa, encontrando abrigo o paso.
    Pensei que o guía era Suso, logo xa vin que non, e non me preguntes por qué... 🤣🤣?

    ResponderEliminar
  7. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  8. Que pasada de día e de aventura, que como ben dí Xesús, co tempo acaba enriquecéndoa.
    Moi interesante o da mini central electrónica, nunca vira, e esas laranxas con chocolate fanme auga na boca, aiii, menuda pintaza😋o licor case que o perdoo pero o chocolatiño...!
    Tamén moi curiosa a mesa con fregadeiro ao aire libre, nunca me callou ver ningunha.
    Todo unha marabilla, sinto que rematara así mais, esas cousas fan parte do guión da realidade.
    Xenial, Bea!!!
    Encántanme como relatas, é fantástico lerte.

    ResponderEliminar
  9. Eres un gran Chef. Me gusta casi todo lo que preparas .Lo que debe de ser de comida Tu Navidad Nevada
    Un abrazo inmenso y salud dinero y amor muchacha

    ResponderEliminar
  10. A fabulosa paisagem merece todas as aventuras.

    ResponderEliminar
  11. As fotos son magníficas e o relato da camiñada fainos sentir a ledicia de desfrutar, mezclada cos problemas da travesía. Pero non hai pracer sen dor, así que todo serve para se enrriquecer.Nucha. Bicos

    ResponderEliminar
  12. Querida Beatriz, todo es rico en tu texto, desde el licorcillo cuyo aroma puede olerse desde aquí, a esa rama vestida de un color tan verde que dan ganas de morderla.
    Pero lo que más, es la energía de esos tres amigos recorriendo una tierra tan mágica.
    Abrazzo

    ResponderEliminar
  13. Olá Beatriz,
    Passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana, e um Feliz Natal!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  14. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  15. Buenas noches, Bea.
    Menuda salida. Es toda una odisea, jajajaja. Sí que disfrutéis bien. Un día bien completo. La ruta veo que fue larga.
    En el verano del 2021 nosotros fuimos para subir a LOS ANCARES, pero como como aún estaba controlado por el Covid cogimos el coche y nos marchamos para ir a visitar otros lugares. Ya que habíamos madrugado, por la mañana no quisimos irnos a casa. Hacia buen tiempo y acabamos en Ourense. Comimos en un restaurante y después durante la tarde estuvimos viendo el río Miño y el casco antigua de la ciudad de Ourense.
    Me imagino que para subir a LOS ANCARES, pienso que podría darme vértigo. Por la altitud. Que lástima si quisiera volver no podría subir, por qué con las barandillas tendrían que ser con muro de hormigón o muro de piedra, ya que los vértigos son horribles. Se pierde el equilibrio y el cuerpo se báscula sólo. Y no voy a buscar el peligro. Sino lo veo , pues no lo veo. Hay otras cascadas por Galicia que se pueden contemplar sin subir muy alto.
    Yo te aplaudo por tener el coraje de subir. Es otro reto que has cumplido en tu vida.
    Cuando cuentas que era noche madre mía, me imagino que al llegar a casa te caírias redonda en la cama.
    Yo cuando pasó un día entero fuera de casa en plan de conocer cultura románica, gótica, medieval... etc, es una gozada. Al llegar a casa me voy directa a la cama con un vaso de leche caliente.
    Muy bueno todo el reportaje que has explicado. Y las fotografías son tan chulas que da ganas de ir.
    Buen fin de semana.
    Un fuerte abrazo, prima

    ResponderEliminar
  16. Muy buena pinta, el licor de nueces con las galletas rellenas de naranja y bañadas en chocolate.
    El menú también lo veo bueno. Lengua de vaca con espárragos y setas.
    Que degustación más saludable
    Abrazos, prima.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.