www.leriasdebea.blogspot.com

Translate

sábado, 12 de novembro de 2022

CABREIRA

 


Un martes de novembro. Día de tódolos santos, acompañada por unha parella amiga, diriximos os nosos pasos hacia Cabreira.

Deixamos o coche en Sampaio, fixemos unha paradiña para ver as fervenzas e seguimos, a carón do Eo, polo camiño vestido xa de outono e ofrecéndonos  os seus preciados froitos: as castañas.


Facía un día solleiro, case de verán. Pois polo San Martiño, volve sempre un veránciño que pode ser duradeiro ou non. Este ano parece que é xeneroso e oferece días con temperaturas moi agradables que xa quixera para todo o ano!

Entre conversas, recollemos castañas para facer un magosto. 


Xa era case a hora do xantar cando chegamos a Cabreira. Aldea agochada entre montañas, protexida dos ventos e pola que pasa o río Eo no que se teñen pescado boas troitas noutros tempos.

Esta aldea de unhas dez casas, mais delas en ruína, outras aínda manteñen o tipo e duas delas están habitadas.

Petamos á porta dos meus parentes e ninguén aparecéu por alí. Entón, a veciña, Felicitas, convidóunos a entrar na súa casa e ofrecéunos unhos cafeciños. Era o día do seu oitenta e seis aniversario e movíase  pola cociña como unha moza. 

Foi un recibimento moi agradable e pasamos alí un tempo que se nos fixo curto pero no que repasamos lembranzas de outrora e lembramos persoas que hoxe xa non están pero que foron coñecidas nosas, mais que nada, dela e miñas.


Cabreira está nunha costa que vai ata o río. As casas, como descolgadas por unha ladeira, semellan unha fervenza de pedra.

Algunhas delas foron casas pudentes. Aínda se conservan en bo estado. Por exemplo a casa que está xunto á capela da Pastora onde se celebra misa unha vez ao ano pola Pascoa e a que tiñamos por costume acudir para logo xantar cos nosos parentes e parentas.

A casa de Mingos, no fondo, xunto ao río, cun hórreo tamén e con outras dependencias nas que houbo escola nunha delas. Conserva aínda os apeiros de labranza, o carro, a leña xunto ao forno de cocer o pan...


Seguimos río arriba para tomar o camiño de volta por outro lugar que nos levaría ata Esgrade, outra aldeíña de poucas casas, só unha habitada e con gando. Tamén alí nos ofrecían un prato de caldo. Era xa boa hora do xantar.

Fixemos algunhas fotos de cousas que nos chamaron a atención, como o aldabón dunha porta.


Logo continuamos ata Sanpaio, onde empezamos a ruta. Alegróume saber que viven bastantes veciños e veciñas alí. Duas casas foron mercadas fai pouco por xente de fóra e viven e cultivan hortas. 

Pasamos polo, que no seu día, servíu para poñer escola e na que estiven unhos días substituíndo á mestra cando aínda estaba facendo os meus estudos de maxisterio.

Detívémonos a vela por dentro e fixemos unha foto dun monolito que está a seu carón.


Así, fomos chegando ata o coche que deixaramos no comezo da ruta e acabamos xantando na miña casa. O día anterior, cando me avisaron de facer este roteiro, penséi en ter un caldo de castañas feito para cando chegaramos. 

Xunto cun bo viño e unhos "ósos de santo" de sobremesa, puxemos fin a este día tan cheo de boas experencias.




(Acróstico)

Camiñando ao pé do Eo

A Cabreira imos chegando

Baixiño o rio vai cantando

Rise o sol nos castiñeiros

E apañamos as castañas

Imos visitar a Pastora

Rezar para que algún día

Aldea habitada se volva.


(Agradecer a Iria e Sanse polas fotos que fixeron. Eu perdín todas as miñas)

25 comentarios:

  1. Acredito que tenha sido uma caminhada fascinante. Fotos muito bonitas
    .
    Cumprimentos poéticos … feliz fim de semana
    .
    Pensamentos e Devaneios Poéticos
    .

    ResponderEliminar
  2. Seús pasos vai deixando
    A beira do río Eo
    Nun camiño sen tempo
    No ollar leva
    A Galiza
    Moi adentro.

    Revivir e vivir
    O pasado
    Tí, Bea
    Nolo traes eiquí

    Grazas por facernos partícipes da beleza da paisaxe

    ResponderEliminar
  3. Tempo ben aproveitado e de seguro que a xente que visitástedes tamén agradeceu a visita.Nucha

    ResponderEliminar
  4. Marabilla ler sempre o resume das túas andainas.
    Marabillosas fotos tamén que tan ben escolles sempre, esa fervenza namora parece ter un velo de noiva.
    Brindo por Felicitas, a xente así encántame.
    Marabilloso xantar que pon bo broche a tan lindo camiñar.
    Parabéns, Bea!
    Grazas por compartir con nós.

    ResponderEliminar
  5. Felicidades a todos por las bellas fotos,
    y a ti, por un texto tan sentido.
    Deseándote muchos senderos así.

    ResponderEliminar
  6. Uma aldeia muito interessante. Pena estar quase desabitada. Em Portugal também temos aldeias lindíssimas, assim. Com uma ou duas casas habitadas.
    Abraço, saúde e bom domingo

    ResponderEliminar
  7. Deve ser um excelente passeio, belas fotos e boas recordações, é muito bom!

    Bom fim de semana.

    Beijinhos 🌷

    ResponderEliminar
  8. Hola Beatriz.
    Hiciste un recorrido bonito y siendo aún, todavía Otoño. El tiempo se va deteniendo en buenas temperaturas. Excepto por las noches, que son algo más frescas. El puente pequeño por dónde pasas esta justo al lado la casa de Sergio de Cabreira. El recorrido que has hecho también lo hice yo hace unos años. Las fotografías son preciosas.
    Un fuerte abrazo y feliz semana.

    ResponderEliminar
  9. Hola Beatriz, encantador recorrido nos describes, hacia ese entorno de la Cabrera (rio Eo) que tantos buenos recuerdos te refresca y retorna a tiempos de ese pasado que queda indeleble...gracias por tu loable compartir.
    Un fuerte abrazo

    ResponderEliminar
  10. A CABREIRA, ENXEBRE E BONITO, SINGULAR EN OUTONO. UNHA APERTA. LARM

    ResponderEliminar
  11. Muito interessante crónica aqui nos presenteias. Sem dúvida lugares muito bonitos, onde será de certeza um prazer visitar.
    Votos de uma excelente semana, amiga Beatriz!
    Beijinhos.

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  12. 💌Bea,
    Hoje vim somente
    ler e deixar meus
    Bjins de ótima semana nova.
    Voltarei para comentar
    sua maravilhosa
    publicação🤩.
    ✨CatiahoAlc./Reflexod'Alma
    💌

    ResponderEliminar
  13. un olacer es siemore visitarte
    yn adios lo es tambien

    ResponderEliminar
  14. Bea,
    Voltei para comentar sobre
    a publicação em si.
    Admiro sua disposição para
    as caminhadas e que bom que
    tem companhia saudável para
    desbravar lugares tão bonitos e
    cheios de encantos.
    Passei foto por foto e me imaginei
    passeando por aí.
    No momento crucial em que vivo
    ver suas imagens me são verdadeiro
    balsamo.
    Grata de todo meu coração por
    seu blog e por
    sua generosidade em compartilhar
    conosco (seus leitores).
    Da um beijo na sua amiga de jornada.
    Bjins de mesmo que com chuva
    ou sol a nova semana seja boa
    e favorável.
    CatiahoAlc./Reflexod'Alma

    ResponderEliminar
  15. Olá, querida Beatriz, sem duvida uma trilha muito linda de se fazer, em meio de muita paz.
    Você falou em caldo de castanha? Nunca provei, não imagino, mas adoro castanhas!
    Muito bom recordar tempos passados, isso é nossa vida!
    Gostei muito de ver as fotos.
    Deixo votos de continuação de uma feliz semana!
    Gostei muito de sua visita.
    Um beijo, paz e saúde!

    ResponderEliminar
  16. Tu adoras passear e conhecer nuevas cosas. Continuas elegante, porque andas muito.
    Aqui, no dia de S. Matinho también esteve sol e comi algumas castanhas.
    Bonitas fotos e interessante o acróstico com a palavra Cabrera,

    Besitos e continua vivendo com alegria.

    ResponderEliminar
  17. Olá, Beatriz,
    Passando por aqui, para desejar um feliz fim de semana.
    Beijinhos!

    Mário Margaride

    http://poesiaaquiesta.blogspot.com

    ResponderEliminar
  18. Me encantó la visita a este pueblo añejo, estimada amiga Beatriz. Esos lugares campestres los siento ¡tan románticos! con sus vetustas casonas y puertas, y senderos iluminados por ese sol de verano. Recibe mi abrazo afectuoso.

    ResponderEliminar
  19. Gracias, Beatriz, por compartir tan entrañable paseo, del que saco dos conclusiones muy diferentes: La primera es la cantidad de aldeas que se están quedando vacías, que para mi es muy preocupante a pesar de que la Naturaleza se encargue de recuperar sus espacios; y la segunda es, la hospitalidad del pueblo gallego, cuando os abren sus puertas, cosa que siempre he sabido por experiencias propias.
    Yo voy todos los años a la finca de unos amigos a recoger algunas castañas, y con este ya llevamos dos años que aunque las castañas son grandes, por dentro el fruto es pequeño debido a la falta de agua, por lo que las cuadrillas de recolectores tampoco han trabajado este año.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  20. Un relato delicioso y que ha colmado nuestras ganas de caminar por esos caminos de tu tierra "meiga". Este relato me ha hecho pensar en la dramática despoblación de las zonas rurales en la mayor parte de los pueblos de España donde ir a vivir se hace difícil porque faltan muchas cosas que hoy juzgamos indispensables, concluyo felicitándote por lo ameno que ha resultado leer tu relato personal. Me encanta leerte en gallego, escribes realmente con destreza. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  21. Admiro a facilidade com que escreves, Bea; e o carinho com que nos trazes a tua bela Galícia! Mas já te disse isto, não´? Boa semana, meu abraço!

    ResponderEliminar
  22. !Olaa, Bea¡

    !Perdoa non haberte visitado antes¡ son moi deixada, mais os anos van deixando a súa pisada, escribo para min e non me acorda ir a outros blogs, ou vou de Pascuas en vernes.
    Sóubome a pouco o teu bonito texto onde contas con detalle un día de andaina para apañar as castañas que asadas están de morte, e cocidas tamén, fixeches una pequena excursión por eses camiños que en outros tempos estaban mallados por as pisadas dos habitantes dos pobos, agora moitos voltean os seus lugares, e outros veñen de fora para traballar as terras e poder ter unha vida digna.
    Alégrame saber de ti e saber que estas ben, díxome Gonzalo que pregúntache por min, en ton dinme conta que xa había tempo que non pasaba por aquí e légrome de estar.

    déixoche unha aperta grande colmada de gratitude e estima.

    bicos. se moi , moi feliz.

    ResponderEliminar
  23. Gracias, Bea, por a túa cercanía.
    Quero decirche que as fotos son moi guapas, onde pos o ollo pos o tiro, sácalas moi, moi ben.

    Boas noites e doces soños.

    ResponderEliminar
  24. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  25. Soy de Portugal, me diagnosticaron cáncer de hígado en segunda etapa y diabetes luego de un examen programado para controlar la cirrosis hepática. Había perdido mucho peso. tanto y probé todas las drogas médicas pero todas inválidas, así que sigo buscando una cura a base de hierbas en línea que me encontré con un testimonio que apreciaba al Dr. Itua sobre cómo curó su VIH / Herpes, lo contacté a través del correo electrónico que mencionó anteriormente, el Dr. Itua envió me su medicina a base de hierbas para el cáncer para beber durante dos semanas para curar le pagué por la entrega luego recibí mi medicina a base de hierbas y lo bebí durante dos semanas y me curé hasta ahora estoy completamente libre de cáncer, le aconsejaré que póngase en contacto con Dr. Itua Herbal Center en el correo electrónico ... drituaherbalcenter@gmail.com. o escríbale al número de whatsapp: +2348149277967
    Si padece las enfermedades enumeradas a continuación, cáncer, diabetes, enfermedad hepática / renal, enfermedad degenerativa, hechizo de amor para recuperar a su amante, VIH / SIDA, virus del herpes, hepatitis, enfermedad crónica. Lupus, Fibromialgia.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar, por empatizar e por vir en son de paz.